Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52244

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación da subministración dun ecógrafo para a Unidade de Oncoloxía Radioterápica (expediente AB-GLR1-17-022).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento Económico-Administrativo.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo Sergas, San Lázaro, s/n, 3º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 981 57 76 50.

5º. Telefax: 981 57 78 43.

6º. Correo electrónico: odilo.garcia.rivela@sergas.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación das proposicións.

d) Número de expediente: AB-GLR1-17-022.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración dun ecógrafo para a Unidade de Oncoloxía Radioterápica de Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

c) División por lotes/partidas e número deles/as: non. Lote único.

d) Prazo de execución/entrega: 1 mes.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33112000-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver a folla de especificacións do prego de condicións xurídicas.

4. Valor estimado do contrato: 50.160,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento sen IVE: 38.000,00 €.

b) Orzamento con IVE: 45.980,00 €.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación (excluído o IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de condicións xurídicas.

b) Solvencia técnica: ver o prego de condicións xurídicas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día que se sinale no perfil do contratante.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de condicións xurídicas.

c) Lugar de presentación: Rexistro de Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Edificio Administrativo Sergas, 3ª planta, San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: segundo o previsto no artigo 161 do TRLCSP.

f) Outras informacións: toda a información relativa ao expediente se fará pública na páxina web que se cita neste anuncio.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: no lugar, día e hora que se estableza no perfil do contratante, www.sergas.es.

b) Enderezo: Edificio Administrativo Sergas, San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver os pregos de condicións xurídicas.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2017

María Luisa Brandt Sanz
Directora xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.