Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de novembro de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de alarga e mellora da PO-230, punto quilométrico 12+630-14+430, clave PO/16/109.10, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o proxecto de construción de alarga e mellora da PO-230, p.q. 12+630-14+430, clave PO/16/109.10, que ten por obxecto actuar na estrada de titularidade autonómica PO-230, que discorre no termo municipal de Cerdedo.

As obras expostas neste proxecto perseguen mellorar a seguranza viaria e a calidade de vida dos cidadáns, cun importante efecto positivo sobre o medio socioeconómico e humano, todo isto debido a que a estrada PO-230 discorre a media encosta, con pendentes elevadas no inicio do treito e pendentes suaves ao final do treito de estudo.

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións:

– Aumento da calzada ata unha plataforma de 7 metros e mellora do firme.

– Mellora, limpeza e adecuación da drenaxe.

– Proxéctanse catro muros de cachotaría.

– Reposición de toda a sinalización horizontal e vertical.

– Reposición das barreiras de seguranza flexibles e instalación do sistema de protección de motociclistas.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado da estrada.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (r/ Fernández Ladreda, 43-1º-4º, 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello de Cerdedo (praza do Concello, 1, 36130 Cerdedo, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Proxecto de construción de alarga e mellora da estrada PO-230,
p.q. 12+630-14+430, clave PO/16/109.10

Concello de Cerdedo.

Terreos que se van expropiar.

Número

predio

Referencia

catastral

Propietario

Tipo de solo

Uso

Sup. exprop. (m2)

Sup. total parcela (m2)

1

36011A01400629

Barros García, Generosa

Rústico

Agrario

47,28

2.605,00

2

36011A01400640

Garrido Iglesias, Francisco

Rústico

Agrario

23,09

913,00

6

36011A01500576

Fortes Garrido, Adelaida

Rústico

Agrario

167,13

472,00

9

36011A01500580

Fernández García, José

Rústico

Agrario

19,12

418,00

13

36011A01500600

Descoñecido

Rústico

Agrario

2.133,30

6.526,00

14

36011A01500616

Descoñecido

Rústico

Agrario

102,19

711,00

18

36011A01500627

Descoñecido

Rústico

Agrario

326,73

1.282,00

19

36011A01500628

Descoñecido

Rústico

Agrario

281,97

1.087,00

20

36011A01500629

Fernández García, José

Rústico

Agrario

175,89

15.579,00

21

36011A00900089

Fernández García, José

Rústico

Agrario

441,12

479,00

Terreos cedidos.

Número

predio

Referencia

catastral

Propietario

Tipo de solo

Uso

Sup. exprop. (m2)

Sup. total parcela (m2)

3

36011A01409002

Concello de Cerdedo

Rústico

Agrario

102,48

55.348,00

4

36011A01400642

Concello de Cerdedo

Rústico

Agrario

102,47

355,00

5

36011A01500577

Concello de Cerdedo

Rústico

Agrario

272,84

3.268,00

7

36011A01500578

Fraguas Paz, Maximino

Rústico

Agrario

31,53

550,00

8

36011A01500579

Fraguas Paz, José

Rústico

Agrario

18,44

460,00

10

36011A01500582

Fraguas Paz, Maximino

Rústico

Agrario

92,60

2.107,00

11

36011A01500583

Fraguas Paz, José

Rústico

Agrario

33,72

1.695,00

12

36011A01500584

Concello de Cerdedo

Rústico

Agrario

327,27

4.536,00

15

36011A01500618

Sieiro Souto, María Alicia

Rústico

Agrario

1.392,31

3.441,00

16

36011A01500619

Valiñas Torres, Francisco (herdeiros de)

Rústico

Agrario

91,78

4.840,00

17

36011A01500626

Camba Iglesias, David

Rústico

Agrario

136,16

1.227,00

22

36011A00900088

García Sieiro, Campio

Rústico

Agrario

407,51

7.619,00

23

36011A00900086

García Sieiro, Manuel

Rústico

Agrario

123,65

6.141,00

24

36011A01500630

Ogando Cruceiro, Francisco

Rústico

Agrario

960,26

5.473,00

25

36011A00900080

Sieiro Souto, José

Rústico

Agrario

85,73

821,00

26

36011A01500672

Veciños de Vichocuntín

Rústico

Agrario

1.619,73

94.332,00