Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52350

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (421/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 421/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús López Filloy contra o Fondo de Garantía Salarial e Copás, Sociedad Cooperativa Gallega, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que debo estimar a demanda presentada por instancia de Jesús López Filloy, representado e asistido pola letrada Sra. Quintela Pais, contra a entidade Copás, Sociedad Cooperativa Gallega e Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada ao aboamento ao demandante da cantidade de 3.086,94 euros como cantidades debidas máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) sobre a dita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS do 17.6.2014) ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación. Advírteselles ás partes que contra esta resolución poderán interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle efectúe a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou os seus habentes causa, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, e indicar no campo Concepto «Recurso» seguido do código «34 Social suplicación», acreditado mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario ao primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, que incorporará a esta oficina xudicial xunto co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado/a para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Pronúncioo, mándoo e asínoo por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia».

Para que sirva de notificación en legal forma a Copás, Sociedad Cooperativa Gallega, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza