Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 11 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica nos concellos de Mesía e Oza-Cesuras (expediente IN407A 2015/164-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma de liñas LMT Lanzá-Albixoi e LMT Visantoña-Loureda, substitución de apoios de madeira, nos concellos de Mesía e Oza-Cesuras (expediente IN407A 2015/164-1), pola Resolución desta xefatura territorial, do 29 de marzo de 2017, a favor da entidade beneficiaria Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA), con enderezo na rúa José Ángel Valente nº 17, baixo B, 15706 Santiago de Compostela.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 24 de novembro de 2017 no Concello de Mesía e o día 30 de novembro de 2017 no Concello de Oza-Cesuras para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución nos taboleiros de edictos dos concellos de Mesía e de Oza-Cesuras, deducida da que se someteu a información pública no DOG, no BOP e no xornal La Voz de Galicia con datas 3.11.2015, 9.10.2015 e 10.10.2015, respectivamente, acto a que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas das casas consistoriais dos ditos concellos.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 11 de outubro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña