Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 14 de novembro de 2017 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono do barco de bandeira noruega Loffen, con matrícula BAV 894.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Oystein Midtsundstad, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 4 de outubro de 2017 da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que inicia procedemento para a declaración de abandono do barco que se cita, varado no porto de Camariñas, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo emítese, por atoparse a embarcación varada sen actividade ningunha desde hai uns 5 anos, con base no establecido no artigo 302 do Real decreto lexislativo 2/2011 (BOE núm. 253, do 20 de outubro), que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e na regra decimoquinta de aplicación á tarifa portuaria E-2, prevista na Lei 6/2003 (DOG núm. 240, do 11 de decembro).

O órgano competente para a resolución deste procedemento é o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3, alíneas a) e l), da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Outorgase ao propietario da embarcación un prazo máximo de 10 días para formular alegacións.

Advírtese que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar o barco abandonado, todo os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se realicen sobre o barco en función do que resulte da avaliación do seu estado serán á custa do propietario.

Para o seu exame, o expediente está nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia, en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia