Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54387

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (323/2017).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 323/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roque Luis Araújo Rey contra Grupo Creación y Extinción, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 398/2017

DSP despedimento/cesamentos en xeral 323/2017

Procedemento orixe: /

Sobre despedimento

Demandante: Roque Luis Araújo Rey

Avogado: Javier Blanco Casais

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Grupo Creación y Extinción, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa.

Sentenza:

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2017.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 323/2017 sobre despedimento, seguidos por instancia de Roque Luis Araujo Rey, asistido polo letrado Javier Blanco Casais contra a empresa Grupo Creación y Extinción, S.L. e o Fogasa.

Decido:

Que considerando a demanda formulada por Roque Luis Araújo Rey, declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno a empresa demandada a que lle aboe a cantidade de 1.363,17 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 49.57 euros/día; así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento 20 de marzo de 2017, ata a data desta sentenza, por importe de 8.526,04 euros; todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

E igualmente condénase a demandada ao pagamento dos honorarios do letrado, que se cuantifican no importe de 250 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia TSXG, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así, o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Creación y Extinción, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza