Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2017 Páx. 53523

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela N4a01c do quinteiro N do SUNP-40 do parque empresarial da Sionlla.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 19 de outubro de 2017, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

«– Aprobar definitivamente o estudo de detalle da parcela N4a01c do parque empresarial da Sionlla (SUND-40), promovido por Terras do Sar, S.L., segundo o proxecto presentado o 29 de xuño de 2017.

O presente acordo notificarase persoalmente aos interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Unha vez publicado o acordo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Logo de que conste a inscripción no Rexistro, procederase a publicar a normativa no Boletín Oficial da provincia».

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto DEC/4282/2017, do 28.6.2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais