1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.
3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4º. Teléfono: 881 54 18 27.
5º. Fax: 881 54 27 62.
6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 26 de decembro de 2017.
d) Número de expediente: AB-SER1-17-034.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración e instalación de equipamento de comunicacións wifi.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Prazo de execución/entrega: seis (6) meses desde a súa formalización.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 32500000-8.
3. Tramitación, procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:
Concepto |
Puntuación máxima |
Prezo |
40 puntos |
Extensión de garantía |
30 puntos |
Puntos de acceso adicionais con licenza |
30 puntos |
4. Valor estimado do contrato: 445.000 euros.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 445.000 euros. Importe total: 538.450 euros.
6. Garantías exixidas.
Provisional: non. Definitiva 5 (%) do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase a cláusula 6.5.2.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 26 de decembro de 2017.
Se o último día do prazo de presentación de solicitudes coincide en día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
10. Gastos de publicidade: si; serán por conta do/s adxudicatario/s.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 14.11.2017.
12. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Galicia 2014-2020, obxectivo temático 02, prioridade de investimento 2.3, obxectivo específico 2.3.1.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017
Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos