Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54286

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de aprobación da modificación puntual do Plan parcial S-05 As Cortes-A Condomiña.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames, en sesión que tivo lugar o día 19 de outubro de 2017, acordou a aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial S-05 As Cortes-A Condomiña.

De conformidade co establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia e na páxina web do Concello.

Durante o dito prazo o expediente poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais (Departamento de Urbanismo), situadas na rúa Alcalde Lorenzo, nº 2, 1º, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes.

Ames, 7 de novembro de 2017

José M. Miñones Conde
Alcalde