Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2017 pola que se fai pública a formalización de contratos de obras, non suxeitos a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos de obras:

A/ Mellora de medios de amarre e defensas no porto de Viveiro-Celeiro (2ª fase) (Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: 9/2016/CNTOB.

e) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=64001

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: mellora de medios de amarre e defensas no porto de Viveiro-Celeiro (2ª fase).

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 44.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 3 de marzo de 2017 (corrección de erros publicada no DOG número 47, do 18 de marzo).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración (multicriterio).

4. Valor estimado do contrato: 409.568,11 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 409.568,11 euros. Importe total: 495.577,41 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 26 de outubro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 13 de novembro de 2017.

c) Contratista: Abeconsa, S.L.U.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 328.023,10 euros. Importe total: 396.907,95 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

B/ Mellora do abrigo da dársena norte do porto de Ribeira (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Dirección.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: 10/2016/CNTOB.

e) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=64003

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: mellora do abrigo da dársena norte do porto de Ribeira.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 43.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 2 de marzo de 2017 (modificado mediante a Resolución do 6 de marzo de 2017, publicada no DOG número 49, do 10 de marzo).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración (multicriterio).

4. Valor estimado do contrato: 373.699,63 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 373.699,63 euros. Importe total: 452.176,55 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 26 de outubro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 15 de novembro de 2017.

c) Contratista: Marcor Xove, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 300.641,35 euros. Importe total: 363.776,03 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia