Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2017 Páx. 52650

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (104/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 104/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Díaz Torreira contra Revestimientos Técnicos de Galicia, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento número 104/2016

Demandante: Manuel Díaz Torreira

Letrada: Sra. Cabanas Piñol

Demandado: Revestimientos Técnicos de Galicia, S.L.

Sentenza número 385/2017.

A Coruña, 4 de agosto de 2017.

Parte dispositiva.

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Manuel Díaz Torreira fronte a Revestimientos Técnicos de Galicia, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta parte dispositiva. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercitarse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que ten que aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización e de optar a empresa por ela: a cantidade de 34.584,85 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 48,03 euros/día.

3. Estimo a acción de reclamación de cantidade formulada polo demandante fronte á empresa demandada e condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 9.204,61 euros en concepto de salarios percibidos e non satisfeitos, así como os xuros do artigo 29.3 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Revestimientos Técnicos de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza