Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52241

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vimianzo

ANUNCIO de licitación do contrato do servizo de axuda no fogar.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Vimianzo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

Dependencia: Secretaría do Concello de Vimianzo.

Enderezo: praza do Concello, 6.

15129 Vimianzo (A Coruña).

Teléfono: 981 71 60 01, ext. 1203; fax: 981 71 66 50.

Correo electrónico: secretaria@vimianzo.es.

Perfil do contratante: www.vimianzo.gal.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos, categoría 25 do anexo II do TRLCSP.

b) Descrición do obxecto: servizo de axuda no fogar.

c) Lugar de execución: en distintos puntos do termo municipal.

d) Duración do contrato: catro (4) anos.

e) Admisión de prórroga: prorrogable por dous (2) anos máis.

f) CPV: 85310000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Contrato suxeito a regulación harmonizada.

d) Criterios de adxudicación do contrato: os criterios contidos na cláusula 12ª do prego coa ponderación que nel se sinala e que se publicará no perfil do contratante: www.vimianzo.gal.

4. Valor estimado e orzamento de licitación:

Valor estimado: 1.352.400,00 €, IVE non incluído.

Orzamento de licitación: 947.408,00 €, IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 2 % do orzamento do contrato, excluído o IVE.

Definitiva: 5 % do prezo de licitación, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Habilitación empresarial: a exixida na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 40 días, contados desde a data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (data do envío: 2.11.2017). O prazo de presentación de ofertas remata o 12 de decembro de 2017.

Horario de rexistro: das 8.30 ás 14.30 horas (luns a venres).

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: no Rexistro Xeral do Concello de Vimianzo ou en calquera outro dos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (LPAC), caso en que deberá remitirse mediante fax ou telegrama ao Concello, no mesmo día.

8. Apertura de ofertas:

Publicarase no perfil do contratante o lugar, a data e a hora de apertura de ofertas.

9. Gastos de publicidade:

Serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación de anuncios de licitación e adxudicación en medios de comunicación ou diarios e boletíns oficiais, nun máximo de 6.000,00 euros.

Vimianzo, 2 de novembro de 2017

Manuel Antelo Pazos
Alcalde