Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54014

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 118/2017, do 5 de outubro, polo que se establece o currículo do ciclo de grao superior correspondente ao título de técnico deportivo superior en Baloncesto.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é de competencia plena da Comunidade Autónoma galega a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do artigo 81 daquela, o desenvolvan, das facultades que lle atribúe ao Estado o número 30 do punto 1 do artigo 149 da Constitución e da alta inspección precisa para o seu cumprimento e garantía.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, configura no seu artigo 3 as ensinanzas deportivas como ensinanzas de carácter especial e regula estas nos artigos 63 a 65. Segundo o artigo 63.4 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o currículo das ensinanzas deportivas axustarase ás exixencias derivadas do Sistema nacional de cualificacións e formación profesional e ao establecido no número 3 do artigo 6.bis da lei orgánica. E, de conformidade co artigo 64.5, o Goberno, logo de consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de ensinanzas deportivas, os aspectos básicos do currículo de cada unha delas e os requisitos mínimos dos centros en que se poderán impartir as ensinanzas respectivas.

Desenvolvendo as previsións da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en materia de ensinanzas deportivas, aprobouse o Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, cuxo artigo 5 define a organización básica das ensinanzas deportivas tomando como base as modalidades deportivas e, de ser o caso, as súas especialidades, de conformidade co recoñecemento outorgado polo Consello Superior de Deportes de acordo co artigo 8.b) da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte. E o artigo 16.3 do citado real decreto dispón como as administracións competentes establecerán o currículo das modalidades e, de ser o caso, as especialidades deportivas, de acordo co previsto na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, tendo en conta a realidade do sistema deportivo no territorio da súa competencia coa finalidade de que as ensinanzas deportivas respondan ás súas necesidades de cualificación.

Neste sentido, o Goberno da Nación aprobou o Real decreto 982/2015, do 30 de outubro, polo que se establece o título de técnico deportivo superior en Baloncesto e se fixan o seu currículo básico e os requisitos de acceso. O capítulo III deste real decreto concretou o perfil profesional do ciclo de grao superior en Baloncesto, que queda determinado pola súa competencia xeral, as súas competencias profesionais, persoais e sociais, pola relación de cualificacións e, de ser o caso, polas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título e o ámbito profesional, laboral e deportivo.

Logo de que o Goberno fixase no Real decreto 982/2015, do 30 de outubro, o perfil profesional do ciclo de grao superior en Baloncesto, as súas ensinanzas mínimas e os requisitos de acceso, e aqueloutros aspectos da ordenación académica que constitúen os aspectos básicos do currículo, procede determinar, no ámbito de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a ampliación e contextualización dos contidos dos módulos de ensino deportivo incluídos no ciclo de grao superior, respectando os seus perfís profesionais.

Por outra banda, os centros de ensinanzas deportivas desenvolverán os currículos establecidos neste decreto co obxecto de adaptar a programación e a metodoloxía do currículo ás características do alumnado e ás posibilidades formativas do seu contorno, empregando, de ser o caso, as medidas flexibilizadoras que, no marco da normativa vixente, posibiliten adecuacións particulares do currículo en cada centro de acordo cos recursos dispoñibles, sen que en ningún caso supoña a supresión de obxectivos que afecten o perfil profesional do ciclo.

As ensinanzas que regula este decreto configúranse para dotar o alumnado dos coñecementos suficientes para permitirlles o exercicio competente das funcións do seu perfil profesional. De acordo con este obxectivo xenérico, ponse o acento en lograr unha formación completa, cun equilibrio entre o carácter teórico e práctico, de maneira que o proceso de formación se vincule á realidade científico-técnica e social do baloncesto.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.5 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, logo do ditame do Consello Escolar de Galicia, de acordo co Consello Consultivo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de outubro de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Obxecto

Artigo 1. Obxecto

Este decreto ten por obxecto establecer o currículo do ciclo de grao superior correspondente ao título de técnico deportivo superior en Baloncesto que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia.

CAPÍTULO II
Identificación do título e organización das ensinanzas

Artigo 2. Identificación do título de técnico deportivo superior en Baloncesto

O título de técnico deportivo superior en Baloncesto queda identificado polos seguintes elementos:

a) Denominación: baloncesto.

b) Nivel: nivel 1. Técnico superior do Marco español de cualificacións para a educación superior, ensinanzas deportivas de grao superior.

c) Duración: 755 horas.

d) Referente internacional: CINE-5b (Clasificación internacional normalizada de educación).

Artigo 3. Organización das ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo superior en Baloncesto

As ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo superior en Baloncesto organízanse no ciclo de grao superior en Baloncesto e teñen unha duración de 755 horas.

Artigo 4. Especializacións do título de técnico deportivo superior en Baloncesto

O título de técnico deportivo superior en Baloncesto terá como especializacións:

a) Baloncesto adaptado.

b) Baloncesto en cadeira de rodas.

c) Dirección deportiva de baloncesto no alto rendemento.

d) Scouting e análise do xogo.

e) Tiro (lanzamento a canastra).

f) Defensa e sistemas defensivos.

g) Ataque e sistemas ofensivos.

CAPÍTULO III
Perfil profesional e ámbito profesional, persoal e laboral deportivo do ciclo

Artigo 5. Perfil profesional do ciclo de grao superior en Baloncesto

O perfil profesional do ciclo de grao superior en Baloncesto queda determinado pola súa competencia xeral, as súas competencias profesionais, persoais e sociais, pola relación de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título e o ámbito profesional, laboral e deportivo.

Artigo 6. Competencia xeral do ciclo de grao superior en Baloncesto

A competencia xeral do ciclo de grao superior en Baloncesto consiste en construír equipos de baloncesto, así como programar e dirixir o adestramento deportivo orientado á obtención e mantemento do rendemento en deportistas e equipos; organizar e dirixir a participación destes/as en competicións de alto nivel; exercer a dirección técnica e coordinar a intervención de persoal técnico especialista e as súas relacións coa dirección deportiva e a directiva do club; programar e coordinar as tarefas do persoal técnico ao seu cargo; organizar competicións propias da iniciación e tecnificación deportiva; deseñar programas individuais de alta tecnificación para xogadores ou xogadoras de baloncesto; e todo iso de acordo cos obxectivos establecidos, o nivel óptimo de calidade e en condicións de seguridade.

Artigo 7. Competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo de grao superior en Baloncesto

As competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo de grao superior en Baloncesto son as que se relacionan a continuación:

a) Construír un equipo de baloncesto equilibrado, seleccionando xogadores ou xogadoras de acordo co proxecto deportivo e as exixencias da competición de alto nivel.

b) Valorar e clasificar o xogador ou xogadora de alto nivel de baloncesto en función das súas habilidades técnicas, físicas, psicolóxicas, tácticas, capacidade de xogo e competitividade, para determinar os factores de rendemento propios do baloncesto e optimizar todo o seu talento.

c) Planificar a tempada e programar a curto, medio e longo prazo o adestramento, os programas individuais de desenvolvemento global ou específico, os obxectivos e medios necesarios dun equipo no alto rendemento a partir das valoracións e análises realizadas sobre a competición, as condicións do contorno e de cada un dos xogadores ou xogadoras e persoal técnico que o conforman.

d) Deseñar a sesión de adestramento colectiva ou individual no alto rendemento, concretando a programación a curto prazo, adecuándoa ao equipo ou ao xogador ou xogadora e considerando as condicións existentes de acordo coa programación xeral.

e) Dirixir a sesión de adestramento na etapa de alto rendemento, solucionando as continxencias existentes, para conseguir a implicación e o rendemento conforme os obxectivos propostos e dentro das normas de seguridade requiridas.

f) Dirixir os equipos de baloncesto en competicións de alto rendemento, realizando os axustes tácticos oportunos, controlando as continxencias que aparezan e tomando as decisións máis axeitadas, conforme o regulamento e os obxectivos previstos.

g) Dirixir, realizar ou coordinar o scouting do propio equipo e dos contrarios ou as contrarias na etapa de alto rendemento, xestionando os recursos tecnolóxicos e humanos dispoñibles e establecendo criterios de eficiencia individual e colectiva.

h) Constituír equipos técnicos de carácter multidisciplinar e coordinar as súas accións dentro da programación dun equipo de baloncesto no alto rendemento.

i) Realizar a dirección técnica dun club de baloncesto, participando na formación do persoal técnico deportivo e establecendo as programacións de referencia dos equipos de categorías inferiores.

j) Organizar e xestionar competicións de baloncesto en categorías de formación, colaborando na organización de eventos propios da alta competición.

k) Avaliar o proceso de preparación dun equipo e os resultados obtidos, programando a recollida da información e realizando a súa análise para lograr o axuste e mellora permanente do rendemento na etapa de alto rendemento deportivo.

l) Transmitir persoalmente ou a través de distintos medios de comunicación un comportamento ético persoal e valores vinculados co xogo limpo, o respecto ás demais persoas, ao regulamento e ao coidado do propio corpo.

m) Manter unha identidade profesional e un espírito de innovación e desenvolvemento profesional que facilite a adaptación aos cambios que se produzan no baloncesto e no seu contorno organizativo.

Artigo 8. Ámbito profesional, laboral e deportivo do ciclo de grao superior en Baloncesto

1. Este/a profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público, xa sexa a Administración xeral do Estado, as administracións autonómicas ou locais, como en entidades de carácter privado, xa sexan grandes, medianas ou pequenas empresas, en padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións, centros de tecnificación, centros de alto rendemento e clubs deportivos e sociais, centros educativos, empresas de servizos deportivos, que ofrezan actividades deportivo-recreativas de alto rendemento en baloncesto.

2. As ocupacións e postos de traballo máis relevantes para estes/as profesionais son as seguintes:

a) Adestrador ou adestradora de baloncesto de alto nivel.

b) Director ou directora deportivo/a.

c) Director ou directora de escolas deportivas.

3. O desenvolvemento destas ocupacións e postos de traballo no ámbito público realizarase de acordo cos principios e requisitos de acceso ao emprego público previstos na normativa vixente.

CAPÍTULO IV
Estrutura das ensinanzas do ciclo de grao superior de ensino deportivo conducentes ao título de técnico deportivo superior en Baloncesto

Artigo 9. Estrutura do ciclo de grao superior en Baloncesto

1. O ciclo de grao superior en Baloncesto estrutúrase en módulos, agrupados nun bloque común e un bloque específico.

2. Os módulos de ensino deportivo do ciclo de grao superior en Baloncesto son os que a continuación se relacionan:

a) Módulos do bloque común:

MED-C301. Factores fisiolóxicos do alto rendemento.

MED-C302. Factores psicosociais do alto rendemento.

MED-C303. Formación de formadores ou formadoras deportivos/as.

MED-C304. Organización e xestión aplicada ao alto rendemento.

b) Módulos do bloque específico:

MED-BCBC301. Formación do xogador ou xogadora na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC302. Dirección de equipos na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC303. Adestramento de alto rendemento en baloncesto.

MED-BCBC304. Táctica de ataque e defensa na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC305. Proxecto.

MED-BCBC306. Formación práctica.

3. A distribución horaria das ensinanzas do ciclo de grao superior en Baloncesto establécese no anexo I-B.

4. Os obxectivos xerais e os módulos de ensino deportivo do ciclo de grao superior en Baloncesto quedan desenvolvidos no anexo II.

Artigo 10. Ratio profesorado/alumnado

1. Para impartir os módulos do bloque común e os contidos relacionados cos resultados de aprendizaxe de carácter conceptual dos módulos do bloque específico do ciclo de grao superior en Baloncesto, a relación profesorado/alumnado será de 1/30.

2. Para impartir os contidos relacionados cos resultados de aprendizaxe de carácter procedemental dos módulos do bloque específico do ciclo de grao superior en Baloncesto a relación profesorado/alumnado será a recollida no anexo III.

Artigo 11. Módulo de formación práctica

Para iniciar os módulos de formación práctica do ciclo de grao superior en Baloncesto será necesario ter superado con anterioridade os módulos comúns e específicos de ensino deportivo que se establecen no anexo IV.

Artigo 12. Espazos e equipamentos deportivos

Os espazos e equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas do ciclo de grao superior en Baloncesto son os establecidos no anexo V.

CAPÍTULO V
Acceso ao ciclo de grao superior

Artigo 13. Requisitos xerais de acceso ao ciclo de grao superior en Baloncesto

1. Para acceder ao ciclo de grao superior en Baloncesto será necesario ter polo menos algún dos seguintes títulos: título de bacharel, título de técnico superior, título universitario, certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato, ou equivalente para os efectos de acceso.

2. Ademais do requisito establecido no número anterior, será necesario estar en posesión do título de técnico deportivo en Baloncesto.

Artigo 14. Requisitos de acceso ao ciclo de grao superior en Baloncesto para persoas sen o título de bacharel

Poderase acceder ás ensinanzas do ciclo de grao superior en Baloncesto sen os títulos que se fan constar no artigo 13.1, sempre que a persoa aspirante posúa o título de técnico deportivo correspondente e, ademais, cumpra as condicións de idade e supere a proba correspondente conforme o artigo 31.1.b) do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

CAPÍTULO VI
Profesorado

Artigo 15. Requisitos de titulación do profesorado en centros públicos

Os requisitos de titulación do profesorado en centros públicos determinaranse en función do bloque de ensinanza deportiva en que impartan a docencia:

1. A docencia en centros públicos dos módulos do bloque común que constitúen as ensinanzas deportivas do ciclo de grao superior en Baloncesto corresponde ao profesorado dos corpos de catedráticos ou catedráticas e profesorado de ensinanza secundaria, segundo o establecido no anexo VI.

2. A docencia en centros públicos dos módulos do bloque específico que constitúen as ensinanzas deportivas do ciclo de grao superior en Baloncesto está especificada no anexo VII-A e corresponde a:

a) Profesorado especialista que posúa o título de técnico deportivo superior en Baloncesto, ou aquelas persoas non tituladas que acrediten a experiencia no ámbito laboral e deportivo ou a experiencia docente detallada no anexo VII-B.

b) Profesorado da especialidade de educación física dos corpos de catedráticos ou catedráticas e de profesorado de ensino secundario que posúan o título de técnico deportivo superior en Baloncesto.

3. A consellería competente en materia de educación poderá autorizar a docencia dos módulos do bloque específico atribuídos a profesorado especialista ás persoas integrantes dos corpos de catedráticos ou catedráticas e profesorado de ensino secundario coa especialidade de educación física cando carezan do título de técnico deportivo superior en Baloncesto, sempre que posúan a formación deseñada para o efecto ou recoñecida pola dita consellería, ou a experiencia laboral ou deportiva ou a experiencia docente, detallada no anexo VII-B.

Artigo 16. Requisitos de titulación do profesorado en centros privados ou de titularidade pública de administracións distintas á consellería competente en materia de educación

As titulacións requiridas para a impartición dos módulos, tanto do bloque común como do bloque específico, que forman o ciclo de ensinanza deportiva de grao superior en Baloncesto, para o profesorado dos centros de titularidade privada ou de titularidade pública de administracións distintas á consellería competente en materia de educación concrétanse no anexo VIII.

CAPÍTULO VII
Vinculación a outros estudos

Artigo 17. Acceso a outros estudos

1. O título de técnico deportivo superior en Baloncesto permite o acceso directo ás ensinanzas universitarias oficiais de grao nas condicións de admisión que se establezan.

2. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións, asignáronse 64 créditos ECTS á duración total das ensinanzas do ciclo de grao superior establecidas no artigo 3.

3. O número de créditos ECTS atribuído a cada un dos módulos de ensino deportivo deste ciclo establécense no anexo I-A.

Artigo 18. Validación das ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo superior en Baloncesto

1. En materia de validacións observarase o disposto no artigo 19.1 do Real decreto 982/2015, do 30 de outubro.

2. As validacións de módulos de ensino deportivo dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, cos módulos de ensino deportivo do bloque específico do título de técnico deportivo superior en Baloncesto establécense no anexo IX.

3. Serán obxecto de validación os módulos comúns e específicos de ensino deportivo coa mesma denominación e código.

4. A superación da totalidade dos módulos do bloque común do grao superior, en calquera das modalidades ou especialidades deportivas dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, validarase pola totalidade dos módulos do bloque común do ciclo de ensino deporto de grao superior en Baloncesto. A superación da totalidade dos módulos do bloque común do ciclo de ensino deportivo de grao superior en Baloncesto validarase pola totalidade dos módulos do bloque común, do grao superior, dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Artigo 19. Exención do módulo de formación práctica

Poderá ser obxecto de exención total ou parcial o módulo de formación práctica do ciclo de grao superior en Baloncesto, en función da súa correspondencia coa experiencia no ámbito deportivo ou laboral detallada no anexo X.

Disposición adicional primeira. Oferta a distancia dos módulos de ensino deportivo do título de técnico deportivo superior en Baloncesto

Os módulos de ensino deportivo que se establecen no anexo XI poderán ofertarse a distancia sempre que se garanta que o alumnado pode alcanzar os resultados de aprendizaxe daqueles, de acordo co disposto no decreto. Para iso, a consellería competente en materia de educación, no ámbito das súas competencias, adoptará as medidas que coide necesarias e ditará as instrucións precisas.

Disposición adicional segunda. Titulacións equivalentes

O título de técnico deportivo superior en Baloncesto establecido no Decreto 36/2009, do 29 de xaneiro, polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo e técnico deportivo superior en Baloncesto, terá os mesmos efectos profesionais e académicos que o título de técnico deportivo superior en Baloncesto establecido neste decreto.

Disposición adicional terceira. Medidas de apoio ao profesorado

A consellería competente en materia de educación establecerá medidas de apoio ao profesorado, especialmente na formación permanente e na investigación e innovación nesta etapa educativa, para contribuír ao mellor desenvolvemento e aplicación do currículo do ciclo de grao superior correspondente ao título de técnico deportivo superior en Baloncesto.

Disposición adicional cuarta. Mobilidade do alumnado

De acordo coa previsión contida no artigo 35.3 do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, a ordenación académica dos ciclos das ensinanzas deportivas posibilitará a opción de matriculación en réxime presencial ou a distancia do alumnado que superase algún módulo deportivo noutra comunidade autónoma e non esgotase o número de convocatorias establecido, para o que poderá realizar matrícula parcial nos módulos que teña pendentes.

Disposición adicional quinta. Non regulación de profesión titulada

De conformidade co establecido no Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, os elementos recollidos no decreto non constitúen unha regulación do exercicio de profesión titulada ningunha.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

1. Queda derrogado o Decreto 36/2009, do 29 de xaneiro, polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo e técnico deportivo superior en Baloncesto.

2. Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de educación, no relativo á organización e materias propias do seu departamento, para ditar cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento normativo do decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, cinco de outubro de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I-A
Distribución en créditos ECTS da duración total das ensinanzas

Ciclo de grao superior en Baloncesto.

Equivalencia en créditos ECTS

Bloque común

MED-C301. Factores fisiolóxicos do alto rendemento.

5

MED-C302. Factores psicosociais do alto rendemento.

3

MED-C303. Formación de formadores/as deportivos/as.

4

MED-C304. Organización e xestión aplicada ao alto rendemento.

4

Total créditos ECTS

16

Bloque específico

MED-BCBC301. Formación do xogador ou xogadora na etapa de alto rendemento.

5

MED-BCBC302. Dirección de equipos na etapa de alto rendemento.

8

MED-BCBC303. Adestramento de alto rendemento en baloncesto.

5

MED-BCBC304. Táctica de ataque e defensa na etapa de alto rendemento.

5

MED-BCBC305. Proxecto.

6

MED-BCBC306. Formación práctica.

19

Total créditos ECTS

48

Total (BC + BE)

64

ANEXO I-B
Distribución horaria

Ciclo de grao superior en Baloncesto.

Carga horaria

Bloque común

MED-C301. Factores fisiolóxicos do alto rendemento.

60 h

MED-C302. Factores psicosociais do alto rendemento.

45 h

MED-C303. Formación de formadores/as deportivos/as.

55 h

MED-C304. Organización e xestión aplicada ao alto rendemento.

40 h

Total módulos bloque común

200 h

Bloque específico

Teóricas

Prácticas

MED-BCBC301. Formación do xogador ou xogadora na etapa de alto rendemento.

25 h

40 h

MED-BCBC302. Dirección de equipos na etapa de alto rendemento.

60 h

35 h

MED-BCBC303. Adestramento de alto rendemento en baloncesto.

30 h

30 h

MED-BCBC304. Táctica de ataque e defensa na etapa de alto rendemento.

35 h

25 h

MED-BCBC305. Proxecto final.

75 h

MED-BCBC306. Formación práctica.

200 h

Total módulos bloque específico

555 h

Total módulos bloque común e específico

755 h

ANEXO II
Obxectivos xerais e módulos de ensino deportivo
do ciclo de grao superior en Baloncesto

Obxectivos xerais:

a) Analizar e valorar a competición, xustificando os criterios de selección de xogadores ou xogadoras en función das características da competición, do proxecto deportivo e dos obxectivos marcados, para construír un equipo de baloncesto equilibrado e competitivo.

b) Xustificar e aplicar os procedementos de análise e os criterios de selección do xogador ou xogadora, atendendo ás características técnicas, físicas, psicolóxicas e tácticas, así como á súa capacidade de xogo individual e colectivo, e da súa competitividade, para valorar e clasificar o xogador ou xogadora de baloncesto no alto rendemento.

c) Analizar e valorar as condicións do contorno do equipo, e de todas as persoas integrantes que pertencen a el, así como as características da competición, das instalacións e da regulamentación que se aplica, para planificar a tempada dun equipo no alto rendemento.

d) Elixir e xustificar os procedementos de determinación dos obxectivos, medios, metodoloxía e avaliación, así como a temporalización da carga, para programar a tempada dun equipo ou o desenvolvemento dun ou varios xogadores ou xogadoras no alto rendemento.

e) Analizar a complexidade das tarefas e os factores relativos á carga de traballo, deseñando actividades en supostos establecidos, procesos de aprendizaxe e mellora e aplicando os principios e métodos do adestramento, para deseñar as sesións de adestramento para xogadores ou xogadoras e/ou equipos no alto rendemento en baloncesto.

f) Describir, elixir e demostrar as técnicas e estratexias de dirección de sesións, de control das continxencias propias do alto rendemento en baloncesto, aplicando procedementos de observación, dinamización e control, resolvendo supostos, utilizando unha linguaxe específica do baloncesto e a súa terminoloxía específica en inglés, e aplicando normas de seguridade na práctica, para dirixir sesións de adestramento no alto rendemento.

g) Analizar as estruturas tácticas e as continxencias propias do xogo nesta etapa, tendo en conta as características das persoas participantes, aplicando procedementos establecidos, para dirixir equipos competitivos en competicións deste nivel en baloncesto.

h) Valorar e argumentar a toma de decisións do persoal técnico durante a competición, así como a autoridade, o control emocional, a coherencia e o liderado, para dirixir equipos competitivos en competicións deste nivel en baloncesto.

i) Aplicar e demostrar o coñecemento das normas, o respecto ao regulamento e á aplicación da arbitraxe en baloncesto de alto rendemento, para dirixir equipos de baloncesto en competicións.

j) Valorar, argumentar e prever situacións tácticas e conceptos tácticos complexos presentes na competición, aplicando tecnoloxías avanzadas na observación do xogo e utilizando a simboloxía específica do baloncesto, para realizar o scouting en equipos de alto rendemento.

k) Determinar o proceso de elaboración dun scouting dun equipo rival ou propio, establecendo as pautas e protocolos que seguir na información que se debe recoller, analizar e preparar para dirixir o traballo do persoal técnico do equipo.

l) Analizar e xustificar as necesidades de intervención doutras persoas especialistas na preparación de alto rendemento, describindo as funcións e obxectivos que se desenvolverán e valorando o traballo en equipo e a relación coa dirección deportiva, para determinar a constitución e coordinación de equipos técnicos de traballo multidisciplinares.

m) Identificar e analizar as características organizativas, medios materiais e humanos, aplicando procedementos establecidos de xestión, titoría, formación e comunicación, para dirixir tecnicamente un club de baloncesto e coordinar recursos humanos e materiais dun club de baloncesto nos seus equipos de categorías inferiores.

n) Analizar e elaborar a estrutura organizativa das competicións e eventos de baloncesto de formación e analizar as características organizativas de competicións de alto nivel, enumerando os requisitos administrativos, os medios materiais e humanos necesarios e aplicando o marco legal que as regula, para organizar e xestionar competicións e eventos de baloncesto.

ñ) Deseñar e xustificar os procedementos de recollida de información e valoración do rendemento de xogadores ou xogadoras e equipos no alto nivel, analizando as variables que interveñen en supostos, para avaliar a eficacia e eficiencia do proceso de adestramento e os resultados obtidos na competición.

o) Describir as características do proceso de adquisición de valores e actitudes, sendo consciente e argumentando os efectos que provocan nas persoas deportistas e aplicándoo en situacións persoais ou na relación cos medios de comunicación, para transmitir valores propios do baloncesto a través do comportamento ético persoal.

p) Recoñecer, promover e xustificar os valores de compromiso, traballo ben feito e aprendizaxe constante, describindo os aspectos observables da conduta que reflicten estes valores, para manter o espírito de responsabilidade individual, profesionalidade, esforzo persoal, investigación e innovación no desempeño do seu labor como persoal técnico.

q) Sensibilizar coa prevención da violencia de xénero.

r) Desenvolver e transmitir un comportamento ético persoal de valores vencellados ao xogo limpo, o respecto aos demais, o respecto e coidado do propio corpo, evitando os comportamentos e contidos sexistas e os estereotipos que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero, favorecendo a visibilidade da realidade homosexual, bisexual, transexual, transxénero e intersexual.

Módulo común de ensino deportivo: factores fisiolóxicos do alto rendemento.

Código: MED-C301.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Analiza os principais conceptos do metabolismo enerxético e do sistema neuromuscular recoñecendo as adaptacións fisiolóxicas ao adestramento máis importantes.

a) Identificáronse as principais adaptacións fisiolóxicas ao adestramento.

b) Analizáronse os principais conceptos relacionados co metabolismo enerxético.

c) Analizáronse as vías metabólicas durante o exercicio.

d) Analizáronse os diferentes tipos de metabolismo.

e) Analizáronse as principais adaptacións fisiolóxicas ao adestramento.

f) Identificáronse e describíronse os tipos de metabolismo aerobio e anaerobio.

g) Analizáronse as adaptacións a curto prazo dos principais sistemas e aparellos do corpo humano (circulatorio, respiratorio, renal, endócrino e hormonal).

h) Analizáronse as adaptacións a longo prazo dos principais sistemas e aparellos do corpo humano (circulatorio, respiratorio, renal, endócrino e hormonal).

i) Identificouse e describiuse o concepto de eficiencia ou economía enerxética.

j) Identificouse e describiuse o concepto de potencia aerobia máxima e as súas características máis importantes.

k) Identificouse e describiuse o concepto de limiar aerobio e anaerobia e as súas características máis importantes.

l) Analizouse a relación entre o VO2max, o limiar aerobio e anaerobio e as zonas metabólicas de adestramento.

m) Analizouse o sistema neuromuscular e os determinantes fisiolóxicos e mecánicos da forza, a potencia, a flexibilidade e elasticidade muscular.

n) Identificouse e describiuse o concepto de forza isométrica e dinámica máxima, forza explosiva, potencia, curva forza-tempo e a 1 RM.

ñ) Analizáronse as necesidades específicas de flexibilidade articular e elasticidade muscular en relación coa resistencia e a forza.

o) Identificáronse e analizáronse as adaptacións fisiolóxicas da muller ao adestramento.

p) Valorouse a importancia das adaptacións fisiolóxicas individuais ao adestramento.

2. Selecciona a persoa deportista para a alta competición analizando os factores fisiolóxicos que inflúen no alto rendemento.

a) Xustificáronse os principais factores limitativos do rendemento.

b) Definíronse os factores fisiolóxicos que demanda o alto rendemento deportivo no adestramento e a competición.

c) Analizáronse os fundamentos da valoración da capacidade funcional con vistas ao alto rendemento.

d) Interpretáronse os resultados da valoración da capacidade funcional atendendo ás diferenzas entre homes e mulleres.

e) Interpretáronse os datos dunha valoración da composición corporal atendendo ás diferenzas entre homes e mulleres.

f) Identificouse a tecnoloxía axeitada na valoración fisiolóxica da persoa deportista nun suposto práctico.

g) Describíronse as características e o funcionamento da tecnoloxía utilizada na valoración fisiolóxica da persoa deportista.

h) Analizouse o equipo técnico de especialistas relacionados/as co alto rendemento deportivo identificando as súas funcións.

i) Identificáronse e organizáronse equipos de traballo no alto rendemento deportivo.

j) Valorouse a importancia da valoración fisiolóxica da persoa deportista como elemento de selección.

k) Identificáronse os principais condicionantes fisiolóxicos ao adestramento das persoas deportistas con discapacidade.

3. Colabora coa persoa especialista na determinación da dieta e na prescrición de axudas ergonutricionais analizando os principais conceptos de nutrición deportiva e os efectos nocivos das substancias dopantes para a saúde.

a) Identificáronse os principais conceptos de nutrición deportiva.

b) Interpretáronse os resultados da valoración nutricional da persoa deportista.

c) Analizáronse os principios fundamentais da nutrición deportiva.

d) Identificáronse as principais axudas ergonutricionais e os seus efectos.

e) Identificáronse as principais substancias dopantes e os seus efectos nocivos para a saúde.

f) Aplicáronse conceptos de nutrición deportiva na reposición hídrica.

g) Aplicáronse conceptos de fisioloxía para a recuperación de depósitos de hidratos de carbono.

h) Colaborouse coa persoa especialista na determinación da dieta das persoas deportistas.

i) Colaborouse coas persoas especialistas na prescrición de axudas ergonutricionais.

j) Interpretáronse dietas das persoas deportistas en situacións precompetitivas, competitivas e postcompetitivas.

k) Formuláronse dietas e axudas ergoxénicas de deportistas en situacións precompetitivas, competitivas e postcompetitivas.

l) Xustificouse o traballo en equipo con nutricionistas identificando as súas funcións.

m) Valorouse a importancia da colaboración coa persoa especialista na formulación de dietas e o control do peso.

4. Dirixe a preparación da persoa deportista relacionando os principios da carga e o control do adestramento e comparando os principais medios e métodos de recuperación deportiva.

a) Analizáronse e clasificáronse os diferentes tipos de fatiga.

b) Analizáronse os principais mecanismos de fatiga deportiva.

c) Analizáronse os efectos da fatiga deportiva no sistema neuromuscular, endócrino e inmunolóxico.

d) Aplicáronse diferentes métodos de recuperación, segundo o mecanismo de produción da fatiga deportiva.

e) Organizáronse diferentes programas de recuperación deportiva.

f) Valorouse a importancia da carga e o control do adestramento.

g) Identificáronse os principais parámetros relacionados co control da carga de adestramento.

h) Elaboráronse diferentes ferramentas de control do adestramento.

i) Diferenciouse a fatiga aguda da sobrecarga.

j) Diferenciouse a sobrecarga deportiva do sobreadestramento.

k) Xustificouse o control do adestramento dentro do proceso de dirección do adestramento.

5. Programa e dirixe o adestramento en condicións especiais identificando as bases e as súas características máis importantes.

a) Analizáronse as bases dos adestramentos en condicións especiais de temperatura extrema (calor e frío) e humidade.

b) Analizáronse as bases dos adestramentos en condicións especiais de altitude moderada.

c) Analizáronse e comparáronse as vantaxes e desvantaxes fisiolóxicas do adestramento en altitude moderada con respecto ao adestramento a nivel do mar.

d) Analizáronse as bases dos adestramentos en situacións de grandes cambios horarios.

e) Deseñáronse adestramentos en situacións de altitude moderada.

f) Deseñáronse adestramentos en situacións de cambios horarios.

g) Deseñáronse adestramentos en situacións de calor, frío ou humidade.

h) Deseñáronse estratexias de adaptación á altitude moderada.

i) Deseñáronse estratexias de adaptación aos grandes cambios horarios.

j) Deseñáronse estratexias de adaptación á calor.

k) Deseñáronse estratexias de adaptación ao frío.

l) Colaborouse coa persoa especialista na dirección do adestramento en condicións especiais (altitude, cambios horarios, frío, calor, humidade, etc.).

Contidos básicos:

1. Analiza os principais conceptos do metabolismo enerxético e do sistema neuromuscular recoñecendo as adaptacións fisiolóxicas ao adestramento máis importantes.

• Metabolismo, transporte e almacenamento de nutrientes: principais conceptos.

• Principais vías metabólicas.

• Adaptacións funcionais a curto e a longo prazo.

• Adaptacións funcionais no adestramento deportivo: aparello circulatorio, respiratorio, locomotor, renal, endócrino e hormonal. Diferenzas por razón de sexo.

• Eficiencia ou economía enerxética.

• Capacidade aerobia máxima: concepto e características.

• Transición aerobia/anaerobia.

• Zonas metabólicas e limiares de adestramento: conceptos, características e identificación.

• Modificacións hormonais co adestramento da forza.

• Valoración do metabolismo aerobio e anaerobio.

• Identificación de limiares da zona de transición aerobia/anaerobia e da capacidade aerobia máxima.

• Valoración das adaptacións fisiolóxicas ao adestramento. Diferenzas por razón de sexo.

• A sarcómera: concepto e características.

• A fibra e miofibra muscular: características e tipos.

• A unidade motriz: concepto e características.

• A 1 RM: concepto, características e identificación.

• Potencia muscular máxima: concepto, características e identificación.

• Curva forza-tempo: concepto, características e identificación.

• Medición e valoración da forza dinámica máxima e a potencia muscular máxima.

• Os fusos musculares e os OTG: concepto e características.

• Medición e valoración da flexibilidade e elasticidade específica deportiva.

2. Selecciona a persoa deportista para a alta competición analizando os factores fisiolóxicos que inflúen no alto rendemento.

• Principais factores limitativos do adestramento.

• Factores fisiolóxicos no alto rendemento.

• Sistemas avanzados para o desenvolvemento das capacidades físicas condicionais e coordinativas.

• Coordinación de equipos de traballo no alto rendemento deportivo.

• Tecnoloxía para a valoración fisiolóxica da persoa deportista (laboratorio e campo).

• Principais condicionantes fisiolóxicos en deportistas con discapacidade (física, intelectual e sensorial).

• Determinación de métodos avanzados para o alto rendemento deportivo.

• Determinación de equipos de traballo no alto rendemento deportivo.

• Identificación de tecnoloxía para a valoración fisiolóxica das persoas deportistas.

• Interpretación de resultados de valoracións funcionais.

• Determinación da composición corporal, mediante a medición de dobreces cutáneas e diámetros óseos.

• Consideracións na prescrición de exercicio en relación ás persoas con discapacidade.

• Métodos alternativos de valoración funcional da condición física e do rendemento deportivo en deportistas con discapacidade.

• Aceptación do traballo en equipo no desenvolvemento dos adestramentos en alto rendemento deportivo.

3. Colabora coa persoa especialista na determinación da dieta e na prescrición de axudas ergonutricionais analizando os principais conceptos de nutrición deportiva e os efectos nocivos das substancias dopantes para a saúde.

• Axudas ergonutricionais: suplementos, intermediarios metabólicos e outras substancias.

• Determinación da necesidade de prescrición de axudas ergoxénicas.

• A dopaxe: concepto e efectos nocivos sobre a saúde. Lista de substancias prohibidas.

– O control antidopaxe: organismos e métodos.

– Toma de conciencia da importancia e a incidencia da dopaxe na saúde das persoas deportistas.

• Composición corporal: compoñentes, métodos, aparellos e interpretación de resultados.

– Determinación da composición corporal das persoas deportistas: determinación dos aspectos avaliables en relación coa composición corporal, selección de test ou medios de valoración, aplicación de test ou medios de valoración. A variable sexo como elemento diferenciador.

• Estado nutricional: compoñentes, métodos, aparellos e interpretación de resultados.

– Necesidades dietéticas e de hidratación na práctica da actividade física.

– Bases da nutrición deportiva.

– Bases do traballo coas persoas especialistas do ámbito (nutricionista). Funcións.

– Control do estado nutricional das persoas deportistas: determinación dos aspectos avaliables, selección de test ou medios de valoración, aplicación de test ou medios de valoración.

– Colaboración coa persoa especialista na realización de dietas e axudas ergonutricionais.

– Elaboración de dieta precompetitiva, competitiva e postcompetitiva.

– Aceptación do traballo coa persoa especialista.

4. Dirixe a preparación da persoa deportista relacionando os principios da carga e o control do adestramento e comparando os principais medios e métodos de recuperación deportiva.

• Fatiga, sobrecarga e sobreadestramento: concepto, tipos, mecanismos de produción, indicadores e formas de prevención.

– Efectos da fatiga no sistema neuromuscular, endócrino e inmunolóxico.

• A recuperación: concepto, pautas de recuperación e técnicas de recuperación activa e pasiva.

– A recuperación física no alto rendemento: procesos fisiolóxicos.

• Métodos de control e valoración do adestramento no alto rendemento deportivo.

– O control do adestramento e a competición no alto rendemento deportivo: funcións e características.

• A valoración das capacidades condicionais e coordinativas no alto rendemento deportivo.

• Instrumentos para a avaliación do proceso e dos resultados no alto rendemento deportivo.

• Determinación das cargas de adestramento e a súa progresión en función do nivel das persoas deportistas.

• Selección de métodos e medios de adestramento en función dos obxectivos do adestramento e da competición no alto rendemento deportivo, das características das persoas deportistas e da súa adaptación ao esforzo.

• Identificación dos indicadores de fatiga, recuperación e sobreadestramento.

• Determinación do proceso e do obxecto da avaliación no adestramento e a competición.

• Deseño e selección dos instrumentos e recursos para a avaliación e o control do adestramento e a competición propios do alto rendemento deportivo (diarios de adestramento, test físicos, test fisiolóxicos, etc.).

• Valoración da necesidade dunha constante utilización dos métodos de observación e control como mellora do proceso de adestramento e da competición.

• Valoración da importancia da axeitada recuperación da fatiga.

5. Programa e dirixe o adestramento en condicións especiais identificando as bases e as súas características máis importantes.

• Factores ambientais que inflúen no adestramento de alto rendemento: a altitude, o estrés térmico, o cambio horario, a humidade, etc.

• Fisioloxía do adestramento en altitude: efectos, adaptacións xerais e respostas ao esforzo (cardiovasculares, respiratorias, dixestivas, renais, endócrinas, metabólicas, neurolóxicas, dermatolóxicas e infecciosas).

• Efectos fisiolóxicos do cambio horario.

• Termorregulación e exercicio intenso. Exercicio en calor. Exercicio en frío. Exercicio en humidade.

• Programación do adestramento en altitude moderada, cambio horario e en situacións de temperatura extrema.

• Adaptacións á altura, á calor, ao frío, á humidade e aos cambios horarios.

• Deseño e elaboración de programacións en situacións de cambio horario, de temperatura e humidade extrema (frío e calor) e de altitude moderada.

• Deseño e elaboración de sesións de adestramento en situacións de cambios horarios, temperaturas extremas (frío e calor) e de altitude moderada.

• Aceptación do traballo coa persoa especialista.

Módulo común de ensino deportivo: Factores psicosociais do alto rendemento.

Código: MED-C302.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Selecciona a persoa deportista para a alta competición, analizando as características psicolóxicas das persoas deportistas e equipos de alto nivel e as exixencias psicolóxicas do alto rendemento.

a) Definíronse as características psicolóxicas que demanda o alto rendemento deportivo no adestramento e na competición.

b) Describíronse as características psicolóxicas das persoas deportistas e equipos de alto nivel.

c) Analizáronse especificamente peculiaridades psicolóxicas das mulleres deportistas no alto rendemento.

d) Analizáronse os condicionantes psicolóxicos e as consideracións específicas das persoas deportistas con discapacidade no alto rendemento.

e) Establecéronse as contribucións dos aspectos psicolóxicos á progresión e ao rendemento das persoas deportistas de alto nivel.

f) Propuxéronse criterios psicolóxicos para seleccionar deportistas de alto nivel, en función das exixencias do adestramento e a competición de alto nivel.

g) Aplicáronse procedementos psicolóxicos de detección de deportistas de alto nivel mediante a realización de entrevistas e a observación de deportistas en competicións simuladas.

h) Aplicáronse procedementos de avaliación psicolóxica en situacións simuladas de adestramento e de competición.

i) Argumentouse a necesidade de integrar as características psicolóxicas na avaliación do rendemento das persoas deportistas de alto nivel.

j) Promoveuse a incorporación de protocolos psicolóxicos na detección de deportistas de alto nivel.

2. Valora o contorno da persoa deportista analizando os aspectos sociais que afectan o seu rendemento deportivo e facilitan a súa formación académica e desenvolvemento persoal.

a) Recoñecéronse os aspectos sociais do contorno da persoa deportista de alto nivel que afectan o seu rendemento.

b) Definíronse os aspectos sociais do contorno da persoa deportista que facilitan a súa formación académica.

c) Analizáronse as características específicas do contorno da persoa deportista con discapacidade no alto rendemento.

d) Describíronse as interaccións entre as características psicolóxicas das persoas deportistas de alto nivel e os aspectos sociais do seu contorno.

e) Aplicáronse procedementos de avaliación do contorno da persoa deportista que afectan o seu rendemento, nun suposto práctico.

f) Aplicáronse, en situacións simuladas, os medios de que dispón o adestrador ou adestradora na xestión do contorno, de maneira que non interfira no proceso de formación deportiva e académica da persoa deportista.

g) Argumentouse a conveniencia de que o adestrador ou adestradora facilite á persoa deportista a posibilidade de compaxinar a carreira deportiva coa formación académica e a conciliación da vida familiar e deportiva.

h) Localizáronse as axudas e fontes de información de que dispoñen as persoas deportistas de alto nivel para facilitar a súa integración na vida laboral, unha vez rematada a súa carreira deportiva.

i) Recoñeceuse a importancia de incorporar a análise dos aspectos sociais do contorno da persoa deportista na avaliación do seu rendemento.

j) Valorouse a actitude positiva do adestrador ou adestradora cara ao recoñecemento e prevención dos problemas de inserción laboral máis frecuentes nas persoas deportistas de alto nivel.

k) Argumentouse a relación existente entre o estancamento do rendemento deportivo e a incerteza nas perspectivas de futuro da persoa deportista pola falta de apoio persoal e social.

3. Dirixe a preparación da persoa deportista e estrutura os procedementos e métodos de preparación psicolóxica en relación cos procesos de motivación e afrontamento da alta competición.

a) Identificáronse os procesos de motivación propios das persoas deportistas de alto nivel.

b) Demostráronse procedementos psicolóxicos de mantemento da motivación das persoas deportistas de alto nivel ao longo da tempada deportiva.

c) Integráronse, nun suposto práctico de preparación deportiva, os procedementos psicolóxicos necesarios no mantemento da motivación das persoas deportistas de alto nivel ao longo da tempada.

d) Describíronse os procesos relacionados coa forma en que a persoa deportista de alto nivel afronta a competición.

e) Aplicáronse métodos de preparación psicolóxica na mellora do afrontamento que as persoas deportistas de alto nivel fan da competición en situacións simuladas.

f) Deseñáronse planificacións deportivas e sesións de adestramento que consideran a mellora dos procesos de afrontamento da competición.

g) Describíronse os aspectos da preparación deportiva susceptibles de ser derivados ao/á profesional da psicoloxía.

h) Recoñeceuse a pertinencia de integrar a preparación psicolóxica na preparación xeral da persoa deportista.

4. Coordina o equipo de persoal técnico especialista en ciencias aplicadas ao deporte, identificando as funcións do psicólogo ou psicóloga e aplicando técnicas de xestión de recursos humanos.

a) Definíronse os roles do/da profesional da psicoloxía, diferenciándoos das funcións do adestrador ou adestradora.

b) Describíronse os diferentes estilos de liderado de que dispón o adestrador ou adestradora para optimizar o rendemento do equipo do persoal técnico especialista.

c) Identificáronse aquelas pautas de comunicación que pode utilizar o adestrador ou adestradora para xerar credibilidade no seu equipo de persoal técnico especialista.

d) Aplicáronse os estilos de liderado e as pautas de comunicación co obxectivo de xestionar os recursos humanos do persoal técnico en situacións simuladas de traballo en equipo.

e) Describíronse as pautas necesarias na incorporación das achegas especializadas do/da profesional da psicoloxía á preparación da persoa deportista.

f) Deseñáronse planificacións deportivas que teñan en conta o traballo especializado do/da profesional da psicoloxía deportiva, asignándolle obxectivos e medios de traballo para desenvolver a súa achega.

g) Xustificouse a conveniencia de dispoñer de equipos de persoal técnico especialista en ciencias do deporte.

Contidos básicos:

1. Selecciona a persoa deportista para a alta competición analizando as características psicolóxicas das persoas deportistas e equipos de alto nivel e as exixencias psicolóxicas do alto rendemento.

• Condicionantes psicolóxicos do alto rendemento deportivo e características psicolóxicas das persoas deportistas e equipos de alto nivel.

• Condicionantes psicolóxicos e consideracións específicas das persoas deportistas con discapacidade no alto rendemento.

• Condicionantes psicolóxicos e consideracións específicas da muller deportista de alto rendemento.

• Contribucións dos aspectos psicolóxicos á progresión e ao rendemento das persoas deportistas de alto nivel.

• Identificación do perfil psicolóxico das persoas deportistas e equipos de alto nivel.

• Importancia dos aspectos psicolóxicos nos procesos de detección de deportistas de alto nivel.

• Criterios psicolóxicos na selección de deportistas de alto nivel.

• Aplicación de procedementos de selección psicolóxica de deportistas de alto nivel.

• Métodos de avaliación dos aspectos psicolóxicos implicados no adestramento e na competición.

• Rexistro e análise da actuación psicolóxica das persoas deportistas en adestramento e en competición.

• A necesidade de integrar aspectos psicolóxicos na avaliación do rendemento deportivo.

2. Valora o contorno da persoa deportista analizando os aspectos sociais que afectan o seu rendemento deportivo e facilitan a súa formación académica.

• Aspectos sociais do contorno da persoa deportista de alto nivel relacionados co rendemento deportivo e académico (familia, relacións sociais e afectivas, centro educativo e/ou laboral, club, federación, patrocinadores ou patrocinadoras, representantes e medios de comunicación).

• Características específicas do contorno da muller deportista.

• Interaccións entre as características psicolóxicas das persoas deportistas de alto nivel e os aspectos sociais do seu contorno.

• Avaliación dos aspectos sociais do contorno da persoa deportista relacionados coa súa progresión deportiva e coa súa formación académica.

• Características específicas do contorno da persoa deportista con discapacidade no alto rendemento.

• A xestión do contorno por parte do adestrador ou adestradora para que non interfira na preparación deportiva, académica ou no rendemento deportivo da persoa deportista.

– A formación psicolóxica dos pais e as nais de deportistas.

– A educación dos medios de comunicación.

– A elaboración de normativas que regulen a relación das persoas deportistas co seu contorno.

• Desenvolvemento dunha actitude no adestrador ou adestradora que facilite á persoa deportista compaxinar os seus estudos coa práctica deportiva.

• Conciliación persoal-familiar e deportiva e as expectativas de maternidade das deportistas durante a vida deportiva. Actitude do adestrador ou adestradora.

• Problemas de inserción laboral máis frecuentes en deportistas de alto nivel. Identificación das axudas e fontes de información que facilitan a integración das persoas deportistas de alto nivel na vida laboral.

• A actitude positiva do adestrador ou da adestradora cara ao recoñecemento e prevención de problemas de inserción laboral nas persoas deportistas de alto nivel.

• A integración dos aspectos sociais do contorno da persoa deportista na avaliación do seu rendemento.

3. Dirixe a preparación da persoa deportista estruturando os procedementos e métodos de preparación psicolóxica en relación cos procesos de motivación e afrontamento da alta competición.

• Procesos de motivación propios de deportistas de alto nivel.

• Procedementos psicolóxicos para manter a motivación de deportistas de alto nivel ao longo da tempada.

• Procesos de afrontamento da competición implicados no alto rendemento deportivo.

• Métodos de preparación psicolóxica para mellorar o afrontamento que as persoas deportistas de alto nivel fan da competición.

• Elaboración de programacións deportivas que integren os procesos de motivación e de afrontamento da competición.

• A derivación de aspectos da preparación de deportistas de alto nivel a profesionais da psicoloxía. Pautas de actuación.

• A necesidade de integrar a preparación psicolóxica na preparación xeral da persoa deportista.

4. Coordina o equipo de persoal técnico en ciencias aplicadas ao deporte, identificando as funcións do psicólogo ou psicóloga e aplicando técnicas de xestión de recursos humanos.

• Funcións do/da profesional da psicoloxía aplicada ao deporte.

• Estilos de liderado na condución de equipos.

• Análise da comunicación para xerar credibilidade no conxunto de especialistas en ciencias aplicadas ao deporte.

• Protocolos para integrar a achega do/da profesional da psicoloxía na preparación de deportistas de alto nivel.

• Deseño de planificacións deportivas que teñan en conta o traballo especializado do/da profesional da psicoloxía.

• Os estilos de liderado e das pautas de comunicación para o adestramento dos recursos humanos do equipo técnico.

• A necesidade de dispoñer de equipos técnicos multidisciplinares.

Módulo común de ensino deportivo: Formación de formadores o formadoras deportivos/as.

Código: MED-C303.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Imparte formación de persoal técnico deportivo, analizando as condicións que facilitan a aprendizaxe de persoas adultas e as estratexias de aprendizaxe axeitadas para a adquisición de competencias profesionais.

a) Analizáronse as características psicosociais do alumnado adulto e as súas implicacións na aprendizaxe.

b) Aplicáronse métodos de valoración das características psicosociais do alumnado adulto.

c) Describíronse as teorías cognitivas da aprendizaxe máis axeitadas para explicar a aprendizaxe das persoas adultas.

d) Relacionáronse as características dos diferentes estilos de aprendizaxe e as estratexias de aprendizaxe do alumnado e as súas implicacións na aprendizaxe.

e) Analizáronse as características do modelo técnico e do modelo cognitivo-reflexivo de formación do profesorado en relación coa adquisición de competencias profesionais no ámbito da actividade física e do deporte.

f) Describiuse e aplicouse, en supostos prácticos, o tipo de intervención do profesorado máis axeitado para a formación das persoas adultas.

g) Describíronse e implementáronse, en supostos prácticos, as pautas metodolóxicas dos estilos de ensino máis adecuados para as persoas adultas en situacións de aprendizaxe presencial e a distancia.

h) Promoveuse a valoración das características individuais da aprendizaxe e outras posibilidades de atención á diversidade como base da adaptación dos procesos de ensino do persoal docente.

2. Elabora a programación didáctica dos módulos de ensinanzas deportivas, analizando a normativa de ordenación destas, os seus procesos de programación, secuenciación e avaliación, e concretando os elementos que constitúen a programación.

a) Analizouse a organización básica das ensinanzas deportivas en relación co sistema educativo e a súa relación coas ofertas formativas do Sistema nacional de cualificacións e formación profesional.

b) Analizouse o perfil profesional dos ciclos de ensino deportivo e a súa relación cos obxectivos xerais do currículo básico.

c) Identificáronse as características dos ámbitos conceptual, procedemental e actitudinal nos obxectivos dos ciclos de ensinanzas deportivas.

d) Analizáronse os conceptos, procedementos e actitudes que soportan os resultados de aprendizaxe dun módulo específico de ensino deportivo.

e) Describíronse os elementos propios da programación didáctica dos módulos específicos e de formación práctica dos diferentes ciclos, e do módulo de proxecto final do ciclo superior de ensinanzas deportivas.

f) Comparáronse as diferenzas na programación didáctica entre o ensino presencial e a distancia dun módulo específico de ensino deportivo.

g) Describíronse as características da avaliación de competencias profesionais no ámbito da actividade física e deportiva.

h) Interpretáronse as características dos criterios de avaliación dun resultado de aprendizaxe nun módulo específico de ensino deportivo.

i) Analizouse a normativa que afecta a avaliación, certificación e rexistro das ensinanzas deportivas.

j) Explicáronse e exemplificáronse as ferramentas para a adaptación curricular en atención á diversidade.

k) Explicouse e analizouse a importancia do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como elemento clave na atención á diversidade.

l) Concretáronse os elementos da programación didáctica dun módulo do bloque específico, atendendo á súa normativa de ordenación, ás características do alumnado, incluído o alumnado con discapacidade e do contexto deportivo.

m) Argumentouse a importancia da programación didáctica na formación de persoal técnico deportivo.

3. Programa e dirixe sesións de formación de persoal técnico deportivo, analizando as características e elaborando recursos didácticos propios das ensinanzas deportivas.

a) Analizáronse as características dos recursos didácticos que permiten o desenvolvemento de estratexias metodolóxicas propias da formación de formadores ou formadoras, presencial e a distancia.

b) Identificáronse as especificacións técnicas e pautas didácticas dos recursos (audiovisuais, informáticos, multimedia, entre outros), propios do ensino presencial e a distancia para o seu óptimo aproveitamento nas sesións.

c) Seleccionáronse e utilizáronse recursos didácticos que faciliten unha mellor comprensión dos contidos que se abordarán na formación de formadores ou formadoras, identificando a súa utilización na formación presencial e a distancia.

d) Elaboráronse materiais e medios didácticos (impresos, audiovisuais, multimedia, entre outros) que permitan desenvolver contidos teórico-prácticos propios da formación de formadores ou formadoras, presencial e a distancia.

e) Deseñouse e realizouse unha presentación (de tarefas e contidos) atendendo á súa estrutura e utilizando de xeito eficaz recursos didácticos, nun suposto práctico de clase teórico-práctica.

f) Valorouse a necesidade de programar e preparar os recursos didácticos previamente á súa utilización.

g) Valorouse a necesidade de prever recursos didácticos alternativos fronte a posibles incidencias, incluíndo a atención a persoas con discapacidade e identificado aqueles que poidan resultar máis axeitados en cada caso.

h) Valorouse a necesidade de contar con recursos didácticos e estratexias metodolóxicas para aplicar e transmitir de forma efectiva o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

i) Exemplificáronse as posibilidades de adaptación dos recursos didácticos que se utilizarán en atención a unha necesidade educativa especial.

j) Describíronse recursos didácticos contra a violencia de xénero.

4. Titoriza persoal técnico deportivo no seu proceso de formación específica (módulos específicos, de formación práctica e proxecto final) identificando as estratexias e procedementos para o seu seguimento e avaliación.

a) Identificáronse as condicións de seguimento e titoría dos distintos módulos do bloque específico, presenciais e a distancia, establecidos na normativa vixente.

b) Valorouse a necesidade de establecer unha liña de traballo continua e coherente entre os diferentes módulos de formación do bloque específico e entre este e o bloque común.

c) Analizáronse os recursos existentes para o establecemento de contactos e convenios coas entidades colaboradoras no módulo de formación práctica.

d) Utilizáronse aplicacións informáticas específicas en supostos de xestión e seguimento do módulo de formación práctica.

e) Propuxéronse, analizáronse e comparáronse diferentes dinámicas de traballo para a condución de titorías de grupo no módulo de formación práctica.

f) Describíronse os elementos clave para a elaboración de informes de avaliación do módulo de formación práctica.

g) Describíronse os elementos clave para establecer un guión de elaboración da memoria do módulo de formación práctica.

h) Analizáronse diferentes pautas de actuación, asesoramento e control de entrevistas e titorías personalizadas na dirección de proxectos, en función da súa temática.

i) Analizáronse os criterios de pertinencia e viabilidade dun proxecto en relación coa súa finalidade, valorando a necesidade de elaborar un documento que racionalice ou xustifique as accións que deban acometerse.

j) Describíronse os apartados clave do guión dun proxecto do ciclo superior, dependendo da súa temática.

k) Escolléronse de forma argumentada criterios de elaboración e avaliación para a presentación oral e escrita de proxectos.

l) Xustificouse a función da titoría e o seguimento na consecución dos resultados de aprendizaxe dos módulos de formación práctica e de proxecto.

m) Valorouse a importancia de recoller nun diario de campo a memoria do módulo de formación práctica como elemento de aprendizaxe reflexiva por parte do alumnado.

5. Promove o desenvolvemento ético e moral do persoal técnico e deportistas de alto rendemento valorando o impacto que os seus comportamentos e actitudes teñen a nivel social, especialmente a través dos medios de comunicación.

a) Analizouse a bibliografía existente identificando e describindo os valores máis relevantes relacionados co alto rendemento.

b) Identificáronse os valores e actitudes que transmiten o persoal técnico e as persoas deportistas de alto rendemento, especialmente a través dos medios de comunicación.

c) Analizáronse as características que debe ter o tratamento da información deportiva nos medios de comunicación para facer efectivo o tratamento igualitario entre homes e mulleres.

d) Analizouse a repercusión mediática de comportamentos deportivos e antideportivos de persoal técnico e deportistas de alto rendemento e a súa influencia social.

e) Argumentouse a importancia de que o persoal técnico de alto rendemento asuma as responsabilidades éticas do seu comportamento á hora de transmitir valores persoais e sociais.

f) Identificouse e valorouse a importancia dos propios prexuízos e estereotipos de xénero e prexuízos de índole afectivo-sexual de deportistas e corpo técnico na súa interacción cos medios de comunicación.

g) Argumentouse a importancia da atención á diversidade na valoración do éxito deportivo, dando cabida a outros colectivos normalmente menos valorados, especialmente mulleres e persoas con discapacidade.

6. Participa na organización da formación de persoal técnico deportivo, analizando as características dos centros docentes e a normativa sobre responsabilidade do profesorado.

a) Identificáronse as funcións dos diferentes órganos dun centro educativo.

b) Analizouse o alcance da finalidade e os obxectivos das ensinanzas deportivas, con especial atención ao fomento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, así como a atención a persoas con discapacidade.

c) Identificáronse os diferentes tipos de centros en que se poden impartir as ensinanzas deportivas de réxime especial.

d) Analizouse a normativa que rexe o funcionamento e organización dun centro docente que imparta ensinanzas deportivas.

e) Analizáronse as diferentes formas de colaboración entre as administracións educativas e as federacións deportivas para impartir as ensinanzas deportivas.

f) Analizouse a normativa básica de avaliación aplicable ás ensinanzas deportivas.

g) Describíronse os requisitos do profesorado especialista na administración educativa.

h) Identificáronse as responsabilidades atribuíbles ao profesorado especialista na docencia das ensinanzas deportivas.

Contidos básicos:

1. Imparte formación de persoal técnico deportivo, analizando as condicións que facilitan a aprendizaxe de persoas adultas e as estratexias de aprendizaxe axeitadas para a adquisición de competencias profesionais.

• Características psicosociais do alumnado adulto.

– Implicacións na aprendizaxe.

– Métodos de valoración psicosocial.

• Teorías cognitivas da aprendizaxe de futuros/as formadores ou formadoras: estilos e estratexias.

• Modelos de formación do profesorado.

– Modelo técnico.

– Modelo cognitivo-reflexivo.

• Intervención do profesorado con alumnado adulto.

• Estilos de ensino en ensino no réxime presencial e a distancia.

• Individualización do proceso de ensino-aprendizaxe.

• Os principios de normalización e atención á diversidade.

2. Elabora a programación didáctica dos módulos de ensinanzas deportivas, analizando a normativa de ordenación destas, os seus procesos de programación, secuenciación e avaliación e concretando os elementos que constitúen a programación.

• As ensinanzas deportivas no sistema educativo.

– Ordenación, estrutura e organización básica.

– O Sistema nacional de cualificacións e formación profesional: oferta formativa en relación coas ensinanzas deportivas.

– Características dos ámbitos conceptual, procedemental e actitudinal nos obxectivos dos diferentes ciclos.

– Conceptos, procedementos e actitudes dos resultados de aprendizaxe dos módulos do bloque específico.

– Análise do perfil profesional dos ciclos de ensino deportivo en relación cos obxectivos xerais do seu currículo básico.

• O bloque específico nas ensinanzas deportivas: programación dos módulos específicos, de formación práctica e proxecto final.

– Capacidades conceptuais, procedementais e actitudinais que soportan os resultados de aprendizaxe dos módulos do bloque específico.

– Elementos propios da programación didáctica dos módulos específicos de ensino deportivo.

– Elementos propios da programación didáctica do módulo de formación práctica.

– Elementos propios da programación didáctica do módulo de proxecto final do ciclo superior.

– Características diferenciais da programación didáctica presencial e a distancia.

• A avaliación no ámbito das ensinanzas deportivas.

– Avaliación das competencias profesionais no ámbito da actividade física e o deporte.

– Características dos criterios de avaliación de resultados de aprendizaxe propios dos módulos do bloque específico.

– Normativa de referencia na avaliación, cualificación, certificación e rexistro.

– Concreción dos elementos da programación didáctica dos módulos do bloque específico.

• Ferramentas para a adaptación curricular: modificacións nos elementos de acceso ao currículo.

– Exemplos de adaptación curricular para a discapacidade física e sensorial.

– Principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

3. Programa e dirixe sesións de formación de persoal técnico deportivo analizando as características e elaborando materiais, medios e recursos didácticos propios das ensinanzas deportivas.

• Características, recomendacións de uso e criterios de selección dos diferentes recursos didácticos que se utilizarán na formación de formadores ou formadoras.

– Recursos tradicionais.

□ O encerado.

□ O rotafolio.

□ O retroproxector.

□ Medios impresos: apuntamentos, láminas, pósters, etc.

– Novas tecnoloxías.

□ Medios audiovisuais: reprodución de soportes dixitais.

□ Medios informáticos: canón de proxección. Ensino asistido por ordenador: o PC e a tableta PC.

□ Medios interactivos: encerado dixital (táctil e portátil). Videoconferencia.

– Elaboración de materiais e medios didácticos propios da formación de persoal técnico, presencial e a distancia.

• Estratexias para a programación, presentación oral e avaliación de sesións na formación de persoal técnico.

– Estruturación dos contidos.

– Estratexias para conectar coa audiencia.

– Estratexias de utilización eficaz dos recursos didácticos, así como das alternativas en caso de fallo técnico.

– Estratexias para o peche da presentación.

– Valoración da sesión.

• As necesidades educativas especiais: causas e implicacións didácticas.

• Recursos didácticos para aplicar de forma efectiva o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

4. Titoriza persoal técnico deportivo no seu proceso de formación específica (módulos específicos, de formación práctica e proxecto final) identificando as estratexias e procedementos para o seu seguimento e avaliación.

• O seguimento e titoría dos módulos do bloque específico, presenciais e a distancia.

• Análise da relación curricular existente entre os distintos módulos dos bloques común e específico.

• Funcións e efectos da titoría na consecución dos resultados de aprendizaxe dos módulos do bloque específico.

• O módulo de formación práctica.

– Identificación dos recursos existentes para o establecemento de contactos e convenios con entidades colaboradoras.

– Utilización de aplicacións informáticas específicas para a xestión e seguimento do módulo de formación práctica.

– Titorías de grupo: análise de dinámicas de traballo presenciais e a distancia.

– Avaliación: criterios de elaboración de guións e criterios de avaliación aplicables ás memorias, diarios de campo e outros documentos de avaliación do módulo de formación práctica.

• O módulo de proxecto final.

– Dirección e titoría de proxectos: pautas de actuación, asesoramento e control no seu seguimento.

– Criterios de pertinencia e viabilidade dun proxecto: interrogantes para manifestar na súa formulación (razóns, fins, persoas beneficiarias, recursos, actividades, temporalización, etc.).

– Estrutura e contidos básicos na formulación de proxectos. Adaptacións en función da súa temática.

– Avaliación: elección dos criterios de elaboración e avaliación de presentacións orais e escritas.

5. Promove o desenvolvemento ético e moral do persoal técnico e deportistas de alto rendemento valorando o impacto que os seus comportamentos e actitudes teñen a nivel social, especialmente a través dos medios de comunicación.

• Impacto do deporte de alto rendemento.

– Actitudes e valores propios do deporte de alto rendemento.

– Deporte e medios de comunicación.

– Análise de contido da información deportiva nos medios de comunicación.

• A atención a colectivos desfavorecidos no alto rendemento deportivo: valoración do éxito en mulleres e persoas con discapacidade. Tratamento nos medios de comunicación.

• Importancia dos propios prexuízos e estereotipos de xénero de deportistas e corpo técnico na súa interacción cos medios de comunicación.

6. Participa na formación de persoal técnico deportivo, analizando as características dos centros docentes e a normativa sobre responsabilidade do profesorado.

• Centros de ensinanzas deportivas. Tipos e características. Organización e funcionamento.

• Obxectivos das ensinanzas deportivas: a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a atención ás persoas con discapacidade.

• Profesorado especialista. Características.

Módulo común de ensino deportivo: Organización e xestión aplicada ao alto rendemento.

Código: MED-C304.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Supervisa as condicións de seguridade das instalacións e medios propios do alto rendemento deportivo, aplicando os procedementos establecidos e relacionándoos coa normativa vixente.

a) Analizáronse os requisitos que deben cumprir as instalacións de alto rendemento para a práctica da actividade segundo a normativa vixente.

b) Relacionáronse as condicións laborais nunha instalación de alto rendemento coa saúde do persoal.

c) Describíronse as situacións de risco, enfermidades profesionais e accidentes máis habituais nos contornos laborais das instalacións dedicadas ao alto rendemento.

d) Analizáronse os procedementos de control da seguridade aplicables nas instalacións dedicadas ao alto rendemento deportivo e, en especial, no plan de actuación de emerxencias.

e) Valorouse a importancia dunha actitude preventiva en todos os ámbitos de xestión dunha instalación dedicada ao alto rendemento deportivo.

f) Identificáronse os elementos organizativos básicos das instalacións dedicadas ao alto rendemento.

g) Analizáronse os trámites exixidos pola normativa vixente na petición de financiamento dunha instalación deportiva dedicada ao alto rendemento.

h) Caracterizáronse as partes que compoñen un plan de prevención de riscos laborais dunha instalación dedicada ao alto rendemento deportivo, incluíndo as funcións e accións vinculadas a cada parte.

i) Argumentouse a necesidade e a importancia de establecer un plan de prevención de riscos laborais nunha instalación deportiva de alto rendemento, que inclúa a secuenciación de actuacións que se deben realizar en caso de emerxencia.

j) Analizouse e exemplificouse a normativa sobre accesibilidade nas instalacións deportivas por parte de persoas con discapacidade ou mobilidade reducida.

2. Organiza e realiza actividades de xestión e constitución dunha organización deportiva ou empresa, analizando os obxectivos e estrutura desta e relacionándoas coa normativa vixente.

a) Analizáronse as diferentes formas xurídicas e estrutura das organizacións deportivas ou empresas.

b) Aplicáronse os pasos necesarios na creación dunha organización deportiva en función do seu ámbito de actuación.

c) Especificouse o grao de responsabilidade legal das persoas propietarias e xestoras, en función da forma xurídica elixida para a organización deportiva ou a empresa.

d) Analizáronse as posibles vías de apoio económico existentes para a creación e xestión dunha organización deportiva ou empresa segundo as características desta.

e) Realizáronse, en supostos prácticos, os trámites exixidos pola normativa vixente para a petición de axudas á creación e xestión das organizacións deportivas ou empresas.

f) Realizáronse os trámites necesarios para a solicitude de recoñecemento de entidade de utilidade pública.

3. Dirixe unha organización deportiva aplicando procedementos de xestión económica e contable desta.

a) Describíronse os conceptos e as técnicas básicas de xestión e rexistro contables.

b) Analizáronse os procedementos administrativos básicos relativos á xestión dunha organización deportiva.

c) Cubríronse os documentos básicos comerciais e contables dunha organización deportiva.

d) Aplicáronse procedementos na confección da documentación administrativa-comercial derivada do desenvolvemento da actividade deportiva.

e) Valorouse a importancia da organización e a orde nos procedementos de xestión económica e contable.

f) Identificáronse as principais obrigas fiscais e tributarias dunha organización deportiva ou empresa en relación co seu obxectivo de actuación.

g) Cubríronse os protocolos de declaración-liquidación dos impostos de IAE, IVE, IRPF e imposto de sociedades.

h) Argumentáronse os problemas derivados do incumprimento das obrigas fiscais e tributarias dunha organización deportiva ou empresa.

i) Realizáronse supostos de solicitude das diferentes exencións fiscais establecidas para o sector deportivo.

4. Organiza e xestiona competicións e eventos propios do nivel de tecnificación deportiva, analizando os requisitos administrativos, os medios materiais e humanos necesarios, en relación co marco legal que as regula e os criterios de sustentabilidade.

a) Describiuse a estrutura organizativa que ten unha competición de tecnificación deportiva.

b) Identificáronse as funcións que se deben realizar na organización dunha competición de tecnificación deportiva.

c) Analizouse o impacto da celebración dunha competición ou evento deportivo sobre o contorno en que se desenvolve.

d) Enumeráronse os criterios de sustentabilidade aplicables á organización dunha competición ou evento deportivo.

e) Analizáronse as responsabilidades que ten a organización dunha competición ou evento deportivo.

f) Describíronse as axudas ao patrocinio do deporte feminino como estratexia na organización dunha competición ou evento deportivo neste ámbito.

g) Describíronse as principais vías de financiamento da organización dunha competición deportiva.

h) Describíronse as diferentes alternativas de xestión e difusión dos resultados durante unha competición deportiva.

i) Aplicáronse os procedementos de organización en supostos prácticos de actos protocolarios de apertura, entrega e clausura dunha competición deportiva.

j) Describíronse as exixencias de seguridade e de atención ás emerxencias que debe ter en conta a organización dun acto deportivo.

5. Acompaña as persoas deportistas nas competicións de alto rendemento, identificando o marco lexislativo e organizativo en que se encadra este tipo de competicións e analizando as normativas que poden ser de aplicación a deportistas profesionais, a deportistas de alto nivel (DAN) e a deportistas de alto rendemento (DAR).

a) Analizouse a normativa deportiva de ámbito internacional, relacionándoa coa estrutura administrativa do deporte.

b) Describíronse as estruturas e as funcións dos organismos deportivos internacionais máis importantes e as súas funcións.

c) Relacionouse a estrutura administrativa internacional coa normativa de competición.

d) Describíronse as funcións e o réxime disciplinario/sancionador da Axencia Mundial Antidopaxe e as súas relacións cos organismos nacionais e internacionais do deporte.

e) Describíronse as vantaxes que outorga a normativa española ás persoas deportistas profesionais.

f) Analizáronse as características do deporte profesional en España.

g) Analizouse a normativa que afecta as persoas deportistas de alto nivel e alto rendemento en España.

h) Analizáronse as características dos programas de axuda á preparación das persoas deportistas de alto nivel dos deportes olímpicos e paralímpicos e, especialmente, en modalidades deportivas onde aínda exista unha representación feminina reducida.

6. Selecciona as oportunidades de emprego, identificando as súas posibilidades de inserción laboral e as alternativas de aprendizaxe permanente.

a) Valorouse a importancia da formación permanente como factor clave na empregabilidade e a adaptación ás exixencias do mercado laboral e da modalidade deportiva.

b) Identificáronse os itinerarios formativos profesionais que completan o seu perfil profesional e aumentan a súa empregabilidade.

c) Determináronse as técnicas utilizadas no proceso de busca de emprego.

d) Describíronse posibilidades de autoemprego relacionándoas co seu perfil profesional.

e) Realizouse a autovaloración da personalidade, aspiracións, actitudes e formación propia para a toma de decisións.

Contidos básicos:

1. Supervisa as condicións de seguridade das instalacións e medios propios do alto rendemento deportivo, aplicando os procedementos establecidos e relacionándoos coa normativa vixente.

• Centros de alto rendemento (CAR) e centros de tecnificación deportiva (CTD). Tipos, características e normativa aplicable.

• Estrutura e organización dos CAR e CTD. Normativa de aplicación. Axudas e subvencións.

• Prevención e seguridade nas instalacións. Normativa de aplicación. Avaliación de riscos laborais.

– Fases de plan de prevención. Identificación e características. Conceptos básicos sobre organización de prevención de riscos laborais. Órganos que forman parte do plan de prevención.

– Plan de emerxencias. Elaboración e aplicación do plan de emerxencias. Protocolos de evacuación.

• Importancia das medidas de protección e prevención no ámbito laboral.

• O principio de accesibilidade universal aplicado ás instalacións e equipamentos deportivos.

• Requirimentos legais e técnicos das instalacións deportivas en relación á accesibilidade física e na comunicación.

• Normativa estatal e da comunidade autónoma.

2. Organiza e realiza actividades de xestión e constitución dunha organización deportiva ou empresa, analizando os obxectivos e estrutura desta e relacionándoas coa normativa vixente.

• Organizacións e empresas deportivas. Formas xurídicas. Estrutura e funcións.

• Requisitos legais de constitución de organizacións deportivas e empresas.

• Elección da forma xurídica.

• Vías de financiamento das organizacións deportivas e empresas deportivas. Axudas e subvencións. Tramitación de solicitudes de axudas e subvencións.

• Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, na xestión e constitución dunha organización deportiva.

3. Dirixe unha organización deportiva aplicando procedementos de xestión económica e contable.

• Concepto de contabilidade. Nocións básicas.

• Análise da información contable.

• Obrigas fiscais das organizacións deportivas ou empresas de servizos deportivos.

• Xestión administrativa de organizacións deportivas ou empresas deportivas.

4. Organiza e xestiona competicións e eventos propios do nivel de tecnificación deportiva, analizando os requisitos administrativos, os medios materiais e humanos necesarios, en relación co marco legal que as regula e os criterios de sustentabilidade.

• Competicións deportivas. Estrutura organizativa básica. Funcións e responsabilidades.

– Vías de apoio económicas e materiais.

– Apoio ao patrocinio do deporte feminino e a súa importancia na organización de eventos desta natureza.

– Organización de actos de protocolo.

– Seguridade nas competicións ou eventos deportivos.

– Xestión e difusión dos resultados das competicións deportivas.

• Sustentabilidade en competicións e eventos deportivos.

– Medidas para minimizar as afeccións na biodiversidade e para contribuír á restauración de zonas afectadas. Preservación de zonas fráxiles, patrimonio arqueolóxico, histórico e cultural.

– Medidas de aforro e uso eficiente da auga.

– Xestión de residuos e limpeza.

– Minimizar o uso de enerxía e fomento de enerxías renovables.

5. Acompaña as persoas deportistas nas competicións de alto rendemento, identificando o marco lexislativo e organizativo en que se encadra este tipo de competicións e analizando as normativas que poden ser de aplicación a deportistas profesionais, a deportistas de alto nivel (DAN) e a deportistas de alto rendemento (DAR).

• Deporte internacional.

– Normativa de referencia: carta olímpica. Carta europea do deporte para todos: persoas con discapacidade. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade: resolución da Asemblea Xeral da ONU do 13.12.2006 (artigo 30.5).

– Organismos internacionais. Estrutura e funcións: Comité Paralímpico Internacional, COI, TAS, AMA, etc.

– Réxime disciplinario.

• Deporte profesional. Concepto.

– Regulación laboral especial. Real decreto 1006/1985, do 26 de xuño, polo que se regula a relación laboral especial dos deportistas profesionais.

– Ligas profesionais españolas. Características.

• Deporte de alto nivel e de alto rendemento.

• Normativa de aplicación DAN-DAR.

– Plan ADO. Características.

– Plan ADOP. Características.

– Programas de apoio ás deportistas DAN e DAR en modalidades deportivas onde se encontran pouco representadas.

6. Selecciona as oportunidades de emprego, identificando as súas posibilidades de inserción laboral e as alternativas de aprendizaxe permanente.

• Valoración da importancia da formación permanente para a traxectoria laboral e profesional do persoal técnico deportivo superior.

• Análise dos intereses, aptitudes e motivacións persoais para a carreira profesional.

• Identificación dos itinerarios formativos relacionados co persoal técnico deportivo superior.

• O proceso de busca de emprego.

• Técnicas e instrumentos de busca de emprego.

• O proceso de toma de decisións.

Módulo específico de ensino deportivo: formación do xogador ou xogadora na etapa de alto rendemento.

Código: MED-BCBC301.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Clasifica e avalía a capacidade de xogo da persoa deportista na etapa de alto rendemento, analizando o seu comportamento nos conceptos que se aplican, así como a eficacia e eficiencia, aplicando técnicas de identificación e corrección de erros, modificando e construíndo tarefas de rendemento, e elaborando procesos completos de ensino.

a) Analizáronse as capacidades dun xogador ou xogadora de baloncesto necesarias na etapa de alto rendemento.

b) Explicáronse as características principais de cada concepto de xogo na etapa de alto rendemento.

c) Categorizáronse as accións dos xogadores ou xogadoras en función dos conceptos de xogo aplicados.

d) Clasificouse de forma xustificada, a partir dun suposto práctico, o nivel de capacidade de xogo das accións dun xogador ou xogadora.

e) Analizouse a eficacia e eficiencia dos procesos de acción-reacción dunha situación de xogo proposta, sobre a base do éxito, ao tempo e aos recursos investidos para o seu desenvolvemento.

f) Identificáronse as dificultades e problemas que presenta o xogador ou xogadora na aplicación dos conceptos de xogo na etapa de rendemento.

g) Avaliáronse as accións realizadas polo xogador ou xogadora na etapa de alto rendemento, sobre a base dos estándares propios da etapa.

h) Deseñáronse e modificáronse tarefas de avaliación das capacidades de xogo na etapa de rendemento.

i) Elaboráronse tarefas de corrección de erros sobre a observación das accións realizadas por xogadores ou xogadoras na etapa de rendemento.

j) Construíuse un proceso completo de ensino a partir da análise do comportamento técnico-táctico, elaborando tarefas de corrección de erros e de mellora da capacidade de xogo.

k) Valorouse a importancia de avaliar o nivel de capacidade de xogo das persoas deportistas na etapa de rendemento en baloncesto.

2. Clasifica e avalía a execución das habilidades técnicas ofensivas do xogador ou xogadora na etapa de alto rendemento, comprobando a eficacia e eficiencia da execución, deseñando e modificando tarefas de rendemento para corrixir erros ou desenvolver as habilidades.

a) Categorizáronse as distintas habilidades técnicas ofensivas propias do xogador ou xogadora segundo a súa posición no campo.

b) Analizáronse as habilidades técnicas ofensivas específicas dun xogador ou xogadora nun suposto práctico e as súas características segundo a súa posición no campo.

c) Analizouse a eficacia e eficiencia das habilidades técnicas ofensivas, sobre a base do éxito, ao tempo e aos recursos investidos para a súa execución.

d) Identificáronse as dificultades e problemas que presenta o xogador ou xogadora na execución das habilidades técnicas ofensivas necesarias na etapa de alto rendemento.

e) Propuxéronse modificacións na execución técnica, a partir da realización dunha habilidade técnica ofensiva por parte dun xogador ou xogadora na etapa de alto rendemento.

f) Clasificouse e razoouse o nivel de execución de habilidade técnica ofensiva dun xogador ou xogadora tras a observación en situacións propostas.

g) Deseñáronse e modificáronse tarefas de avaliación das habilidades técnicas ofensivas dos xogadores ou xogadoras na etapa de alto rendemento.

h) Elaboráronse tarefas de corrección de erros sobre a observación das execucións técnicas ofensivas realizadas por xogadores ou xogadoras na etapa de alto rendemento.

i) Construíuse un proceso completo de ensino a partir da análise das habilidades técnicas ofensivas dun xogador ou xogadora, elaborando tarefas de corrección de erros e de mellora das habilidades do xogador ou xogadora para a etapa de alto rendemento.

j) Debateuse a necesidade de avaliar o nivel de habilidade técnica ofensiva dun xogador ou xogadora para a etapa de alto rendemento en baloncesto.

k) Xustificouse a importancia da eficacia e a eficiencia da execución dunha habilidade técnica ofensiva na etapa de rendemento.

3. Clasifica e avalía a execución das habilidades técnicas defensivas do xogador ou xogadora na etapa de alto rendemento, comprobando a eficacia e eficiencia da execución, deseñando e modificando tarefas de rendemento para corrixir erros ou desenvolver as habilidades.

a) Categorizáronse as distintas habilidades técnicas defensivas propias do xogador ou xogadora segundo a súa posición no campo.

b) Analizáronse as habilidades técnicas defensivas específicas dun xogador ou xogadora nun suposto práctico e as súas características segundo a súa posición no campo.

c) Analizouse a eficacia e eficiencia das habilidades técnicas defensivas con base no éxito, no tempo e nos recursos investidos para a súa execución.

d) Identificáronse as dificultades e problemas que presenta o xogador ou xogadora na execución das habilidades técnicas defensivas necesarias na etapa de alto rendemento.

e) Propuxéronse modificacións na execución técnica, a partir da realización dunha habilidade técnica defensiva por parte dun xogador ou xogadora na etapa de alto rendemento.

f) Clasificouse e razoouse o nivel de execución das habilidades técnicas defensivas dun xogador ou xogadora tras a observación en situacións propostas.

g) Deseñáronse e modificáronse tarefas de avaliación das habilidades técnicas defensivas dos xogadores ou xogadoras na etapa de alto rendemento.

h) Elaboráronse tarefas de corrección de erros sobre a observación das execucións técnicas defensivas realizadas por xogadores ou xogadoras na etapa de alto rendemento.

i) Construíuse un proceso completo de ensino a partir da análise das habilidades técnicas defensivas dun xogador ou xogadora, elaborando tarefas de corrección de erros e de mellora das habilidades do xogador ou xogadora para a etapa de alto rendemento.

j) Debateuse a necesidade de avaliar o nivel de habilidade técnica defensiva dun xogador ou xogadora para a etapa de alto rendemento en baloncesto.

k) Xustificouse a importancia da eficacia e a eficiencia da execución dunha habilidade técnica defensiva na etapa de alto rendemento.

4. Analiza o talento do xogador ou xogadora de baloncesto, comparando as características individuais que presenta cada deportista, deseñando tarefas de mellora e optimización e adaptando os movementos tácticos colectivos do equipo ás características individuais e aos obxectivos de conxunto.

a) Expresouse a diversidade de talento que se pode dar nun xogador ou xogadora de baloncesto na etapa de alto rendemento.

b) Explicouse o perfil individual do xogador ou xogadora con talento en cada posición, analizando diversos exemplos de xogadores ou xogadoras coñecidos/as.

c) Comprobouse a optimización do talento dun xogador ou xogadora segundo o rendemento do equipo.

d) Comparáronse as características do talento de dous xogadores ou xogadoras propostos/as na etapa de alto rendemento.

e) Deseñáronse tarefas para maximizar o talento dos xogadores ou xogadoras na etapa de alto rendemento.

f) Analizáronse elementos metodolóxicos que potencian o desenvolvemento do talento dos xogadores ou xogadoras na etapa de alto rendemento.

g) Formuláronse solucións a dificultades que presenta o xogador ou xogadora na busca da excelencia.

h) Deseñáronse movementos tácticos na etapa de alto rendemento que favorecen a manifestación do talento dun xogador ou xogadora proposto/a, xustificando a súa composición.

i) Debateuse a importancia de que o talento debe favorecer o rendemento do equipo na etapa de alto rendemento.

j) Xustificouse a necesidade de poder ofrecer ao xogador ou xogadora novos retos ante o acerto ou respostas ante o desacerto no xogo.

Contidos básicos:

1. Clasifica e avalía a capacidade de xogo da persoa deportista na etapa de alto rendemento, analizando o seu comportamento nos conceptos que se aplican, así como a eficacia e eficiencia, aplicando técnicas de identificación e corrección de erros, modificando e construíndo tarefas de rendemento e elaborando procesos completos de ensino.

• Capacidade de xogo en etapas de alto rendemento.

– Capacidades do base ou da base: estándares da etapa.

– Capacidades do escolta ou da escolta: estándares da etapa.

– Capacidades do aleiro ou da aleiro: estándares da etapa.

– Capacidades do ala-pivote ou da ala-pivote: estándares da etapa.

– Capacidades do pivote ou da pivote: estándares da etapa.

• Comportamento técnico-táctico na etapa de alto rendemento.

• Conceptos en situacións de xogo reducidas na etapa de alto rendemento.

• Un/unha contra un/unha na etapa de alto rendemento.

– Xogador ou xogadora con balón e a súa defensa na etapa de alto rendemento.

□ Ataque.

 Eficacia e eficiencia desde o xogo exterior.

 Eficacia e eficiencia desde o xogo interior.

 Lectura das accións e reaccións defensivas.

□ Defensa.

 Limitar e pechar opcións.

 Defensas intelixentes sobre scouting individual.

– Xogador ou xogadora sen balón e a súa defensa na etapa de alto rendemento.

□ Ataque.

 Lectura de xogo desde o interior.

 Lectura de xogo desde o exterior.

 Lectura das accións e reaccións defensivas.

□ Defensa.

 Apoio ao equipo.

 Reducir opcións ao ataque.

 Aplicación de análise individual do/da rival.

– Adestramento do un/unha contra un/unha na etapa de alto rendemento.

□ Velocidade, resultado e desgaste enerxético.

□ Deseño e modificación de tarefas para a etapa de alto rendemento.

□ Proceso completo de ensino do 1×1.

□ Avaliación do un/unha contra un/unha na etapa de alto rendemento.

 Indicadores de avaliación na execución do 1×1.

□ Criterios de observación das accións de 1×1 no alto rendemento.

– Erros no un/unha contra un/unha na etapa de alto rendemento.

□ Dificultades, problemas e erros máis frecuentes na etapa de alto rendemento.

□ Causas e estratexias de resolución.

• Dous/dúas contra dous/dúas na etapa de alto rendemento.

– Ataque e defensa do bloqueo e continuación na etapa de alto rendemento.

□ Ataque.

 Ler vantaxes e desvantaxes desde o bloqueo directo.

 Modificar as desvantaxes e convertelas no contrario, con movementos con ou sen balón.

 O pase a partir do bloqueo directo.

 Dificultades do pase e como solucionalas.

 Posibles continuacións e aperturas.

 Lectura das accións e reaccións defensivas.

□ Defensa.

 Diversidade de estruturas defensivas na etapa de alto rendemento.

 Defensas intelixentes sobre scouting individual.

– Ataque e defensa do xogo dentro-fóra na etapa de alto rendemento.

□ Ataque.

 Ler vantaxes e desvantaxes.

 Movementos a favor do balón.

 O pase como continuidade do xogo.

 Dificultades do pase e como solucionalas.

 Lectura das accións e reaccións defensivas.

 Posibles continuacións do xogo dentro-fóra.

□ Defensa.

 Minimizar espazos.

 Dificultar o pase.

 Negar continuacións.

 Defensas intelixentes sobre scouting individual.

– Adestramento do dous/dúas contra dous/dúas na etapa de alto rendemento.

□ Velocidade, resultado e desgaste enerxético.

□ Deseño e modificación de tarefas.

□ Proceso completo de ensino do 2×2.

□ Avaliación do dous/dúas contra dous/dúas na etapa de alto rendemento.

 Indicadores de avaliación na execución do 2×2.

□ Criterios de observación das accións de 2×2.

– Erros no dous/dúas contra dous/dúas na etapa de alto rendemento.

□ Dificultades, problemas e erros máis frecuentes.

□ Causas e estratexias de resolución.

• Tres contra tres na etapa de alto rendemento.

– Ataque e defensa do triángulo na etapa de alto rendemento.

□ Ataque.

 Xogo co poste alto e poste baixo.

 O pase como elemento de construción.

 Ler vantaxes e desvantaxes no triángulo.

 Dificultades do pase e como solucionalas.

 Lectura das accións e reaccións defensivas.

 Posibles continuacións.

□ Defensa.

 Defensa do triángulo.

 Limitación de opcións de saídas.

 Defensas intelixentes sobre scouting individual.

– Ataque e defensa dos bloqueos indirectos na etapa de alto rendemento.

□ Ataque.

 Lectura de vantaxes intelixentes para segundo que xogador ou xogadora.

 Ángulos de pases específicos.

 Ángulos de bloqueos individualizados.

 Lectura das accións e reaccións defensivas.

 Dificultades de saídas do bloqueo e do propio bloqueo e propostas de solución.

 Posibles continuacións do xogo con bloqueos indirectos.

□ Defensa.

 Defensa do xogador ou xogadora bloqueado/a.

 Defensa do xogador ou xogadora bloqueador/a.

 Defensa do xogador ou xogadora pasador/a.

 Opcións de continuidade da defensa logo do bloqueo.

 Defensas intelixentes sobre scouting individual.

– O tres contra tres como combinacións de conceptos ou como conceptos con varios xogadores ou xogadoras.

□ Tres contra tres desde pasar e cortar.

□ Tres contra tres desde dividir e dobrar.

□ Tres contra tres desde pase man a man.

□ Tres contra tres desde bloqueo directo.

□ Tres contra tres desde dentro-fóra.

– Adestramento do tres contra tres na etapa de alto rendemento.

□ Velocidade, resultado e desgaste enerxético.

□ Deseño e modificación de tarefas.

□ Proceso completo de ensino do 3×3.

□ Avaliación do tres contra tres na etapa de alto rendemento.

 Indicadores de avaliación na execución do 3×3.

□ Criterios de observación das accións de 3×3.

– Erros no tres contra tres na etapa de alto rendemento.

□ Dificultades, problemas e erros máis frecuentes.

□ Causas e estratexias de resolución.

• Catro contra catro na etapa de alto rendemento.

– Ataque e defensa do bloqueo dobre stack na etapa de alto rendemento.

□ Ataque.

 Lectura de vantaxes intelixentes para segundo que xogador ou xogadora sexa o bloqueo.

 Ángulos de pases específicos.

 Ángulos do bloqueo dobre individualizados.

 Lectura das accións e reaccións defensivas.

 Dificultades de saídas do bloqueo e do propio bloqueo e propostas de solución.

 Posibles continuacións do xogo con bloqueos dobres stacks.

□ Defensa.

 Defensa do xogador ou xogadora bloqueado/a.

 Defensa dos xogadores ou xogadoras bloqueadores/as.

 Defensa do xogador ou xogadora pasador/a.

 Opcións de continuidade da defensa logo do bloqueo dobre.

 Defensas intelixentes sobre scouting individual.

– Ataque e defensa do concepto bloquea ao bloqueador/a flex.

□ Ataque.

 Lectura de vantaxes do movemento.

 Ángulos de pases específicos.

 Ángulos de bloqueos específicos.

 Lectura das accións e reaccións defensivas.

 Dificultades de saídas dos bloqueos e dos propios bloqueos e propostas de solución.

 Posibles continuacións do xogo con bloqueos flex.

□ Defensa.

 Defensa dos xogadores ou xogadoras bloqueados/as.

 Defensa dos xogadores ou xogadoras bloqueadores/as.

 Defensa do xogador ou xogadora pasador/a.

 Opcións de continuidade da defensa tras a secuencia flex.

 Defensas intelixentes sobre scouting individual.

– O catro contra catro como combinacións de conceptos con varios xogadores ou xogadoras.

□ Catro contra catro desde pasar, cortar e substituír.

□ Catro contra catro desde triángulo.

□ Catro contra catro desde bloqueos indirectos.

– Adestramento do catro contra catro na etapa de alto rendemento.

□ Velocidade, resultado e desgaste enerxético.

□ Deseño e modificación de tarefas.

□ Proceso completo de ensino do 4×4.

□ Avaliación do catro contra catro na etapa de alto rendemento.

 Indicadores de avaliación na execución do 4×4.

□ Criterios de observación das accións de 4×4.

– Erros no catro contra catro na etapa de alto rendemento.

□ Dificultades, problemas e erros máis frecuentes.

□ Causas e estratexias de resolución.

2. Clasifica e avalía a execución das habilidades técnicas ofensivas do xogador ou xogadora na etapa de alto rendemento, comprobando a eficacia e eficiencia da execución, deseñando e modificando tarefas de rendemento para corrixir erros ou desenvolver as habilidades.

• Habilidades técnicas ofensivas na etapa de alto rendemento.

• Habilidades técnicas ofensivas do xogador ou xogadora interior (pivote).

– Estándares para a etapa de alto rendemento.

□ Movementos sen balón.

□ Movementos con balón.

– A importancia de dominar un xesto e o seu complementario.

– O dominio dos movementos dos mestres ou das mestras (superclases).

– O tiro e o incremento do rango.

– Espazos para xogar 1×1 na etapa de alto rendemento desde a posición de pivote (poste baixo).

□ Movementos previos para xerar a vantaxe no 1×1 desde o poste baixo.

□ Accións máis interesantes para 1×1 desde o poste baixo.

□ Dificultades do 1×1 do xogador ou xogadora interior no poste baixo.

– Espazos para xogar 1×1 na etapa de alto rendemento desde a posición de pivote (poste alto).

□ Movementos previos para xerar a vantaxe no 1×1 desde o poste alto.

□ Accións máis interesantes para 1×1 desde o poste alto.

□ Dificultades do 1×1 do xogador ou xogadora interior no poste alto.

– Máxima eficiencia e eficacia nos movementos do xogador ou xogadora interior.

– A percepción do xogo do pivote ou da pivote: como observar o seu nivel e como melloralo.

• Habilidades técnicas ofensivas do base ou da base.

– Estándares para a etapa de alto rendemento.

– A percepción do xogo no base ou na base: como observar o seu nivel e como melloralo.

□ A anticipación.

□ A visión de xogo.

– A toma de decisións do base ou da base: acertar máis e máis rápido.

– A execución do base ou da base na etapa de rendemento: precisión e velocidade.

□ As mans do base ou da base.

– A importancia de dominar un xesto e o seu complementario.

– O dominio dos movementos dos mestres ou das mestras (superclases).

– Movementos previos para xerar a vantaxe no 1×1.

– O tiro do base ou da base (o tiro logo do bote e o tiro exterior).

– O tiro e o incremento do rango.

– Espazos para xogar 1×1 na elite desde a posición de base.

□ Movementos previos para xerar a vantaxe no 1×1.

□ Accións máis interesantes para 1×1 exterior frontal.

□ Dificultades do 1×1 do base ou da base.

• Habilidades técnicas ofensivas do xogador ou xogadora exterior (aleiro).

– Estándares para a etapa de alto rendemento.

– A percepción do xogo no exterior: como observar o seu nivel e como melloralo.

□ A anticipación.

□ A visión de xogo.

– A execución do aleiro ou da aleiro na etapa de rendemento: precisión e velocidade.

– O tiro e o incremento do rango.

– A importancia de dominar un xesto e o seu complementario.

– O dominio dos movementos dos mestres ou das mestras (superclases).

– Espazos para xogar 1×1 na elite desde a posición de aleiro.

□ Movementos previos para xerar a vantaxe no 1×1.

□ Accións máis interesantes para 1×1 exterior diagonal.

□ Accións máis interesantes para 1×1 exterior por liña de fondo.

□ Dificultades do 1×1 do aleiro ou da aleiro.

• Adestramento das habilidades técnicas ofensivas para a etapa de alto rendemento.

– Velocidade e forza na execución ofensiva: potencia técnica.

– Deseño e modificación de tarefas de habilidades técnicas.

– Proceso completo de ensino das habilidades técnicas ofensivas.

– Avaliación das habilidades técnicas ofensivas na etapa de alto rendemento.

□ Indicadores de avaliación na execución das habilidades técnicas ofensivas.

– Criterios de observación das habilidades técnicas ofensivas.

– Erros na execución das habilidades técnicas ofensivas na etapa de alto rendemento.

□ Dificultades, problemas e erros máis frecuentes.

□ Causas e estratexias de resolución.

3. Clasifica e avalía a execución das habilidades técnicas defensivas do xogador ou xogadora na etapa de alto rendemento, comprobando a eficacia e eficiencia da execución, deseñando e modificando tarefas de rendemento para corrixir erros ou desenvolver as habilidades.

• Habilidades técnicas defensivas para xogadores ou xogadoras exteriores na etapa de alto rendemento.

– Estándares para a etapa de alto rendemento.

– Defensa no un contra un ao xogador ou xogadora exterior con balón.

□ Utilización de mans.

□ Utilización do corpo.

□ Utilización de pernas.

□ Ángulos e espazos posicionais e de desprazamentos.

□ Defensa ao recibir un bloqueo directo.

□ Defensa dun/unha interior sendo exterior ao poste baixo.

– Defensa no un contra un ao xogador ou xogadora exterior sen balón.

□ Utilización de mans.

□ Utilización do corpo.

□ Utilización de pernas.

□ Ángulos e espazos posicionais e de desprazamentos.

□ Defensa previa logo dun miss match cun/cunha interior.

□ Defensa ao recibir un bloqueo indirecto.

□ Defensa ao xogador ou xogadora que fai un bloqueo indirecto.

□ Defensa ao recibir un bloqueo dobre (stack).

– Evolución defensiva dun xogador ou xogadora exterior na etapa de alto rendemento.

– Coñecemento do regulamento na defensa ao xogador ou xogadora lonxe do aro.

• Habilidades defensivas para xogadores ou xogadoras interiores na etapa de alto rendemento.

– Estándares para a etapa de alto rendemento.

– Defensa no un contra un ao xogador ou xogadora interior con balón.

□ Utilización de mans.

□ Utilización do corpo.

□ Utilización de pernas.

□ Ángulos e espazos posicionais e de desprazamentos.

□ Defensa dun/unha exterior lonxe do aro.

– Defensa no un contra un ao xogador ou xogadora interior sen balón.

□ Utilización de mans.

□ Utilización do corpo.

□ Utilización de pernas.

□ Ángulos e espazos posicionais e de desprazamentos.

□ Defensa previa logo dun miss match cun/cunha exterior.

□ Defensa do xogador ou xogadora que realiza un bloqueo directo.

□ Defensa do xogador ou xogadora que realiza un bloqueo indirecto.

□ Defensa ao xogador ou xogadora que recibe un bloqueo indirecto.

□ Defensa ao xogador ou xogadora que realiza un bloqueo dobre (stack).

– Evolución defensiva dun xogador xogadora interior na etapa de alto rendemento.

– Coñecemento do regulamento na defensa ao xogador ou xogadora preto do aro.

• Adestramento das habilidades técnicas defensivas na etapa de alto rendemento.

– Velocidade e forza na execución defensiva: potencia técnica.

– Deseño e modificación de tarefas de habilidades técnicas.

– Proceso completo de ensino das habilidades técnicas defensivas.

– Avaliación das habilidades técnicas defensivas na etapa de alto rendemento.

□ Indicadores de avaliación na execución das habilidades técnicas defensivas.

– Criterios de observación das habilidades técnicas defensivas.

– Erros na execución das habilidades técnicas defensivas na etapa de alto rendemento:

□ Dificultades, problemas e erros máis frecuentes.

□ Causas e estratexias de resolución.

4. Analiza o talento do xogador ou xogadora de baloncesto, comparando as características individuais que presenta cada deportista, deseñando tarefas de mellora e optimización e adaptando os movementos tácticos colectivos do equipo ás características individuais e aos obxectivos de conxunto.

• Talento nun xogador ou xogadora de baloncesto na etapa de alto rendemento.

• Características do talento dun xogador ou xogadora.

• Perfil individual do xogador ou xogadora con talento en cada posición na etapa de alto rendemento.

– Bases.

– Escoltas.

– Aleiros.

– Ala-pivotes.

– Pivotes.

• Exemplos reais.

• Busca da excelencia en xogadores ou xogadoras con talento.

– Aspectos analizables.

□ Motivación.

□ Ser triunfador ou triunfadora.

□ Intelixencia emocional.

□ Capacidade táctica.

□ Habilidade técnica.

□ Capacidade cognitiva.

□ Capacidade perceptiva.

□ Liderado.

□ Capacidade volitiva.

• Propostas de xogo que maximizan o talento segundo as posicións e características na etapa de alto rendemento.

– Propostas tácticas ofensivas.

– Propostas tácticas defensivas.

• Talento individual e rendemento do equipo na etapa de alto rendemento.

• Tarefas que maximizan o talento dos xogadores ou xogadoras na etapa de alto rendemento.

• Metodoloxías favorecedoras da potenciación do talento.

• Solucións a dificultades na busca da excelencia.

• Respostas do persoal técnico ante o xogador ou xogadora que domina o xogo.

• Anticipación a problemas futuros.

• Mellora da competición que experimenta o xogador ou xogadora.

• Aproveitamento da capacidade volitiva.

Módulo específico de ensino deportivo: dirección de equipos na etapa de alto rendemento.

Código: MED-BCBC302.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Constrúe e lidera un equipo de alto rendemento analizando a estrutura e os criterios de composición dos equipos desta etapa e aplicando dinámicas de grupo avanzadas e distribución de roles.

a) Esquematizouse a estrutura dun equipo para a etapa de alto rendemento.

b) Expresáronse criterios para a construción dun cadro deportivo relacionándoos coas características técnicas duns xogadores ou xogadoras propostos/as na etapa de alto rendemento.

c) Analizáronse as funcións da dirección deportiva en equipos de alto rendemento.

d) Xustificouse a selección de xogadores ou xogadoras en función dun proxecto deportivo de club proposto.

e) Expuxéronse as funcións principais do persoal técnico na xestión dun equipo de alto rendemento.

f) Fundamentáronse as funcións das restantes persoas integrantes dun equipo técnico multidisciplinar nun equipo de alto rendemento.

g) Formuláronse dinámicas de grupo avanzadas en equipos de alto rendemento a partir de situacións dadas.

h) Definíronse roles a partir dunha proposta de cadro deportivo con xogadores ou xogadoras de alto rendemento concretos/as.

i) Analizáronse as características dun regulamento interno específico para un equipo de baloncesto na etapa de alto rendemento.

j) Valorouse a importancia dunha correcta xestión dun equipo de baloncesto para o bo funcionamento deste.

k) Valorouse a importancia da colaboración nun equipo técnico multidisciplinar.

l) Xustificouse o traballo conxunto na construción dun cadro deportivo ou equipo, do persoal técnico e a dirección deportiva.

2. Demostra as competencias profesionais propias do persoal técnico da etapa de alto rendemento, analizando o contexto profesional do baloncesto, os valores necesarios para a súa formación continua e aplicando procedementos de comunicación cos medios e de creación dunha marca persoal.

a) Analizáronse as competencias que debe mostrar o persoal técnico na etapa de alto rendemento.

b) Demostráronse habilidades propias do adestrador ou adestradora de baloncesto, en supostos debidamente caracterizados na etapa de alto rendemento.

c) Argumentáronse os valores necesarios para a adquisición de coñecementos e mellora permanente como persoal técnico na etapa de alto rendemento.

d) Argumentouse como debe ser a relación cos medios de comunicación na etapa de alto rendemento no deporte profesional.

e) Esquematizouse a formación oficial do persoal técnico deportivo.

f) Analizáronse os procesos de innovación aplicados ao desenvolvemento e mellora do alto rendemento en baloncesto.

g) Explicáronse as peculiaridades do deporte profesional e da profesionalidade do persoal técnico: estruturas, contratos e axencias.

h) Deseñáronse rutas simuladas para a busca de emprego como persoal técnico de baloncesto.

i) Argumentouse a necesidade de coidar a imaxe do persoal técnico no alto rendemento.

j) Explicáronse as funcións do seleccionador-adestrador ou da seleccionadora-adestradora e a súa representación institucional.

k) Deseñouse unha marca de adestrador ou adestradora propia utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).

l) Valoráronse, de forma comparada, diferentes imaxes de adestradores ou adestradoras profesionais.

m) Xustificouse a utilidade do asesoramento persoal ou coaching para o crecemento do adestrador ou adestradora.

3. Xestiona o rendemento dun equipo nun partido e/ou competición e coordina o traballo do equipo técnico multidisciplinar durante o encontro, empregando a terminoloxía específica en inglés, aplicando estratexias na toma de decisións, no control emocional e no liderado do equipo na etapa de alto rendemento.

a) Compiláronse as directrices máis importantes para a xestión do rendemento do equipo en partidos na etapa de alto rendemento.

b) Deseñáronse de forma xustificada as responsabilidades de cada integrante do equipo técnico nun partido no alto rendemento.

c) Argumentouse como inflúen os resultados nas dinámicas dos equipos no alto rendemento.

d) Expresáronse conceptos específicos do alto rendemento cun alto dominio da linguaxe específica de baloncesto.

e) Expresáronse e comprendéronse frases íntegras en inglés con conceptos específicos do baloncesto de alto rendemento.

f) Escolléronse e xustificáronse decisións, de entre varias propostas, en situacións simuladas de baloncesto na etapa de alto rendemento, onde aparezan, entre outros, conceptos de autoridade e coherencia buscando a máxima eficacia.

g) Demostráronse xestos de liderado e control de estrés en situacións simuladas de partido.

h) Elixíronse, de forma xustificada, estratexias de afrontamento da derrota e a vitoria post-partido, así como a xestión mediática do resultado tras un partido no alto rendemento.

i) Avaliouse o comportamento do persoal técnico en diferentes tempos mortos propostos en competicións de alto rendemento.

j) Deseñáronse as rotacións previstas dun equipo nun partido simulado, tendo en conta consideracións propias do baloncesto de alto rendemento.

k) Fundamentouse a importancia do concepto basket-average en competicións de alto rendemento.

4. Dirixe e coordina o traballo do/da scouter ou das persoas integrantes do equipo técnico destinadas a iso, mediante a utilización de ferramentas específicas de tratamento da información multimedia en baloncesto.

a) Explicáronse as características do scouting avanzado en equipos de alto rendemento.

b) Estruturouse o scouting do propio equipo e os seus elementos máis importantes na etapa de alto rendemento.

c) Estruturouse o scouting do/da rival e os seus elementos máis importantes na etapa de alto rendemento.

d) Dirixiuse a un equipo técnico para facer scouting, nun suposto práctico debidamente caracterizado.

e) Desagregáronse as funcións do/da scouter nun equipo ou club de alto rendemento.

f) Comparáronse ferramentas específicas de scouting para o alto rendemento.

g) Manexouse unha ferramenta específica proposta de scouting para o alto rendemento e conseguiuse solucionar de forma autónoma un suposto debidamente caracterizado.

h) Xustificouse a importancia do estudo dos/das rivais para unha mellor eficacia nos equipos da etapa de alto rendemento.

i) Comparáronse diversos scouting sobre un mesmo equipo na etapa de alto rendemento e avaliouse a súa calidade técnica.

j) Valorouse a figura do/da scouter dentro dun club de alto rendemento ou selección.

5. Participa na xestión técnica de clubs de baloncesto de alto rendemento, demostrando coñecementos organizacionais da estrutura deportiva do club, elaborando programas de referencia para os equipos de categorías inferiores sobre a base do proxecto deportivo do club e colaborando na formación do persoal técnico deses equipos achegando coñecementos específicos de baloncesto para a súa mellora permanente.

a) Formuláronse os elementos que diferencian un club amateur dun club de alto rendemento.

b) Estruturáronse os elementos que conforman a xestión técnica de clubs de alto rendemento de baloncesto.

c) Definiuse a estrutura organizativa estándar dun club de alto rendemento.

d) Deseñouse un programa de referencia para os equipos de categorías inferiores dun club a partir dun suposto debidamente caracterizado.

e) Analizouse o proxecto deportivo dun suposto club debidamente caracterizado, definindo o programa de referencia dos equipos de categorías inferiores do mesmo club.

f) Comparáronse varios programas de referencia de categorías inferiores de diferentes clubs.

g) Creouse o proxecto deportivo dun club de alto rendemento a partir dunhas premisas dadas.

h) Xerouse un programa de formación permanente do persoal técnico dun club, nun suposto práctico.

i) Xustificouse a importancia da formación do persoal técnico dun club para o seu desenvolvemento e crecemento.

6. Participa na organización de eventos de alto rendemento, analizando a estrutura dos diferentes modelos de eventos deste nivel, a estrutura das federacións de baloncesto e dos distintos campionatos existentes.

a) Especificáronse as necesidades na organización dun evento de alto rendemento.

b) Deseñáronse estruturalmente eventos de alto rendemento, a partir dun suposto debidamente caracterizado.

c) Comparáronse diversos modelos de eventos, xustificando as súas similitudes e diferenzas.

d) Desagregouse a estrutura competitiva completa das federacións autonómicas e da Federación Española de Baloncesto.

e) Comparáronse os distintos campionatos de seleccións e clubs, expresando as súas características organizativas.

f) Formuláronse os protocolos de organización dun evento de baloncesto de alto rendemento.

g) Especificáronse os recursos necesarios na organización dun evento de baloncesto de alto rendemento, a partir dun suposto debidamente caracterizado.

h) Resolvéronse os problemas de organización dun suposto práctico debidamente caracterizado dun evento de baloncesto de alto rendemento.

i) Especificáronse os actos protocolarios nun partido de seleccións ou nun evento internacional e o comportamento do adestrador ou adestradora e do equipo.

j) Xustificouse a necesidade de patrocinar o baloncesto e as súas oportunidades.

k) Valorouse a importancia do baloncesto de alto rendemento como oferta de consumo de ocio.

l) Valorouse a difusión do baloncesto de alto rendemento como oferta nos medios de comunicación de consumo.

m) Valorouse a importancia da rendibilidade socio-económica do baloncesto na etapa de alto rendemento.

7. Participa como persoal técnico no desenvolvemento regulamentario dun partido de alto rendemento, coñecendo regras, procedementos e interpretacións en distintas competicións desta etapa e xustificando a necesidade de respectar e comprender as decisións dos/das xuíces/xuízas.

a) Formuláronse as normas aplicables en diversas situacións de xogo presentadas de baloncesto no alto rendemento.

b) Narráronse, a partir do visionamento dun partido de baloncesto de alto rendemento, os procedementos e mecánicas arbitrais presenciadas.

c) Diferenciáronse as funcións dos/das distintos/as árbitros/as e xuíces/xuízas de mesa presentes nun partido de baloncesto de alto rendemento.

d) Enunciáronse as últimas interpretacións do regulamento de baloncesto que fagan os organismos competentes.

e) Xulgouse, desde o punto de vista do regulamento, unha serie de accións de partido presentadas.

f) Xulgouse a actuación de persoal técnico, en partidos visualizados, no referente ao respecto e comprensión do regulamento e das decisións arbitrais.

g) Valorouse a dificultade da toma de decisións arbitrais en situacións de xogo real no alto rendemento.

h) Comparáronse as regras de xogo e interpretacións arbitrais en diferentes competicións no alto rendemento.

i) Argumentáronse accións do persoal técnico que permiten mostrar o respecto polo regulamento e polos/polas xuíces/xuízas que coidan do seu cumprimento.

Contidos básicos:

1. Constrúe e lidera un equipo de alto rendemento analizando a estrutura e os criterios de composición dos equipos desta etapa, e aplicando dinámicas de grupo avanzadas e distribución de roles.

• Estrutura de equipos na etapa de alto rendemento.

– Posicións de xogo.

– Necesidades segundo as competicións.

• Construción de cadros deportivos de clubs ou seleccións.

– Obxectivos e condicionantes.

– Estruturas de cadros deportivos: modelos e exemplos.

– Selección de xogadores ou xogadoras.

□ Informes de xogadores ou xogadoras: elaboración, análise e interpretación.

□ Exixencias no posto de base no alto rendemento.

□ Exixencias no posto de escolta no alto rendemento.

□ Exixencias no posto de aleiro no alto rendemento.

□ Exixencias no posto de ala-pivote no alto rendemento.

□ Exixencias no posto de pivote no alto rendemento.

– Adestrador xefe ou adestradora xefa.

□ Definición.

□ Funcións.

 Dirección do grupo-equipo.

 Dirección do adestramento do equipo.

 Dirección do partido.

 Relacións coa prensa.

 Relacións coa directiva.

 Outras.

– Equipo técnico multidisciplinar: roles e funcións.

□ Equipos técnicos de clubs.

□ Equipos técnicos de seleccións.

– Dirección deportiva.

□ Funcións no alto rendemento.

 Relacións co persoal técnico.

 Relacións co equipo técnico multidisciplinar.

 Relacións co cadro deportivo.

• Xestión de equipos de alto rendemento.

– Relacións das persoas compoñentes do equipo técnico.

– Dinámicas de grupo.

□ Resolución de problemas.

□ Afrontar solucións.

□ Presión externa.

□ Distribución de roles.

• Regulamento interno de equipos de alto rendemento.

2. Demostra as competencias profesionais propias do persoal técnico da etapa de alto rendemento, analizando o contexto profesional do baloncesto, os valores necesarios para a súa formación continua e aplicando procedementos de comunicación cos medios e de creación dunha marca persoal.

• Competencias do adestrador ou adestradora de baloncesto no alto rendemento.

– Competencia comunicativa no alto rendemento.

– Competencia pedagóxica no alto rendemento.

– Competencia directiva e xestora no alto rendemento.

– Competencia en coñecementos do xogo e científicos no alto rendemento.

– Competencia social e en valores.

– Competencia en aprender a aprender.

• Habilidades do persoal técnico no alto rendemento.

– Liderado profesional.

– Expresión oral e escoita.

– Linguaxe non verbal.

– Adaptación e flexibilidade.

• Valores e ética do persoal técnico no alto rendemento.

– Aprendizaxe permanente.

– Persoal técnico e medios de comunicación no alto rendemento.

• Titulacións deportivas.

• A innovación.

– A innovación.

– Procesos aplicados ao baloncesto.

• Deporte profesional.

– Profesionalidade do persoal técnico.

– Estruturas profesionais no baloncesto.

• Contratos de adestradores ou adestradoras.

– Axencias de contratación e asesoramento.

– Emprego no baloncesto.

□ Conceptos.

□ Procedementos de busca.

• Imaxe do persoal técnico.

– Elementos externos.

– Elementos internos.

• Especificacións de seleccionador ou seleccionadora.

• Representación institucional como seleccionador ou seleccionadora.

– Estudo de casos.

– Marca adestrador ou adestradora.

– Elementos estruturais.

• Creación de marca. Utilización das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).

– Compoñentes virtuais.

– Compoñentes presenciais.

– Estudo de casos.

• Asesoramento persoal ou coaching.

– Conceptos.

– Proceso.

– Ferramentas.

3. Xestiona o rendemento dun equipo nun partido e/ou competición, e coordina o traballo do equipo técnico multidisciplinar durante o encontro, empregando a terminoloxía específica en inglés e aplicando estratexias na toma de decisións, no control emocional e no liderado do equipo na etapa de alto rendemento.

• Xestión do rendemento dun equipo en partido e/ou competición.

– Deseño do walkthrough do partido.

– Traballo no vestiario.

• Xestión dos roles.

– Plans alternativos.

• Xestión de situacións finais de partido.

– Análise do rendemento post-partido.

• Coordinación do equipo técnico.

– Asignación de roles por postos.

– Funcións de cada rol en partido e/ou competición.

• Resultados no alto rendemento.

– Influencias nos equipos.

– Influencias nos cargos directivos.

– Influencias na afección.

• Conceptos específicos de baloncesto no alto rendemento.

– Nomenclatura específica.

– Conceptos e combinacións.

• Terminoloxía de baloncesto en inglés no alto rendemento.

– Frases e construcións.

• Eficacia na toma de decisións en partido no alto rendemento.

– Valores asociados á toma de decisións.

□ Autoridade.

□ Coherencia.

□ Liderado.

□ Control do estrés.

• Xestión da comunicación nos tempos mortos.

– Relación dos cambios do quinteto e o máximo rendemento.

□ Rotacións en partido segundo o tipo de competición.

□ Rotacións en competicións regulares (ligas).

□ Rotacións en competicións de playoffs.

□ Rotacións en competicións de eliminatoria (final four ou finais).

– Control do basket-average.

• Avaliación da eficacia da toma de decisións en partido.

• Xestión mediática do partido.

– Vitoria ou derrota.

4. Dirixe e coordina o traballo do/da scouter ou das persoas integrantes do equipo técnico destinadas a iso, mediante a utilización de ferramentas específicas de tratamento da información multimedia en baloncesto.

Scouting no alto rendemento.

– Características.

Scouting propio: estrutura.

Scouting do/da rival: estrutura.

– Traballo de scouting colectivo.

• Equipo técnico especialista.

– Información previa.

– Preparación do partido.

– Elaboración de montaxes e informes.

– Prever situacións.

• Concepto «cabalo de troia».

• Scouter.

– Funcións no alto rendemento.

– Habilidades necesarias.

• Ferramentas específicas de scouting para o alto rendemento.

– Aplicacións específicas de baloncesto para a edición de movementos tácticos.

– Aplicacións específicas para a edición de vídeo en baloncesto.

• Xestores integrais de intercambio de información de xogadores ou xogadoras e equipos.

5. Participa na xestión técnica de clubs de baloncesto de alto rendemento, demostrando coñecementos organizacionais da estrutura deportiva do club, elaborando programas de referencia para os equipos de categorías inferiores sobre a base do proxecto deportivo do club e colaborando na formación do persoal técnico deses equipos achegando coñecementos específicos de baloncesto para a súa mellora permanente.

• Clubs de alto rendemento.

– Estrutura organizativa.

– Diferenzas co club amateur.

• Xestión técnica de clubs.

• Proxecto deportivo de club.

– Estrutura.

• Programas de referencia para os equipos de categorías inferiores.

• Programa de formación permanente de persoal técnico.

• Creación dun proxecto deportivo de club.

6. Participa na organización de eventos de alto rendemento, analizando a estrutura dos diferentes modelos de eventos deste nivel, a estrutura das federacións de baloncesto e dos distintos campionatos existentes.

• Eventos de baloncesto no alto rendemento.

– Necesidades dun evento.

– Deseño estrutural de eventos.

– Fases da organización dun evento.

– Colaboración en eventos.

– Modelos de eventos.

• Estrutura competitiva federativa e de clubs.

– Estrutura de competicións de clubs de alto rendemento.

• Tipos de calendarios e competicións. Sorteos.

• Diferenzas entre competicións de clubs e seleccións.

– Competicións das federacións autonómicas de baloncesto.

– Competicións da Federación Española de Baloncesto (FEB).

– Competicións da Federación Internacional de Baloncesto (FIBA).

• Comparativa organizativa entre eventos de clubs e eventos de seleccións.

– Organización e participación en eventos.

– Protocolos de funcionamento.

– Xestión de recursos.

– Resolución de problemas organizativos.

– Xestión loxística.

• Representación institucional do persoal técnico de baloncesto.

– Protocolos institucionais en campionatos.

• Baloncesto como deporte de masas.

• Baloncesto como espectáculo.

• Baloncesto e consumo de ocio.

• Baloncesto e patrocinio.

• Baloncesto e medios de comunicación de consumo.

• Baloncesto e rendibilidade.

7. Participa como persoal técnico no desenvolvemento regulamentario dun partido de alto rendemento, coñecendo regras, procedementos e interpretacións en distintas competicións desta etapa e xustificando a necesidade de respectar e comprender as decisións dos/das xuíces/xuízas.

• Articulado do regulamento oficial de baloncesto para o alto rendemento.

• Procedementos e mecánicas arbitrais no alto rendemento.

• Árbitros/as e xuíces/xuízas no alto rendemento.

– Número de árbitros/as e xuíces/xuízas dispoñibles segundo a competición.

– Funcións dos/das árbitros/as e xuíces/xuízas segundo o seu rol.

– Toma de decisións arbitrais en partidos.

• Interpretacións do regulamento actualizadas.

– Interpretacións oficiais.

– Interpretacións arbitrais segundo as competicións.

– Variacións das regras segundo as competicións.

– Adestradores ou adestradoras: comprensión e respecto das regras.

• Análise de situacións de xogo no alto rendemento.

Módulo específico de ensino deportivo: adestramento de alto rendemento en baloncesto.

Código: MED-BCBC303.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Planifica a tempada de baloncesto nun equipo de alto rendemento, analizando as características da programación individual e colectiva a curto, medio e longo prazo, e os períodos que as integran, elixindo os procedementos de determinación de obxectivos, medios, metodoloxía e avaliación, e categorizando as cargas específicas que se utilizan nel.

a) Explicáronse os elementos que conforman a planificación dunha tempada de baloncesto no alto rendemento e os seus mecanismos de control.

b) Argumentáronse as características dos diferentes períodos dunha tempada en baloncesto.

c) Argumentáronse os procedementos de determinación de obxectivos, medios, metodoloxía e avaliación dos programas de adestramento a curto, medio e longo prazo, para un ou varios xogadores ou xogadoras.

d) Deseñouse ou modificouse un programa individual de desenvolvemento global ou específico (técnico, físico, psicolóxico ou táctico) dun xogador ou xogadora de alto rendemento proposto/a, a partir dunhas características definidas.

e) Comparáronse os ciclos de traballo na tempada dun equipo de baloncesto en función dos obxectivos competitivos.

f) Seleccionáronse as cargas propias de cada momento da tempada segundo os obxectivos marcados.

g) Rectificouse a planificación nun suposto práctico, a partir dunhas condicións modificadas sobre as iniciais previstas.

h) Diferenciouse a planificación dunha tempada e a dun campionato, analizando os seus compoñentes e ciclos de traballo.

i) Seleccionáronse instrumentos de avaliación dos programas individuais e colectivos.

j) Valorouse o traballo do equipo técnico multidisciplinar na elaboración da planificación da tempada dun equipo de baloncesto.

k) Documentouse a importancia da posta en marcha de programas individuais como ferramenta para acelerar o progreso do xogador ou xogadora de baloncesto.

2. Programa, dirixe e avalía a condición física na etapa de alto rendemento, analizando as necesidades de intervención doutras persoas especialistas e xustificando as características dos medios e métodos de adestramento das distintas capacidades físicas ás demandas do alto rendemento.

a) Explicouse o perfil físico do xogador ou xogadora no alto rendemento segundo a posición de xogo.

b) Relacionáronse os obxectivos do adestramento da condición física do xogador ou xogadora de baloncesto no alto rendemento coa planificación e programación de referencia.

c) Explicáronse as exixencias do nivel de condición física do xogador ou xogadora, tendo en conta as características do baloncesto no alto rendemento.

d) Explicáronse as funcións das diferentes persoas especialistas do equipo biomédico no traballo de readaptación do xogador ou xogadora segundo a lesión ou patoloxía producida.

e) Expuxéronse as características dos medios, métodos de adestramento e sistemas de valoración da condición física, e as súas distintas capacidades, no baloncesto de alto rendemento.

f) Deseñouse un ciclo de adestramento en baloncesto, argumentando o desenvolvemento da condición física do xogador ou xogadora, concretando obxectivos, medios, métodos e avaliación, tanto do programa como do xogador ou xogadora.

g) Analizáronse os erros máis frecuentes nos programas de traballo da condición física do xogador ou xogadora de baloncesto no alto rendemento, valorando as causas e establecendo propostas de solución.

h) Seleccionáronse instrumentos de avaliación da condición física do xogador ou xogadora de baloncesto na etapa de alto rendemento.

i) Xeráronse tarefas de desenvolvemento da condición física do xogador ou xogadora de baloncesto na etapa de alto rendemento.

j) Medíronse os resultados ofrecidos polos xogadores ou xogadoras de baloncesto dun equipo de alto rendemento, en canto ao desenvolvemento da condición física e das súas distintas capacidades, tanto en adestramento como en competición.

k) Argumentáronse os medios de individualización do adestramento da condición física nun equipo de baloncesto de alto rendemento.

l) Argumentouse a importancia dunha boa coordinación do persoal técnico e do equipo biomédico no proceso de prevención, diagnóstico, recuperación e readestramento para lograr o mellor e máis pronto rendemento do xogador ou xogadora tras unha lesión ou patoloxía sufrida.

3. Deseña e dirixe sesións de adestramento colectivas e individuais para equipos ou xogadores-xogadoras na etapa de alto rendemento, fundamentando os obxectivos neste nivel, categorizando a complexidade, dificultade e carga das tarefas propias deste nivel e as variables que a modifican.

a) Presentáronse as funcións dun equipo técnico multidisciplinar nunha sesión de adestramento na etapa de alto rendemento e distribuíronse aquelas ante unha sesión proposta.

b) Analizáronse as diferenzas entre as sesións de adestramento segundo as etapas de progresión dos xogadores ou xogadoras de alto rendemento.

c) Fundamentáronse as variables que modifican as tarefas de adestramento na etapa de alto rendemento.

d) Deseñáronse tarefas nun suposto práctico de sesión dun equipo na etapa de alto rendemento.

e) Xerouse unha sesión de adestramento dun equipo de alto rendemento en función duns condicionantes definidos.

f) Xerouse unha sesión de adestramento individual dun xogador ou xogadora de alto rendemento en función duns condicionantes definidos.

g) Modificouse unha sesión de adestramento a partir dunha situación indicada que altera as condicións iniciais previstas.

h) Argumentáronse propostas de resolución das continxencias que poidan xurdir durante unha sesión de adestramento na etapa de alto rendemento.

i) Formuláronse técnicas de dinamización, control e observación das sesións de adestramento na etapa de alto rendemento.

j) Analizáronse as variables que modifican as tarefas no alto rendemento.

k) Construíuse unha sesión que cumpre a proposta de carga prevista dentro dun microciclo definido dun equipo na etapa de alto rendemento.

l) Debateuse sobre a improvisación no deseño de sesións e tarefas na etapa de alto rendemento e os seus efectos no logro do máximo rendemento posible.

m) Valorouse a eficacia da dirección, organización e avaliación da sesión de adestramento en canto ao grao de cumprimento dos obxectivos propostos.

Contidos básicos:

1. Planifica a tempada de baloncesto nun equipo de alto rendemento, analizando as características da programación individual e colectiva a curto, medio e longo prazo e os períodos que as integran, elixindo os procedementos de determinación de obxectivos, medios, metodoloxía e avaliación, e categorizando as cargas específicas que se utilizan nel.

• Planificación en baloncesto.

– Elementos que a compoñen.

• Influencias na planificación no alto rendemento.

• O traballo do equipo técnico multidisciplinar na planificación.

– Deseño de obxectivos.

• Tipos de planificación.

• Planificación da tempada.

– Estudo do calendario.

□ Pretempada.

 Elección de rivais.

□ Tempada ou fase regular.

Playoffs ou fase final.

□ Postempada.

• Planificación de campionato.

– Concentracións.

– Campionato.

• Mecanismos de control do proceso de planificación.

– Condicionantes do contorno.

– Condicionantes dun equipo.

□ Recursos e instalacións.

– Outros condicionantes.

– Condicionantes das persoas integrantes do equipo.

□ Características e condicións dos xogadores ou xogadoras.

• Programación.

– Tipos de programación.

□ Programación a longo prazo.

□ Programación a medio prazo.

□ Programación a curto prazo.

– Programación individual.

□ Estrutura da programación individual.

□ Programas individuais de desenvolvemento global do xogador ou xogadora.

□ Programas individuais de desenvolvemento específico do xogador ou xogadora.

 Programas de desenvolvemento técnico.

 Programas de desenvolvemento táctico.

 Programas de desenvolvemento físico.

 Programas de desenvolvemento psicolóxico.

□ Integración coa programación colectiva.

– Programación colectiva.

□ Elementos da programación.

 Obxectivos.

 Medios.

 Metodoloxía.

– Avaliación do programa e da persoa deportista ou equipo.

□ Instrumentos de avaliación.

– Procedementos para determinar elementos da programación.

• Carga de adestramento no alto rendemento.

– Planificación de cargas.

– Modelo de proposta de valoración de cargas.

– As cargas nos ciclos de adestramento.

• Ciclos de adestramento no alto rendemento.

– Especificidades.

2. Programa, dirixe e avalía a condición física na etapa de alto rendemento, analizando as necesidades de intervención doutras persoas especialistas e xustificando as características dos medios e métodos de adestramento das distintas capacidades físicas ás demandas do alto rendemento.

• Perfís físicos do xogador ou xogadora da etapa de alto rendemento.

– Xogador ou xogadora en posicións exteriores.

– Xogador ou xogadora en posicións interiores.

• Adestramento da condición física.

– Obxectivos no alto rendemento.

• Condicionantes da planificación e da programación.

• Condición física en baloncesto no alto rendemento.

– Requirimentos e necesidades do base ou da base.

– Requirimentos e necesidades do aleiro ou da aleiro.

– Requirimentos e necesidades do pivote ou da pivote.

• Proceso de integración ao adestramento colectivo.

• Equipo biomédico en equipos de alto rendemento.

– Compoñentes e funcións.

□ Médico ou médica.

□ Fisioterapeuta.

□ Preparador ou preparadora físico/a.

□ Psicólogo ou psicóloga.

□ Nutricionista.

□ Fisiólogo ou fisióloga.

• Individualización do adestramento da condición física no alto rendemento.

– Bases e características do programa de adestramento individualizado.

• Adestramento das capacidades físicas en baloncesto de alto rendemento.

– As capacidades físicas en baloncesto.

• Adestramento da resistencia en baloncesto de alto rendemento.

– Medios e métodos.

□ Método continuo.

□ Métodos fraccionados.

– Sistemas de valoración e control.

□ Sistemas de valoración.

□ Sistemas de control.

• Adestramento da forza en baloncesto de alto rendemento.

– Medios e métodos.

– Sistemas de control e valoración.

• Adestramento da velocidade en baloncesto de alto rendemento.

– Medios e métodos.

– Sistemas de valoración e control.

• Adestramento da flexibilidade en baloncesto de alto rendemento.

– Medios e métodos.

– Sistemas de valoración e control.

• Ciclos de adestramento da condición física no alto rendemento.

– Características propias do baloncesto.

– Condicionantes.

• Erros nos programas de desenvolvemento da condición física no alto rendemento.

– Causas.

– Propostas de solución.

• Avaliación dos programas de desenvolvemento da condición física no alto rendemento.

– Instrumentos de avaliación.

– Ferramentas de recollida de información.

– Avaliación segundo o rendemento.

□ En competición.

□ En adestramento.

• Tarefas para desenvolver a condición física no alto rendemento.

– Características.

– Condicionantes.

3. Deseña e dirixe sesións de adestramento colectivas e individuais para equipos ou xogadores-xogadoras na etapa de alto rendemento, fundamentando os obxectivos neste nivel e categorizando a complexidade, dificultade e carga das tarefas propias deste nivel e as variables que a modifican.

• A sesión de adestramento en baloncesto na etapa de rendemento.

– Diferenzas entre a sesión de adestramento segundo as etapas de progresión do xogador ou xogadora.

• Tipos de sesións en baloncesto para a etapa de rendemento.

– Segundo o número de participantes.

□ Sesións de adestramento individuais.

□ Sesións de adestramento colectivo.

– Segundo o momento do microciclo.

□ Sesións iniciais.

□ Sesións de preparación.

□ Sesións prepartido.

□ Sesións post-partido.

• Distribución de sesións de adestramento nun microciclo na etapa de alto rendemento.

– Sesións dobres diarias.

– Sesións únicas diarias.

– Propostas e exemplos de distribución.

• A disposición da carga na sesión de adestramento na etapa de alto rendemento.

• Avaliación das sesións no alto rendemento.

– Procedementos de observación.

– Ferramentas de recollida de información.

– Instrumentos de avaliación.

• Dirección de sesións na etapa de rendemento.

• Dinamización e coordinación de sesións no alto rendemento.

• O equipo técnico na organización de sesións.

– Funcións.

– Posicionamento.

– Continxencias durante as sesións.

□ Tipos de continxencias no alto rendemento.

□ Propostas de resolución.

• Tarefas complexas para a etapa de rendemento.

– Variables que modifican as tarefas na etapa de alto rendemento.

Módulo específico de ensino deportivo: Táctica de ataque e defensa na etapa de alto rendemento.

Código: MED-BCBC304.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Deseña o xogo dinámico, a partir da avaliación do seu rendemento en situacións de partido, fundamentando o modelo de xogo segundo as características dos xogadores ou xogadoras, aplicando técnicas e estratexias de detección e corrección de erros, así como de elaboración de tarefas de adestramento.

a) Categorizáronse as diferentes propostas de xogo dinámico na etapa de alto rendemento, determinando a súa eficacia e puntos fortes.

b) Argumentouse a evolución histórica do xogo dinámico.

c) Explicáronse os conceptos e características do xogo dinámico ofensivo e do defensivo.

d) Xulgouse a idoneidade dos conceptos aplicados nun suposto práctico dun xogo dinámico proposto, en función das características dos xogadores ou xogadoras que o realizan.

e) Seleccionáronse, de forma xustificada, conceptos táctico-estratéxicos do xogo dinámico na etapa de alto rendemento nun suposto práctico que estableza as características dos xogadores ou xogadoras.

f) Avaliouse a execución dunha proposta de xogo dinámico na etapa de alto rendemento, identificando os erros, as causas destes, e elixindo a estratexia de corrección que se utilizará.

g) Deseñouse graficamente unha proposta de xogo dinámico ofensivo na etapa de alto rendemento con variantes en función das respostas defensivas.

h) Presentouse unha proposta de xogo dinámico defensivo na etapa de alto rendemento a partir dunha serie de accións ofensivas.

i) Comparáronse diferentes propostas clásicas recoñecidas de xogo dinámico en etapas de alto rendemento, relacionándoas con distintos tipos de xogadores ou xogadoras.

j) Deseñáronse tarefas de adestramento do xogo dinámico na etapa de alto rendemento, describindo os criterios e os indicadores de avaliación utilizados.

k) Xustificouse a necesidade de potenciar o xogo dinámico na etapa de alto rendemento para fomentar o espectáculo do baloncesto.

2. Deseña o xogo posicional a partir da avaliación do seu rendemento en situacións de partido, fundamentando o modelo de xogo segundo as características dos xogadores ou xogadoras e aplicando técnicas e estratexias de detección e corrección de erros, así como de elaboración de tarefas de adestramento.

a) Explicáronse as diferentes propostas de xogo posicional na etapa de alto rendemento, determinando a súa eficacia e puntos fortes.

b) Argumentouse a evolución histórica do xogo posicional.

c) Explicáronse os conceptos e características do xogo posicional ofensivo e do defensivo.

d) Xulgouse a idoneidade dos conceptos aplicados nun suposto práctico dun xogo posicional proposto en función das características dos xogadores ou xogadoras que o realizan.

e) Seleccionáronse, de forma xustificada, conceptos táctico-estratéxicos do xogo posicional na etapa de alto rendemento a partir duns xogadores ou xogadoras propostos/as buscando a súa máxima eficacia.

f) Recoñecéronse os erros presentes nunha proposta de xogo posicional na etapa de alto rendemento, verificáronse as causas daqueles e trazáronse as estratexias de corrección utilizables.

g) Formulouse graficamente unha proposta de xogo posicional ofensivo na etapa de alto rendemento con variantes en función das respostas defensivas.

h) Presentouse unha proposta de xogo posicional defensivo na etapa de alto rendemento a partir dunha serie de accións ofensivas.

i) Argumentáronse respostas defensivas a situacións de xogo ofensivo posicional, buscando reducir a eficacia deste e as súas posibilidades de éxito.

j) Comparáronse diferentes propostas clásicas recoñecidas de xogo posicional en etapas de alto rendemento, relacionándoas con distintos tipos de xogadores ou xogadoras.

k) Deseñáronse tarefas de adestramento do xogo posicional na etapa de alto rendemento, describindo os criterios e os indicadores de avaliación que se utilizarán.

l) Debateuse a importancia de deseñar o xogo posicional a partir do talento dos xogadores ou xogadoras na etapa de alto rendemento para fomentar o seu protagonismo no xogo.

3. Deseña o xogo de espazos a partir da avaliación do seu rendemento en situacións de partido, fundamentando o modelo de xogo segundo as características dos xogadores ou xogadoras e aplicando técnicas e estratexias de detección e corrección de erros, así como de elaboración de tarefas de adestramento.

a) Explicáronse diferentes propostas de xogo de espazos na etapa de alto rendemento, determinando a súa eficacia e puntos fortes.

b) Argumentouse a evolución histórica do xogo de espazos.

c) Explicáronse os conceptos e características do xogo de espazos ofensivos e da defensa de espazos.

d) Xulgouse a idoneidade dos conceptos aplicados nun suposto práctico dun xogo de espazos proposto, en función das características dos xogadores ou xogadoras que o realizan.

e) Seleccionáronse, de forma xustificada, conceptos táctico-estratéxicos do xogo de espazos na etapa de alto rendemento a partir duns xogadores ou xogadoras propostos/as, buscando a súa máxima eficacia.

f) Recoñecéronse os erros presentes nunha proposta de xogo de espazos na etapa de alto rendemento, verificáronse as súas causas e trazáronse as estratexias de corrección utilizables.

g) Formulouse graficamente unha proposta de xogo de espazos defensivo na etapa de alto rendemento con variantes en función das respostas ofensivas.

h) Argumentáronse respostas ofensivas a situacións de xogo defensivo de espazos, buscando reducir a eficacia deste e as súas posibilidades de éxito.

i) Comparáronse diferentes propostas clásicas recoñecidas de xogo de espazos en etapas de alto rendemento, relacionándoas con distintos tipos de xogadores ou xogadoras.

j) Presentouse unha proposta de defensa de espazos na etapa de alto rendemento a partir dunha serie de accións ofensivas.

k) Deseñáronse tarefas de adestramento do xogo de espazos na etapa de alto rendemento, describindo os criterios e os indicadores de avaliación que se utilizarán.

l) Recoñeceuse a importancia do xogo de espazos na etapa de alto rendemento para formular riquezas de propostas tácticas na táctica dun equipo.

4. Deseña outras formas de xogo alternativas (defensas especiais e situacións especiais condicionadas), a partir da avaliación do seu rendemento en situacións de partido, fundamentando o modelo de xogo segundo as características dos xogadores ou xogadoras e aplicando técnicas e estratexias de detección e corrección de erros, así como de elaboración de tarefas de adestramento.

a) Explicáronse diferentes propostas de formas de xogo na etapa de alto rendemento, determinando a súa eficacia e puntos fortes.

b) Argumentouse a evolución histórica das formas de xogo alternativas.

c) Explicáronse os conceptos e características destas formas de xogo alternativas, tanto ofensivas como defensivas.

d) Xulgouse a idoneidade dos conceptos aplicados nun suposto práctico dun xogo alternativo proposto, en función das características dos xogadores ou xogadoras que o realizan.

e) Seleccionáronse, de forma xustificada, conceptos táctico-estratéxicos aplicados a formas de xogo alternativas na etapa de alto rendemento a partir duns xogadores ou xogadoras propostos/as, buscando a súa máxima eficacia.

f) Recoñecéronse os erros presentes nunha proposta de xogo alternativa na etapa de alto rendemento, verificáronse as súas causas e trazáronse as estratexias de corrección utilizables.

g) Formulouse graficamente unha proposta de forma de xogo defensivo alternativo na etapa de alto rendemento con variantes en función das respostas ofensivas.

h) Argumentáronse respostas ofensivas a situacións de formas de xogo defensivas alternativas, buscando reducir a eficacia deste e as súas posibilidades de éxito.

i) Presentouse unha proposta de xogo defensivo alternativo na etapa de alto rendemento a partir dunha serie de accións ofensivas.

j) Comparáronse diferentes propostas de formas de xogo alternativas na etapa de alto rendemento, relacionándoas con distintos tipos de xogadores ou xogadoras.

k) Deseñáronse tarefas de adestramento de formas de xogo alternativas na etapa de alto rendemento, describindo os criterios e os indicadores de avaliación que se utilizarán.

l) Recoñeceuse a importancia de desenvolver nun equipo e formas de xogo alternativas na etapa de alto rendemento.

Contidos básicos:

1. Deseña o xogo dinámico, a partir da avaliación do seu rendemento en situacións de partido, fundamentando o modelo de xogo segundo as características dos xogadores ou xogadoras e aplicando técnicas e estratexias de detección e corrección de erros, así como de elaboración de tarefas de adestramento.

• O xogo dinámico e a súa historia no baloncesto profesional.

• O xogo dinámico e a súa relación co espectáculo en baloncesto.

• Características idóneas dos xogadores ou xogadoras para un eficiente xogo dinámico.

• Xogo dinámico ofensivo: conceptos.

– Contraataque.

□ Espazos e momentos de inicio.

□ Disposición segundo o número de xogadores ou xogadoras, velocidades e desprazamentos.

□ Finalizacións.

– Seguir xogando.

□ Situacións de 1×1 desde o exterior.

□ Situacións de 2×2.

 Desde pick and roll.

 De man a man.

– Xogo con poste baixo.

□ Inversións.

□ Transición.

 Sistemas en transición.

– Xogo dinámico ofensivo a partir de respostas defensivas.

• Xogo dinámico defensivo: conceptos.

– Contraataque.

□ Responsabilidades individuais.

□ Axustes e desaxustes.

– Seguir defendendo.

□ Defensa do 1×1.

□ Defensa do pick and roll.

□ Defensa de espazos.

□ Defensa de poste baixo.

□ Defensa de inicio de ataque posicional.

– Xogo dinámico defensivo a partir de accións ofensivas.

• Deseño e creación de tarefas de adestramento do xogo dinámico na etapa de tecnificación.

• Erros máis frecuentes no deseño do xogo dinámico en equipos na etapa de tecnificación e estratexias de corrección nesta etapa.

• Deseño de xogo dinámico para un equipo en etapa de alto rendemento.

• Avaliación do xogo dinámico segundo criterios de eficacia e eficiencia.

2. Deseña o xogo posicional, a partir da avaliación do seu rendemento en situacións de partido, fundamentando o modelo de xogo segundo as características dos xogadores ou xogadoras e aplicando técnicas e estratexias de detección e corrección de erros, así como de elaboración de tarefas de adestramento.

• O xogo posicional: evolución histórica.

• Ataque posicional na etapa de alto rendemento.

– Espazos ofensivos segundo as características dos xogadores ou xogadoras.

Spacing.

□ A partir de bloqueo directo.

□ A partir de balón interior.

□ A partir de penetracións.

– Con dous/dúas interiores.

Pick and roll.

– Bloqueo.

– Man a man.

– Central.

– Lateral.

– Frontal.

Repick.

– Ángulos de bloqueo cambiantes.

– Cego.

– Segundo a defensa: bloqueo liberado e bloqueo defendido.

– Continuacións.

Roll longo.

Roll curto.

Pop longo.

Pop estático.

– Bloqueos indirectos.

– De saída.

– Carretón.

Zipper.

Staggers.

Flare.

Stack.

Flex de saída.

– De entrada.

Box to box.

Shuffle.

Flex de entrada.

– Cego.

– Disposicións de sistemas.

□ 1-4 alto.

□ 1-4 baixo.

□ 1-2-2.

□ 1-3-1.

□ 2-1-2.

□ Non bilaterais.

Focus de sistemas.

□ 1c1 exterior.

□ 1c1 poste baixo.

Pick and roll.

– Tiradores ou tiradoras.

– Portas atrás.

– Cortes.

– Poste alto.

– Sistemas.

□ Longos/curtos.

□ Ríxidos/abertos.

□ Laterais ou bilaterais.

– Conversións de sistemas.

– Secuenciais.

– Series ofensivas.

□ Movementos sorpresa.

□ Movementos mutables.

□ Movementos de liñas.

– De fondo campo dianteiro.

Focus específicos.

Timming de crono.

Timming de xogo.

– Movementos de liña de banda en campo dianteiro.

Focus específicos.

Timming de posesión.

• Defensa posicional na etapa de alto rendemento.

– Aspectos complexos.

– Agresividade.

– Anticipación (negación).

– Reacción ao ataque.

– Comunicación.

– Proactividade.

– Encadeamento de esforzos.

– Incomodidade do/da rival.

– 1×1.

– Defensa do tirador ou tiradora exterior.

– Saída de bloqueos indirectos.

Pick and pop.

– Bloqueo máis recibir bloqueo.

Close out ou recuperacións en situacións estáticas ou dinámicas.

– Defensa de aclarados exteriores.

– Defensa de poste baixo.

– Defensa do xogador ou xogadora interior.

– Defensa do xogador ou xogadora sen balón.

– Tránsitos.

– Lectura de bloqueos.

– Defensa segundo scouting.

– 2×2 pick and roll.

– Defensa do bloqueo.

– Central normal.

– Central cara a 2 exteriores abertos/as.

– Central con intercambio vertical de interiores.

– Central con intercambio horizontal de interiores.

– Lateral normal.

– Lateral baixo.

– Lateral cara a fóra -cambiado-.

– Frontal cara ao centro.

– Frontal con dobre pick.

– Frontal en vertical.

Repick.

– Defensa das continuacións.

Roll longo.

Roll curto.

Pop longo.

Pop curto.

– Defensa segundo scouting.

– 3×3 defensa de indirectos.

– Indirectos de saída.

– Defensa de carretón.

– Defensa de zipper.

– Defensa de flare.

– De entrada.

Shuffle.

– Cego.

– 4×4 defensa de indirectos.

– Defensa de staggers.

– Defensa de box to box.

– Defensa de triplo poste.

– Defensa de flex.

– Defensa de stack.

• Deseño do xogo posicional para a etapa de alto rendemento.

– Combinación de conceptos.

• Características e talento dos xogadores ou xogadoras.

• Criterios para a detección de erros.

– Estratexias de corrección de erros.

• Deseño e creación de tarefas de adestramento para mellorar o xogo posicional na etapa de alto rendemento.

• Avaliación do xogo posicional segundo criterios de eficacia e eficiencia.

3. Deseña o xogo de espazos a partir da avaliación do seu rendemento en situacións de partido, fundamentando o modelo de xogo segundo as características dos xogadores ou xogadoras e aplicando técnicas e estratexias de detección e corrección de erros, así como de elaboración de tarefas de adestramento.

• O xogo de espazos: evolución histórica.

• Defensa de espazos na etapa de alto rendemento.

– Defensa de espazos desde a disposición 1-2-2.

□ Consideracións xerais.

□ Variantes máis comúns.

□ Movementos e posicionamento.

– Defensa de espazos desde a disposición 2-1-2.

□ Consideracións xerais.

□ Variantes máis comúns.

□ Movementos e posicionamento.

– Defensa de espazos segundo scouting.

• Ataque a espazos na etapa de alto rendemento.

– Conceptos.

– Bloqueo directo no ataque a espazos.

– Sistemas estruturados de ataque a defensas de espazos.

□ Ataque a zona con disposición inicial 2-3.

□ Ataque a zona con disposición inicial 1-2-2.

□ Ataque a zona con disposición inicial 2-1-2.

□ Ataque a zona con disposición inicial 3-2.

□ Ataque a zona con disposición inicial 1-3-1.

– Ataque a espazos segundo scouting.

• Deseño do xogo de espazos na etapa de alto rendemento.

– Combinación de conceptos.

• Características e talento dos xogadores ou xogadoras.

• Criterios para a detección de erros.

– Estratexias de corrección de erros.

• Deseño e creación de tarefas de adestramento para mellorar o xogo de espazos na etapa de alto rendemento.

• Avaliación do xogo de espazos segundo criterios de eficacia e eficiencia.

• O xogo de espazos e a riqueza táctica.

4. Deseña outras formas de xogo alternativas (defensas especiais e situacións especiais condicionadas), a partir da avaliación do seu rendemento en situacións de partido, fundamentando o modelo de xogo segundo as características dos xogadores ou xogadoras, aplicando técnicas e estratexias de detección e corrección de erros, así como de elaboración de tarefas de adestramento.

• Defensas especiais.

– Importancia do scouting.

• Defensas mutantes.

– Variantes máis comúns.

– Movementos e posicionamento.

• Defensa match-up.

– Consideracións xerais.

– Variantes máis comúns.

– Movementos e posicionamento.

• Defensas alternativas.

– Variantes máis comúns.

– Movementos e posicionamento.

• Ataques a defensas especiais.

• Ataque a defensas mutantes.

• Ataque a defensa match-up.

• Ataque a defensas alternativas.

• Situacións especiais condicionadas.

– O tempo do reloxo.

– O timming ou tempo do movemento.

– O condicionante de faltas.

• Saques de banda.

– Situacións de éxito.

• Saques de fondo.

– Situacións de éxito.

• Xogadas de últimos segundos.

– Situacións de éxito.

– Importancia do scouting.

• Influencia das características dos xogadores ou xogadoras.

Módulo específico de ensino deportivo: Proxecto.

Código: MED-BCBC305.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Deseña proxectos individuais ou colectivos relacionados coas competencias do persoal técnico deportivo superior en baloncesto, fundamentando o proxecto na información recollida, desenvolvendo as fases que o compoñen e realizando as previsións de recursos humanos e materiais.

a) Elixiuse un tema que permite integrar os coñecementos adquiridos nos diferentes bloques e módulos do ciclo superior en baloncesto.

b) Recompilouse información relativa aos aspectos que van ser tratados no proxecto.

c) Identificáronse as fases ou partes que compoñen o proxecto e os seus contidos.

d) Establecéronse os obxectivos que se pretenden atinxir, identificando o seu alcance.

e) Valoráronse os aspectos que poden facilitar ou dificultar o desenvolvemento do proxecto.

f) Prevíronse e priorizáronse os recursos materiais e persoais necesarios, de acordo cos obxectivos do proxecto.

g) Realizouse o orzamento económico correspondente.

h) Identificáronse as posibles fontes de financiamento do proxecto, sobre a base das necesidades deste.

i) Identificáronse os aspectos que se deben controlar e dos cales depende a calidade do proxecto.

j) Xustificouse a pertinencia e viabilidade do proxecto.

k) Valorouse o rigor na recollida da información utilizada na elaboración do proxecto.

2. Planifica e programa a execución do proxecto, determinando as fases ou ciclos de preparación, a metodoloxía utilizada e os recursos necesarios.

a) Secuenciáronse e temporalizáronse as actividades, ordenándoas en función das necesidades de implantación do proxecto.

b) Elaborouse a planificación do proxecto, periodizando e programando o adestramento e os recursos necesarios, cando o proxecto estea dirixido ao alto rendemento deportivo en baloncesto.

c) Determináronse os recursos e a loxística necesarios en cada actividade.

d) Identificáronse os permisos e autorizacións necesarios en cada unha das actividades.

e) Determináronse os procedementos de actuación ou execución das actividades.

f) Identificáronse os riscos inherentes ao desenvolvemento das actividades, definindo o plan de prevención de riscos e os medios e equipos necesarios.

g) Planificouse a asignación de recursos materiais e humanos, e os tempos de execución.

h) Fíxose a valoración económica necesaria na execución do proxecto.

i) Definiuse e elaborouse a documentación necesaria nas previsións e execución do proxecto.

j) Relacionáronse ou utilizáronse, dun xeito integrador e sinérxico, os conceptos e procedementos adquiridos nos diferentes módulos do ciclo superior en baloncesto.

k) Tivéronse en conta criterios de sustentabilidade á hora de elixir as actividades, a metodoloxía e os recursos utilizados no proxecto.

3. Selecciona os procedementos de seguimento e control da elaboración e execución do proxecto, xustificando as funcións dentro do proxecto, a selección de variables e instrumentos empregados.

a) Definiuse o procedemento de avaliación das actividades, utilizando e combinando diferentes instrumentos de avaliación.

b) Definíronse os indicadores de calidade utilizados na avaliación do proxecto.

c) Definíronse os procedementos de avaliación das incidencias que poidan presentarse durante a realización do proxecto, e a súa posible solución e rexistro.

d) Definiuse o procedemento de xestión dos posibles cambios nos recursos, nas actividades ou na dinámica de cargas, no caso do adestramento de alto rendemento, incluíndo o sistema de rexistro daqueles.

e) Definiuse e elaborouse a documentación necesaria na avaliación das actividades do proxecto.

f) Estableceuse o procedemento de participación na avaliación dos xogadores ou xogadoras ou persoas usuarias/clientes e elaboráronse os documentos específicos.

g) Estableceuse un sistema de garantía de cumprimento do prego de condicións do proxecto cando este exista.

h) Atendeuse ás consideracións do titor-director/titora-directora do proxecto durante a elaboración deste.

i) Cumpriuse co seguimento do proxecto segundo o procedemento establecido polo titor-director ou pola titora-directora.

j) Mostrouse unha actitude de respecto e aceptación das achegas realizadas polo titor-director ou pola titora-directora, integrando de forma construtiva as valoracións recibidas no proxecto.

4. Presenta o proxecto, seleccionando os aspectos relevantes deste, xustificando as decisións tomadas e utilizando os recursos didácticos e técnicos máis axeitados en cada caso.

a) Definiuse e elaborouse a documentación necesaria na presentación e comunicación do proxecto.

b) Utilizáronse os recursos didácticos e técnicos máis axeitados para a presentación e comunicación do proxecto, incluíndo as novas tecnoloxías, de forma coherente cos obxectivos do proxecto.

c) Presentouse o proxecto, de forma clara e sintética, incluíndo os aspectos fundamentais que debía incluír a presentación.

d) Utilizouse bibliografía actualizada nos fundamentos do traballo, referenciándoa de forma axeitada.

e) Contestáronse, de forma precisa e xustificada, as cuestións realizadas sobre as características e os fundamentos do proxecto.

f) Xustificouse suficientemente o proxecto e argumentouse a súa implementación.

g) Axustouse, na presentación do proxecto, á estrutura definida e establecida nos criterios de avaliación.

h) Presentouse o proxecto, axustándose ás características formais, estrutura e apartados establecidos polo tribunal.

i) Xustificáronse, na presentación do proxecto, as relacións existentes entre os diferentes resultados de aprendizaxe adquiridos nos diferentes módulos do ciclo superior en baloncesto.

j) Demostrouse posuír unha visión xeral do proxecto, relacionando a argumentación coa finalidade e as conclusións deste.

Módulo específico de ensino deportivo: Formación práctica.

Código: MED-BCBC306.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica a estrutura organizativa e o funcionamento do centro deportivo de prácticas (escola deportiva, club, federación, empresa, etc.), relacionándoa coa súa oferta de actividades de alto rendemento deportivo e as actividades de xestión daquel.

a) Fundamentáronse as relacións do centro deportivo de prácticas da federación deportiva española coa Federación Internacional de Baloncesto.

b) Categorizáronse a estrutura organizativa e o funcionamento das distintas áreas do centro deportivo de prácticas.

c) Clasificáronse as relacións xerárquicas dentro do centro deportivo de prácticas.

d) Revisouse a oferta de actividades vinculadas ao alto rendemento deportivo.

e) Relacionáronse as características do centro deportivo de prácticas coa normativa de responsabilidade do persoal técnico que traballa nel.

f) Fundamentouse a oferta de actividades orientada ao alto rendemento de baloncesto nas mulleres.

g) Recoñecéronse os valores presentes nas actividades de baloncesto do club ou entidade deportiva.

h) Mantívose unha actitude clara de respecto ás instalacións e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas a aquela.

i) Revisouse o plan de actuación de emerxencias das instalacións do centro deportivo de prácticas.

j) Identificouse e analizouse o plan de prevención de riscos laborais do centro deportivo de prácticas.

k) Revisáronse as condicións laborais do persoal técnico deportivo do centro deportivo de prácticas, en relación coa normativa sobre saúde laboral.

2. Identifica a estrutura organizativa e o funcionamento do centro de formación de persoal técnico deportivo, relacionándoa coa súa oferta formativa, analizando a normativa de aplicación e aplicando os procedementos e protocolos de seguridade na práctica.

a) Fundamentáronse as relacións do centro de formación de persoal técnico de baloncesto coa Administración educativa correspondente.

b) Categorizouse a estrutura organizativa e o funcionamento do centro de formación de persoal técnico deportivo.

c) Clasificáronse as relacións xerárquicas dentro do centro de formación de persoal técnico deportivo.

d) Revisouse a oferta de actividades vinculadas á formación de persoal técnico deportivo en baloncesto.

e) Analizáronse as características do centro de formación de persoal técnico deportivo e a normativa sobre a responsabilidade do profesorado.

f) Esquematizouse a normativa educativa e curricular vixente sobre formación de persoal técnico deportivo de baloncesto.

g) Colaborouse na organización das actividades económicas do centro de traballo.

h) Recoñecéronse os valores presentes nas actividades de baloncesto do club ou entidade deportiva.

i) Mantívose unha actitude clara de respecto ao ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas a aquela.

3. Colabora na administración do centro deportivo de prácticas (escola deportiva, club, federación, empresa, etc.), aplicando procedementos de xestión económica e contable.

a) Colaborouse na organización das actividades económicas do centro de traballo.

b) Identificouse a forma xurídica utilizada na constitución do centro deportivo de prácticas e o grao de responsabilidade legal das persoas propietarias e xestoras.

c) Colaborouse nos procedementos administrativos básicos de xestión do centro deportivo de prácticas.

d) Realizáronse trámites de petición de axudas á xestión do centro deportivo de prácticas.

e) Colaborouse na xestión de axudas económicas que utiliza ou pode utilizar o centro deportivo de prácticas.

f) Confeccionouse documentación administrativa e comercial necesaria no desenvolvemento da actividade deportiva.

g) Identificáronse as obrigas e exencións fiscais e tributarias do centro deportivo de prácticas.

h) Realizouse a declaración de impostos do centro deportivo de prácticas.

i) Tívose unha actitude de respecto e cumprimento da normativa e dos procedementos de xestión económica do centro deportivo de prácticas.

4. Actúa con autonomía, iniciativa e responsabilidade no posto de traballo, demostrando comportamento ético, habilidades persoais de comunicación y traballo en equipo, aplicando os procedementos establecidos polo centro de prácticas (entidade deportiva, club, federación, empresa, etc.).

a) Identificáronse os requirimentos actitudinais do posto de traballo.

b) Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas e responsabilizouse do traballo asignado.

c) Demostrouse compromiso co traballo ben feito e a calidade do servizo, así como respecto polos procedementos e principios propios do club ou entidade deportiva.

d) Demostrouse capacidade de traballo en equipo e respecto pola xerarquía establecida no club ou entidade deportiva.

e) Estableceuse unha comunicación e relación eficaz co persoal técnico responsable da actividade e as persoas integrantes do equipo, mantendo un trato fluído e correcto.

f) Coordinouse co resto do equipo, informando de calquera cambio, necesidade relevante ou imprevisto que se presente na actividade.

g) Demostrouse un comportamento ético coas persoas deportistas e as persoas adversarias, en especial en presenza dos medios de comunicación.

5. Organiza e xestiona competicións e eventos propios do nivel da iniciación e a tecnificación deportiva, e colabora nos de alto rendemento, participando na xestión e deseño da competición, aplicando criterios de sustentabilidade.

a) Propúxose a estrutura e as funcións que se deben desempeñar na organización dunha competición ou evento deportivo de tecnificación en baloncesto.

b) Definíronse e aplicáronse os criterios de sustentabilidade na organización dunha competición ou evento deportivo de tecnificación en baloncesto.

c) Localizáronse e xestionáronse as posibles axudas á esponsorización do deporte feminino na modalidade de baloncesto.

d) Xestionouse o financiamento da organización dunha competición ou evento deportivo de tecnificación en baloncesto.

e) Realizouse a xestión e difusión dos resultados dunha competición ou evento deportivo de tecnificación ou alto rendemento en baloncesto.

f) Participouse na xestión de persoal e medios materiais das diferentes áreas ou comités da organización dunha competición ou evento de tecnificación ou alto rendemento en baloncesto.

g) Colaborouse na organización e realización de actos protocolarios de apertura, entrega e clausura dunha competición ou evento deportivo de tecnificación ou alto rendemento en baloncesto.

h) Tomáronse as medidas de seguridade e de atención ás emerxencias na organización dunha competición ou evento deportivo de tecnificación en baloncesto.

i) Actuouse de xeito flexible e adaptable ás circunstancias na organización da competición, respectando os protocolos e directrices establecidas.

j) Elaboráronse os calendarios e designacións arbitrais da competición ou evento deportivo organizado de baloncesto.

6. Orienta os xogadores ou xogadoras de alto nivel, e organiza, acompaña e dirixe as persoas deportistas na súa participación en actividades, competicións e outros eventos de alto rendemento en baloncesto, aplicando a normativa relacionada.

a) Informouse as persoas deportistas de alto nivel da normativa que as afecta e os programas de axuda que existen a nivel nacional e autonómico.

b) Orientouse as persoas deportistas de alto nivel sobre as saídas profesionais da súa actividade deportiva e da importancia de manter unha formación académica ou profesional paralelas á vida deportiva.

c) Revisouse a normativa antidopaxe de aplicación nas competicións de alto rendemento en que se participa e informouse as persoas deportistas dela.

d) Realizouse a inscrición do equipo nunha competición de alto rendemento en baloncesto, de acordo coas normas e protocolos establecidos.

e) Realizáronse as operacións de xestión do seguro de accidente e actividade das persoas integrantes do equipo de baloncesto que participan nunha competición de alto rendemento, de acordo coas instrucións e normas recibidas.

f) Recoñeceuse e xustificouse a responsabilidade do persoal técnico nos desprazamentos dos equipos de baloncesto para asistir a unha competición de alto rendemento.

g) Elaborouse o plan de viaxe dun equipo de baloncesto para a súa participación nunha competición de alto rendemento, aplicando as instrucións e procedementos establecidos.

h) Informouse o equipo de baloncesto das características da competición de alto rendemento, interpretando a documentación sobre esta.

i) Trasladáronse ao equipo de baloncesto as instrucións técnicas e tácticas para a competición de alto rendemento, tendo en conta as características da competición e das persoas deportistas participantes.

j) Acompañouse o equipo de baloncesto nas competicións de alto rendemento, aplicando os procedementos e seguindo as instrucións e normas establecidas.

k) Velouse polo respecto aos valores do xogo limpo, á saúde persoal e ás demais persoas, durante a participación na competición de alto rendemento en baloncesto, aplicando os procedementos axeitados e respectando as normas desta.

l) Aplicáronse criterios de valoración da execución técnico-táctica do baloncesto, utilizando técnicas e procedementos de observación axeitadas ao alto rendemento.

m) Aplicáronse procedementos de reclamación nunha competición de alto rendemento en baloncesto, utilizando o idioma axeitado e aplicando as normas e os protocolos establecidos.

7. Colabora na dirección de equipos durante a participación en actividades, competicións e outros eventos de alto rendemento de baloncesto, valorando as posibles situacións tácticas do equipo e dos/das seus/súas contrincantes, as decisións arbitrais e as características do contorno, aplicando procedementos establecidos.

a) Avaliouse a influencia das condicións do contorno da competición de alto rendemento en baloncesto.

b) Colaborouse na dirección de equipos en competicións de alto rendemento, utilizando diferentes estratexias de xeito eficaz e tendo en conta as características do equipo rival e do contorno.

c) Utilizouse o regulamento na elección e aplicación de estratexias de dirección do equipo na competición de alto rendemento en baloncesto.

d) Colaborouse na avaliación da execución técnico-táctica do equipo e dos/das seus/súas rivais na competición de alto rendemento, utilizando técnicas e procedementos de observación axeitados.

e) Colaborouse na realización de reclamacións nunha competición de alto rendemento de baloncesto, aplicando as normas e os protocolos establecidos.

f) Valorouse a importancia da utilización dunha estratexia de dirección de equipo acorde coa normativa, as características da competición e as tendencias arbitrais no alto rendemento.

g) Colaborouse na coordinación das actividades das diferentes persoas integrantes do equipo técnico antes, durante e despois das competicións de alto rendemento en baloncesto.

h) Demostrouse empatía e xerouse credibilidade no equipo durante a dirección en competicións de alto rendemento de baloncesto.

8. Planifica o adestramento a longo, medio e curto prazo dos xogadores ou xogadoras de baloncesto, interpretando a información da persoa deportista e do contorno, coordinando o equipo de especialistas e aplicando as técnicas, modelos e procedementos máis axeitados.

a) Colaborouse na elaboración do programa de detección, identificación e selección do talento deportivo en baloncesto do centro deportivo de prácticas.

b) Aplicáronse criterios de detección, identificación e selección do talento deportivo en baloncesto, no centro deportivo de prácticas.

c) Seleccionouse e interpretouse a información do xogador ou xogadora ou do equipo do centro deportivo de prácticas e do seu contorno, necesaria na elaboración da programación a longo prazo.

d) Elaborouse a programación ou planificación a longo prazo do xogador-xogadora ou equipo, de acordo cos modelos utilizados no centro deportivo de prácticas, e identificáronse as dinámicas de carga dos diferentes factores de rendemento deportivo en baloncesto.

e) Aplicáronse instrumentos de valoración da condición física do xogador-xogadora ou equipo de alto rendemento, interpretando e, de ser o caso, tratando a información resultante.

f) Elaboráronse e aplicáronse instrumentos de rexistro do comportamento técnico-táctico en adestramento e competición do xogador ou xogadora e do equipo de alto rendemento, interpretando e, de ser o caso, tratando a información resultante.

g) Aplicáronse instrumentos de valoración do perfil psicolóxico do xogador ou xogadora e do equipo, e do seu comportamento durante a competición, interpretando e, de ser o caso, tratando a información resultante.

h) Elaborouse a programación a medio e curto prazo dos diferentes factores de rendemento (condición física, técnicos, tácticos, psicolóxicos, de capacidade de xogo, competitivos, etc.) do baloncesto, de acordo coa planificación do centro de prácticas e os obxectivos e características dos xogadores ou xogadoras e do equipo.

i) Elaborouse o programa dunha concentración de preparación, adaptándoa ás necesidades específicas dos xogadores ou xogadoras, do equipo e do centro de formación de prácticas.

j) Rexistrouse, cuantificouse e procesouse a información sobre a carga de adestramento dun xogador ou xogadora e do equipo do centro deportivo de prácticas.

k) Asignáronse obxectivos e medios de traballo ao equipo biomédico, dentro da planificación e programación do adestramento do xogador ou xogadora e do equipo.

l) Incorporáronse as achegas do equipo biomédico na planificación e programación do adestramento do xogador ou xogadora e do equipo.

m) Mostrouse unha actitude de rigor e obxectividade na aplicación dos instrumentos de valoración utilizados.

9. Organiza e dirixe o adestramento dos xogadores ou xogadoras e equipo de baloncesto, coordinando o equipo técnico, aplicando os medios e métodos específicos de adestramento de cada un dos factores de rendemento en baloncesto e aplicando as novas tecnoloxías ao rexistro do adestramento e a competición.

a) Xerouse credibilidade no equipo de especialistas que colabora co persoal técnico no centro deportivo de prácticas.

b) Xestionouse o equipo técnico, demostrando liderado e potenciando a comunicación entre o equipo do centro deportivo de prácticas e o persoal técnico.

c) Aplicáronse medios e métodos de adestramento dos factores de rendemento, e elixíronse as tarefas de acordo coa programación do centro deportivo de prácticas.

d) Dirixiuse a sesión tendo en conta a variedade e integración dos diferentes medios e métodos de adestramento, de acordo coa programación do centro deportivo de prácticas.

e) Identificáronse e solucionáronse as continxencias que xurdiran durante a sesión de adestramento do xogador-xogadora ou do equipo.

f) Adaptouse o traballo da sesión ás condicións reais do xogador-xogadora ou do equipo.

g) Tivéronse en conta as lesións máis frecuentes en baloncesto e as súas medidas preventivas, na dirección da sesión de adestramento.

h) Elaboráronse e aplicáronse instrumentos de rexistro audiovisual do comportamento técnico-táctico e a capacidade de xogo, en adestramento e competición, do xogador-xogadora ou do equipo de alto rendemento, interpretando e, de ser o caso, editando os rexistros realizados.

i) Utilizáronse, durante a sesión de adestramento do xogador-xogadora ou do equipo, os rexistros audiovisuais do adestramento ou a competición.

j) Colaborouse na organización e dirección dunha concentración de preparación, seleccionando a loxística e os medios axeitados á situación do centro deportivo de prácticas.

k) Mantívose unha actitude motivadora e empática co xogador ou xogadora e o equipo durante a dirección da concentración de preparación ou a sesión de adestramento.

10. Colabora no establecemento das axudas ergoxénicas e dos plans de traballo complementario do xogador ou xogadora lesionado/a, aplicando os medios, métodos e procedementos establecidos.

a) Programouse o traballo complementario dun xogador ou xogadora lesionado/a, tendo en conta a programación do centro deportivo de prácticas.

b) Valoráronse as pautas alimentarias dos xogadores ou xogadoras do centro deportivo de prácticas.

c) Propuxéronse medidas de formación sobre alimentación deportiva aos xogadores ou xogadoras do centro deportivo de prácticas.

d) Identificáronse as manifestacións de fatiga durante o adestramento e a competición do xogador ou xogadora do centro deportivo de prácticas.

e) Propuxéronse e aplicáronse medidas de recuperación da fatiga de acordo coas posibilidades do centro deportivo de prácticas.

f) Colaborouse na prescrición e administración de axudas ergoxénicas en xogadores ou xogadoras do centro deportivo de prácticas.

g) Informouse o xogador ou xogadora dos riscos e consecuencias na saúde do uso de substancias dopantes.

h) Mostrouse unha actitude de xogo limpo e respecto pola saúde do xogador ou xogadora en especial no referido ao uso de substancias dopantes.

11. Participa na formación de persoal técnico deportivo, revisando a organización académica e curricular do centro, impartindo clases e colaborando na titoría dos módulos de proxecto e formación práctica.

a) Identificouse o tipo de centro docente de prácticas, o tipo de vinculación coa Administración e a normativa que lle é de aplicación para os efectos de organización e funcionamento.

b) Identificáronse as responsabilidades do profesorado especialista en baloncesto e do persoal técnico deportivo superior en baloncesto, na formación do persoal técnico na modalidade.

c) Concretáronse os elementos da programación didáctica dun módulo do bloque específico, atendendo á súa normativa de ordenación, ás características do alumnado e ao contexto do centro docente de prácticas.

d) Deseñouse unha presentación (de tarefas e contidos) e colaborouse na súa realización, atendendo ás características do módulo específico e ao resultado de aprendizaxe que se vai desenvolver, tendo en conta as características do alumnado do centro docente de prácticas.

e) Colaborouse no deseño e dirección dunha sesión de traballo práctico ou procedemental, atendendo ás características do módulo específico e ao resultado de aprendizaxe que se vai desenvolver, tendo en conta as características do alumnado do centro docente de prácticas.

f) Participouse no proceso de avaliación do alumnado do centro docente de prácticas.

g) Tívose en conta a aplicación efectiva do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes á hora de seleccionar os recursos didácticos na docencia do módulo específico de ensinanzas deportivas en baloncesto.

h) Prevíronse e preparáronse de antemán recursos didácticos alternativos fronte a posibles incidencias, incluíndo a atención a persoas con discapacidade, na dirección da sesión do módulo específico de ensinanzas deportivas en baloncesto.

i) Identificáronse as condicións de seguimento e titoría dos distintos módulos do bloque específico dos ciclos inicial e final de grao medio en baloncesto, presenciais e a distancia, establecidos no centro docente de prácticas.

j) Participouse no establecemento de contactos e convenios coas entidades colaboradoras no módulo de formación práctica no centro docente de prácticas.

k) Utilizáronse aplicacións informáticas específicas en supostos de xestión e seguimento do módulo de formación práctica no centro docente de prácticas.

l) Colaborouse na elaboración de informes de avaliación do módulo de formación práctica.

m) Participouse no asesoramento e control de entrevistas e titorías personalizadas na dirección de proxectos dentro do centro docente de prácticas.

12. Colabora na dirección do scouting do propio equipo de baloncesto de alto rendemento e do/da rival, utilizando recursos tecnolóxicos avanzados e elaborando informes axeitados para o alto rendemento.

a) Interpretáronse situacións tácticas presentes na competición de alto rendemento a partir dun vídeo ou a tempo real.

b) Utilizáronse recursos tecnolóxicos avanzados para o logro de información relevante para a mellora do rendemento do equipo ou do xogador-xogadora de baloncesto do centro deportivo de prácticas.

c) Identificáronse situacións tácticas complexas a partir do scouting, ou elaboráronse a partir da simboloxía específica de baloncesto.

d) Confeccionáronse pautas e protocolos de observación para equipos de alto rendemento de baloncesto do centro deportivo de prácticas.

e) Elaboráronse ferramentas para o rexistro de información específica extraída a partir do scouting de xogadores-xogadoras ou equipos de baloncesto do centro deportivo de prácticas.

f) Coordinouse o traballo do equipo técnico no scouting de baloncesto do centro deportivo de prácticas.

g) Elaboráronse informes de scouting para equipos de alto rendemento en baloncesto tanto en lingua propia como en inglés.

h) Identificáronse tecnoloxías avanzadas de observación propias do baloncesto e describíronse as súas características e utilidades.

i) Mostrouse unha actitude de atención nas actuacións de scouting cun equipo de alto rendemento do centro deportivo de prácticas.

13. Participa na construción dun equipo, axudando a seleccionar xogadores ou xogadoras, valorando e clasificando as súas habilidades e capacidades, de acordo coa competición de alto nivel.

a) Revisáronse informes de xogadores ou xogadoras elaborados por persoal técnico scouter do centro deportivo de prácticas.

b) Confeccionáronse informes de xogadores ou xogadoras de equipos de alto rendemento de baloncesto.

c) Valoráronse as habilidades técnicas ofensivas e defensivas dos xogadores ou xogadoras do centro deportivo de prácticas.

d) Valoráronse as capacidades competitivas, físicas, psicolóxicas e de xogo dos xogadores ou xogadoras do centro deportivo de prácticas.

e) Clasificáronse os xogadores ou xogadoras comparando as súas características cos perfís propios dos xogadores ou xogadoras de alto nivel en baloncesto.

f) Propúxose a incorporación de xogadores ou xogadoras de baloncesto aos equipos do centro deportivo de prácticas en función do proxecto deportivo deste e das exixencias da competición.

g) Establecéronse criterios para a selección equilibrada de xogadores ou xogadoras para os equipos de alto rendemento do centro deportivo de prácticas.

h) Mostrouse unha actitude de escoita e consenso na selección de xogadores ou xogadoras coas persoas responsables (persoal técnico e directivo) dos equipos de alto nivel dos centros deportivos de prácticas.

i) Fundamentouse a selección de xogadores ou xogadoras en función da análise realizada da competición de baloncesto de alto rendemento onde competirá o equipo do centro deportivo de prácticas.

14. Colabora coa dirección técnica dun centro deportivo de prácticas, participando nas orientacións que recibe o persoal técnico deportivo deste e axudando na elaboración das programacións de referencia para os seus xogadores ou xogadoras e equipos.

a) Deseñáronse programacións de referencia para os equipos de categorías inferiores do centro deportivo de prácticas.

b) Revisáronse os programas de referencia existentes no centro deportivo de prácticas.

c) Relacionáronse as necesidades detectadas nos xogadores ou xogadoras e equipos de baloncesto do centro deportivo de prácticas, e as propostas ofrecidas pola programación de referencia.

d) Esquematizouse a continuidade das programacións de referencia para os xogadores ou xogadoras e equipos de baloncesto do centro deportivo de prácticas.

e) Confeccionáronse criterios de avaliación adecuados para poder obter información do desenvolvemento e rendemento dos xogadores ou xogadoras e equipos do centro deportivo de prácticas.

f) Interpretouse a información obtida polas ferramentas de avaliación utilizadas para poder mellorar a dirección técnica do centro deportivo de prácticas.

g) Xestionáronse os recursos necesarios para o correcto desenvolvemento das programacións de referencia e da formación do persoal técnico.

h) Coordinouse o traballo do persoal técnico dos distintos equipos de baloncesto do centro deportivo de prácticas.

i) Axudouse o persoal técnico de baloncesto do centro de formación de prácticas na súa formación continua.

j) Explicáronse ao persoal técnico métodos axeitados para o ensino do baloncesto no centro deportivo de prácticas.

k) Utilizouse o idioma inglés para explicar conceptos e terminoloxía propia do baloncesto ao persoal técnico do centro deportivo de prácticas.

l) Demostrouse unha actitude de traballo cooperativo e de escoita no trato co persoal técnico do centro deportivo de prácticas.

m) Demostráronse dotes de liderado no traballo co persoal técnico dos equipos do centro deportivo de prácticas.

ANEXO III
Ratio profesorado/alumnado

Bloque específico do ciclo de grao superior

Ratio profesorado/alumnado

MED-BCBC301. Formación do/da xogador/a na etapa de alto rendemento.

1/30

MED-BCBC302. Dirección de equipos na etapa de alto rendemento.

1/30

MED-BCBC303. Adestramento de alto rendemento en baloncesto.

1/30

MED-BCBC304. Táctica de ataque e defensa na etapa de alto rendemento.

1/30

MED-BCBC305. Proxecto.

1/30

MED-BCBC306. Formación práctica.

1/10

ANEXO IV
Acceso ao módulo de formación práctica

Acceso ao módulo de formación
práctica

Módulos que se van superar

MED-BCBC306. Formación práctica.

Do bloque común:

MED-C301. Factores fisiolóxicos do alto rendemento.

MED-C303. Formación de formadores/as deportivos/as.

Do bloque específico:

MED-BCBC301. Formación do/da xogador/a na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC302. Dirección de equipos na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC303. Adestramento de alto rendemento en baloncesto.

ANEXO V
Espazos e equipamentos mínimos do ciclo de grao superior

Espazos: ciclo de grao superior.

Espazo formativo

Superficie m2

30 alumnos/as

Superficie m2

20 alumnos/as

Módulo de ensino deportivo

Aula polivalente.

60 m2

40 m2

Módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo superior.

Ximnasio.

120 m2

90 m2

Módulos de ensino deportivo do bloque común.

Espazo formativo

Módulo de ensino deportivo

Pista de baloncesto.

MED-BCBC301. Formación do/da xogador/a ou xogadora na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC302. Dirección de equipos na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC303. Adestramento de alto rendemento en baloncesto.

MED-BCBC304. Táctica de ataque e defensa na etapa de alto rendemento.

Equipamentos: ciclo de grao superior.

Equipamento da aula polivalente

Módulo de ensino deportivo

Equipos audiovisuais. Canón de proxección.

PC instalados en rede con conexión á internet.

Software específico.

Módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo superior.

Equipamento do ximnasio

Módulo de ensino deportivo

Balóns medicinais (3 kg, 4 kg e 5 kg).

Colchóns.

Halteres curtos de diferentes pesos.

Barras de levantamentos.

Discos (diversos pesos).

Bancos para exercicios de musculación: horizontal, inclinado e/ou reclinable.

Balóns inflables 65 cm.

Gomas elásticas.

Barras de parede.

Bancos suecos.

Módulos de ensino deportivo do bloque común.

Equipamento da pista de baloncesto

Módulo de ensino deportivo

Canastra de baloncesto.

Balón de baloncesto.

Material sinalizador.

MED-BCBC301. Formación do/da xogador/a na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC302. Dirección de equipos na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC303. Adestramento de alto rendemento en baloncesto.

MED-BCBC304. Táctica de ataque e defensa na etapa de alto rendemento.

ANEXO VI
Requisitos de titulación do profesorado dos módulos
do bloque común do ciclo de grao superior, en centros públicos
da consellería competente en materia de educación

Serán impartidas por quen posúa a especialidade que a seguir se detalla:

Ciclo de grao superior.

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-C301. Factores fisiolóxicos do alto rendemento.

MED-C302. Factores psicosociais do alto rendemento.

MED-C303. Formación de formadores/as deportivos/as.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C304. Organización e xestión aplicada ao alto rendemento.

Educación física.

Formación e organización laboral.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

ANEXO VII-A
Requisitos de titulación do profesorado dos módulos
do bloque específico do ciclo de grao superior, en centros públicos
da consellería competente en materia de educación

Serán impartidas polos que posúan a especialidade ou condición que a seguir se detalla:

Ciclo de grao superior.

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-BCBC301. Formación do/da xogador/a na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC302. Dirección de equipos na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC303. Adestramento de alto rendemento en baloncesto.

MED-BCBC304. Táctica de ataque e defensa na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC305. Proxecto.

MED-BCBC306. Formación práctica.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Baloncesto.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

ANEXO VII-B
Condición de profesorado especialista en centros públicos da consellería competente en materia de educación: acreditación de experiencia docente,
ou actividade no ámbito deportivo e laboral

Ciclo de grao superior.

Módulos de ensino deportivo

Experiencia docente acreditable

Actividade no ámbito deportivo e laboral

MED-BCBC301. Formación do/da

xogador/a na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC302. Dirección de equipos na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC303. Adestramento de alto rendemento en baloncesto.

MED-BCBC304. Táctica de ataque e defensa na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC305. Proxecto.

MED-BCBC306. Formación práctica.

Polo menos 100 horas de docencia acreditada en formación de adestradores/as no nivel 3 de baloncesto nas formacións a que se refire a disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, así como as disposicións transitorias primeiras dos reais decretos 1913/1997, do 19 de decembro, e 1363/2007, do 24 de outubro.

Polo menos 2 anos de exercicio deportivo-laboral relacionado coas competencias profesionais do ciclo superior, realizado nos 4 anos inmediatamente anteriores ao nomeamento.

No caso das formacións a que se refire a disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, a Federación Española de Baloncesto emitirá a correspondente certificación da experiencia docente na cal consten as materias impartidas, o número de horas impartidas, a data do curso en que se impartiu a materia ou materias e a data da resolución de recoñecemento da formación emitida polo Consello Superior de Deportes xunto coa data de publicación no BOE.

No caso das formacións a que se refiren as disposicións transitorias primeiras dos reais decretos 1913/1997, do 19 de decembro, e 1363/2007, do 24 de outubro, o órgano competente da comunidade autónoma que autorizou as formacións emitirá a correspondente certificación da experiencia docente na cal consten as materias e o número de horas impartidas.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde se adquirise a dita experiencia, na cal conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade. No caso de traballadores ou traballadoras por conta propia, exixirase a certificación de alta no censo de obrigados ou obrigadas tributarios/as, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración a persoa interesada das actividades máis representativas.

A Federación Española de Baloncesto emitirá a correspondente certificación da experiencia deportiva en que constará a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade.

ANEXO VIII
Requisitos de titulación do profesorado en centros privados
e de titularidade pública de administracións distintas
á consellería competente en materia de educación

Serán impartidos por quen acredite os títulos que a continuación se detallan ou os que fosen declarados equivalentes ou homologados para os efectos de docencia:

Módulos do bloque común: ciclo de grao superior.

Módulo común de ensino deportivo

Titulacións

MED-C301. Factores fisiolóxicos do alto rendemento.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Medicina.

MED-C302. Factores psicosociais do alto rendemento.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Psicoloxía.

MED-C303. Formación de formadores/as deportivos/as.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

MED-C304. Organización e xestión aplicada ao alto rendemento.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Dereito.

Módulos do bloque específico: ciclo de grao superior.

Módulo específico de ensino deportivo

Titulacións

MED-BCBC301. Formación do/da xogador/a na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC302. Dirección de equipos na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC303. Adestramento de alto rendemento en baloncesto.

MED-BCBC304. Táctica de ataque e defensa na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC305. Proxecto.

Técnico/a deportivo/a superior en Baloncesto.

MED-BCBC306. Formación práctica.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Técnico/a deportivo/a superior en Baloncesto.

ANEXO IX
Validacións entre módulos de ensino deportivo establecidos ao abeiro
da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema
educativo e os módulos de ensino deportivo do bloque específico
do título de técnico deportivo superior en Baloncesto

Módulos superados do título de técnico deportivo superior en Baloncesto LOXSE (Real decreto 234/2005, do 4 de marzo)

Módulos validados do ciclo
de grao superior en Baloncesto

Accións técnico-tácticas individuais III.

Detección e selección de talentos II.

MED-BCBC301. Formación do/da xogador/a na etapa de alto rendemento.

Regras de xogo III.

Dirección de equipos III.

Dirección de partido II.

Observación do xogo II.

Desenvolvemento profesional.

MED-BCBC302. Dirección de equipos na etapa de alto rendemento.

Metodoloxía da ensinanza e do adestramento de baloncesto III.

Planificación e avaliación do adestramento de baloncesto III.

Preparación física aplicada III.

Psicoloxía aplicada II.

Seguridade deportiva II.

MED-BCBC303. Adestramento de alto rendemento en baloncesto.

Accións técnico-tácticas colectivas III.

Sistema de xogo II.

MED-BCBC304. Táctica de ataque e defensa na etapa de alto rendemento.

Proxecto final.

MED-BCBC305. Proxecto.

Formación práctica.

MED-BCBC306. Formación práctica.

ANEXO X
Exención total ou parcial do módulo de formación práctica
do ciclo de grao superior

MED-BCBC306. Formación práctica

Experiencia no ámbito laboral ou deportivo

Exención total.

Exención parcial.

• Duración: superior a 400 horas.

• Actividade desenvolvida: experiencia relacionada coa competencia xeral do ciclo de grao superior en Baloncesto e os resultados de aprendizaxe do módulo de formación práctica.

• Período de tempo que desenvolveu a actividade: dous anos anteriores á finalización do curso.

A exención parcial do módulo de formación práctica concederase para aqueles resultados de aprendizaxe do módulo que sexan concordantes coa experiencia laboral ou deportiva acreditada.

A exención total do módulo de formación práctica poderase conceder cando exista unha completa concordancia da experiencia laboral ou deportiva acreditada coa totalidade dos resultados de aprendizaxe do correspondente módulo.

A Federación Española de Baloncesto emitirá a correspondente certificación da experiencia deportiva en que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde adquirise a dita experiencia, na cal conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade. No caso de traballadores ou traballadoras por conta propia, exixirase a certificación de alta no censo de obrigados ou obrigadas tributarios/as, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

ANEXO XI
Formación a distancia

Módulos bloque común

Grao superior

MED-C301. Factores fisiolóxicos do alto rendemento.

MED-C302. Factores psicosociais do alto rendemento.

MED-C303. Formación de formadores/as deportivos/as.

MED-C304. Organización e xestión aplicada ao alto rendemento.

Módulos bloque específico

MED-BCBC301. Formación do/da xogador/a na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC302. Dirección de equipos na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC303. Adestramento de alto rendemento en baloncesto.

MED-BCBC304. Táctica de ataque e defensa na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC305. Proxecto.