Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52239

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas da estrada DP 2204-As Pontigas.

Aprobado inicialmente o Plan especial de infraestruturas da estrada DP 2204-As Pontigas, mediante a Resolución da Alcaldía nº 402/2017, do 8 de setembro de 2017, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, sométese a información pública por un prazo de dous meses contado desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo no Departamento de Urbanismo, así como na páxina web deste concello
(www.cedeira.gal), para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Quedan suspendidas por un prazo dun ano as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente, plano nº 2 do resumo executivo, que está dispoñible, ademais de no expediente, na páxina web do concello.

Notificarase individualmente o trámite de información pública a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Durante o período de información pública do expediente, solicitaránselles ás administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten preceptivos e realizarase unha consulta ás compañías subministradoras dos servizos urbanísticos.

Cedeira, 13 de setembro de 2017

María José Rodríguez Pérez
Alcaldesa accidental