Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 7 de novembro de 2017 pola que se notifica o Acordo do 28 de setembro de 2017 que fixa o prezo xusto do predio número 14, sito en Bergondo, relativo ao proxecto 01667 (expediente 2017/000602).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

Primeiro. Notificar mediante esta cédula a Jesús Pardo Méndez e outros o Acordo do 28 de setembro de 2017 que fixa o prezo xusto do predio número 14, sito en Bergondo, relativo ao proxecto 01667 (expediente 2017/000602), cuxos datos se relacionan no anexo.

Segundo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

Terceiro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Cuarto. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2017

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01667-saneamento colector Moruxo-Fiobre (sistema xeral de saneamento). Tm Bergondo.

Nº de expediente: 2017/000602.

Persoas que se van notificar: Jesús Pardo Méndez e outros.

Expropiante: Concello de Bergondo.

Expropiados: Jesús Pardo Méndez e outros.

Beneficiario: Concello de Bergondo.

Predio nº: 14.

Concello: Bergondo.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do Xurado: 4,80 euros.