Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 31 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017432AL-PO por infracción en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 5 de outubro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2017432AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Vigo Eventos, S.L., con CIF B36998912, explotadora de empresa alimentaria do establecemento cafetaría do Pazo de Congresos de Vigo.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante esta cédula se lle notifica a Vigo Eventos, S.L., con CIF B36998912, explotadora de empresa alimentaria do establecemento cafetaría do Pazo de Congresos de Vigo, o contido do dito acordo que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Tamén se lle fai saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; rúa Fernández Ladreda, nº 43-1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Pontevedra, 31 de outubro de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2017432AL-PO.

Denunciada: Vigo Eventos, S.L., con CIF B36998912, explotadora de empresa alimentaria do establecemento cafetaría do Pazo de Congresos de Vigo.

Último enderezo coñecido: rúa Beiramar, nº 58, do concello de Vigo, Pontevedra.

Feito imputado: suposta infracción en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

a) Artigo 6 do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

b) Artigos 2 e 5 do Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos (sobre empresas e establecementos alimentarios suxeitos a inscrición).

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 51.2 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: cinco mil un euros (5.001,00 €).