Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54205

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDITO (139/2017).

Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 139/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Soraya Blanco Souto contra a empresa Fondo de Garantía Salarial, Pescados Castro Varela, S.L.U., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Decido:

Considerando a demanda interposta por Soraya Blanco Souto fronte á empresa Pescados Castro Varela, S.L.U. condeno a demandada a que aboe á demandante a cantidade de 9.513,83 euros, máis o 10 % en concepto de xuros por demora.

Iso coa intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, debendo anunciarse dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, debendo de consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación “Depósitos e consignacións”, co numero 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Castro Varela, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 27 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza