Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 24 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2017/135-1).

Expediente: IN407A 2017/135-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: alimentación MT polígono de Sabón, nº 81.

Concello: Arteixo.

Características técnicas:

Instalación dun paso aéreo-subterráneo en apoio de celosía (nº 10/1) no tramo de liña de media tensión aérea SBN-713, a 15 kV, cunha lonxitude de 111 m, (retensado), coa orixe no apoio número 10 existente da LMT SBN-713 (expediente 28.871), no tramo entre a derivada aos CT rúa do Embalse (15PZY6) e Industrias Arges (15PX000) e a derivada aos CT Cadena Cien (15PGV3) e alumbrado Sabón (expediente 30.026), condutor tipo: LA-180 mm2 AI (existente), e final no apoio nº 11 existente da LMT SBN-713 (expediente 28.871), no tramo entre a derivada aos CT rúa do Embalse (15PZY6) e Industrias Arges (15PX000) e a derivada aos CT Cadena Cien (15PGV3) e alumbrado Sabón (expediente 30.026).

Liña de media tensión soterrada, a 15 kV, cunha lonxitude de 48 m, coa orixe nos pasos aéreo-subterráneo para realizar no apoio nº 10/1 proxectado para intercalar na LMT SBN-713 (expediente 28.871), no tramo entre a derivada aos CT rúa do Embalse (15PZY6) e Industrias Arges (15PX000) e a derivada os CT Cadena Cien (15PGV3) e alumbrado Sabón (expediente 30.026), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 mm2 AI, e final no centro de seccionamento proxectado (entrada e saída).

Centro de seccionamento 3L (2TC) GPRS/FO e cela de protección con trafo de tensión para alimentación a servizos auxiliares, que irá situado en local para instalar por peticionario.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 24 de outubro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña