Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52338

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (26/2017).

Eu, Mª Manuela García Jalón de la Lama, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de ABM-Rexel, S.L. fronte a Juan Carlos Suárez Martínez ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

En Santiago de Compostela o 16 de xuño de 2017.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo ordinario número 26/2017, seguidos por instancia de ABM-Rexel, S.L., representada pola procuradora Sra. Alfonsín Somoza, baixo a asistencia letrada da Sra. Rodríguez Bardal (Sr. Santiago Morales), contra Juan Carlos Suárez Martínez, en situación de rebeldía procesual.

Resolución

Estímase a demanda presentada pola procuradora Sra. Alfonsín Somoza no nome e representación invocada e, en consecuencia, condénase o demandado Juan Carlos Suárez Martínez a pagar á demandante a cantidade de sete mil trinta euros (7.030 €) máis os xuros de demora previstos na Lei 3/2004, así como ao pagamento das custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do devandito recurso cómpre a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 euros, o que deberá ser acreditado á presentación do recurso».

E encontrándose o devandito demandado, Juan Carlos Suárez Martínez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza