Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2017 Páx. 53454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 3 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifica á entidade citada o acordo mediante o cal se inicia o expediente sancionador en materia de xogo L-8/17.

O día 3 de novembro de 2017, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior adoptou un acordo co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á entidade interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A entidade interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela (das 9.00 á 14.00 horas, de luns a venres), para o coñecemento íntegro do mencionado acordo e deixar constancia de tal coñecemento.

Infórmase igualmente que a instrución do referido expediente sancionador se realizará na Xefatura Territorial de Lugo desta vicepresidencia e consellería.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2017

Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: L-8/17.

Entidade imputada: Colectivo Minusválidos Gallegos.

Último enderezo coñecido: rúa do Progreso, 64, baixo, 32003 Ourense.

Data do acordo: 3 de novembro de 2017.

Tipificación e precepto infrinxido: moi grave, artigo 28.a) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.