Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2017 Páx. 53883

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 231/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 231/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Asepeyo Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social 151 contra CEE Faega I, S.L.U., se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, once de outubro de dous mil dezasete.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza número 280/2017, de data 9 de xuño de 2017, ditada no procedemento de Seguridade Social 985/2013 a favor da parte executante, Asepeyo Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridade Social 151, fronte a CEE Faega I, S.L.U., parte executada, por importe de 446,72 euros en concepto de principal (diferenzas na prestación de IT por razón da infracotización), máis outros 44,67 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina a maxistrada xuíza. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, once de outubro de dous mil dezasete.

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada CEE Faega I, S.L.U., dar audiencia previa á parte demandante Asepeyo Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridade Social 151, por termo de quince días, para que poida sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a CEE Faega I, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza