De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Gonzar II (O Pino, A Coruña) que se citan no anexo, para seren notificados dos trámites de audiencia de varios recursos contra as bases definitivas da devandita concentración.
Así mesmo, este anuncio publicase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Os interesados poderán coñecer o contido íntegro do acto mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
A Coruña, 27 de outubro de 2017
Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Acto notificado: trámite de audiencia.
Interesados: José Antonio Vázquez Castro. Francisco Calvo Martínez.