Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 24 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2017/134-1).

Expediente: IN407A 2017/134-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT Urbanización Naútica, San Roque de Afuera.

Concello: A Coruña.

Características técnicas

Liña de media tensión soterrada a 15 kV (actuación nº 1), cunha lonxitude de 34 m, coa orixe en empalmes proxectados en LMT SPV-713, no tramo entre o CT Archer Milton (expediente 246/00) e o CT San Roque (expediente 16.575), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final no CT nº 1 (entrada e saída).

Liña de media tensión soterrada a 15 kV (actuación nº 2), cunha lonxitude de 90 m, coa orixe en cela de liña no CT Almirante Cadarso (expediente 29.628), e o CS Gimnasio Estadio Riazor (15CKLX), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final en empalmes proxectados en LMT SPV-713, no tramo entre o CT Almirante Cadarso (expediente 29.628), e o CS Gimnasio Estadio Riazor (15CKLX), despois de realizar entrada e saída no CT nº 2 proxectado.

Liña de media tensión soterrada a 15 kV (actuación nº 3), cunha lonxitude de 76 m, coa orixe en empalmes proxectados en LMT SPV-713, no tramo entre o CT Archer Milton (expediente 246/00) e o CT San Roque (expediente 16.575), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final no CT nº 3 (entrada e saída).

Liña de media tensión soterrada a 15 kV (actuación nº 4), cunha lonxitude de 310 m, coa orixe en cela de liña existente no CT Vivendas Sociais Labañou (expediente 9.050), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final en cela de liña existente no CT Labañou (expediente 2016/1299-1).

Liña de media tensión soterrada a 15 kV (actuación nº 5), cunha lonxitude de 388 m, coa orixe en cela de liña existente no CT P. Pre. Labañou (expediente 51.917), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final en cela de liña existente no CT Perú (expediente 26.571), despois de realizar entrada e saída nos CT San Roque de Afuera (expediente 168/00), CS Museo Tecnoloxía e Ciencia (15CGVB) e Maestro Bernardino Glez. (expediente 454/05).

Retirada do condutor existente tipo RHV-3×95 Al nas actuacións números 4 e 5.

Centros de transformación prefabricados, números 1, 2 e 3 de 400 kVA cada un e relación de transformación 15.000/400 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 24 de outubro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña