Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52812

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (655/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 655/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emergilda Pérez Araújo contra a empresa Joal Fenix, S.C., coa intervención do Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza.

A Coruña, 26 de outubro de 2017

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 655/2015, en que son parte, dun lado como demandante Emergilda Pérez Araújo, con DNI 47438749F, asistida pola letrada Cristina Rebollo Rivas, e como demandada a mercantil Joal Fenix, S.C., que non comparece malia estar citada en legal forma, coa intervención do Fogasa, que non comparece malia estar citado en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome da súa maxestade o rei a seguinte sentenza:

Decido que, estimando a demanda interposta pola demandante Emergilda Pérez Araújo, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Joal Fenix, S.C. a que aboe ao demandante a cantidade de 3.395,80 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuro por demora.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Joal Fenix, S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza