Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52569

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación da obra de reforma e ampliación de Urxencias no Hospital Teresa Herrera na Coruña (expediente AB-SER3-17-061).

1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.

2. Obxecto: contratación da obra de reforma e ampliación de Urxencias no Hospital Teresa Herrera na Coruña.

3. Nº de expediente: AB-SER3-17-061.

4. Clasificación CPA: F-41.00.40.

5. Clasificación CPV: 45261700-8.

6. Valor estimado: 1.362.836,50 €.

7. Orzamento total sen IVE: 1.362.836,50 €.

8. Orzamento total con IVE: 1.649.032,17 €.

9. Prazo de execución: dez (10) meses.

10. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación exixida: grupo C, subgrupo 2 e categoría 4.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxase o número 13.II da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

c) Compromiso de medios persoais: véxase o número 13.III da folla de especificacións do PCAP.

11. Garantía provisional: non se exixe.

12. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE

13. Forma de tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

14. Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito á regulación harmonizada).

15. Acceso aos pregos e proxecto: poderanse obter o PCAP e o prego de prescricións técnicas desta contratación no perfil do contratante http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal

16. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberanse presentar en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

17. Documentación que deberán presentar os licitadores: véxase o PCAP desta licitación.

18. Criterios de valoración: os definidos no número 10 da folla de especificacións do PCAP desta licitación.

19. Apertura de proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante http://www.sergas.es/ e en https://www.contratosdegalicia.gal

20. Anuncios: serán por conta do adxudicatario. Véxanse o número 16 da folla de especificacións e a cláusula 2.3.4 do PCAP.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos