Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2017 Páx. 53891

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 498/2017).

Despedimento obxectivo individual (DOI) 498/2017

Sobre: despedimento

Demandante: Carlos Enrique Ramos Castillo

Graduada social: Matilde Mallo Nieves

Demandados: Juan Liste Brañas, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Avogados: (…), letrado de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 498/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Enrique Ramos Castillo contra Juan Liste Brañas, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza:

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2017

Decisión:

Estimo a demanda sobre despedimento formulada pola parte demandante fronte a Juan Liste Brañas, con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia:

Declaro improcedente o despedimento da parte demandante e ante a imposibilidade de readmisión declaro extinguida a relación laboral na data desta resolución, e condeno a demandada ao aboamento dunha indemnización por despedimento de 1.010,88 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Juan Liste Brañas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza