Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 6 de novembro de 2017 pola que se notifica o acordo de inicio de expediente de caducidade de concesión administrativa no porto de Ribadeo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á mercantil Seivane y Barcia, S.L., mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 20 de outubro de 2017 que inicia expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada o 6 de outubro de 2009 con destino a taller mecánico na zona de servizo do porto de Ribadeo, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín oficial del Estado.

O acordo emítese, unha vez que por Resolución do 20 de outubro de 2017 o presidente de Portos de Galicia autoriza a incoación do expediente, pola concorrencia das causas imperativas de caducidade previstas na condición 45 do título, nas súas alíneas b) e k), en tanto en canto, o concesionario ten débedas en concepto de taxa de ocupación do dominio público portuario por un período superior aos 12 meses e non achega os datos requiridos para liquidar a taxa polo desenvolvemento de actividade industrial.

Na mesma resolución desígnase como instrutor ao xefe da División Xurídica de Portos de Galicia; o réxime de recusación do instrutor é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015 (BOE nº 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Contra o acordo de incoación poderanse formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que se consideren pertinentes, nun prazo máximo de 15 días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

O aboamento das cantidades pendentes en concepto de taxa por ocupación do dominio público portuario antes de ditarse resolución determinará o arquivamento do expediente no que atinxe a ese motivo en concreto, o que se entende sen prexuízo da necesidade de regularizar as débedas pendentes coa Seguridade Social.

O órgano competente para a resolución do presente expediente é a Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas pola Orde da Consellería do Mar do 21 de setembro de 2017, de delegación de competencias, entre outros, no presidente do Consello de Administración da entidade pública (DOG nº 180, do 21 de setembro).

De cara ao seu exame, o expediente está nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia, en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2017

Jesús Javier Fernández Barro
Instrutor-xefe da División Xurídica de Portos de Galicia