Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración de dous equipamentos radiocirúrxicos destinados aos bloques cirúrxicos do Hospital Clínico Universitario e Hospital Médico Cirúrxico de Conxo (expediente AB-EIS1-17-092).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Hospital Clínico Universitario. Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: A Choupana, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

4º. Teléfono: 981 95 02 60.

5º. Telefax: 981 95 09 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.ctra.santiago@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-EIS1-17-092.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración de dous equipamentos radiocirúrxicos destinados aos bloques cirúrxicos do Hospital Clínico Universitario e Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, pertencentes á Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: véxanse pregos.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, A Choupana, s/n.

2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

e) Prazo de execución/entrega: 30 días, computados desde a data da súa formalización.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33124000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxanse pregos.

Criterios valorables de forma non automática (sobre B):

1º. Características técnicas do equipamento: 0-30 puntos.

2º. Modos de operación e interface de manexo: 0-5 puntos.

3º. Adaptación ao servizo de destino: 0-5 puntos.

Criterios valorables de forma automática (sobre C):

1º. Prezo: 0-40 puntos.

2º. Prazo de garantía: 0-5 puntos.

3º. Importe de contrato de mantemento integral: 0-5 puntos.

4º. Período existencia recambios: 0-5 puntos.

5º. Formación: 0-4 puntos.

6º. Prazo de entrega: 0-1 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 111.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 111.000,00 euros. Importe total: 134.310,00 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non.

Definitiva: si, véxanse pregos.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría), de ser o caso: véxanse pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxanse pregos.

c) Outros requisitos específicos:

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

2º. Enderezo: A Choupana, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido).

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: véxanse os pregos.

11. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2017

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela