Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54217

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos do servizo de asesoramento á Dirección Xeral de Patrimonio Natural para a redacción da documentación preparatoria dos plans reitores de uso e xestión (PRUX) dos parques naturais Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra e Monte Aloia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (5 lotes).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 2/2017 CN.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=141827

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de asesoramento á Dirección Xeral de Patrimonio Natural para a redacción da documentación preparatoria dos plans reitores de uso e xestión (PRUX) dos parques naturais Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra e Monte Aloia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90712400-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 200.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 200.000,00 €; importe total: 242.000,00 €.

6. Dotación por lotes:

a) Lote 1. Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán: importe neto: 40.000,00 €; importe total: 48.400,00 €.

b) Lote 2. Baixa Limia-Serra do Xurés: importe neto: 50.000,00 €; importe total: 60.500,00 €.

c) Lote 3. O Invernadeiro: importe neto: 40.000,00 €; importe total: 48.400,00 €.

d) Lote 4. Serra da Enciña da Lastra: importe neto: 40.000,00; importe total: 48.400,00 €.

e) Lote 5. Monte Aloia: importe neto: 30.000,00 €; importe total: 36.300,00 €.

7. Formalización do contrato do lote 1:

a) Data de adxudicación: 27 de setembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 19 de outubro de 2017.

c) Adxudicataria: Técnicas de Control, Prevención y Gestión Ambiental, S.L. (Geprecon).

d) Importe de adxudicación: importe neto: 25.333,00 €; importe total con IVE: 30.652,93 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

8. Formalización do contrato do lote 2:

a) Data de adxudicación: 27 de setembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 17 de outubro de 2017.

c) Adxudicataria: UTE Ambiotec, S.L.-Geodem, Centro de Ingeniería e Innovación para el Desarrollo Medio Ambiental, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 36.989,00 €; importe total con IVE: 44.756,69 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

9. Formalización do contrato do lote 3:

a) Data de adxudicación: 4 de outubro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 24 de outubro de 2017.

c) Adxudicataria: Zumain Ingenieros, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 25.355,03 €; importe total con IVE: 30.679,59 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

10. Formalización do contrato do lote 4:

a) Data de adxudicación: 4 de outubro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 24 de outubro de 2017.

c) Adxudicataria: Zumain Ingenieros, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 25.774,13 €; importe total con IVE: 31.186,70 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

12. Formalización do contrato do lote 5:

a) Data de adxudicación: 4 de outubro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 17 de outubro de 2017.

c) Adxudicataria: Quadrado Verde, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 20.850,00 €; importe total con IVE: 25.228,50 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2017

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio

missing image file