Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2017 Páx. 53923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, documentalmente simplificada e tramitación urxente e anticipada de gasto, para a contratación do servizo de limpeza na Residencia de Maiores de Pontevedra (expediente 56/2017).

A Xefatura Territorial de Vigo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o seguinte procedemento:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2º. Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar.

3º. Código postal e localidade: 36201 Vigo.

4º. Teléfono: 986 81 76 46/986 81 77 25/986 81 76 47. Fax: 986 81 76 83.

5º. Perfil do contratista: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=221063

6º. Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: 1.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: expediente 56/2017.

Servizo de limpeza na Residencia de Maiores de Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Prazo de execución: dous (2) anos (2018-2019).

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 90911200-8; CPA: 81.21.10.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto, contratación documentalmente simplificada.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento: 170.000,00 €. IVE (21 %): 35.700,00 €. Total: 205.700,00 €.

5. Garantías exixidas. Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as sinaladas no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

b) Outros requisitos específicos: os sinalados no punto Y das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais, contados desde o seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: no Rexistro Xeral, segundo establece o prego de claúsulas administrativas particulares (PCAP) ou por correo, segundo o establecido no punto 6.1 do prego de claúsulas administrativas particulares (PCAP).

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.

2º. Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 36201 Vigo (Pontevedra).

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, contados desde a data de apertura das propostas.

8. Apertura de ofertas: terá lugar en acto público, nunha sala de xuntas da Xefatura Territorial de Vigo, á hora e data que será anunciada con tres (3) días hábiles de antelación no perfil do contratista http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=221063

a) Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar, 36201 Vigo.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (aprox. 10,82 € por liña).

Vigo, 10 de novembro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo