A Xunta de Goberno local, na sesión do 6.3.2017, acordou aprobar a oferta de emprego público para o exercicio 2017 coa especificación das prazas relacionadas, xunto coa súa denominación e clasificación:
Funcionarios de carreira.
– Grupo C, subgrupo C1. Clasificación: escala básica de administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial de policía (provisión por promoción interna e concurso-oposición).
– Grupo C, subgrupo C1. Clasificación: escala básica de administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 2. Denominación: policía (provisión por oposición en quenda libre).
Persoal laboral fixo.
– Grupo 4B equiparado para os efectos de titulación ao grupo C2 de funcionarios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial 1ª de carpintaría (provisión por oposición en quenda libre).
Moaña, 11 de outubro de 2017
Leticia Santos Paz
Alcaldesa