Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52514

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (229/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 229/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Revesgran, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

Sentenza.

A Coruña, 16 de outubro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 229/2015 seguidos ante este xulgado por instancia da Fundación Laboral de la Construcción, representada pola letrada Tania Marón Fernández, contra Revesgran, S.L. e Fogasa que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Parte dispositiva:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Fundación Laboral de la Construcción e condeno á empresa Revesgran, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 988,56 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Revesgran, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza