Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54449

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de operación, mantemento e mellora continua do campus multimedia (expediente 328/17).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: edificio de Xerencia, servizos centrais, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Fax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 328/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de operación, mantemento e mellora continua do campus multimedia da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega: Universidade de Vigo.

e) Prazo de execución: vinte e catro meses a partir do 1 de marzo de 2018, ou desde o día seguinte a aquel no que se asine o contrato se esta última data é posterior. Prorrogable por un ano.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 72000000-5 (servizo TI: consultoría, desenvolvemento de software, internet e apoio).

h) CPA: 62.01.11 (servizos de deseño e desenvolvemento de tecnoloxías da información para aplicacións).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

• Oferta económica: 50 puntos.

• Calidade da memoria técnica: 50 puntos.

4. Importe de licitación: 215.000 euros sen IVE.

5. Gasto máximo autorizado: 260.150 euros (IVE engadido)

6. Valor estimado do contrato: 322.500 euros.

7. Garantías exixidas:

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

8. Requisitos específicos do contratista:

I. Solvencia económica financeira, solvencia técnica e profesional e concreción de solvencia: os que se indican respectivamente nos puntos 11, 12 e 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 26.12.2017.

b) Modalidade de presentación de ofertas: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: edificio de Xerencia, servizos centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: edificio de Xerencia e servizos centrais, 2º andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente: 2.500 euros.

Vigo, 20 de novembro de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo