Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Luz Soriano Radío.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña tramítase o recurso 213/2017 R (procedemento abreviado), interposto por María Luz Soriano Radío contra a Resolución da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 22 de agosto de 2017, pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto o 8 de maio de 2017 contra a Resolución do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de cobertura temporal de postos de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (DOG núm. 69, do 7 de abril).

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos