Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54605

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO da formalización do contrato de subministración para o Museo de Enoloxía do Condado do Tea.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 9 de outubro de 2017 aprobouse a adxudicación da contratación da subministración para o Museo de Enoloxía do Condado do Tea. O que se publica para os efectos do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Salvaterra de Miño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellodesalvaterra.org

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: Museo de Enoloxía do Condado do Tea do concello de Salvaterra de Miño.

c) CPV: 39100000-3 Mobiliario, 39150000-8 Mobiliario e equipamento diverso, 39151000-5 Mobiliario diverso, 39290000-1 Complementos de mobiliario diversos.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación. Suxeito a regulación harmonizada.

4. Prezo do contrato.

Orzamento do contrato: 253.670,58 euros, que inclúe o 21 % de IVE.

5. Adxudicación.

a) Data: 9 de outubro de 2017.

b) Contratista: Edwindo 4 Morcaro, S.L.

c) Importe de adxudicación: 239.414,29 € (21 % de IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

Data: 6 de novembro de 2017.

Salvaterra de Miño, 6 de novembro de 2017

Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde