Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2017 Páx. 53926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 27 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as citacións do procedemento BS611A (expediente LU-0000009344 e dous máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e os artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentar a notificación das citacións sen que fose posible por causas non imputables á Administración, emprázanse as persoas citadas no anexo para compareceren nos procedementos indicados.

As persoas interesadas poderán comparecer, para teren coñecemento íntegro do acto e constancia del no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade de Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra dos Ancares, 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, de non presentarse á cita, de acordo co establecido no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, se producirá a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e se acordará o arquivamento das actuacións, despois da resolución que lles será notificada ás persoas interesadas.

Lugo, 27 de outubro de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente

Apelidos e nome

(DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000009344

Elvira Castro Lozano

(76535213-E)

Citación BS611A

23.5.2017

LU-0000047750

Nieves Varela Rúa

(76519147-X)

Citación BS611A

16.10.2017

LU-0000012718

José Manuel Rozas García

(33819798-T)

Citación BS611A

13.10.2017