Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54607

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 8 de novembro de 2017, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de modificación de uso dotacional das parcelas 28 e 29 do Plan parcial Quirós (expediente 16117/411).

O Pleno do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do día 25 de outubro de 2017, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar, ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o cambio do uso dotacional de dúas parcelas municipais de 1.089 m2 e 6.000 m2 de superficie, respectivamente, sitas no ámbito do Plan parcial S.U.P.P.1 Quirós, identificadas cos nº 28 e 29 no proxecto de compensación definitivamente aprobado, de dotacional educativo a dotacional deportivo.

Segundo. Publicar o presente acordo no BOP e no DOG, e notificalo para o seu coñecemento á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Terceiro. Remitir o presente acordo, xunto con dúas copias debidamente dilixenciadas do aprobado, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, para o seu coñecemento e efectos. No anuncio de aprobación, referido no parágrafo dispositivo segundo do presente acordo, farase constar a dita remisión.

Cuarto. Notificar este acordo ao departamento municipal de Deportes, Benestar Social e Educación, así como ao Servizo de Cartografía, á Oficina de Licenzas e á Oficina de Información da XMU».

Mediante o presente anuncio faise constar que, dando cumprimento ao establecido no parágrafo terceiro da parte dispositiva, mediante oficio do 8 de novembro de 2017 foi remitido o dito acordo, xunto con dúas copias debidamente dilixenciadas do aprobado, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, para o seu coñecemento e efectos.

Vigo, 8 de novembro 2017

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución do 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo