Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52238

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial da modificación puntual das Normas subsidiarias do planeamento na unidade de execución número 3.

Por acordo do Pleno da Corporación do 26 de outubro de 2017 aprobouse inicialmente a modificación puntual das Normas subsidiarias do planeamento de Cambre con ordenación detallada da unidade de execución núm. 3, sita en Cambre, redactada polo Estudio Mmasa (Muñiz Mas Alfaya, S.L.P.), o que se fai público para xeral coñecemento.

Tanto este instrumento de ordenación como o seu expediente son sometidas a información pública durante o prazo de dous meses mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderanse formular as alegaciós que se consideren pertinentes.

O expediente poderá ser consultado nas oficinas da Área de Urbanismo deste concello de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, no dito acordo plenario acordouse a suspensión do outorgamento de títulos habilitantes de natureza urbanística ou de actividades, xa sexan licenzas ou comunicacións previas, no ámbito territorial obxecto desta modificación puntual das Normas subsidiarias do planeamento durante o prazo máximo de dous anos contado a partir da data da aprobación inicial deste instrumento de ordenación, de conformidade co artigo 47.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Cambre, 30 de outubro de 2017

Óscar A. García Patiño
Alcalde