Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53204

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 30 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se convocan para o ano 2017.

Advertido un erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 134, do venres, 14 de xullo de 2017, cómpre realizar a seguinte corrección de erros:

Na páxina 34028, no artigo 17, onde di: «1. As empresas e entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa xeral e específica que se enumera para cada tipo de axuda no artigo 35. O pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación xustificativa no prazo e nos termos que se estableza na resolución de concesión e, en todo caso, ata o 15 de novembro de 2017.», debe dicir: «1. As empresas e entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa xeral e específica que se enumera para cada tipo de axuda no artigo 35. O pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación xustificativa no prazo e nos termos que se estableza na resolución de concesión e, de ser o caso, ata o 15 de novembro de 2017.».