Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de implantación e posta en funcionamento dos proxectos tecnolóxicos no eido da xestión ambiental en Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0071).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o servizo de implantación e posta en funcionamento dos proxectos tecnolóxicos no eido da xestión ambiental, consistente na coordinación, xestión, seguimento e monitorización das actividades e proxectos incluídos no Plan tecnolóxico de modernización da xestión ambiental en Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 28.7.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 78.099,17 €.

5. Orzamento base de licitación: 78.099,17 €, máis 16.400,83 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 94.500,00 € (noventa e catro mil cincocentos euros).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 26.10.2017.

b) Data de formalización do contrato: 7.11.2017.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 84.700,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia