Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53272

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (635/2016 M).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 635/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Fernández Carballo contra Segur 10 Vigilancia, S.A. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Providencia da maxistrada xuíza Sandra Mª Iglesias Barral.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017.

Accédese á práctica da proba documental anticipada solicitada no 2º outrosí digo da demanda e, para tal fin, requírase a demandada para a súa presentación, con 10 días de antelación á vista, do contrato do demandante José Manuel Fernández Carballo; de follas de salarios do demandante José Manuel Fernández Carballo correspondentes aos anos 2015 e 2016; de cuadrantes do demandante José Manuel Fernández Carballo correspondentes ao período reclamado, comprendido entre os meses de xullo de 2015 e xullo de 2016, ambos incluídos.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Segur 10 Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza