Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai público o apercibimento pola situación de abandono da explotación Prado número 289, situada no termo municipal de Viana do Bolo.

Á vista dos datos que se encontran na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria e do resultado das inspeccións realizadas en varias ocasións polos técnicos facultativos adscritos a esta, ponse en coñecemento que a explotación nº 289 Prado, sita no termo municipal de Viana do Bolo, provincia de Ourense, da que é titular a mercantil Orozco-Sarasa, S.L., con último domicilio social coñecido na Urbanización Piedralabes, nº 5-1º B, Las Rozas, Madrid, encóntrase na situación de abandono, sen que se adoptasen as medidas de seguridade para o seu peche e clausura definitivos, segundo o establecido no artigo 88 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e no artigo 112 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría.

Para o abandono temporal ou definitivo da explotación o titular debe solicitalo e presentar o regulamentario proxecto, en que se constatarán detalladamente cantas medidas se pretendan adoptar para salvagardar os intereses e seguridade de terceiros.

Nesta xefatura territorial non consta que se presentase o citado proxecto e dada a situación de abandono en que se encontra a explotación, requirímolo para que no prazo máximo de 30 días presente o proxecto para o abandono, segundo o previsto na Instrución técnica complementaria 13.0.01, Suspensión e abandono de labores. Abandono de labores, do Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira, recollida no Real decreto 863/1985, do 2 de abril, e proceda á execución da restauración.

De non dar cumprimento a este requirimento, procederemos á execución subsidiaria para adoptar as medidas precisas e proceder ao peche e restauración da explotación mineira, co posterior reintegro dos gastos polo titular, sen prexuízo da facultade de inicio do correspondente expediente sancionador por infracción grave segundo o artigo 58 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Intentada a notificación ao interesado anteriormente citado por esta Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria de Ourense, prevista no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, do deber de presentar o regulamentario proxecto e ao non ser posible por domicilio descoñecido, procédese á súa publicación en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Ourense, 2 de novembro de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense