Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 51934

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 106/2017, do 28 de setembro, polo que se establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Baloncesto, e se modifican o Decreto 135/2012, do 31 de maio, o Decreto 73/2013, do 18 de abril, e o Decreto 64/2015, do 16 de abril.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é de competencia plena da Comunidade Autónoma galega a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o número primeiro do artigo 81 daquela, o desenvolvan, das facultades que lle atribúe ao Estado o punto 30 do número 1 do artigo 149 da Constitución e da alta inspección precisa para o seu cumprimento e garantía.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, configura no seu artigo 3 as ensinanzas deportivas como ensinanzas de carácter especial e regúlaas nos artigos 63 a 65. Segundo o artigo 63.4 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o currículo das ensinanzas deportivas axustarase ás exixencias derivadas do Sistema nacional de cualificacións e formación profesional e ao establecido no número 3 do artigo 6.bis da lei orgánica. E, de conformidade co artigo 64.5 o Goberno, logo de consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de ensinanzas deportivas, os aspectos básicos do currículo de cada unha delas e os requisitos mínimos dos centros en que se poderán impartir as ensinanzas respectivas.

Desenvolvendo as previsións da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en materia de ensinanzas deportivas aprobouse o Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial cuxo artigo 5 define a organización básica das ensinanzas deportivas, tomando como base as modalidades deportivas e, de ser o caso, as súas especialidades, de conformidade co recoñecemento outorgado polo Consello Superior de Deportes de acordo co artigo 8.b) da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte. E o artigo 16.3 do citado real decreto dispón como as administracións competentes establecerán o currículo das modalidades e, de ser o caso, as especialidades deportivas, de acordo co previsto na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, tendo en conta a realidade do sistema deportivo no territorio da súa competencia coa finalidade de que as ensinanzas deportivas respondan ás súas necesidades de cualificación.

Neste sentido o Goberno da Nación aprobou o Real decreto 980/2015, do 30 de outubro, polo que se establece o título de técnico deportivo en Baloncesto e se fixan o seu currículo básico e os requisitos de acceso. O capítulo III deste real decreto concretou o perfil profesional do ciclo inicial e final de grao medio en Baloncesto, que queda determinado pola súa competencia xeral, as súas competencias profesionais, persoais e sociais, pola relación de cualificacións e, de ser o caso, polas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título e o ámbito profesional, laboral e deportivo.

Logo de que o Goberno fixase no Real decreto 980/2015, do 30 de outubro, o perfil profesional do ciclo inicial e final de grao medio en Baloncesto, as súas ensinanzas mínimas e os requisitos de acceso, e aqueles outros aspectos da ordenación académica que constitúen os aspectos básicos do currículo, procede determinar, no ámbito de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a ampliación e contextualización dos contidos dos módulos de ensino deportivo incluídos nos ciclos inicial e final, respectando os seus perfís profesionais.

Por outra banda, os centros de ensinanzas deportivas desenvolverán os currículos establecidos neste decreto co obxecto de adaptar a programación e a metodoloxía do currículo ás características do alumnado e ás posibilidades formativas do seu contorno, empregando, de ser o caso, as medidas flexibilizadoras que, no marco da normativa vixente, posibiliten adecuacións particulares do currículo en cada centro de acordo cos recursos dispoñibles, sen que en ningún caso supoña a supresión de obxectivos que afecten o perfil profesional de cada ciclo.

As ensinanzas que regula este decreto configúranse para dotar o alumnado dos coñecementos suficientes para permitirlles o exercicio competente das funcións do seu perfil profesional. De acordo con este obxectivo xenérico, ponse o acento en conseguir unha formación completa, cun equilibrio entre o carácter teórico e práctico, de maneira que o proceso de formación se vincule á realidade científico-técnica e social do baloncesto.

Finalmente, incorpóranse tres disposicións derradeiras polas que se modifican o Decreto 135/2012, do 31 de maio, o Decreto 73/2013, do 18 de abril e o Decreto 74/2015, do 16 de abril.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.5 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, logo do ditame do Consello Escolar de Galicia, de acordo co Consello Consultivo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e oito de setembro de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Obxecto

Artigo 1. Obxecto

Este decreto ten por obxecto establecer o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Baloncesto, que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia.

CAPÍTULO II
Identificación do título e organización das ensinanzas

Artigo 2. Identificación do título de técnico deportivo en Baloncesto

O título de técnico deportivo en Baloncesto queda identificado polos seguintes elementos:

a) Denominación: baloncesto.

b) Nivel: ensinanzas deportivas de grao medio.

c) Duración: 1.005 horas.

d) Referente internacional: CINE-3 (Clasificación internacional normalizada de educación).

Artigo 3. Organización das ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en Baloncesto

As ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en Baloncesto organízanse en dous ciclos:

a) Ciclo inicial de grao medio en Baloncesto, tendo unha duración de 430 horas.

b) Ciclo final de grao medio en Baloncesto, tendo unha duración de 575 horas.

Artigo 4. Especializacións do título de técnico deportivo en Baloncesto

O título de técnico deportivo en Baloncesto terá como especializacións:

a) Baloncesto escolar.

b) Baloncesto adaptado.

c) Baloncesto en cadeira de rodas.

d) Baloncesto 3×3 na etapa de tecnificación.

CAPÍTULO III
Perfil profesional e ámbito profesional, persoal e laboral deportivo dos ciclos

Artigo 5. Perfil profesional dos ciclos de grao medio en Baloncesto

O perfil profesional do ciclo inicial e final de grao medio en Baloncesto queda determinado pola súa competencia xeral, as súas competencias profesionais, persoais e sociais, pola relación de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título e polo ámbito profesional, laboral e deportivo.

Artigo 6. Competencia xeral do ciclo inicial de grao medio en Baloncesto

A competencia xeral do ciclo inicial de grao medio en Baloncesto consiste en dinamizar, instruír e concretar a iniciación deportiva de baloncesto; acompañar, animar, dirixir, organizar e tutelar as persoas deportistas durante a súa participación en actividades, competicións e eventos propios destas etapas; e todo iso conforme as directrices establecidas no modelo de formación de referencia, en condicións axeitadas de seguridade e cun aceptable nivel de calidade que permita a satisfacción das persoas deportistas na actividade.

Artigo 7. Competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo inicial de grao medio en Baloncesto

As competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo inicial de grao medio en Baloncesto son as que se relacionan a continuación:

a) Identificar as habilidades técnicas ofensivas e defensivas, as situacións tácticas propias e as principais normas do regulamento utilizadas nas etapas iniciais do baloncesto, co nivel suficiente para o desenvolvemento das tarefas propias da iniciación deportiva.

b) Atender a persoa deportista, informándoa das características da actividade, solicitando información sobre as súas motivacións e intereses, e estimulándoo/a cara á práctica do baloncesto.

c) Valorar as habilidades técnicas e a capacidade de xogo nas etapas iniciais das persoas deportistas co obxecto de mellorar o seu nivel, incorporándoos/as a un grupo e tomar as medidas de corrección axeitadas.

d) Concretar a sesión de adestramento para as etapas iniciais en baloncesto, de acordo coa programación de referencia, adecuándose ás características das persoas participantes e do grupo, así como ás condicións espaciais e materiais existentes, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable, de respecto e coidado do propio corpo.

e) Dinamizar e dirixir a sesión de adestramento en etapas de iniciación ao baloncesto, mostrando os fundamentos do baloncesto, utilizando unha linguaxe específica elemental axeitada e adaptada ás persoas deportistas, solucionando as dificultades que xurdan, conseguindo unha participación motriz máxima conforme os obxectivos propostos para a sesión, e dentro das normas de seguridade requiridas.

f) Controlar a seguridade da práctica dos xogadores ou xogadoras de baloncesto nas etapas iniciais, supervisando previamente as instalacións e medios que se vaian utilizar, vixiándoas durante a práctica.

g) Asistir como primeiro ou primeira interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia, requirindo a axuda profesional en caso de dúbida ou de ser necesario.

h) Acompañar e dirixir as persoas deportistas nas competicións e outras actividades de etapas iniciais en baloncesto, elixindo os modelos tácticos máis axeitados e proporcionando unha experiencia motivadora, segura, e que induza á repetición.

i) Dirixir e coordinar as persoas deportistas, xestionando as propias emocións e as relacións que se dan en competicións das etapas iniciais, aplicando as estratexias axeitadas, transmitindo e sendo exemplo dos valores éticos vinculados ao xogo limpo e ao respecto cara ás demais persoas e ao regulamento, reforzando a responsabilidade individual e o esforzo persoal.

j) Colaborar e intervir na dinamización, organización, xestión e arbitraxe de competicións e eventos propios do baloncesto lúdico co obxecto de captar, adherir e fidelizar a persoa deportista.

k) Participar en equipos de traballo técnico, aceptando o traballo colaborador e estando disposto ou disposta a aprender das demais persoas.

l) Valorar o desenvolvemento da sesión de aprendizaxe e das competicións nas etapas iniciais, a partir da observación do xogo e dos xogadores ou xogadoras utilizando recursos tecnolóxicos e ferramentas de recollida da información.

m) Asumir a responsabilidade de ser persoal técnico deportivo nas etapas iniciais, formando persoas ademais de xogadores ou xogadoras, entendendo a dimensión lúdica que ten o baloncesto e potenciando os mellores valores do deporte colectivo.

n) Posuír o espírito de mellora e interese constante, sendo activo ou activa na formación permanente, no esforzo persoal, na innovación no ámbito do seu labor como persoal técnico deportivo, potenciando o aprender a aprender.

Artigo 8. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais no ciclo inicial de grao medio en Baloncesto

O ciclo inicial de grao medio en Baloncesto inclúe a unidade de competencia UC0272_2_R: asistir como primeiro ou primeira interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia, do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Artigo 9. Ámbito profesional, laboral e deportivo do ciclo inicial de grao medio en Baloncesto

1. Este/a profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público, xa sexa a Administración xeral do Estado, as administracións autonómicas ou locais, como en entidades de carácter privado, xa sexan grandes, medianas ou pequenas empresas, en padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións e clubs deportivos e sociais, escolas de baloncesto, centros de iniciación deportiva, centros educativos, empresas de servizos deportivos, campus de baloncesto, etc., que ofrezan actividades deportivo-recreativas de descubrimento e iniciación ou tecnificación ao baloncesto.

2. Sitúase nos sectores do deporte, o ocio, e o tempo libre e o turismo.

3. As ocupacións e postos de traballo máis relevantes para estes ou estas profesionais son as seguintes:

a) Adestrador ou adestradora de nivel 1 de baloncesto.

b) Monitor ou monitora de escolas de baloncesto.

4. O desenvolvemento destas ocupacións e postos de traballo no ámbito público realizarase de acordo aos principios e requisitos de acceso ao emprego público previstos na normativa vixente.

Artigo 10. Competencia xeral do ciclo final de grao medio en Baloncesto

A competencia xeral do ciclo final de grao medio en Baloncesto consiste en confeccionar, adaptar, dinamizar e dirixir o adestramento na etapa de tecnificación deportiva de baloncesto; coordinar, acompañar e tutelar as persoas deportistas durante a súa participación en actividades, competicións e eventos propios deste nivel; xestionar os recursos materiais necesarios e as actividades do persoal técnico ao seu cargo; organizar actividades, competicións e eventos deste ou inferior nivel; todo iso conforme as directrices establecidas na programación de referencia, en condicións de seguridade e cun nivel alto de calidade que permita a satisfacción das persoas deportistas participantes na actividade.

Artigo 11. Competencias profesionais, persoais e sociais propias do sistema deportivo do ciclo final de grao medio en Baloncesto

As competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo final de grao medio en Baloncesto son as que se relacionan a continuación:

a) Valorar e agrupar a persoa deportista en función das súas habilidades técnicas, físicas, psicolóxicas, tácticas, capacidade de xogo e competitividade, para adaptar a programación de referencia de tecnificación en baloncesto, e manter a motivación reforzando o interese pola práctica.

b) Adaptar e concretar ciclos, programas específicos de tecnificación e sesións de adestramento de baloncesto eficaces e eficientes, de acordo coa programación de referencia, adecuándose ás características das persoas participantes, do grupo, e da competición na que participan, así como ás condicións espaciais e materiais existentes.

c) Deseñar programas de ensino de baloncesto, de acordo cos obxectivos das etapas posteriores, tendo en conta a transmisión de valores propios deste deporte, de práctica saudable, de respecto e de coidado do propio corpo.

d) Dinamizar e dirixir a sesión de adestramento na etapa de tecnificación en baloncesto, utilizando as estratexias metodolóxicas axeitadas, solucionando as dificultades que xurdan, detectando e corrixindo erros, e logrando unha implicación óptima da persoa deportista nesta etapa.

e) Dirixir o equipo no partido, analizando a aplicación do regulamento, seleccionando tácticas e estratexias axeitadas á etapa de tecnificación e á situación competitiva, para mellorar o rendemento individual e colectivo.

f) Dirixir os xogadores ou xogadoras do equipo, mantendo o autocontrol emocional en situacións de competición, controlando as relacións do equipo, demostrando liderado e potenciando o xogo limpo, o respecto a un mesmo e ás demais persoas, ao regulamento e a quen vela por el.

g) Organizar eventos propios da iniciación deportiva, e colaborar e intervir na xestión de competicións e eventos propios da tecnificación en baloncesto, co obxecto de captar, adherir e fidelizar a persoa deportista na práctica deste deporte.

h) Xestionar a dirección deportiva na etapa de tecnificación, coordinando outro persoal técnico encargado da iniciación deportiva, supervisando, asesorando e colaborando na súa programación, organizando os recursos materiais e humanos, todo iso co fin de dinamizar e favorecer as relacións dos equipos técnicos, participando do traballo colaborador.

i) Valorar o desenvolvemento dos ciclos de adestramento e dos resultados obtidos, recollendo e procesando a información necesaria para contrastar o proceso de evolución e tecnificación deportiva, permitindo o axuste e a mellora permanente do proceso de adestramento.

j) Analizar e valorar, desde a observación (scouting), os compoñentes tácticos do xogo colectivo na etapa de tecnificación, utilizando os recursos tecnolóxicos específicos para a mellora do desempeño do persoal técnico, dos xogadores ou xogadoras e do equipo.

k) Transmitir valores do deporte colectivo, os dereitos e deberes, implicándose no desenvolvemento da persoa deportista como xogador ou xogadora e como persoa.

l) Demostrar o espírito de mellora e interese constante pola formación ao longo da vida, no esforzo persoal e na innovación no ámbito do seu labor como persoal técnico deportivo, no desenvolvemento das súas capacidades e logro das súas competencias.

Artigo 12. Ámbito profesional, laboral e deportivo do ciclo final de grao medio en Baloncesto

1. Este/a profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público, xa sexa a Administración xeral do Estado, as administracións autonómicas ou locais, como en entidades de carácter privado, xa sexan grandes, medianas ou pequenas empresas, en padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións, centros de tecnificación, clubs deportivos e sociais, centros educativos, empresas de servizos deportivos, campus de baloncesto, que ofrezan actividades deportivo-recreativas de tecnificación en baloncesto.

2. O ámbito profesional, laboral e deportivo do ciclo final de grao medio en Baloncesto sitúase nos sectores do deporte, o ocio e o tempo libre.

3. As ocupacións e postos de traballo máis relevantes son as seguintes:

a) Adestrador ou adestradora de nivel 2 de baloncesto.

b) Director ou directora técnico/a de club de base.

c) Coordinador ou coordinadora de escolas de baloncesto.

4. O desenvolvemento destas ocupacións e postos de traballo no ámbito público realizarase de acordo aos principios e requisitos de acceso ao emprego público previstos na normativa vixente.

CAPÍTULO IV
Estrutura das ensinanzas de cada un dos ciclos de ensino deportivo conducentes ao título de técnico deportivo en Baloncesto

Artigo 13. Estrutura dos ciclos inicial e final de grao medio en Baloncesto

1. Os ciclos inicial e final de grao medio en Baloncesto estrutúranse en módulos, agrupados en bloque común e bloque específico.

2. Os módulos de ensino deportivo do ciclo inicial de grao medio en Baloncesto son os que a continuación se relacionan:

a) Módulos do bloque común:

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

MED-C104. Organización deportiva.

b) Módulos do bloque específico:

MED-BCBC102. Formación do xogador ou xogadora en etapas iniciais.

MED-BCBC103. Dirección de equipos en etapas iniciais.

MED-BCBC104. Ensino do baloncesto.

MED-BCBC105. Táctica de ataque e defensa en etapas iniciais.

MED-BCBC106. Formación práctica.

3. Os módulos de ensino deportivo do ciclo final de grao medio en Baloncesto son os que a continuación se relacionan:

a) Módulos do bloque común:

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

MED-C205. Xénero e deporte.

b) Módulos do bloque específico:

MED-BCBC201. Formación do xogador ou xogadora na etapa de tecnificación.

MED-BCBC202. Dirección de equipos na etapa de tecnificación.

MED-BCBC203. Adestramento en baloncesto.

MED-BCBC204. Táctica de ataque e defensa na etapa de tecnificación.

MED-BCBC205. Iniciación en baloncesto en cadeira de rodas.

MED-BCBC206. Formación práctica.

4. A distribución horaria dos ciclos inicial e final de grao medio en Baloncesto establécese no anexo I.

5. Os obxectivos xerais e os módulos de ensino deportivo dos ciclos inicial e final de grao medio en Baloncesto quedan desenvolvidos nos anexos II e III.

Artigo 14. Ratio profesorado/alumnado

1. Para impartir os módulos do bloque común e os contidos relacionados cos resultados de aprendizaxe de carácter conceptual dos módulos do bloque específico, dos ciclos inicial e final de grao medio en Baloncesto, a relación profesorado/alumnado será de 1/30.

2. Para impartir os contidos relacionados cos resultados de aprendizaxe de carácter procedemental dos módulos do bloque específico dos ciclos inicial e final de grao medio en Baloncesto, a relación profesorado/alumnado será a recollida no anexo IV.

Artigo 15. Módulo de formación práctica

Para iniciar os módulos de formación práctica dos ciclos inicial e final de grao medio en Baloncesto, será necesario ter superado con anterioridade os módulos comúns e específicos de ensino deportivo que se establecen no anexo V.

Artigo 16. Espazos e equipamentos deportivos

Os espazos e equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas dos ciclos de grao medio en Baloncesto son os establecidos nos anexos VI-A e VI-B.

CAPÍTULO V
Acceso a cada un dos ciclos

Artigo 17. Requisitos xerais de acceso aos ciclos inicial e final de grao medio en Baloncesto

1. Para acceder ao ciclo inicial de grao medio en Baloncesto será necesario ter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria na opción de ensinanzas aplicadas ou na de ensinanzas académicas, ou equivalente para os efectos de acceso.

2. Para acceder ao ciclo final de grao medio en Baloncesto, será necesario acreditar ter superado o ciclo inicial de grao medio en Baloncesto.

Artigo 18. Requisitos de acceso ao ciclo inicial de grao medio en Baloncesto para persoas sen o título de graduado en educación secundaria obrigatoria

Poderase acceder ás ensinanzas do ciclo inicial de grao medio en Baloncesto sen o título de graduado en educación secundaria obrigatoria, sempre que a persoa aspirante reúna os outros requisitos de carácter específico que se establecen no Real decreto 980/2015, do 30 de outubro, polo que se establece o título de técnico deportivo en Baloncesto e fíxanse o seu currículo básico e os requisitos de acceso, e modifícase o Real decreto 669/2013, do 6 de setembro, polo que se establece o título de técnico deportivo en Atletismo e fíxanse os seus ensinos mínimos e os requisitos de acceso, cumpra as condicións de idade e supere a proba establecida no artigo 31.1.a) do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial.

Artigo 19. Requisito de acceso específico ao ciclo inicial de grao medio en Baloncesto

1. Para acceder ao ciclo inicial de grao medio en Baloncesto, será necesario superar a proba de carácter específico que se establece no anexo VII ou acreditar o mérito deportivo de ter competido durante, polo menos, unha tempada en calquera categoría de competición federativa desde a categoría infantil ata categoría absoluta.

2. Tanto a proba de carácter específico do ciclo inicial RAE-BCBC101 como o mérito deportivo acreditan a competencia profesional de «identificar as habilidades técnicas ofensivas e defensivas, as situacións tácticas propias e as principais normas do regulamento utilizadas nas etapas iniciais do baloncesto, co nivel suficiente para o desenvolvemento das tarefas propias da iniciación deportiva», recollida no artigo 7, e que no título se lles asigna unha carga horaria de formación de 105 horas sobre a duración total do ciclo inicial de grao medio en Baloncesto.

3. A Federación Española de Baloncesto emitirá o correspondente certificado que acredite a posesión do mérito deportivo establecido.

4. Para a superación da proba de carácter específico, será necesaria a avaliación positiva na totalidade dos criterios de avaliación descritos nela.

Artigo 20. Efectos e vixencia da proba de acceso de carácter específico

1. A superación da proba de carácter específico, que se establece para o acceso ao ciclo inicial de grao medio en Baloncesto, terá efectos en todo o territorio nacional.

2. A superación da proba de carácter específico, que se establece no anexo VII, terá unha vixencia de 18 meses, contados a partir da data da súa finalización.

Artigo 21. Exención da superación da proba de carácter específico ás persoas deportistas de alto nivel ou/e alto rendemento

Estarán exentos ou exentas de superar a proba de carácter específico que se establece ou de acreditar o mérito deportivo para ter acceso ao ciclo inicial de grao medio en Baloncesto aquelas persoas deportistas que acrediten:

a) A condición de deportista de alto nivel nas condicións que establece o Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento para a modalidade ou especialidade deportiva de baloncesto.

b) A cualificación de deportista de alto rendemento ou equivalente na modalidade de baloncesto, establecida polas comunidades autónomas de acordo coa súa normativa.

c) Ter sido seleccionado ou seleccionada pola Federación Española de Baloncesto para representar España, dentro dos dous últimos anos, en polo menos unha competición oficial internacional de categoría absoluta, na modalidade correspondente. Entenderase como competición oficial os campionatos de Europa ou do Mundo en baloncesto.

Artigo 22. Requisitos de acceso de persoas que acrediten diversidade funcional

As persoas con diversidade funcional poderán acceder ás ensinanzas destes ciclos conforme a disposición adicional terceira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, sendo obriga da consellería competente en materia de educación levar a cabo os axustes razoables para que este acceso non comporte restricións inxustificadas contrarias ao principio de igualdade de oportunidades.

Artigo 23. Composición e perfil do tribunal da proba de carácter específico

1. O tribunal avaliador da proba de carácter específico será nomeado pola dirección xeral competente en materia de educación e deberá estar formado por un mínimo de tres persoas avaliadoras.

2. O persoal avaliador das probas de carácter específico deberán acreditar, polo menos, a titulación de técnico deportivo superior en Baloncesto.

3. No tribunal avaliador procurarase unha presenza equilibrada de homes e mulleres.

Artigo 24. Funcións do tribunal avaliador da proba de carácter específico

1. O tribunal da proba de carácter específico terá as seguintes funcións:

a) A organización da proba de carácter específico conforme ao especificado no anexo VII.

b) Garantir o correcto desenvolvemento das probas de carácter específico, comprobando que os obxectivos, os contidos e a avaliación dos exercicios que compoñen as probas se ateñen ao establecido na súa descrición.

c) O persoal avaliador realizará a valoración das actuacións das persoas aspirantes de conformidade co establecido nos criterios de avaliación dos resultados de aprendizaxe da proba de carácter específico.

d) A avaliación final das persoas aspirantes.

e) Calquera outra que sexa inherente ao desenvolvemento dos seus cometidos.

2. O tribunal, como órgano colexiado, rexerase polo establecido na sección 3ª do capítulo II do título preliminar da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, aplicable nos seus aspectos básicos, así como polo establecido na sección III, do capítulo I do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

3. No caso de que algunha das persoas aspirantes acredite algún tipo de discapacidade, o tribunal actuará de acordo co disposto na disposición adicional terceira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

CAPÍTULO VI
Profesorado

Artigo 25. Requisitos de titulación do profesorado en centros públicos

Os requisitos de titulación do profesorado en centros públicos determinaranse en función do bloque de ensino deportivo en que vaian impartir docencia:

1. A docencia en centros públicos dos módulos do bloque común que constitúen as ensinanzas deportivas dos ciclos inicial e final de grao medio en Baloncesto corresponde ao profesorado das especialidades dos corpos de persoal funcionario docente, segundo o establecido no anexo VIII.

2. A docencia en centros públicos dos módulos do bloque específico que constitúen as ensinanzas deportivas dos ciclos inicial e final de grao medio en Baloncesto, está especificada no anexo IX-A, e corresponde a:

a) Profesorado da especialidade de educación física dos corpos de catedráticos ou catedráticas e de profesorado de ensino secundario, que posúan o título de técnico deportivo superior en Baloncesto.

b) Profesorado especialista que posúa o título de técnico deportivo superior en Baloncesto, ou aquelas persoas non tituladas que acrediten a experiencia no ámbito laboral e deportivo, ou a experiencia docente, detallada no anexo IX-B.

3. A consellería competente en materia de educación poderá autorizar a docencia dos módulos do bloque específico atribuídos ao profesorado especialista, as persoas integrantes dos corpos de catedráticos ou catedráticas e profesorado de ensino secundario coa especialidade de educación física, cando carezan do título de técnico deportivo superior en Baloncesto, sempre que posúan a formación deseñada para o efecto ou recoñecida pola devandita consellería, ou a experiencia laboral ou deportiva ou a experiencia docente, detallada no anexo IX-B.

Artigo 26. Requisitos de titulación do profesorado en centros de titularidade privada ou de titularidade pública de administracións distintas á consellería competente en materia de educación

As titulacións requiridas para a impartición dos módulos tanto do bloque común, como do bloque específico que forman os ciclos inicial e final de grao medio en Baloncesto, para o profesorado dos centros de titularidade privada ou de titularidade pública de administracións distintas á consellería competente en materia de educación, concrétanse no anexo X.

CAPÍTULO VII
Vinculación a outros estudos

Artigo 27. Acceso a outros estudos

O título de técnico deportivo en Baloncesto permitirá o acceso directo a todas as modalidades de bacharelato.

Artigo 28. Validación das ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Baloncesto

1. En materia de validacións haberá que aterse ao disposto no artigo 29.1 do Real decreto 980/2015, do 30 de outubro.

2. A correspondencia dos módulos de ensino deportivo que forman parte do título de técnico deportivo en Baloncesto coas unidades de competencia para a súa acreditación, queda determinada no anexo XI-A.

3. A correspondencia das unidades de competencia cos módulos de ensino deportivo que forman o título de técnico deportivo en Baloncesto para a súa validación ou exención queda determinada no anexo XI-B.

4. As validacións de módulos de ensino deportivo dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, cos módulos de ensino deportivo do bloque específico do título de técnico deportivo en Baloncesto establécense no anexo XII.

5. Serán obxecto de validación os módulos comúns e específicos de ensino deportivo coa mesma denominación e código.

6. A superación da totalidade dos módulos do bloque común do primeiro ou segundo nivel, en calquera das modalidades ou especialidades deportivas dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, validarase pola totalidade dos módulos do bloque común do correspondente ciclo inicial ou final de ensino deportivo en Baloncesto. A superación da totalidade dos módulos do bloque común dos ciclos inicial ou final do título de técnico deportivo en Baloncesto validarase pola totalidade dos módulos do bloque común, do correspondente nivel, dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Artigo 29. Exención do módulo de formación práctica

Poderá ser obxecto de exención total ou parcial o módulo de formación práctica dos ciclos inicial e final de grao medio en Baloncesto, en función da súa correspondencia coa experiencia no ámbito deportivo ou laboral, que se detalla no anexo XIII.

Disposición adicional primeira. Oferta a distancia dos módulos de ensino deportivo do título de técnico deportivo en Baloncesto

Os módulos de ensino deportivo que se establecen no anexo XIV poderán ofertarse a distancia, sempre que se garanta que o alumnado poida conseguir os seus resultados de aprendizaxe, de acordo co disposto no decreto. Para iso, a consellería competente en materia de educación, no ámbito das súas competencias, adoptará as medidas que considere necesarias e ditará as instrucións precisas.

Disposición adicional segunda. Clave identificativa dos certificados de superación do ciclo inicial

A clave identificativa dos certificados oficiais acreditativos da superación do ciclo inicial de grao medio en Baloncesto a que fai referencia o artigo 15.4 do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, incluirá:

a) Certificación académica oficial: CA.

b) Díxito da comunidade autónoma: 11.

c) Díxitos de modalidade deportiva: BCBC.

Disposición adicional terceira. Titulacións equivalentes

1. O título de técnico deportivo en Baloncesto, establecido no Decreto 36/2009, do 29 de xaneiro, polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo e técnico deportivo superior en Baloncesto, terá os mesmos efectos profesionais e académicos que o título de técnico deportivo en Baloncesto establecido neste decreto.

2. O certificado de superación do primeiro nivel establecido no Decreto 36/2009, do 29 de xaneiro, terá os mesmos efectos profesionais e académicos que o ciclo inicial de grao medio en Baloncesto regulado neste decreto.

Disposición adicional cuarta. Medidas de apoio ao profesorado

A consellería competente en materia de educación considerará medidas de apoio ao profesorado, especialmente na formación permanente e na investigación e innovación nesta etapa educativa, para contribuír ao mellor desenvolvemento e aplicación do currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Baloncesto.

Disposición adicional quinta. Mobilidade do alumnado

De acordo coa previsión contida no artigo 35.3 do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, a ordenación académica dos ciclos das ensinanzas deportivas posibilitará a opción de matriculación en réxime presencial ou a distancia do alumnado que superase algún módulo deportivo noutra comunidade autónoma e non esgotase o número de convocatorias establecido, para o que poderá realizar matrícula parcial nos módulos que teñan pendentes.

Disposición adicional sexta. Non regulación de profesión titulada

De conformidade co establecido no Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, os elementos recollidos no decreto non constitúen unha regulación do exercicio de profesión titulada ningunha.

Disposición transitoria primeira. Aplicabilidade doutras normas

O Decreto 36/2009, do 29 de xaneiro, polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo e técnico deportivo superior en Baloncesto, permanecerá vixente para o título de técnico deportivo superior ata que non estableza a Comunidade Autónoma de Galicia o currículo do ciclo de grao superior en Baloncesto, en desenvolvemento do Real decreto 982/2015, do 30 de outubro, polo que se establece o título de técnico deportivo superior en Baloncesto e se fixan o seu currículo básico e os requisitos de acceso.

Disposición transitoria segunda. Acceso ao ciclo inicial de grao medio

1. Segundo o Real decreto 980/2015, do 30 de outubro, durante os tres cursos académicos seguintes ao da súa implantación, estarán exentos ou exentas da realización de proba de carácter específico ou de acreditar o mérito deportivo, establecidos no artigo 20, aquelas persoas que acrediten a súa experiencia como adestradores ou adestradoras de equipos participantes en competicións oficiais organizadas polas federacións deportivas autonómicas ou española de baloncesto das categorías de minibasket e infantil pasarela. Esta experiencia debe ser de polo menos dúas tempadas e ter sido adquirida con anterioridade á data de entrada en vigor do devandito real decreto.

2. A Federación Española de Baloncesto emitirá o correspondente certificado que acredite a experiencia deportiva.

Disposición derrogatoria única. Derrogación de normas

1. Queda derrogado o Decreto 36/2009, do 29 de xaneiro, polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo e técnico deportivo superior en Baloncesto.

2. Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira primeira. Modificación do Decreto 135/2012, do 31 de maio, polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en Vela con Aparello Fixo e técnico deportivo en Vela con Aparello Libre

O Decreto 135/2012, do 31 de maio, polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en Vela con Aparello Fixo e técnico deportivo en Vela con Aparello Libre, queda modificado nos seguintes termos:

1. O título do anexo XI queda redactado do seguinte modo:

«Requisitos da titulación do profesorado dos módulos de ensinanza deportiva dos ciclos inicial e final de grao medio, en centros privados e de titularidade pública de administracións distintas á educativa».

2. As filas do anexo XI relacionadas cos módulos comúns de ensino deportivo: MED-C101. Bases do comportamento deportivo, MED-C102. Primeiros auxilios, MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade, MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva e MED-C205. Xénero e deporte, quedan modificadas como segue:

Módulo común de ensino deportivo

Titulacións

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Psicoloxía.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Medicina.

Diplomado/a ou graduado/a en Enfermaría.

Diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Psicoloxía.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

MED-C205. Xénero e deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

Disposición derradeira segunda. Modificación do Decreto 73/2013, do 18 de abril, polo que se establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo

O Decreto 73/2013, do 18 de abril, polo que se establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo, queda modificado nos seguintes termos:

1. O título do anexo X queda redactado do seguinte modo:

«Requisitos da titulación do profesorado dos módulos de ensinanza deportiva dos ciclos inicial e final de grao medio, en centros privados e de titularidade pública de administracións distintas á educativa».

2. As filas do anexo X relacionadas cos módulos comúns de ensino deportivo: MED-C101. Bases do comportamento deportivo, MED-C102. Primeiros auxilios, MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade, MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva e MED-C205. Xénero e deporte, quedan modificadas como segue:

Módulo común de ensino deportivo

Titulacións

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Psicoloxía.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Medicina.

Diplomado/a ou graduado/a en Enfermaría.

Diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Psicoloxía.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

MED-C205. Xénero e deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

Disposición derradeira terceira. Modificación do Decreto 64/2015, do 16 de abril, polo que se establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo

O Decreto 64/2015, do 16 de abril, polo que se establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo, queda modificado nos seguintes termos:

1. O título do anexo X queda redactado do seguinte modo:

«Requisitos da titulación do profesorado dos módulos de ensinanza deportiva dos ciclos inicial e final de grao medio, en centros privados e de titularidade pública de administracións distintas á educativa».

2. As filas do anexo X relacionadas cos módulos comúns de ensino deportivo: MED-C101. Bases do comportamento deportivo, MED-C102. Primeiros auxilios, MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade, MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva e MED-C205. Xénero e deporte, quedan modificadas como sigue:

Módulo común de ensino deportivo

Titulacións

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Psicoloxía.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a

en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Medicina.

Diplomado/a ou graduado/a en Enfermaría.

Diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia.

MED-C103. Actividade física adaptada

e discapacidade.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a

en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Psicoloxía.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a

en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

MED-C205. Xénero e deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a

en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

Disposición derradeira cuarta. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de educación, no relativo á organización e materias propias do seu departamento, para ditar cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento do decreto.

Disposición derradeira quinta. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e oito de setembro de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Distribución horaria

Ciclo inicial de grao medio en Baloncesto

Carga horaria

RAE-BCBC101

105 h

Bloque común

Teóricas

Prácticas

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

15 h

5 h

MED-C102. Primeiros auxilios.

20 h

10 h

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

5 h

--

MED-C104. Organización deportiva.

5 h

--

Total

60 h.

Carga horaria

Bloque específico

Teóricas

Prácticas

MED-BCBC102. Formación do xogador/a en etapas iniciais.

25 h

20 h

MED-BCBC103. Dirección de equipos en etapas iniciais.

15 h

5 h

MED-BCBC104. Ensino do baloncesto.

10 h

20 h

MED-BCBC105. Táctica de ataque e defensa en etapas iniciais.

15 h

5 h

MED-BCBC106. Formación práctica.

150 h

Total

265 h

Total ciclo inicial (RAE-BCBC101 + BC + BE)

430 h

Ciclo final de grao medio en Baloncesto

Carga horaria

Bloque común

Teóricas

Prácticas

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

40 h

5 h

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

55 h

10 h

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

20 h

--

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

20 h

--

MED-C205. Xénero e deporte.

10 h

--

Total

160 h.

Carga horaria

Bloque específico

Teóricas

Prácticas

MED-BCBC201. Formación do xogador/a na etapa de tecnificación.

30 h

45 h

MED-BCBC202. Dirección de equipos na etapa de tecnificación.

20 h

15 h

MED-BCBC203. Adestramento en baloncesto.

15 h

35 h

MED-BCBC204. Táctica de ataque e defensa na etapa de tecnificación.

20 h

20 h

MED-BCBC205. Iniciación en baloncesto en cadeira de rodas.

15 h

---

MED-BCBC206. Formación práctica.

200 h.

Total

415 h

Total ciclo final (BC + BE)

575 h

ANEXO II
Obxectivos xerais e módulos de ensino deportivo do ciclo inicial de grao medio en Baloncesto

Obxectivos xerais.

a) Executar técnicas básicas propias deste nivel, coa seguridade suficiente e tomando conciencia do realizado, para servir de modelo no proceso de ensino-aprendizaxe da iniciación ao baloncesto.

b) Establecer e transmitir a información sobre a actividade e recoller a información sobre as persoas participantes, analizando as características da información e aplicando procedementos establecidos, para atender e motivar a persoa deportista.

c) Analizar a execución técnica no nivel de iniciación, utilizando procedementos establecidos e comparando a execución técnica cos estándares propios da iniciación en baloncesto para valorar a súa execución, determinar o seu nivel e concretar o agrupamento das persoas deportistas.

d) Interpretar e adaptar a programación de referencia e a organización da sesión, utilizando criterios de elección e temporalización das tarefas, discriminando a información sobre as características do grupo e as condicións materiais existentes, para concretar a sesión de ensino-aprendizaxe da iniciación ao baloncesto.

e) Elixir e demostrar as técnicas de dirección e procedementos de control das continxencias, aplicando instrumentos de observación e control e resolvendo supostos, para dinamizar sesións de ensino-aprendizaxe de iniciación ao baloncesto.

f) Identificar as condicións de seguridade das instalacións e medios propios da iniciación deportiva, aplicando procedementos establecidos e a normativa vixente, para controlar a seguridade na práctica.

g) Describir, preparar e executar os primeiros auxilios, identificando as características dos supostos e aplicando os protocolos establecidos, para asistir como primeiro ou primeira interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

h) Identificar as características das competicións e eventos propios da iniciación deportiva, analizando o regulamento e as bases de competición para seleccionar as persoas deportistas en función do seu nivel e características.

i) Identificar e describir os procesos de inscrición e acompañamento das persoas deportistas, así como os aspectos técnicos e tácticos da competición e eventos propios da iniciación deportiva, analizando supostos, aplicando os procedementos establecidos e tendo en conta o regulamento, para acompañar e dirixir as persoas deportistas en competicións de nivel de iniciación.

j) Identificar e describir as características organizativas das competicións e eventos propios da iniciación deportiva, enumerando os medios materiais e humanos necesarios, para colaborar e intervir na organización e xestión deste tipo de actos.

k) Identificar e describir as variables que interveñen no desenvolvemento da actividade, aplicando os procedementos establecidos e clasificando a información obtida, para valorar o desenvolvemento da sesión de iniciación e o acompañamento en baloncesto e axustar o proceso de ensino-aprendizaxe.

l) Identificar e describir as características do proceso de adquisición de valores e actitudes, sendo consciente e argumentando os efectos que provocan nas persoas deportistas, para transmitir valores propios da actividade deportiva a través do comportamento ético persoal.

m) Recoñecer e promover os valores de compromiso, traballo ben feito e aprendizaxe constante, describindo as actitudes que reflicten estes valores, para manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no desempeño do seu labor como persoal técnico.

n) Identificar e describir os principios que fundamentan o traballo en equipo, sendo consciente da importancia do liderado e a comunicación, para manter a iniciativa e a autonomía dentro do grupo de traballo.

o) Sensibilizar coa prevención da violencia de xénero.

p) Desenvolver e transmitir a través do comportamento ético persoal valores vencellados co xogo limpo, o respecto aos demais, o respecto e o coidado do propio corpo, evitando os comportamentos e contidos sexistas e os estereotipos que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero, favorecendo a visibilidade da realidade homosexual, bisexual, transexual, transxénero e intersexual.

Módulo común de ensino deportivo: Bases do comportamento deportivo.

Código: MED-C101.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Identifica as características motrices, psicolóxicas, afectivas e sociais das persoas, relacionándoas cos estadios madurativos da infancia.

a) Describíronse diferentes estadios madurativos da infancia, identificando as particularidades de cada un.

b) Aplicáronse técnicas elementais de recollida de información para a obtención de datos relevantes da persoa.

c) Identificáronse os intereses e as motivacións características das persoas na etapa da infancia.

d) Describíronse as características dos rapaces e das rapazas a nivel motriz e psicolóxico na primeira etapa do proceso de aprendizaxe motora.

e) Demostrouse interese por respectar o desenvolvemento natural e saudable da persoa deportista acorde co seu estadio madurativo.

f) Valorouse a importancia de que a persoa conte con diversidade e variabilidade de experiencias físico-deportivas nestes estadios e de evitar unha especialización precoz.

2. Atende á persoa deportista describindo e aplicando diferentes técnicas de comunicación e motivación.

a) Identificáronse as diferentes técnicas de comunicación, verbal e non verbal, que se poden utilizar tendo en conta o contexto deportivo.

b) Elixíronse as técnicas de comunicación, así como a disposición espacial do material e do alumnado, máis oportunas no intercambio de información.

c) Identificáronse diferentes formas de captar a información e de tomar unha decisión a partir dela.

d) Identificáronse as principais barreiras e interferencias que dificultan a comunicación.

e) Valorouse a importancia de contar con habilidades comunicativas e sociais nas relacións interpersoais.

f) Valorouse a importancia de utilizar unha linguaxe que respecte a equidade dos distintos sexos.

g) Empregáronse técnicas e estratexias comunicativas na presentación das tarefas propostas, logrando unha maior participación e motivación nelas.

h) Valorouse a importancia de manter a motivación e a satisfacción de todas as persoas como elemento clave para a súa fidelización coa práctica deportiva e a prevención do abandono en etapas posteriores.

i) Demostrouse interese por valorar o proceso de aprendizaxe por riba do resultado obtido.

j) Valorouse a autonomía, a espontaneidade e a creatividade das persoas deportistas mozos e mozas na iniciación deportiva.

3. Conduce o grupo seleccionando e aplicando dinámicas de grupo e estratexias para a resolución de conflitos, en función das características do contexto.

a) Describíronse as características fundamentais do grupo na iniciación deportiva, atendendo especialmente a factores de relación social e de xénero.

b) Describíronse as principais fontes de conflito na sesión, tanto individuais como de grupo.

c) Aplicáronse estratexias de recollida de información que permitan coñecer mellor ao grupo.

d) Aplicáronse dinámicas de grupo baseadas na aprendizaxe cooperativa e o traballo en equipo.

e) Utilizáronse estratexias de resolución de conflitos no grupo, promovendo e transmitindo valores de respecto, sinceridade, empatía, compromiso e igualdade de xénero.

f) Valorouse a importancia dunha actitude tolerante e de empatía para conseguir a confianza do grupo.

g) Demostrouse interese por respectar os intereses das persoas, evitando os prexuízos e valorando os elementos de diferenciación individuais tales como: emocións, sentimentos, personalidade, sexo, orientación afectivo-sexual, características morfolóxicas, orixe cultural, clase social, etc.

h) Describíronse aqueles aspectos do ámbito familiar e do contexto social que exercen unha influencia positiva ou negativa na iniciación deportiva de rapaces e rapazas.

i) Aplicáronse estratexias e técnicas adecuadas para corrixir actitudes negativas do ámbito familiar ou do contexto social na iniciación deportiva.

j) Analizouse a importancia dos valores positivos da familia e do contexto social na práctica deportiva.

4. Transmite valores persoais e sociais aplicando as técnicas axeitadas e reflexionando sobre as propias actitudes e comportamentos.

a) Describíronse os valores persoais e sociais que se poden transmitir a través do deporte.

b) Valorouse a importancia de ser un modelo ético de referencia para as persoas deportistas durante a iniciación deportiva.

c) Reflexionouse sobre os propios prexuízos e estereotipos, incluídos os de xénero e por cuestións de índole afectivo-sexual.

d) Demostrouse interese por educar ética e moralmente a través do deporte.

e) Identificáronse e describíronse estratexias de transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

f) Identificáronse estratexias de fomento da coeducación.

g) Valorouse a importancia do respecto do xogo limpo, dun mesmo, ás demais persoas e ao contorno durante a práctica deportiva.

h) Valorouse a importancia de defender e manter o carácter lúdico da práctica deportiva.

Contidos básicos.

1. Identifica as características motrices, psicolóxicas, afectivas e sociais das persoas, relacionándoas cos estadios madurativos da infancia.

• Desenvolvemento persoal dos rapaces e das rapazas na iniciación deportiva.

– Crecemento, maduración e desenvolvemento.

– Patróns motores básicos na infancia.

– Características motrices, psicolóxicas, afectivas e sociais dos rapaces e das rapazas.

• Técnicas elementais de recollida de información a partir da teoría do procesamento da información.

• A actividade físico-deportiva nos estadios madurativos da infancia.

• A iniciación deportiva.

• Diversidade e variabilidade de experiencias deportivas na iniciación e os seus efectos positivos sobre o desenvolvemento motor.

• Respecto dos estadios madurativos e as diferenzas interindividuais e intraindividuais.

2. Atende á persoa deportista describindo e aplicando diferentes técnicas de comunicación e motivación.

• Motivacións e actitudes propias da infancia ante a práctica deportiva.

– Motivacións intrínsecas e extrínsecas.

– A teoría de metas de logro.

– Principais motivos de abandono en deportistas mozos e mozas. A trascendentalización competitiva.

– Estratexias para fomentar a participación, a motivación e a satisfacción, como elementos clave para a fidelización deportiva, atendendo ás diferenzas de xénero.

– Valoración do proceso de aprendizaxe por riba do resultado deportivo.

– Valoración da actitude do alumnado (das persoas deportistas) por riba da súa aptitude.

• Proceso de comunicación. Elementos, tipos e dificultades.

– Técnicas de comunicación: verbal e non verbal.

– Valoración comunicativa do contexto: elementos facilitadores e obstáculos e inhibidores no proceso de comunicación.

– Disposición do espazo e do alumnado para a mellora da comunicación na sesión deportiva.

– Información inicial e retroalimentación (retroacción) na sesión deportiva.

– Habilidades comunicativas, persoais e sociais, nas relacións interpersoais.

– Uso non sexista da linguaxe.

3. Conduce o grupo seleccionando e aplicando dinámicas de grupo e estratexias para a resolución de conflitos, en función das características do contexto.

• Fontes de conflito no grupo deportivo.

– Falta de confianza mutua.

– Competitividade e liderado.

– Discriminación: por razóns de xénero, condición afectivo-sexual de capacidade, actitudes xenófobas, etc.

– Diverxencia de intereses individuais en rapaces e en rapazas.

• A dinámica de grupos na iniciación deportiva e a súa importancia.

– Condución de dinámicas orientadas á valoración sociolóxica do grupo.

– Dinámicas de presentación e coñecemento do grupo.

– Técnicas sociométricas.

• Condución de dinámicas de grupo orientadas ao traballo cooperativo e á resolución de conflitos.

– Dinámicas de autocoñecemento para a afirmación persoal e a autoconfianza.

– Dinámicas socioafectivas para crear confianza mutua.

– Dinámicas de traballo en equipo.

□ De responsabilidade de grupo.

□ De toma de decisións por consenso.

□ De eficiencia no traballo en grupo.

– Dinámicas de resolución de conflitos en pequenos grupos, para:

□ A identificación do problema.

□ A solución do problema.

• Modelos de intervención do persoal técnico nos grupos de iniciación deportiva:

– Modelo autoritario.

– Modelo permisivo.

– Modelo democrático.

• Actitudes e influencia do contexto familiar na iniciación deportiva.

– Contextos familiares que exercen unha influencia positiva na iniciación deportiva dos rapaces e das rapazas.

– Condutas e actitudes negativas máis frecuentes protagonizadas por familiares na iniciación deportiva:

□ Excesiva presión competitiva sobre os fillos e fillas.

□ Comportamentos e actitudes agresivas e violentas.

□ Interferencias co persoal técnico deportivo.

• Estratexias de intervención no ámbito familiar durante a iniciación deportiva. A entrevista co persoal responsable legal da persoa deportista.

4. Transmite valores persoais e sociais aplicando as técnicas axeitadas e reflexionando sobre as propias actitudes e comportamentos.

• O deporte como transmisor de valores persoais e sociais tanto positivos como negativos.

• A responsabilidade do persoal técnico deportivo na transmisión de valores éticos no deporte e en evitar os contravalores.

• Superación da idea de bondade natural do deporte en canto á transmisión de valores éticos.

• Condutas inmorais máis frecuentes na práctica deportiva.

• Xogo limpo e deportividade (condutas éticas na práctica deportiva).

• Técnicas e estratexias para o desenvolvemento de valores no deporte: reflexión, establecemento de normas consensuadas, desenvolvemento do xuízo moral, autocontrol da conduta, análise, desenvolvemento da empatía e comprensión crítica de temas eticamente relevantes e encontros de grupo.

• Autoavaliación e reflexión dos propios prexuízos e estereotipos persoais, incluída os de xénero e os de índole afectivo-sexual.

Módulo común de ensino deportivo: Primeiros auxilios.

Código: MED-C102.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Realiza unha valoración inicial aplicando técnicas de valoración segundo protocolos establecidos e relacionándoos cos principios de anatomía e fisioloxía.

a) Identificáronse e tomáronse as constantes vitais.

b) Identificáronse e describíronse os protocolos de valoración a seguir en cada caso.

c) Identificáronse e describíronse as lesións óseas e articulares, así como os síntomas e mecanismos de produción.

d) Identificáronse e describíronse as lesións musculares e tendinosas, así como os síntomas e mecanismos de produción.

e) Identificáronse e describíronse os diferentes tipos de traumatismos.

f) Describíronse as bases anatomofisiolóxicas dos primeiros auxilios.

g) Identificáronse e describíronse as lesións provocadas por outros axentes externos (frío, calor, axentes químicos e biolóxicos), así como os síntomas e mecanismos de produción.

h) Utilizouse a terminoloxía médico-sanitaria elemental relacionada cos primeiros auxilios.

i) Identificouse a secuencia de actuación segundo o protocolo establecido polo Comité de Coordinación Internacional sobre a Resucitación (ILCOR).

2. Aplica as técnicas de primeiros auxilios relacionando o tipo de lesión co protocolo establecido en cada caso.

a) Aplicáronse técnicas de primeiros auxilios axeitadas aos diferentes tipos de lesión.

b) Identificáronse e describíronse os protocolos de primeiros auxilios e inmobilización a seguir segundo a lesión.

c) Identificáronse os medios materiais de aplicación de primeiros auxilios (caixa de primeiros auxilios e outros).

d) Describíronse as repercusións dunha incorrecta aplicación das técnicas de primeiros auxilios e do traslado da persoa accidentada.

e) Aplicáronse técnicas de inmobilización para o traslado da persoa accidentada.

3. Aplica técnicas de soporte vital identificando a súa instrumentación e describindo as súas fases segundo o protocolo básico establecido.

a) Detallouse a instrumentación básica para o soporte vital recoñecendo as súas partes e mecanismos de funcionamento.

b) Describíronse os fundamentos de resucitación cardiopulmonar básica.

c) Aplicáronse técnicas de apertura das vías aéreas.

d) Aplicáronse técnicas de soporte ventilatorio.

e) Aplicáronse técnicas de soporte circulatorio.

f) Realizouse desfibrilación externa semiautomática (DESA).

g) Aplicáronse medidas de posreanimación.

h) Recoñecéronse aquelas situacións nas que se desaconsella a intervención e posterior evacuación detallando as súas características.

i) Valorouse a importancia de aplicar con precisión os protocolos establecidos.

4. Aplica técnicas de autocontrol e de apoio psicolóxico á persoa accidentada e a acompañantes, describindo e aplicando as estratexias de comunicación máis axeitadas.

a) Describíronse e aplicáronse técnicas básicas de apoio psicolóxico.

b) Describíronse e aplicáronse técnicas básicas de autocontrol.

c) Aplicáronse estratexias básicas de comunicación en situacións de prestación de primeiros auxilios.

d) Describíronse os posibles estados emocionais das persoas accidentadas.

e) Valorouse a importancia de autocontrolarse ante situacións de estrés.

f) Describíronse os factores que predispoñen para a ansiedade en situacións de accidente ou emerxencias.

g) Describíronse e aplicáronse técnicas a empregar para controlar situacións de tensión ambiental.

5. Aplica técnicas para o control do contorno relacionándoo cos protocolos establecidos e a organización do sistema de emerxencias.

a) Determináronse as distintas técnicas que se poden utilizar cando o contorno xera determinados niveis de risco.

b) Describíronse os protocolos de actuación oportunos para establecer un contorno seguro e emocionalmente estable.

c) Determináronse as distintas técnicas a utilizar en relación ao risco do contorno.

d) Aplicáronse normas e protocolos de seguridade e de autoprotección persoal.

e) Definíronse os conceptos de urxencia, emerxencia e catástrofe.

f) Describiuse a organización dos sistemas de emerxencia.

Contidos básicos.

1. Realiza unha valoración inicial aplicando técnicas de valoración segundo protocolos establecidos e relacionándoos cos principios de anatomía e fisioloxía.

• Signos e síntomas de urxencia.

• Valoración do nivel de consciencia.

• Toma de constantes vitais.

• Protocolos de exploración elementais.

• Terminoloxía médico-sanitaria en primeiros auxilios.

• Protocolo de transmisión da información.

• Signos de compromiso vital na persoa adulta, neno ou nena e lactante.

• Métodos e materiais de protección da zona.

• Bases anatomofisiolóxicas relacionadas cos primeiros auxilios: ósos, articulacións e músculos (concepto, características, clasificación e localización a nivel básico/elemental).

• Valoración básica en lesións por traumatismos e por axentes físicos, químicos e biolóxicos.

• Valoración básica ante patoloxía orgánica de urxencia.

2. Aplica as técnicas de primeiros auxilios relacionando o tipo de lesión co protocolo establecido en cada caso.

• Caixa de primeiros auxilios.

• Aplicación dos primeiros auxilios.

• Seguridade na aplicación das técnicas utilizadas.

• Aplicación de procedementos de inmobilización e mobilización.

3. Aplica técnicas de soporte vital identificando a súa instrumentación e describindo as súas fases segundo o protocolo básico establecido.

• Control da permeabilidade das vías aéreas.

• Resucitación cardiopulmonar básica.

• Desfibrilación externa semiautomática (DESA).

• Valoración básica da persoa accidentada.

• Atención inicial en lesións por axentes físicos (traumatismos, calor ou frío, electricidade e radiacións).

• Atención inicial en lesións por axentes químicos e biolóxicos.

• Atención inicial en patoloxía orgánica de urxencia.

• Actuación limitada no marco das súas competencias.

4. Aplica técnicas de autocontrol e de apoio psicolóxico á persoa accidentada e a acompañantes, describindo e aplicando as estratexias de comunicación máis axeitadas.

• Apoio psicolóxico a pacientes.

• Primeiros auxilios psicolóxicos. Comportamento da poboación ante unha catástrofe.

• Estratexias básicas de comunicación.

• Valoración do papel do primeiro interveniente ou da primeira interveniente.

• Técnicas facilitadoras da comunicación interpersoal.

• Factores que predispoñen a ansiedade en situacións de accidente ou emerxencia.

5. Aplica técnicas para o control do contorno relacionándoo cos protocolos establecidos e a organización do sistema de emerxencias.

• Sistemas de emerxencias.

• Obxectivos e límites dos primeiros auxilios.

• Marco legal, responsabilidade e ética profesional.

• Normas e protocolos de seguridade e de autoprotección persoal.

• Técnicas de primeiros auxilios en relación ao risco do contorno.

• Protocolos de alerta.

Módulo común de ensino deportivo: Actividade física adaptada e discapacidade.

Código: MED-C103.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Identifica as principais discapacidades describindo as súas características básicas e relacionándoas coa práctica deportiva.

a) Describíronse as principais causas da discapacidade física, intelectual e sensorial.

b) Determináronse os beneficios que xera a práctica de actividades físicas adaptadas nas persoas con discapacidade.

c) Recoñecéronse as limitacións na práctica e os condicionantes fundamentais segundo o tipo de discapacidade.

d) Valorouse a vivencia persoal do que supón a discapacidade en situacións simuladas, usando contornos restritivos a nivel perceptivo, decisional e motriz.

e) Describíronse as posibilidades das axudas técnicas básicas segundo a discapacidade.

f) Aplicáronse procedementos básicos de identificación e recoñecemento da discapacidade mediante a observación das características morfolóxicas e funcionais da persoa deportista.

g) Valorouse a importancia do recoñecemento das capacidades da persoa deportista, máis alá das limitacións que poida presentar pola súa discapacidade.

h) Identificáronse os principais programas de iniciación deportiva dirixidos ás persoas con discapacidade.

2. Informa as persoas con discapacidade sobre as prácticas deportivas, describindo as técnicas de comunicación específicas e identificando as limitacións que se poden presentar na súa iniciación.

a) Describiuse a terminoloxía máis actual en relación ás persoas con discapacidade.

b) Aplicáronse técnicas de recollida de información acerca dos intereses, capacidades, experiencias previas e motivacións das persoas con discapacidade cara á práctica deportiva.

c) Demostrouse interese por non prexulgar as persoas, respectando os seus elementos únicos e de diferenciación: emocións, sentimentos, personalidade, etc.

d) Determináronse e aplicáronse criterios de adaptación das técnicas de comunicación para as principais discapacidades.

e) Describíronse as principais posibilidades de práctica e deportes adaptados segundo o tipo de discapacidade.

f) Valorouse a importancia da participación activa das persoas con discapacidade en contornos/contextos deportivos normalizados.

Contidos básicos.

1. Identifica as principais discapacidades describindo as súas características básicas e relacionándoas coa práctica deportiva.

• Características básicas das principais discapacidades físicas, sensoriais e psíquicas.

• Recoñecemento da discapacidade mediante procedementos básicos de observación das características morfolóxicas e funcionais da persoa deportista.

• Valoración das posibilidades individuais, máis alá das limitacións a presentar segundo a discapacidade.

• Condicionantes derivados dun tipo de discapacidade para a práctica físico-deportiva.

• Recoñecemento e uso fundamental do material deportivo específico e das axudas técnicas básicas.

• Beneficios da práctica deportiva para persoas con discapacidade.

• Os programas de iniciación e difusión da práctica deportiva para persoas con discapacidade.

• A vivencia persoal en situacións de práctica restritivas simulando a discapacidade.

2. Informa as persoas con discapacidade sobre as prácticas deportivas, describindo as técnicas de comunicación específicas e identificando as limitacións que se poden presentar na súa iniciación.

• Toma de conciencia dos sentimentos e actitudes cara a persoas con discapacidade.

• Terminoloxía básica en relación á saúde e á discapacidade.

• Aplicación de técnicas básicas de recollida de información en relación ás características das persoas deportistas con discapacidade.

• Recoñecemento e aplicación de técnicas de comunicación concretas segundo a discapacidade.

• Métodos de comunicación alternativa respecto de persoas con discapacidade.

• Aplicación de exemplos de inclusión deportiva de persoas con discapacidade en contornos normalizados.

• Os principais deportes adaptados.

• A importancia da práctica deportiva para a autonomía persoal e integración social de persoas con discapacidade.

• A identificación dos propios prexuízos previos á práctica respecto de persoas con discapacidade.

Módulo común de ensino deportivo: Organización deportiva.

Código: MED-C104.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Identifica a organización deportiva local e autonómica relacionándoa coa estrutura administrativa e as súas competencias básicas.

a) Describíronse as formas de organización a nivel local e autonómico en referencia ao ámbito deportivo.

b) Describíronse as principais competencias e programas das organizacións deportivas locais e autonómicas.

c) Utilizáronse as fontes de información dispoñibles que fan referencia á normativa xurídica deportiva.

d) Utilizouse unha terminoloxía básica axeitada ás estruturas das organizacións deportivas locais e autonómicas, así como da normativa deportiva.

2. Concreta a estrutura do asociacionismo deportivo identificando os seus elementos e organización.

a) Describíronse as competencias, funcións e formas de organización das federacións deportivas autonómicas.

b) Describíronse as formas de asociacionismo deportivo a nivel local e autonómico.

c) Identificáronse as características do asociacionismo deportivo.

d) Describíronse as vías de apoio ao asociacionismo deportivo por parte da Administración local e autonómica.

e) Cubriuse a documentación básica para a busca de apoios ao asociacionismo deportivo e describíronse os procedementos que a dita documentación debe seguir.

f) Valorouse a importancia que ten o apoio institucional ao desenvolvemento do asociacionismo deportivo, e a potenciación do asociacionismo feminino como medio de promoción da práctica da actividade físico-deportiva nas mulleres.

Contidos básicos.

1. Identifica a organización deportiva local e autonómica relacionándoa coa estrutura administrativa e as súas competencias básicas.

• A lexislación básica do Estado e da comunidade autónoma.

– O marco competencial do deporte no ámbito local e autonómico.

– Interpretación da lexislación deportiva básica: obxectivo e rango da norma.

• Estrutura administrativa e organizativa do deporte.

– Estrutura autonómica do deporte.

– Identificación das características esenciais das diferentes estruturas deportivas no ámbito local de servizos e padroados municipais, sociedades públicas, organismos de deputacións, clubs, asociacións, entre outras.

– Aceptación da organización deportiva autonómica e local.

• As fontes de información en normativa xurídica deportiva.

– A terminoloxía básica en normativa deportiva.

– As publicacións oficiais que reflicten a normativa xurídico-deportiva.

2. Concreta a estrutura do asociacionismo deportivo identificando os seus elementos e organización.

• As federacións deportivas autonómicas: competencias, funcións e estrutura organizativa.

• Tipos de clubs e asociacións deportivas, e a súa importancia no asociacionismo deportivo.

• Asociacionismo deportivo feminino. Presenza das mulleres na organización deportiva.

• As vías de apoio ao asociacionismo deportivo:

– Administración local e autonómica: tipos e formas de axuda.

– As vías de apoio ao asociacionismo deportivo.

– Procedementos para a xestión de apoios ao asociacionismo deportivo.

□ Na Administración local.

□ Na Administración autonómica.

Módulo específico de ensino deportivo: Formación do xogador ou xogadora en etapas iniciais.

Código: MED-BCBC102.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Valora e desenvolve a capacidade de xogo da persoa deportista en situacións reais de práctica, identificando os conceptos que se presentan e os procesos de acción-reacción que resultan, describindo as súas particularidades, aplicando técnicas de identificación e corrección de erros, elixindo e adaptando tarefas de aprendizaxe e aplicando metodoloxías específicas de explicación ou demostración.

a) Definíronse os conceptos básicos de capacidade de xogo, as situacións de xogo reducido e cada un dos seus conceptos ofensivos e defensivos básicos nas etapas iniciais.

b) Identificáronse os procesos de acción-reacción resultantes nas situacións de xogo reducido nas etapas iniciais, describindo as características máis importantes.

c) Diferenciáronse os conceptos básicos de situacións de xogo reducido e identificáronse no xogo real en etapas iniciais.

d) Relacionáronse e diferenciáronse os conceptos de técnica e táctica individual dentro de cada situación de xogo reducido nas etapas iniciais.

e) Identificáronse os erros cometidos na aplicación dos conceptos básicos no xogo en etapas iniciais, definindo as causas que o provocan e utilizando estratexias de corrección axeitadas para estas etapas.

f) Adaptáronse tarefas de aprendizaxe dos conceptos básicos do xogo, nunha situación debidamente caracterizada de xogo reducido nas etapas iniciais, citando os criterios utilizados.

g) Describíronse as características dos recursos metodolóxicos e demostrativos, e dos principios da aprendizaxe progresiva utilizados na aprendizaxe das situacións de xogo reducido e en superioridade.

h) Valoráronse as execucións dos conceptos básicos das diferentes situacións de xogo reducido nas etapas iniciais sobre a base dos criterios de referencia.

i) Tomouse conciencia da importancia de incidir nos aspectos positivos da execución nas situacións de xogo reducido, por riba dos erros cometidos.

2. Valora e mellora a execución das habilidades técnicas ofensivas do xogador ou xogadora nas etapas iniciais, describindo os estándares de execución nesta etapa, aplicando técnicas de identificación e corrección de erros, elixindo e adaptando tarefas de aprendizaxe, e aplicando metodoloxías específicas de explicación ou demostración.

a) Situáronse as habilidades técnicas ofensivas propias do baloncesto dentro das habilidades motrices.

b) Definíronse as habilidades técnicas ofensivas en etapas iniciais, describindo as súas características e identificándoas nas accións de xogo.

c) Describíronse os erros máis habituais nas execucións técnicas ofensivas.

d) Aplicáronse os criterios de identificación de erros das habilidades técnicas ofensivas, nunha situación práctica de xogo.

e) Aplicáronse estratexias de corrección, nun suposto práctico debidamente caracterizado de execucións erróneas dunha ou varias habilidades técnicas ofensivas.

f) Describíronse as características dos recursos metodolóxicos e demostrativos utilizados na aprendizaxe das habilidades técnicas ofensivas.

g) Adaptáronse tarefas de aprendizaxe das habilidades técnicas ofensivas describindo os criterios utilizados.

h) Utilizáronse recursos metodolóxicos de explicación e demostración das diferentes habilidades técnicas ofensivas propias das etapas iniciais en baloncesto.

i) Valorouse a importancia de incidir nos aspectos positivos da execución técnica correcta en cada habilidade ofensiva, máis que nos erros cometidos.

3. Valora e mellora a execución das habilidades técnicas defensivas do xogador ou xogadora nas etapas iniciais, describindo os estándares de execución nesta etapa, aplicando técnicas de identificación e corrección de erros, elixindo e adaptando tarefas de aprendizaxe, e aplicando metodoloxías específicas de explicación ou demostración.

a) Situáronse as habilidades técnicas defensivas propias do baloncesto dentro das habilidades motoras.

b) Definíronse as habilidades técnicas defensivas básicas en etapas iniciais, describindo as súas características e identificándoas nas accións de xogo.

c) Describíronse os erros máis habituais nas execucións técnicas defensivas.

d) Aplicáronse os criterios de identificación de erros das habilidades técnicas defensivas, nunha situación práctica de xogo.

e) Aplicáronse estratexias de corrección, nun suposto práctico debidamente caracterizado de execucións erróneas dunha ou varias habilidades técnicas defensivas.

f) Describíronse as características dos recursos metodolóxicos e demostrativos utilizados na aprendizaxe das habilidades técnicas defensivas.

g) Adaptáronse tarefas de aprendizaxe das habilidades técnicas defensivas describindo os criterios utilizados.

h) Utilizáronse recursos metodolóxicos de explicación e demostración das diferentes habilidades técnicas defensivas propias das etapas iniciais en baloncesto.

i) Valorouse a importancia de incidir nos aspectos positivos da execución técnica correcta en cada habilidade defensiva, máis que nos erros cometidos.

Contidos básicos.

1. Valora e desenvolve a capacidade de xogo da persoa deportista en situacións reais de práctica, identificando os conceptos que se presentan e os procesos de acción-reacción que resultan, describindo as súas particularidades, aplicando técnicas de identificación e corrección de erros, elixindo e adaptando tarefas de aprendizaxe e aplicando metodoloxías específicas de explicación ou demostración.

• Conceptos de capacidade de xogo.

– Técnica individual.

– Táctica individual e táctica colectiva.

– Acción motriz.

• Situacións de xogo reducidas.

• Progresión nos conceptos.

• A pirámide da formación.

• Un/unha contra un/unha en etapas iniciais.

– Con balón.

□ Exterior.

□ Interior.

– Sen balón.

□ Atacante.

□ Defensor ou defensora.

– Aprendizaxe progresiva no un/unha contra un/unha.

□ Tarefas e criterios de elaboración.

□ Recursos metodolóxicos e demostrativos.

– Erros no un/unha contra un/unha: tipos, causas, criterios de identificación e estratexias de corrección.

• Dous/dúas contra dous/dúas en etapas iniciais.

– Conceptos defensivos.

□ Liña de pase.

□ Asignación defensiva.

□ Axuda defensiva.

□ Cambio defensivo.

□ Recuperación.

□ Triangulación defensiva.

– Conceptos ofensivos.

□ Aclarado.

□ Pasar e cortar.

□ Porta atrás.

□ Bloqueo directo básico.

– Aprendizaxe progresiva no dous/dúas contra dous/dúas.

□ Tarefas e criterios de elaboración.

□ Recursos metodolóxicos e demostrativos.

– Erros no dous/dúas contra dous/dúas: tipos, causas, criterios de identificación e estratexias de corrección.

• Tres contra tres en etapas iniciais.

– Conceptos básicos.

□ Bloqueo indirecto básico.

□ Pasar, cortar e substituír.

– Aprendizaxe progresiva no tres contra tres.

□ Tarefas e criterios de elaboración.

□ Recursos metodolóxicos e demostrativos.

– Erros no tres contra tres: tipos, causas, criterios de identificación e estratexias de corrección.

• Superioridade numérica en etapas iniciais.

– Situacións básicas.

□ Situacións sen defensa.

□ Situacións cunha soa persoa defensora.

– Recursos metodolóxicos e demostrativos de superioridade.

– Erros en situacións de superioridade: tipos, causas, criterios de identificación e estratexias de corrección.

• Xogadores ou xogadoras preparados ou preparadas para todo.

• Proceso de acción-reacción no xogo.

– O xogador ou xogadora ante un xogo dinámico.

– O xogador ou xogadora ante un defensor ou unha defensora.

– O xogador ou xogadora ante un espazo.

– O xogador ou xogadora ante a combinación de espazos e defensor ou defensora.

2. Valora e mellora a execución das habilidades técnicas ofensivas do xogador ou xogadora nas etapas iniciais, describindo os estándares de execución nesta etapa, aplicando técnicas de identificación e corrección de erros, elixindo e adaptando tarefas de aprendizaxe, e aplicando metodoloxías específicas de explicación ou demostración.

• Habilidades motrices.

• Habilidades técnicas ofensivas en baloncesto para etapas iniciais.

– Xogo sen balón básico.

– Desmarque.

□ Desmarque por velocidade.

□ Desmarque por cortes en «v».

□ Desmarque por fintas de recepción.

– Engano interior-recepción exterior.

– Engano exterior-recepción interior.

– Corte por detrás do defensor ou da defensora. Porta atrás.

– Corte por diante do defensor ou da defensora.

– Recepción.

□ Recepción en estático.

□ Recepción en movemento.

– Bloquear.

– Posición básica de ataque.

– Tripla ameaza.

– Pivotar.

□ Pivotes básicos.

- Xiro cara a diante (pivote de ataque).

- Xiro cara a diante (pivote de preventivo).

– Paradas básicas.

□ Paradas en función da utilización dos pés.

- Parada nun tempo (de salto).

- Parada en dous tempos.

□ Paradas en función da posesión do balón.

- Paradas con balón.

- Paradas nun tempo despois de bote.

- Paradas en dous tempos despois de bote.

- Paradas sen balón.

– Arrancadas básicas.

□ Saída cruzada.

□ Saída aberta.

□ Saída en reverso.

Dribbling básico.

– Tipos de bote.

□ Bote de progresión.

□ Bote de velocidade.

□ Bote de protección.

□ Bote de penetración.

□ Cambios de ritmo con balón.

– Cambios de dirección con balón básicos.

□ Cambio de dirección sen cambio de man.

□ Cambio de dirección con cambio de man por diante.

□ Cambio de dirección con cambio de man por detrás.

□ Cambio de dirección con cambio de man entre as pernas.

□ Cambio de dirección con cambio de man utilizando un reverso.

– Pases básicos.

□ Pases a dúas mans.

- Pase de peito a dúas mans.

- Pase picado a dúas mans.

- Pase a dúas mans por enriba da cabeza.

□ Pase a unha man.

- Pase lateral a unha man.

- Pase de béisbol.

- Pase desde dribbling.

– Lanzamentos a canastra básicos.

– Lanzamentos en carreira básicos.

□ Entrada normal ou por riba da cabeza.

□ Entrada en bandexa.

□ Entrada metendo o balón cara a abaixo (mate).

□ Entrada con paso cambiado.

□ Extensións ou entradas con perda de paso.

– Lanzamento en estático básico.

□ Lanzamento exterior.

– Fintas básicas.

□ Fintas de tiro.

□ Fintas de saída.

□ Fintas de pase.

– Rebote ofensivo.

– Xogo de pernas.

– Dominio do balón.

– Agarre do balón.

– Movementos de pés en ataque sen balón.

• Propostas de tarefas de ensino das habilidades técnicas ofensivas en etapas iniciais e criterios para a súa elaboración.

• Erros máis frecuentes nas execucións de habilidades técnicas ofensivas en etapas iniciais.

– Criterios na identificación de erros nas habilidades técnicas ofensivas.

– Causas dos erros máis frecuentes nas habilidades técnicas ofensivas en etapas iniciais e estratexias de corrección.

– Estratexias de corrección de erros das habilidades técnicas defensivas en etapas iniciais.

• Recursos metodolóxicos e de demostración no ensino das habilidades técnicas ofensivas en etapas iniciais.

3. Valora e mellora a execución das habilidades técnicas defensivas do xogador ou xogadora nas etapas iniciais, describindo os estándares de execución nesta etapa, aplicando técnicas de identificación e corrección de erros, elixindo e adaptando tarefas de aprendizaxe, e aplicando metodoloxías específicas de explicación ou demostración.

• Habilidades técnicas defensivas en baloncesto en etapas iniciais.

– Posicións defensivas básicas.

□ Defensa do xogador ou xogadora con balón.

□ Defensa do xogador ou xogadora sen balón.

– Desprazamentos defensivos.

□ Desprazamentos defensivos laterais.

□ Desprazamentos defensivos cara atrás (paso de caída).

– Defensa ao xogador ou xogadora con balón básica.

– Defensa ao xogador ou xogadora sen balón.

– Defensa en función do lado do campo.

□ Defensa en lado balón ou lado forte.

□ Defensa ao xogador ou xogadora sen balón en lado débil ou lado de axuda.

– Defensa segundo o posicionamento.

□ Defensa de anticipación.

□ Defensa de cara ao balón.

– Axuda defensiva.

□ Acción posterior á axuda defensiva.

□ Axudar e recuperar.

□ Axudar e cambiar.

– Rebote defensivo.

□ Anticipación sobre a persoa atacante.

□ Bloqueo de rebote.

- Bloqueo de rebote ao xogador ou xogadora sen balón en lado forte.

- Bloqueo de rebote ao xogador ou xogadora sen balón en lado débil.

□ Captura de rebote.

– Agresividade defensiva (ímpeto).

• Propostas de tarefas de ensino das habilidades técnicas defensivas en etapas iniciais e criterios para a súa elaboración.

• Erros máis frecuentes na execución das habilidades técnicas defensivas en etapas iniciais.

– Criterios na identificación de erros nas habilidades técnicas defensivas.

– Causas dos erros máis frecuentes nas habilidades técnicas defensivas en etapas iniciais e estratexias de corrección.

– Estratexias de corrección de erros das habilidades técnicas defensivas en etapas iniciais.

• Recursos metodolóxicos e de demostración no ensino das habilidades técnicas defensivas en etapas iniciais.

Módulo específico de ensino deportivo: Dirección de equipos en etapas iniciais.

Código: MED-BCBC103.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Xestiona as propias emocións e as relacións dentro do grupo, aplicando estratexias básicas de dinámicas de grupo, xestión emocional, e valores en etapas iniciais en baloncesto; describindo as características dos diferentes tipos de xogadores ou xogadoras e equipos, describindo o traballo en equipo, o liderado e os seus dereitos, deberes e competencias como persoal técnico.

a) Describíronse as diferentes competencias do adestrador ou adestradora de baloncesto nas etapas iniciais.

b) Identificáronse as características propias do adestrador ou adestradora en baloncesto en etapas iniciais e describíronse as súas habilidades básicas.

c) Enumeráronse e describíronse os dereitos e deberes do adestrador ou adestradora de baloncesto.

d) Identificáronse os conceptos básicos de xestión emocional e psicolóxica para o adestrador ou adestradora de baloncesto en etapas iniciais.

e) Aplicáronse dinámicas de grupo ao baloncesto en etapas iniciais.

f) Diferenciáronse os significados de grupo fronte ao de equipo de baloncesto en etapas iniciais, así como os seus trazos característicos e diferentes tipoloxías de equipo.

g) Xustificouse a importancia do coñecemento dos nosos xogadores ou xogadoras na achega ao equipo, para facilitar o seu acompañamento, asesoramento e atención.

h) Describíronse e xustificáronse diferentes valores do baloncesto.

i) Describíronse os perfís e roles dos xogadores ou xogadoras de baloncesto.

j) Valorouse a formación permanente e o aprender a aprender.

2. Dirixe partidos e competicións de etapas iniciais, identificando, cunha linguaxe básica específica de baloncesto, os diferentes momentos do partido, aplicando os criterios básicos de actuación e a toma de decisións e os regulamentos propios das etapas iniciais.

a) Describíronse os trazos característicos dun partido de baloncesto en etapas iniciais marcados pola idade das persoas participantes.

b) Identificáronse os diferentes momentos dun partido, argumentado as súas características e comparando as súas diferenzas, segundo o tempo de partido.

c) Listáronse as actuacións básicas que se realizarán nun tempo morto e as causas elementais para solicitalo.

d) Describíronse os motivos básicos polos que facer un cambio nun partido de baloncesto en etapas iniciais.

e) Describíronse as actuacións que se realizarán nos descansos dun partido de baloncesto en etapas iniciais.

f) Aplicáronse as actuacións básicas de dirección de partidos en situacións simuladas de partidos de baloncesto en etapas iniciais, utilizando unha linguaxe básica específica.

g) Describíronse as regras do minibasket e do baloncesto pasarela.

h) Identificáronse as diferenzas entre o baloncesto, o minibasket e o baloncesto pasarela.

i) Aplicáronse tanto o regulamento de minibasket como a pasarela resolvendo situacións formuladas en partidos de baloncesto de etapas iniciais, e identificando a linguaxe básica específica presente nelas.

j) Xustificouse a importancia dun regulamento propio para categorías en etapas iniciais en baloncesto.

k) Valorouse a importancia da dirección tranquila en partidos en etapas iniciais.

l) Valorouse a participación efectiva no xogo de todas as persoas participantes do equipo.

3. Recolle información básica sobre o xogo en etapas iniciais desde algunhas fontes, aplicando e utilizando as ferramentas e recursos tecnolóxicos básicos de recollida, rexistro e interpretación, para a mellora continua dos xogadores ou xogadoras destas etapas.

a) Definiuse a observación do xogo e do xogador ou xogadora en baloncesto.

b) Identificáronse os parámetros básicos para observar dun xogador ou xogadora ou dun equipo de baloncesto en etapas iniciais.

c) Describíronse as características de diferentes fontes de información básicas utilizadas no baloncesto en etapas iniciais.

d) Nomeáronse as ferramentas e os recursos tecnolóxicos básicos na obtención de información.

e) Rexistráronse os datos recollidos coa gravación utilizando recursos tecnolóxicos básicos.

f) Nomeáronse os diferentes parámetros que se poden incluír nunha estatística básica de baloncesto.

g) Elaborouse a estatística dun partido ou fase do partido, tras o seu visionamento en tempo real ou gravado.

h) Diferenciouse entre os diferentes tipos de estatísticas básicas en baloncesto.

i) Interpretáronse os datos que aparecen nunha acta de xogo.

j) Valorouse a importancia de adecuar a información obtida pola observación á persoa destinataria dela.

k) Valorouse a necesidade de obter información a partir da observación do xogo.

4. Colabora na organización, xestión e dinamización das competicións e eventos propios do baloncesto en etapas iniciais, describindo os procesos, as súas características e os recursos necesarios, identificando a lexislación básica desta etapa, e aplicando os procedementos de arbitraxe básicos.

a) Describíronse os procesos de organización, inscrición e xestión dun evento deportivo con enfoque lúdico ou de iniciación.

b) Describíronse os recursos necesarios na organización dun evento ou competición lúdica ou de iniciación.

c) Identificáronse diferentes tipos de competicións e eventos en baloncesto, describindo as súas características.

d) Identificouse a normativa en baloncesto para etapas iniciais, asociándoas ao seu contido, así como os organismos que forman parte deste deporte.

e) Clasificouse a estrutura competitiva e organizativa do baloncesto español.

f) Asociáronse os niveis de adestradores ou adestradoras e as licenzas das competicións nas que poden participar como persoal técnico.

g) Identificáronse os diferentes xestos do árbitro ou da árbitra nun partido de baloncesto e explicouse o seu significado.

h) Identificáronse os diferentes xestos e accións das persoas auxiliares de mesa nun partido de baloncesto e explicouse o seu significado.

i) Diferenciáronse as características da arbitraxe nunha competición de baloncesto en etapas iniciais, nunha competición de baloncesto en etapas avanzadas e nun evento lúdico de baloncesto.

j) Interpretáronse os datos que aparecen nun marcador electrónico de baloncesto.

k) Valorouse a importancia de colaborar e intervir na xestión, na organización da arbitraxe e das competicións de baloncesto en etapas iniciais.

l) Valorouse a importancia de participar e colaborar coa dinamización do baloncesto.

Contidos básicos.

1. Xestiona as propias emocións e as relacións dentro do grupo, aplicando estratexias básicas de dinámicas de grupo, xestión emocional, e valores en etapas iniciais en baloncesto; describindo as características dos diferentes tipos de xogadores ou xogadoras e equipos, describindo o traballo en equipo, o liderado e os seus dereitos, deberes e competencias como persoal técnico.

• Significado e características do adestrador ou adestradora de baloncesto en etapas iniciais.

• Obxectivos como adestrador ou adestradora en etapas iniciais.

• Competencias básicas do adestrador ou adestradora.

• Habilidades básicas comunicativas en baloncesto.

• O adestrador ou adestradora como líder.

• Dereitos e deberes do adestrador ou adestradora de baloncesto.

• Conceptos básicos de xestión emocional e psicolóxica para o adestrador ou adestradora de baloncesto en etapas iniciais.

• Equipo técnico básico e funcións básicas.

• Diferenzas entre grupo e equipo.

• Especificacións das dinámicas de grupo en baloncesto en etapas iniciais.

• Dirección de equipos de baloncesto en etapas iniciais segundo os xogadores ou xogadoras e obxectivos.

• Trazos específicos e perfís dos xogadores ou xogadoras, e clasificación por posicións de xogo.

• Valores do baloncesto.

• Formación permanente do adestrador ou adestradora de baloncesto.

• Aprender a aprender do adestrador ou adestradora de baloncesto.

• Tipos de equipos de baloncesto segundo a categoría e a idade.

2. Dirixe partidos e competicións de etapas iniciais, identificando, cunha linguaxe básica específica de baloncesto, os diferentes momentos do partido, aplicando os criterios básicos de actuación e a toma de decisións e os regulamentos propios das etapas iniciais.

• O partido de baloncesto: as súas fases e descansos.

– Características das fases e descansos dun partido de baloncesto e consideracións para a dirección do adestrador ou adestradora.

• Tempos mortos: definición, características, consideracións para solicitalo e actuacións básicas.

• Cambio de xogadores ou xogadoras: definición, características e consideracións básicas para realizalo.

• Situacións especiais básicas que se dan nun partido de baloncesto.

• Linguaxe específica básica de baloncesto.

• Regulamento de baloncesto: minibasket e pasarela.

• Diferenzas entre baloncesto, minibasket e pasarela.

• Recomendacións para a dirección en etapas iniciais: exemplo e valores.

3. Recolle información básica sobre o xogo en etapas iniciais desde algunhas fontes, aplicando e utilizando as ferramentas e recursos tecnolóxicos básicos de recollida, rexistro e interpretación, para a mellora continua dos xogadores ou xogadoras destas etapas.

• A importancia do estudo do xogo.

• Observación básica do xogo en baloncesto en etapas iniciais.

– Observación xeral do ataque (identificación de estruturas tácticas).

– Observación xeral da defensa (identificación de estruturas tácticas).

• Observación do xogador ou xogadora de baloncesto en etapas iniciais: parámetros básicos.

• As fontes de información en baloncesto.

– Internet.

– Bibliografía.

– Videografía.

– Rexistros elaborados.

• Recursos tecnolóxicos básicos aplicados á observación do xogo en baloncesto.

– Lector de DVD.

– Televisión.

– Vídeo.

– Programas de visionamento multimedia.

• Ferramentas básicas para a obtención de datos en baloncesto.

– Gravación.

– Estatísticas sinxelas.

– Actas.

• Rexistro de datos con ferramentas básicas de baloncesto.

– Toma de estatísticas.

– Formalización de actas.

4. Colabora na organización, xestión e dinamización das competicións e eventos propios do baloncesto en etapas iniciais, describindo os procesos, as súas características e os recursos necesarios, identificando a lexislación básica desta etapa, e aplicando os procedementos de arbitraxe básicos.

• Organización e dinamización de eventos e competicións lúdicas ou de iniciación de baloncesto.

• A xestión básica de eventos de baloncesto.

• Recursos na organización de eventos e competicións lúdicas ou de iniciación de baloncesto.

• Leis, decretos e normativas básicas do baloncesto para etapas iniciais.

• Organización e estrutura básica do baloncesto.

– Organismos propios do baloncesto.

– Estrutura competitiva do baloncesto español.

• Regulamento xeral de competicións en baloncesto en etapas iniciais.

• Inscrición e bases de competición en baloncesto.

• Tipos de competicións en baloncesto.

– Características das competicións e eventos de baloncesto en etapas iniciais.

• Niveis dos adestradores ou adestradoras de baloncesto e correspondencia coas competicións.

• Mecánica de arbitraxe en minibasket e pasarela.

• Procedementos de arbitraxe de auxiliares de mesa en etapas iniciais.

• Procedementos de arbitraxe en eventos de baloncesto lúdico.

• O marcador electrónico en baloncesto.

Módulo específico de ensino deportivo: Ensino do baloncesto.

Código: MED-BCBC104.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Adapta a sesión completa de ensino-aprendizaxe de iniciación ao baloncesto, a partir dun programa e metodoloxía de referencia, describindo os elementos e organización da programación na tempada, valorando a actividade motriz da sesión de baloncesto, as características psicomotrices dos xogadores ou xogadoras de etapas iniciais e as características xerais das tarefas e as específicas da sesión.

a) Identificáronse as partes e elementos dunha programación de baloncesto dunha tempada.

b) Aplicáronse as consideracións que a metodoloxía de referencia propón para adaptar a sesión.

c) Describíronse as características motrices dos xogadores ou xogadoras de baloncesto en etapas iniciais.

d) Describíronse as escalas básicas de valoración da cantidade de actividade motriz na sesión de baloncesto para etapas iniciais.

e) Valoráronse as vantaxes do xogo como medio de aprendizaxe.

f) Definíronse tanto o concepto de sesión como de cada unha das súas partes.

g) Diferenciáronse diferentes tipos de sesións de adestramento na iniciación ao baloncesto.

h) Adaptouse unha sesión de ensino do baloncesto para etapas iniciais, describindo as súas partes, e tendo en conta a cantidade de actividade motriz de cada unha das tarefas que a compoñen, a partir dun suposto práctico debidamente caracterizado.

i) Valorouse a importancia da adaptación das sesións de baloncesto ás características psicomotrices dos xogadores ou xogadoras en etapas iniciais.

j) Definíronse e diferenciáronse os conceptos de tarefa, exercicio e xogo.

k) Describíronse os elementos que compoñen unha tarefa e a súa tipoloxía.

l) Estableceuse a distribución das tarefas de ensino do baloncesto relacionándoas coas fases da sesión, nun suposto práctico debidamente caracterizado.

m) Diferenciáronse os elementos de carácter físico-motriz, cognitivo, técnico ou táctico que caracterizan unha tarefa.

2. Dirixe a sesión nas etapas iniciais en baloncesto, aplicando técnicas de organización, dirección, motivación e dinamización de tarefas específicas da etapa, e utilizando técnicas de presentación das tarefas e ferramentas de avaliación.

a) Describíronse propostas alternativas á demostración dunha habilidade en baloncesto.

b) Describíronse e aplicáronse os aspectos organizativos e de dinamización de tarefas en etapas iniciais en baloncesto.

c) Describíronse e aplicáronse as técnicas de dinamización e de dirección nun suposto práctico debidamente caracterizado de sesión de baloncesto nas etapas iniciais.

d) Aplicáronse estratexias de incremento da participación do xogador ou xogadora nun suposto práctico debidamente caracterizado de sesión nas etapas iniciais en baloncesto.

e) Definíronse diferentes ferramentas de avaliación básicas en baloncesto e describíronse as súas aplicacións.

f) Aplicáronse as ferramentas de avaliación básica en baloncesto nun suposto práctico debidamente caracterizado.

g) Xustificouse a necesidade de avaliar tanto a execución da tarefa como o deseño desta e a propia actuación do adestrador ou adestradora (autoavaliación).

h) Describíronse e aplicáronse as estratexias que xeren motivación nos xogadores ou xogadoras de etapas iniciais en baloncesto.

i) Xustificouse a importancia de maximizar a participación do xogador ou xogadora nas tarefas.

j) Valorouse a importancia da diversión dos xogadores ou xogadoras na práctica da sesión en etapas iniciais.

3. Xestiona o risco durante a práctica do baloncesto, describindo as normas de prevención e seguridade na práctica, no material e instalacións específicas, aplicando procedementos de quentamento e volta á calma.

a) Definíronse os principais riscos da práctica do baloncesto.

b) Identificáronse os riscos presentes nunha situación práctica de baloncesto.

c) Diferenciáronse as causas de riscos que dependen do xogador ou xogadora e aquelas que dependen da práctica do baloncesto.

d) Describíronse os exercicios ou pautas desaconselladas na práctica do baloncesto.

e) Describíronse as características das lesións máis frecuentes en baloncesto.

f) Describíronse as características das zapatillas dun xogador ou xogadora de baloncesto.

g) Listáronse as normas preventivas sobre instalacións e material propio do baloncesto.

h) Propuxéronse medidas de actuación básica ante as lesións propias do baloncesto.

i) Valorouse a importancia da preparación física e psicolóxica dos xogadores ou xogadoras en baloncesto para mellorar o seu desenvolvemento.

j) Describíronse procesos de quentamento e volta á calma que inclúan aspectos preventivos e preparativos, e tanto físicos como psicolóxicos.

Contidos básicos.

1. Adapta a sesión completa de ensino-aprendizaxe de iniciación ao baloncesto, a partir dun programa e metodoloxía de referencia, describindo os elementos e organización da programación na tempada, valorando a actividade motriz da sesión de baloncesto, as características psicomotrices dos xogadores ou xogadoras de etapas iniciais e as características xerais das tarefas e as específicas da sesión.

• O ensino do baloncesto en etapas iniciais.

• Características psicomotrices dos xogadores ou xogadoras de baloncesto en etapas iniciais.

• A programación básica en baloncesto: partes e elementos que a compoñen.

• A tempada en baloncesto.

• A sesión de ensino-aprendizaxe de baloncesto en etapas iniciais: concepto e partes que a conforman.

– Os obxectivos da sesión de ensino-aprendizaxe de baloncesto en etapas iniciais.

– Tipos de sesións de baloncesto en etapas iniciais.

• A tarefa, o exercicio e o xogo. Conceptos e elementos que o compoñen.

• As tarefas dentro da sesión de baloncesto.

• A metodoloxía e as súas especificacións para o baloncesto en etapas iniciais.

– Metodoloxía de referencia en baloncesto en etapas iniciais.

• Escala básica de valoración da actividade motriz na sesión de baloncesto nas etapas iniciais.

• O xogo como metodoloxía de ensino e a súa importancia en etapas iniciais.

2. Dirixe a sesión nas etapas iniciais en baloncesto, aplicando técnicas de organización, dirección, motivación e dinamización de tarefas específicas da etapa, e utilizando técnicas de presentación das tarefas e ferramentas de avaliación.

• Demostración de habilidades de baloncesto: propostas alternativas.

• Organización e dinamización de tarefas en baloncesto en etapas iniciais.

• Dirección da sesión en baloncesto en etapas iniciais.

• Estratexias para motivar, divertir e mellorar a participación do xogador ou xogadora nas tarefas en baloncesto en etapas iniciais.

• Avaliación da sesión, das tarefas, do seu deseño e do adestrador ou adestradora de baloncesto en etapas iniciais.

• Ferramentas de avaliación básicas en baloncesto.

• A autoavaliación do persoal técnico.

3. Xestiona o risco durante a práctica do baloncesto, describindo as normas de prevención e seguridade na práctica, no material e instalacións específicas, aplicando procedementos de quentamento e volta á calma.

• Riscos básicos físicos e psicolóxicos na práctica de baloncesto.

• Aspectos básicos da preparación física no baloncesto.

– Riscos físicos e normas preventivas.

• Procesos psicolóxicos básicos aplicados no baloncesto.

– Riscos psicolóxicos e normas preventivas.

• A práctica adecuada como elemento de prevención e desenvolvemento.

• Exercicios e pautas desaconselladas en baloncesto.

• O quentamento na sesión en baloncesto.

• A volta á calma na sesión en baloncesto.

• A instalación e material de baloncesto en etapas iniciais. Utilización e medidas de prevención.

– A pista de baloncesto.

– As canastras.

– As zapatillas de baloncesto.

– Outros elementos da práctica.

• Lesións máis frecuentes en baloncesto.

– Lesións.

□ Óseas.

□ Musculares.

□ Feridas.

– Medidas de actuación básica.

Módulo específico de ensino deportivo: Táctica de ataque e defensa en etapas iniciais.

Código: MED-BCBC105.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Valora e inicia o xogador ou xogadora no xogo dinámico en situacións de partido, describindo a estrutura táctica do baloncesto, os conceptos, características e aspectos básicos do xogo dinámico en etapas iniciais e utilizando a simboloxía básica do baloncesto, aplicando técnicas e estratexias metodolóxicas de detección e corrección de erros e de adaptación de tarefas.

a) Definíronse os conceptos básicos de xogo dinámico (ataque dinámico e defensa dinámica) nas etapas iniciais.

b) Describíronse as características e conceptos básicos do xogo dinámico en etapas iniciais, debuxando coa simboloxía axeitada as situacións de xogo propostas.

c) Comparáronse varios xogos dinámicos para etapas iniciais presentados, identificando as súas diferenzas e similitudes.

d) Describíronse os erros máis frecuentes no xogo dinámico en etapas iniciais, as súas causas e as estratexias de corrección utilizables.

e) Interpretouse unha situación de xogo dinámico a partir dun esquema gráfico construído con simboloxía específica.

f) Describíronse propostas tácticas do baloncesto en etapas iniciais, utilizando a simboloxía básica en baloncesto.

g) Adaptáronse ataques e defensas dinámicas básicas para equipos en etapas iniciais, citando os criterios de adaptación aplicados e utilizando a simboloxía básica axeitada.

h) Xustificáronse as vantaxes e idoneidade de que o xogo dinámico se desenvolva con equipos en etapas iniciais.

i) Adaptáronse tarefas de aprendizaxe do xogo dinámico en etapas iniciais, describindo os criterios de adaptación e os principios de aprendizaxe progresiva utilizados.

j) Describíronse as características dos recursos metodolóxicos e demostrativos utilizados no ensino do xogo dinámico en etapas iniciais.

k) Describíronse os principios xerais da táctica en baloncesto, presentes na estrutura de xogo dun equipo.

l) Valorouse a evolución táctica do baloncesto na súa historia.

2. Valora e inicia o xogador ou xogadora no xogo posicional en situacións de partido, describindo os conceptos, características e aspectos básicos do xogo posicional en etapas iniciais e utilizando a simboloxía do baloncesto, aplicando técnicas e estratexias metodolóxicas de detección e corrección de erros e de adaptación de tarefas.

a) Definíronse os conceptos de xogo posicional: ataque posicional e defensa posicional, para etapas iniciais, describindo as súas características e conceptos básicos.

b) Comparáronse varios xogos posicionais para etapas iniciais presentados, identificando as súas diferenzas e similitudes, así como os erros cometidos e as causas que os xeran.

c) Describíronse os erros máis frecuentes no xogo posicional en etapas iniciais, as súas causas e as estratexias de corrección utilizables.

d) Identificouse o xogo posicional nunha situación real dun partido de baloncesto en etapas iniciais, debuxándoo coa simboloxía axeitada.

e) Adaptáronse ataques e defensas posicionais básicas para equipos en etapas iniciais, citando os criterios de adaptación aplicados.

f) Xustificouse a importancia de que o xogo posicional se desenvolva con equipos en etapas iniciais.

g) Adaptáronse tarefas de aprendizaxe do xogo posicional en etapas iniciais, describindo os criterios de adaptación e os principios de aprendizaxe progresiva utilizados.

h) Describíronse as características dos recursos metodolóxicos e demostrativos utilizados no ensino do xogo posicional en etapas iniciais.

3. Valora e inicia o xogador ou xogadora no xogo de espazos en situacións de partido, describindo os conceptos, características e aspectos básicos do xogo de espazos en etapas iniciais e utilizando a simboloxía básica do baloncesto, aplicando técnicas e estratexias metodolóxicas de detección e corrección de erros e de adaptación de tarefas.

a) Definíronse os conceptos básicos do xogo de espazos: ataque de espazos e defensa de espazos, en etapas iniciais, describindo as súas características.

b) Comparáronse varios xogos de espazos propios das etapas iniciais presentados, identificando as súas diferenzas e similitudes, así como os erros cometidos e as causas que os xeran.

c) Identificouse o xogo de espazos nunha situación real dun partido de baloncesto en etapas iniciais, debuxándoo coa simboloxía básica axeitada.

d) Adaptáronse ataques e defensas de espazos para equipos en etapas iniciais, citando os criterios de adaptación aplicados.

e) Valorouse a conveniencia que o xogo de espazos se desenvolva con equipos en etapas iniciais.

f) Adaptáronse tarefas de aprendizaxe do xogo de espazos en etapas iniciais, describindo os criterios de adaptación e os principios de aprendizaxe progresiva utilizados.

g) Describíronse as características dos recursos metodolóxicos e demostrativos utilizados no ensino do xogo de espazos en etapas iniciais.

h) Xustificouse que a táctica debe estar ao servizo dos xogadores ou xogadoras e en función das súas capacidades e madureza.

Contidos básicos.

1. Valora e inicia o xogador ou xogadora no xogo dinámico en situacións de partido, describindo a estrutura táctica do baloncesto, os conceptos, características e aspectos básicos do xogo dinámico en etapas iniciais e utilizando a simboloxía básica do baloncesto, aplicando técnicas e estratexias metodolóxicas de detección e corrección de erros e de adaptación de tarefas.

• Conceptos básicos do xogo dinámico.

• Terminoloxía.

– Ataque dinámico.

□ Contraataque.

□ Seguir xogando.

□ Transición.

– Defensa dinámica.

□ Repregamento.

□ Axuste.

□ Balance defensivo.

□ Seguir defendendo.

• Ataque dinámico.

– Ideas ofensivas do xogo dinámico.

– Estrutura do ataque dinámico.

– Inicio.

□ Logo de rebote defensivo.

□ Logo de canastra.

□ Logo de tiro libre.

□ Logo de roubo de balón.

– Organización.

□ Cun só xogador ou xogadora (contraataque).

□ Con dous xogadores ou xogadoras (contraataque).

□ Con tres xogadores ou xogadoras (contraataque).

□ Con catro xogadores ou xogadoras (contraataque).

□ Con cinco xogadores ou xogadoras (contraataque).

– Continuacións (seguir xogando).

□ Con cortes por diante da defensa.

□ Con cortes polas costas da defensa.

□ Con cortes ao poste baixo.

□ Cuns/cunhas contra uns/unhas.

□ Con dividir e dobrar segundo a axuda.

□ Con bloqueos directos.

– Finalizacións.

□ Con entrada a canastra desde rúa lateral.

□ Con entrada a canastra desde rúa central.

□ Con penetración desde rúa central e dobra pase ao lateral.

– Propostas de tarefas de ensino en etapas iniciais e criterios para a súa elaboración.

– Erros máis frecuentes nos ataques dinámicos en equipos en etapas iniciais.

□ Causas dos erros máis frecuentes nos ataques dinámicos en equipos en etapas iniciais.

• Defensa dinámica.

– Ideas defensivas do xogo dinámico.

– Estrutura da defensa dinámica.

□ Defensa previa á perda do balón.

□ Defensa no inicio do contraataque.

□ Defensa na organización do contraataque.

□ Defensa na finalización do contraataque.

□ Defensa ante o seguir xogando.

– Propostas de tarefas de ensino en etapas iniciais e criterios para a súa elaboración.

– Erros máis frecuentes en equipos en etapas iniciais.

□ Causas dos erros máis frecuentes nas defensas dinámicas en equipos en etapas iniciais.

• Principios xerais da táctica en baloncesto.

• Estrutura de xogo dun equipo de baloncesto.

• Historia da evolución táctica en baloncesto.

• Simboloxía táctica básica en baloncesto.

• Recursos metodolóxicos e demostrativos no ensino do xogo dinámico en etapas iniciais.

• Aprendizaxe progresiva dos conceptos básicos do xogo dinámico.

2. Valora e inicia o xogador ou xogadora no xogo posicional en situacións de partido, describindo os conceptos, características e aspectos básicos do xogo posicional en etapas iniciais e utilizando a simboloxía do baloncesto, aplicando técnicas e estratexias metodolóxicas de detección e corrección de erros e de adaptación de tarefas.

• Conceptos básicos do xogo posicional.

– Ataque posicional.

□ Definición de ataque posicional.

□ Disposicións iniciais básicas.

- Disposición 1-4.

- Disposición 1-2-2.

- Disposición 2-1-2.

□ Movementos básicos de desenvolvemento.

□ Finalizacións básicas en etapas iniciais.

□ Segundas opcións básicas en etapas iniciais.

□ Conceptos básicos do ataque en etapas iniciais.

□ Ocupación de espazos.

- Ampliación.

- Baleirado.

□ Pasar e moverse.

□ Intercambio de posicións.

□ Atacar as axudas.

□ Inversións.

- Directa ou pase skip.

- Indirecta ou de chegada.

□ Ataque desde posicións.

- Frontal.

- Diagonal.

- Esquina.

- Poste baixo.

- Poste alto.

□ Triangulacións.

- Triangulación longa.

- Triangulación curta.

□ Estruturas de ataque posicional básico en etapas iniciais.

□ O xogo posicional en equipos principiantes.

□ O xogo posicional en equipos xa iniciados.

□ Modelos de ataque posicional básico en etapas iniciais.

- Passing Game.

- Triplo poste.

□ Propostas de tarefas ofensivas de ensino en etapas iniciais e criterios para a súa elaboración.

□ Erros máis frecuentes no ataque de equipos en etapas iniciais.

□ Criterios na identificación de erros nos ataques dinámicos en etapas iniciais e a súa priorización.

- Causas dos erros máis frecuentes nos ataques dinámicos en equipos en etapas iniciais.

– Defensa posicional.

□ Definición de defensa posicional.

□ Conceptos básicos da defensa posicional en etapas iniciais.

□ A defensa ao xogador ou xogadora con balón.

□ A defensa ao xogador ou xogadora sen balón.

□ Axuda defensiva.

- Preparación da axuda.

- Reacción en axuda.

- Corrección posicional.

- Recuperación defensiva.

□ Triángulo defensivo.

- Sobremarcar.

- Inframarcar.

- Tres cuartos.

□ Estruturas básicas de defensas posicionais en etapas iniciais.

- Defensa de contención.

- Defensa por obxectivos.

□ Modelos de defensa posicional básica en etapas iniciais.

- Defensa para equipos principiantes.

- Defensa para equipos xa iniciados.

□ Propostas de tarefas defensivas de ensino en etapas iniciais e criterios para a súa elaboración.

□ Erros máis frecuentes na defensa de equipos en etapas iniciais.

□ Criterios na identificación de erros nas defensas posicionais en etapas iniciais e a súa priorización.

- Causas dos erros máis frecuentes nas defensas posicionais en equipos en etapas iniciais.

• Recursos metodolóxicos e demostrativos no ensino do xogo posicional (ofensivo e defensivo) en etapas iniciais.

• Aprendizaxe progresiva dos conceptos básicos do xogo posicional ofensivo e defensivo.

3. Valora e inicia o xogador ou xogadora no xogo de espazos en situacións de partido, describindo os conceptos, características e aspectos básicos do xogo de espazos en etapas iniciais e utilizando a simboloxía básica do baloncesto, aplicando técnicas e estratexias metodolóxicas de detección e corrección de erros e de adaptación de tarefas.

• Definición do xogo de espazos en etapas iniciais.

– Defensa de espazos en etapas iniciais.

□ Definición da defensa de espazos.

□ Obxectivos básicos da defensa de espazos.

□ Estruturas básicas da defensa de espazos.

- Defensa de espazos «par».

- Defensas de espazos «impar».

□ Propostas de tarefas de ensino da defensa de espazos para equipos en etapas iniciais e criterios para a súa elaboración.

□ Erros máis frecuentes da defensa de espazos en equipos en etapas iniciais.

- Criterios na identificación de erros nas defensas de espazos en etapas iniciais e a súa priorización.

- Causas dos erros máis frecuentes nas defensas de espazos en equipos en etapas iniciais.

– Ataque contra defensa de espazos en etapas iniciais.

□ Definición do ataque a espazos.

□ Premisas básicas do ataque a espazos.

□ Conceptos básicos do ataque de espazos.

- Ocupación de espazos.

- Movemento de balón.

- Divisións.

□ Estruturas elementais do ataque a espazos.

- Ataque con equipos de principiantes.

- Ataque con equipos xa iniciados.

• Propostas de tarefas de ensino para equipos en etapas iniciais e criterios para a súa elaboración.

• Erros máis frecuentes en equipos en etapas iniciais.

– Criterios na identificación de erros nos ataques de espazos en etapas iniciais e a súa priorización.

– Causas dos erros máis frecuentes nos ataques de espazos en equipos en etapas iniciais.

• Características dos recursos metodolóxicos e demostrativos utilizados no ensino do xogo de espazos en etapas iniciais.

• A táctica ao servizo do xogador ou xogadora, das súas capacidades e madureza.

Módulo específico de ensino deportivo: Formación práctica.

Código: MED-BCBC106.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Identifica a estrutura organizativa e o funcionamento do club ou entidade deportiva relacionándoa coa oferta de actividades en relación á iniciación deportiva ou ao acompañamento de persoas usuarias en actividades de baloncesto.

a) Identificouse a estrutura da organización deportiva local e autonómica e as súas relacións co club ou entidade deportiva.

b) Identificouse a estrutura organizativa e o funcionamento das distintas áreas do club ou entidade deportiva.

c) Recoñeceuse o tipo de asociación deportiva do club ou entidade deportiva de prácticas.

d) Identificáronse as relacións xerárquicas dentro do club ou entidade deportiva.

e) Identificouse a oferta de actividades vinculadas á iniciación deportiva ou ao acompañamento de persoas usuarias.

f) Distinguiuse a oferta de actividades orientada á práctica de baloncesto nas mulleres.

g) Identificáronse as vías de apoio institucional (local e autonómico) utilizadas polo club ou entidade deportiva.

h) Recoñecéronse os valores presentes nas actividades de baloncesto do club ou entidade deportiva.

2. Actúa con autonomía, iniciativa e responsabilidade no posto de traballo, demostrando comportamento ético, habilidades persoais de comunicación, traballo en equipo, respecto polo ambiente, e aplicando os procedementos establecidos pola empresa.

a) Identificáronse os requirimentos actitudinais do posto de traballo.

b) Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas e responsabilizouse do traballo asignado.

c) Demostrouse compromiso co traballo ben feito e a calidade do servizo, así como respecto aos procedementos e principios propios do club ou da entidade deportiva.

d) Demostrouse capacidade de traballo en equipo e respecto á xerarquía establecida no club ou entidade deportiva.

e) Estableceuse unha comunicación e relación eficaz co persoal técnico responsable da actividade e as persoas integrantes do equipo, mantendo un trato fluído e correcto.

f) Coordinouse co resto do equipo, informando de calquera cambio, necesidade relevante ou imprevista que se presente na actividade.

g) Mantívose unha actitude clara de respecto ao ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas.

h) Aplicáronse ou utilizáronse os equipos de prevención de riscos laborais propios do baloncesto.

i) Aplicáronse os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais, relacionados coas actividades, competicións e eventos da iniciación deportiva en baloncesto.

3. Colabora no desenvolvemento das actividades, competicións e outros eventos da iniciación deportiva en baloncesto identificando e utilizando medios, interpretando programacións de referencia e executando procedementos de acordo coa norma establecida, e instrucións recibidas.

a) Identificáronse e interpretáronse as instrucións recibidas e/ou documentación asociada á organización e á xestión de pequenas competicións e eventos propios da iniciación deportiva en baloncesto.

b) Interpretáronse e identificáronse as medidas de protección e de seguridade persoal da persoa deportista durante a competición, tendo en conta as características da competición de iniciación en baloncesto.

c) Realizáronse xestións de petición dos permisos necesarios para a realización da actividade, competición ou evento de iniciación deportiva en baloncesto.

d) Realizáronse accións de colaboración e intervención na organización e xestión de pequenas competicións e eventos propios da iniciación deportiva en baloncesto.

e) Realizouse a recollida de documentación para a inscrición das persoas participantes nunha actividade ou evento de iniciación deportiva en baloncesto.

f) Aplicáronse criterios á revisión e á confidencialidade da documentación necesaria para a inscrición.

g) Elaborouse a información sobre a actividade ou a competición de baloncesto para os pais, as nais ou os titores ou titoras legais das persoas participantes.

h) Interpretáronse os datos do marcador electrónico de baloncesto.

i) Interpretáronse os procedementos de arbitraxe nas competicións de baloncesto en etapas iniciais.

4. Dirixe a persoa deportista e o equipo en competicións de iniciación ao baloncesto, interpretando as normas e regulamentos, xestionando as relacións e emocións que se dan no xogo, executando os procedementos e técnicas de transmisión dos valores propios deste deporte, e recollendo información básica do xogo.

a) Comprobouse o estado da inscrición do grupo ou deportista na competición de iniciación en baloncesto, seguindo as instrucións e normas establecidas.

b) Informouse o xogador ou xogadora das características da competición, interpretando a súa documentación.

c) Aplicáronse procedementos de reclamación nunha competición de iniciación en baloncesto, aplicando as normas e protocolos establecidos.

d) Orientouse as persoas deportistas nas competicións, aplicando os procedementos e seguindo as instrucións e normas establecidas.

e) Velouse polo respecto aos valores do xogo limpo, o respecto á saúde persoal e ás demais persoas, durante a participación na competición de iniciación en baloncesto, aplicando os procedementos axeitados e respectando as súas normas.

f) Aplicáronse dinámicas de grupo durante as competicións que axuden ao xogador ou xogadora e ao equipo na práctica, aplicando técnicas e modelos de referencia.

g) Observouse o xogo real ou en diferido, utilizando recursos tecnolóxicos básicos, identificando as distintas habilidades técnicas básicas e os conceptos tácticos básicos que se presentan.

h) Utilizáronse, durante os partidos, os recursos de xestión do tempo e do equipo (tempos mortos e cambios) para optimizar a práctica e a participación dos xogadores ou xogadoras, e aplicando as normas do regulamento específico de aplicación.

i) Explicáronse diferentes consignas durante a competición, utilizando unha linguaxe específica básica de baloncesto.

j) Demostrouse a xestión das propias emocións, realizando unha dirección tranquila do equipo e comunicación serena cos xogadores ou xogadoras.

5. Realiza operacións de prestación dos primeiros auxilios, interpretando as normas e protocolos establecidos e aplicando técnicas e procedementos de acordo a instrucións ou normas establecidas, intervindo tamén na xestión do risco durante a práctica.

a) Desenvolvéronse operacións de valoración inicial á persoa accidentada, de acordo coas instrucións e protocolos recibidos.

b) Estableceuse a secuencia de actuación de acordo co protocolo establecido polo Comité de Coordinación Internacional sobre a Resucitación (ILCOR).

c) Establecéronse medidas de seguridade e autoprotección persoal nas situacións de prestación dos primeiros auxilios, de acordo coas instrucións e protocolos recibidos.

d) Aplicáronse técnicas e procedementos de prestación de primeiros auxilios en lesións, segundo a normativa e os protocolos establecidos.

e) Aplicáronse técnicas de soporte vital, seguindo as instrucións e protocolos establecidos.

f) Efectuáronse operacións de desfibrilación externa semiautomática, seguindo as instrucións e protocolos establecidos.

g) Mantívose o autocontrol en situacións de prestación dos primeiros auxilios á persoa accidentada tendo en conta as instrucións e protocolos establecidos.

h) Aplicáronse técnicas de apoio psicolóxico á persoa accidentada e a acompañantes, tendo en conta as instrucións e protocolos establecidos.

i) Utilizouse a terminoloxía médico-sanitaria elemental relacionada cos primeiros auxilios.

j) Demostrouse unha actitude positiva cara á reciclaxe e á actualización persoal en novos protocolos e instrumentos relacionados cos primeiros auxilios e os riscos na práctica do baloncesto.

k) Realizáronse operacións de preparación da cancha para incrementar a seguridade das persoas participantes.

l) Efectuáronse operacións de revisión das indumentarias das persoas deportistas e os equipamentos necesarios para a práctica, seguindo as instrucións ou normas establecidas.

m) Comunicouse ás persoas deportistas as posibles situacións de risco ou perigo durante a práctica, de acordo coas normas e procedementos establecidos.

6. Adapta e dirixe sesións de ensino-aprendizaxe na iniciación técnica e táctica en baloncesto, interpretando programacións de referencia, executando procedementos e técnicas relacionadas co proceso de ensino-aprendizaxe, e transmitindo valores éticos.

a) Identificáronse e seleccionáronse os medios e recursos necesarios para o desenvolvemento da actividade.

b) Identificáronse as condicións ambientais necesarias para o desenvolvemento da sesión, aplicando técnicas e procedementos establecidos e respectando as normas de seguridade establecidas para as actividades de iniciación en baloncesto.

c) Mantívose comunicación co xogador ou xogadora, explicando os contidos da sesión e demostrouse interese pola captación, motivación e adherencia á práctica das persoas deportistas e persoas usuarias.

d) Concretouse a sesión de ensino-aprendizaxe da iniciación en baloncesto seguindo a programación de referencia, establecendo tempos axeitados de práctica a nivel de grupo e individual.

e) Valoráronse as habilidades e destrezas técnicas e tácticas dos xogadores ou xogadoras, identificando os erros e ofrecendo pautas de corrección.

f) Tívose en conta o desenvolvemento natural do baloncesto propoñendo tarefas variadas que proporcionen variabilidade ou diversidade nas experiencias motoras, tendo en conta as características do individuo.

g) Establecéronse tempos axeitados para a práctica do xogo colectivo, e das habilidades técnicas, motivando a experimentación e a práctica.

h) Utilizáronse metodoloxías específicas para a demostración e/ou explicación das habilidades técnicas básicas e dos conceptos tácticos básicos.

i) Establecéronse as condicións de seguridade necesarias na iniciación en baloncesto, interpretando as instrucións ou normas e aplicando os procedementos establecidos.

j) Dirixiuse a sesión de ensino-aprendizaxe de iniciación en baloncesto, solucionando as continxencias existentes, utilizando máis reforzos positivos que castigos na corrección das habilidades técnicas, xerando un espírito construtivo e sereno na mellora e desenvolvemento do xogador ou xogadora.

k) Aplicáronse estratexias de comunicación, control de continxencias, servíndose das dinámicas de grupo máis axeitadas en cada caso.

l) Valorouse o desenvolvemento da sesión, aplicando procedementos de recollida e procesamento da información necesaria para a elaboración de xuízos que permitan o axuste e a mellora permanente do proceso de ensino-aprendizaxe e das actividades propias da iniciación á modalidade ou especialidade deportiva.

m) Demostrouse interese pola transmisión de valores éticos, persoais e sociais a través da práctica deportiva: xogo limpo, respecto á saúde persoal, ás demais persoas e ao contorno.

ANEXO III
Obxectivos xerais e módulos de ensino deportivo do ciclo final
de grao medio en Baloncesto

Obxectivos xerais.

a) Identificar e detectar as características técnicas, físicas, psicolóxicas, tácticas e competitivas, aplicando procedementos establecidos para valorar e agrupar a persoa deportista na etapa de tecnificación deportiva, e lograr a súa continuidade na súa práctica deportiva.

b) Analizar e interpretar a programación de referencia do adestramento en baloncesto na etapa de tecnificación, elixindo e deseñando tarefas e aplicando métodos establecidos, para adaptar e concretar os ciclos, programas específicos e sesións de adestramento de baloncesto.

c) Estruturar, elaborar e describir os obxectivos, contidos do proceso de ensino e aprendizaxe de baloncesto, aplicando metodoloxías específicas, tendo en conta os principios da aprendizaxe motora e da práctica saudable, para deseñar programas de ensino do baloncesto.

d) Describir, elixir e demostrar as técnicas e estratexias de dinamización, de control de continxencias e dirección de sesións en baloncesto cunha linguaxe específica avanzada que inclúa a terminoloxía en inglés, para dinamizar sesións de adestramento na etapa de tecnificación.

e) Describir e mostrar os fundamentos do xogo na etapa de tecnificación, seleccionando as estratexias metodolóxicas, así como os procedementos de detección e corrección de erros.

f) Analizar e identificar as diferentes estruturas tácticas presentes na competición da etapa de tecnificación deportiva, e do regulamento, aplicando técnicas de valoración do rendemento individual e colectivo para organizar o equipo no partido.

g) Analizar as continxencias persoais e colectivas que afectan a dirección de equipos en competición na etapa de tecnificación en baloncesto, valorando a carga emocional da situación, e aplicando técnicas e estratexias de liderado, desenvolvemento persoal, dinámicas de grupo, e de distribución e aceptación de roles nos equipos técnicos, para dirixir os xogadores ou xogadoras de forma máis acertada.

h) Identificar e describir as características do proceso de adquisición de valores e actitudes, sendo consciente e argumentando os efectos que provocan nas persoas deportistas, para transmitir valores propios do baloncesto.

i) Analizar e elaborar a estrutura organizativa das competicións e eventos das etapas iniciais de baloncesto, e identificar as características organizativas de competicións de tecnificación deportiva, enumerando os requisitos administrativos, os medios materiais e humanos necesarios, aplicando o marco legal que as regula e estratexias para atraer deportistas.

j) Identificar e analizar as características organizativas dos equipos técnicos, medios materiais e humanos, aplicando procedementos establecidos de xestión, comunicación e traballo colaborador, para dirixir a outro persoal técnico encargado da iniciación deportiva.

k) Identificar e analizar as variables que interveñen no proceso de tecnificación deportiva, aplicando procedementos de recollida, tratamento e valoración da información dos diferentes ciclos e períodos da tempada, e de axuste do programa, para valorar o desenvolvemento dos ciclos de adestramento e dos resultados obtidos.

l) Recoller información, a partir do scouting, mediante a utilización de fontes, recursos e ferramentas de observación e obtención de datos, para analizar e valorar os xogadores ou xogadoras e o equipo.

m) Identificar e reproducir graficamente os elementos tácticos presentes no xogo que se visiona, xa sexa en directo ou en diferido, e a velocidade real ou retardada, para analizar e valorar os compoñentes do xogo.

n) Recoñecer, promover e xustificar os valores de compromiso, traballo ben feito e respecto aos dereitos e deberes propios e dos xogadores ou xogadoras, describindo os aspectos observables da conduta que reflicten estes valores, para manter o espírito de responsabilidade individual como persoal técnico, esforzo persoal, compromiso co desenvolvemento das persoas deportistas e na loita contra a dopaxe.

ñ) Exteriorizar interese pola formación, innovación e a aprendizaxe permanente, recoñecendo as capacidades e competencias necesarias para exercer como persoal técnico deportivo, valorando o traballo ben feito, para demostrar o espírito de mellora constante.

o) Describir e aplicar os programas de iniciación deportiva ao baloncesto en cadeira de rodas, analizando as adaptacións ou características técnicas, tácticas e regulamentarias da modalidade, e clasificando as características das discapacidades.

p) Sensibilizar coa prevención da violencia de xénero.

q) Desenvolver e transmitir a través do comportamento ético persoal valores vencellados co xogo limpo, o respecto aos demais, o respecto e coidado do propio corpo, evitando os comportamentos e contidos sexistas e os estereotipos que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero, favorecendo a visibilidade da realidade homosexual, bisexual, transexual, transxénero e intersexual.

Módulo común de ensino deportivo: Bases da aprendizaxe deportiva.

Código: MED-C201.

Resultados da aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Identifica as características da persoa deportista de tecnificación deportiva (TD), relacionándoas coa etapa da adolescencia e analizando as variables psicolóxicas implicadas no rendemento deportivo.

a) Describíronse as características psicolóxicas propias da adolescencia.

b) Aplicáronse métodos de valoración das características psicolóxicas da etapa de TD.

c) Enumeráronse os trazos sociais máis frecuentes dos adolescentes ou das adolescentes.

d) Determináronse os elementos que forman parte do ámbito familiar, social e deportivo da persoa deportista da etapa de TD.

e) Aplicáronse procedementos de avaliación dos trazos sociais máis frecuentes no adolescente ou na adolescente.

f) Describíronse os factores psicolóxicos que facilitan a aprendizaxe na etapa de TD: a motivación, a concentración, o control de pensamentos e o control das emocións.

g) Describíronse as características e os tipos de motivación no deporte.

h) Argumentouse a contribución da motivación no fomento da TD.

i) Analizáronse os procedementos do mantemento da motivación durante a etapa de TD.

j) Aplicáronse estratexias psicolóxicas para o mantemento da concentración e o control de pensamentos e emocións en adestramentos e competicións propios da etapa de TD.

k) Valorouse a necesidade de integrar os aspectos psicosociais na preparación deportiva na etapa de TD.

2. Valora o proceso de perfeccionamento técnico e táctico da persoa deportista, analizando as características da aprendizaxe motora e os factores que interveñen.

a) Describíronse as diferentes teorías da aprendizaxe motora.

b) Analizouse o proceso de aprendizaxe sobre a base dos mecanismos de percepción, decisión e execución de accións motoras, e os seus mecanismos de regulación.

c) Valorouse a importancia de estimular os mecanismos de percepción e decisión (aspectos tácticos e estratéxicos) como construtor previo aos mecanismos de execución (aspectos técnicos).

d) Comparáronse as fases do proceso de aprendizaxe na adquisición de habilidades motoras.

e) Analizouse a tarefa, identificando os factores que determinan a súa complexidade a partir dos mecanismos de percepción, decisión e execución.

f) Analizáronse os factores que inflúen na aprendizaxe dependente do alumnado, da habilidade e/ou do proceso de ensino-aprendizaxe.

g) Identificouse a importancia da memoria nos procesos de aprendizaxe.

h) Identificouse a transferencia como elemento importante a ter en conta na aprendizaxe.

i) Aplicáronse os principios da aprendizaxe motora, exercicio, reforzo, retención e transferencia.

j) Definiuse o concepto, características e tipos de avaliación.

k) Elaboráronse procedementos e instrumentos de avaliación axeitados para a valoración do proceso de perfeccionamento técnico e táctico da persoa deportista.

l) Valorouse a necesidade de adecuar as tarefas ao nivel de desenvolvemento técnico e táctico da persoa deportista, garantindo a súa significatividade e a motivación do alumnado.

3. Aplica as técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico analizando a metodoloxía e os procedementos de control e dinamización axeitados.

a) Definíronse as diferentes técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades de adestramento básico (AB) e perfeccionamento técnico (PT).

b) Describíronse as diferentes estratexias metodolóxicas que se poden aplicar atendendo ás características do grupo.

c) Describíronse e aplicáronse os diferentes estilos de ensino en función das características do grupo e dos contidos que se van impartir.

d) Valorouse o tempo de práctica individual como criterio de calidade nas sesións de AB e PT.

e) Valorouse a importancia da organización do espazo e do material como factor de mellora da participación do alumnado e de redución de condutas non desexadas en tarefas e sesións de AB e PT.

f) Detectáronse os efectos da posición e desprazamento do persoal técnico como factor de control e dinamización das tarefas.

g) Valorouse a importancia da actitude do persoal técnico como factor de motivación e activación nas tarefas e sesións de AB e PT.

h) Aplicáronse diferentes tipos de feedback desde o punto de vista da súa eficacia (coñecemento de resultados e coñecemento do rendemento).

i) Identificáronse as variables a ter en conta na administración do feedback: momento de aplicación, frecuencia na administración e a cantidade.

j) Identificáronse e aplicáronse as diferentes formas de distribución da práctica como un dos factores que inflúen na aprendizaxe, ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe.

k) Describíronse e argumentáronse as características e posibles causas dos comportamentos non desexados nas tarefas e sesións de AB e PT.

l) Analizáronse e aplicáronse as medidas de intervención do persoal técnico ante posibles condutas non desexadas en tarefas e sesións de AB e PT.

4. Interpreta a programación do ensino deportivo analizando os seus compoñentes e deseñando actividades en función da etapa de aprendizaxe da persoa deportista.

a) Describíronse os tipos de programación de tecnificación deportiva, os seus principios e diferentes fases.

b) Identificáronse os obxectivos, os contidos, os medios, os métodos e os instrumentos de avaliación dun programa de ensino deportivo.

c) Valorouse a importancia da programación como elemento de control da evolución das aprendizaxes deportivas.

d) Describíronse as consideracións básicas no deseño de programas de iniciación deportiva.

e) Analizáronse as características e a estrutura da sesión de aprendizaxe como unidade básica de programación deportiva.

f) Aplicáronse criterios de modificación de tarefas a partir da programación de referencia segundo a etapa de aprendizaxe deportiva.

g) Identificáronse os elementos de complexidade da tarefa e o seu axuste en relación aos seus mecanismos de regulación.

h) Describíronse os conceptos de progresión, interferencia contextual e significatividade das tarefas na aprendizaxe deportiva.

i) Valorouse a importancia da progresión e a interferencia contextual no deseño e modificación de tarefas como factor de mellora na aprendizaxe deportiva.

j) Destacouse a importancia da motivación da persoa deportista cara á tarefa como elemento clave na súa mellora e a súa adherencia á práctica.

5. Coordina a intervención do persoal técnico ao seu cargo, aplicando técnicas de xestión de recursos humanos.

a) Diferenciáronse as funcións do persoal técnico coordinado polo adestrador ou adestradora.

b) Definíronse as técnicas de comunicación máis eficaces na coordinación do traballo do persoal técnico ao seu cargo.

c) Describíronse os diferentes estilos de condución do grupo, en función das situacións e das características do persoal técnico que se vai dirixir.

d) Elaboráronse dinámicas de grupo que potencian a capacidade de traballo en equipo e de escoita.

e) Valorouse a necesidade de cooperar para optimizar o rendemento do equipo de traballo.

6. Tutela as persoas deportistas durante a súa participación en adestramentos e competicións, identificando e inculcando actitudes e valores persoais e sociais.

a) Identificáronse os principais problemas éticos propios da etapa de tecnificación deportiva.

b) Valorouse a importancia de aplicar principios éticos durante a participación en competicións deportivas.

c) Identificáronse as principais formas de actuación do persoal técnico deportivo para inculcar actitudes e valores de respecto, xogo limpo e traballo en equipo nas competicións deportivas.

d) Valorouse a importancia de desenvolver unha actitude responsable e asertiva que favoreza a transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

e) Aplicáronse procedementos de resolución de problemas e conflitos éticos que poden xurdir durante a competición deportiva.

f) Identificáronse os principais elementos do contexto que inflúen nas condutas éticas e inmorais durante a práctica deportiva.

g) Describíronse os principios deontolóxicos profesionais do persoal técnico deportivo.

h) Describíronse e aplicáronse mecanismos de adaptación da competición para favorecer unha práctica inclusiva na etapa de tecnificación deportiva.

i) Valorouse a importancia de fomentar o desenvolvemento integral da persoa deportista e non só o aspecto técnico deportivo.

j) Describíronse e aplicáronse técnicas e instrumentos de avaliación e medida de actitudes e valores no deporte.

Contidos básicos.

1. Identifica as características da persoa deportista de tecnificación deportiva (TD), relacionándoas coa etapa da adolescencia e analizando as variables psicolóxicas implicadas no rendemento deportivo.

• Análise das características psicosociais das persoas deportistas na etapa de TD.

– Características psicolóxicas da adolescencia.

– Trazos sociais dos adolescentes ou das adolescentes.

– Diferenzas entre rapaces e rapazas na adolescencia.

– Elementos do ámbito familiar, social e deportivo na TD.

– Aplicación de métodos para avaliar as características psicosociais das persoas deportistas na etapa de TD e do seu ámbito familiar, social e deportivo.

– Valoración da necesidade de integrar os aspectos psicosociais da adolescencia na preparación deportiva da etapa de TD.

• Identificación e control dos factores psicolóxicos máis relevantes na etapa de TD.

– A motivación.

□ Características e tipos.

□ Procedementos para o mantemento da motivación durante a etapa de TD.

□ Valoración do papel destacado da motivación no fomento da TD.

– A concentración.

□ Características psicolóxicas.

□ Aplicación de recursos para facilitar o mantemento da concentración en adestramentos e competicións.

– Control de pensamentos e emocións.

□ Características psicolóxicas.

□ Medo ao fracaso e ansiedade precompetitiva.

□ Síndrome da persoa queimada (Burnout) en deportistas mozos e mozas.

□ Aplicación de recursos para facilitar o control de pensamentos e emocións en adestramentos e competicións.

2. Valora o proceso de perfeccionamento técnico e táctico da persoa deportista, analizando as características da aprendizaxe motora e os factores que interveñen.

• Análise das características da aprendizaxe motora e os factores que interveñen.

– Teorías da aprendizaxe motora.

– Mecanismos de aprendizaxe: a percepción, a decisión, a execución e os seus mecanismos de regulación.

– Fases da aprendizaxe deportiva.

□ Cognitiva (iniciación).

□ Asociativa (perfeccionamento).

□ Automática (dominio).

– A importancia da aprendizaxe sobre a base dos mecanismos de percepción e decisión, e sobre os aspectos de execución.

– Factores dos que depende a aprendizaxe.

□ Identificación dos factores que inflúen na aprendizaxe, dependentes do alumnado: idade, sexo, coñecementos previos, coeficiente intelectual, motivación, etc.

□ Identificación dos factores que inflúen na aprendizaxe, dependentes da habilidade: atendendo ao mecanismo implicado e á complexidade da tarefa.

□ Identificación dos factores que inflúen na aprendizaxe, dependentes do proceso de ensino-aprendizaxe: transmisión de información, progresión, distribución da práctica, etc.

□ Valoración da importancia de adaptar as tarefas ás necesidades do alumnado.

– Principios da aprendizaxe motora.

□ Aplicación dos principios da aprendizaxe motora: exercicio, reforzo, retención e transferencia.

□ A transferencia: tipos e aplicacións á aprendizaxe.

□ A memoria.

□ Importancia da transferencia do aprendido a outros contextos.

• O proceso de perfeccionamento técnico e táctico da persoa deportista.

– Identificación das características técnicas e tácticas propias da etapa de perfeccionamento.

• A avaliación: concepto, características e tipos.

– Deseño e aplicación de procedementos e instrumentos de avaliación do proceso de perfeccionamento técnico e táctico da persoa deportista: obxectivos/subxectivos e cualitativos/cuantitativos.

– Valoración da importancia da avaliación para valorar a adquisición de novas aprendizaxes e a estabilidade das xa aprendidas.

3. Aplica as técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico analizando a metodoloxía e os procedementos de control e dinamización axeitados.

• Análise da metodoloxía e os procedementos de control e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico.

– Técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades.

– Os estilos de adestrador ou adestradora na dirección de grupos.

– Estratexias metodolóxicas e estilos de ensino en función das características do grupo e da actividade.

– Valoración do tempo de práctica do alumnado.

– Técnicas de xestión das actividades para optimizar os tempos de práctica e o control do grupo.

– Importancia da posición estratéxica do persoal técnico na actividade.

– Implicación activa do persoal técnico nas tarefas para involucrar e motivar o alumnado.

– Diferentes tipos de feedback, variables e tipos desde o punto de vista da súa eficacia (coñecemento de resultados e coñecemento do rendemento).

– Identificación da práctica concentrada ou distribuída en función do tipo de actividade e características do grupo.

– As condutas disruptivas e situacións de conflito nas actividades.

– Xestión de recursos fronte ás condutas non desexadas.

4. Interpreta a programación do ensino deportivo analizando os seus compoñentes e deseñando actividades en función da etapa de aprendizaxe da persoa deportista.

• Interpretación e deseño de programacións.

– Tipos, principios e fases da programación deportiva.

– Elementos da programación das aprendizaxes deportivas: obxectivos, contidos, medios, métodos e instrumentos de avaliación.

– Interpretación da programación do ensino deportivo.

– Elaboración e aplicación de programas de iniciación deportiva.

– Deseño de sesións de aprendizaxe na iniciación deportiva.

– Elaboración de secuencias de aprendizaxe e aplicación de criterios para a modificación de tarefas de aprendizaxe deportiva.

– A programación como elemento de avaliación das aprendizaxes deportivas.

• Elección e deseño de tarefas motoras.

– A tarefa motora: complexidade e dificultade. Factores dos que depende.

– Progresión, significatividade e interferencia contextual nas tarefas durante as secuencias de aprendizaxe.

– Valoración da progresión das aprendizaxes como elemento fundamental no deseño e modificación ou manipulación de tarefas.

– Valoración da importancia de adecuar as tarefas ás características e intereses das persoas deportistas.

5. Coordina a intervención do persoal técnico ao seu cargo, aplicando técnicas de xestión de recursos humanos.

• Dirección e coordinación de grupos de traballo.

– Dinámica e características de grupos de traballo non xerarquizados.

– Asignación de roles: claridade, aceptación e cumprimento das funcións do persoal técnico.

– Valoración da necesidade de cooperar.

• Aplicación de técnicas de comunicación e condución de grupos.

– Técnicas de comunicación para a coordinación de grupos non xerarquizados.

– Adecuación dos estilos de condución ás necesidades da situación e das persoas.

– Dinámicas de grupo que potencian o traballo en equipo e a capacidade de escoita.

6. Tutela das persoas deportistas durante a súa participación en adestramentos e competicións, identificando e inculcando actitudes e valores persoais e sociais.

• Identificación de actitudes e valores persoais e sociais en relación coa práctica deportiva e a competición.

– Principais problemas éticos na etapa de tecnificación deportiva: abandono, exclusión da práctica, busca de resultados, etc.

– O contexto da práctica deportiva (clubs, asociacións, organizadores/as deportivos/as, árbitros e árbitras, medios de comunicación, etc.) na promoción e desenvolvemento de valores no deporte.

– Avaliación e medida de actitudes e valores no deporte: técnicas e instrumentos de medida dos valores no deporte (diario de sesións, test sociométrico, cuestionarios, perfil de polaridade, etc.).

• Transmisión de actitudes e valores persoais e sociais en relación coa práctica deportiva e a competición.

– Características do persoal técnico deportivo para favorecer a transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

- Empatía, asertividade, sensibilidade moral, capacidade de liderado, fomento do traballo en equipo, etc.

– Necesidade de desenvolvemento da responsabilidade persoal e a asertividade na transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

– Estratexias para a resolución de conflitos que poidan xurdir durante a participación en eventos deportivos e competicións (role-playing, banco de reflexión, dilemas morais, etc.).

– Principios deontolóxicos do persoal técnico deportivo.

– Adaptación das estruturas competitivas ao desenvolvemento de valores persoais e sociais (mantemento do carácter lúdico e de participación de todos e todas, cambios regulamentarios, etc.).

Módulo común de ensino deportivo: Bases do adestramento deportivo.

Código: MED-C202.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Identifica as características físicas de homes e mulleres, analizando as funcións anatómico-fisiolóxicas do organismo en relación co exercicio físico.

a) Describiuse a estrutura e a organización do organismo en función das súas unidades estruturais (células, tecidos e sistemas).

b) Diferenciáronse as distintas posibilidades de movemento do corpo humano, usando a terminoloxía correcta para a descrición de posicións e direccións, en función dos eixes e planos anatómicos.

c) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do aparello locomotor (ósos, articulacións e músculos).

d) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do sistema nervioso en relación ao exercicio, atendendo á estrutura e función da neurona, e ao proceso de sinapse nerviosa.

e) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do aparello cardiocirculatorio en relación co exercicio, atendendo á estrutura e dinámica do sangue, o corazón e os vasos sanguíneos.

f) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do aparello respiratorio en relación co exercicio físico.

g) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do sistema endócrino, en relación ás hormonas e glándulas endócrinas determinantes no desenvolvemento e ao exercicio físico.

h) Analizouse e describiuse o ciclo menstrual feminino en relación co adestramento deportivo.

i) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do sistema dixestivo.

j) Describíronse as diferentes fontes enerxéticas no organismo, relacionándoas coa súa implicación no exercicio físico.

k) Describíronse as principais adaptacións do organismo ao exercicio físico.

l) Valorouse a importancia das funcións anatómico-fisiolóxicas como base do adestramento deportivo.

2. Promove prácticas deportivas saudables, identificando as pautas hixiénicas máis axeitadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva.

a) Analizáronse as repercusións positivas máis relevantes da práctica deportiva sobre o organismo humano.

b) Analizáronse as consecuencias negativas que pode levar consigo unha práctica deportiva inadecuada.

c) Identificáronse as contraindicacións patolóxicas xerais máis importantes á práctica de exercicio físico.

d) Analizáronse os beneficios dunha axeitada hixiene deportiva.

e) Respectáronse unhas pautas básicas en canto ao equipamento e aos coidados hixiénico-corporais básicos na práctica deportiva.

f) Desenvolvéronse actividades de quentamento xeral e arrefriamento da persoa deportista.

g) Aplicáronse os principios da hixiene postural na práctica de exercicios de acondicionamento físico xeral.

h) Identificáronse hábitos posturais axeitados na práctica de actividades cotiás.

i) Describíronse as bases para unha alimentación e hidratación axeitadas antes, durante e despois do exercicio.

j) Analizáronse hábitos insalubres contraproducentes para o desenvolvemento físico das persoas, e especialmente en relación ás persoas deportistas mozos e mozas.

k) Describíronse as consecuencias do adestramento deportivo sobre a saúde das deportistas.

l) Valorouse a importancia de prever as consecuencias negativas dunha mala práctica deportiva.

3. Valora a condición motriz xeral de homes e mulleres aplicando as técnicas e a metodoloxía de avaliación axeitada distinguindo as diferentes capacidades físicas básicas.

a) Describiuse o concepto de capacidade motriz da persoa.

b) Identificáronse as capacidades coordinativas e condicionais como constitutivas da capacidade motriz da persoa.

c) Describíronse as características das capacidades condicionais da persoa.

d) Describíronse as características das capacidades coordinativas da persoa.

e) Clasificáronse os instrumentos e os medios máis importantes para a valoración das capacidades condicionais.

f) Clasificáronse os instrumentos e os medios máis importantes para a valoración das capacidades coordinativas.

g) Describiuse a evolución da capacidade motriz da persoa durante a adolescencia.

h) Valorouse a importancia da obxectividade, a fiabilidade e a validez dos métodos de medición das capacidades condicionais.

i) Valorouse a importancia da obxectividade, a fiabilidade e a validez dos métodos de medición das capacidades coordinativas.

4. Interpreta a programación describindo os principios e os elementos básicos do adestramento deportivo.

a) Describíronse e analizáronse os principais compoñentes das cargas de adestramento en relación a unha programación establecida.

b) Describíronse os principais conceptos de programación no adestramento deportivo.

c) Analizáronse, interpretáronse e comparáronse os elementos básicos da programación deportiva.

d) Analizáronse os diferentes mesociclos de toda programación deportiva.

e) Analizáronse os diferentes microciclos de toda programación deportiva.

f) Analizáronse os diferentes tipos e características da sesión de adestramento.

g) Analizáronse e interpretáronse programacións deportivas na etapa de tecnificación deportiva.

h) Identificáronse e analizáronse os procedementos de rexistro de toda programación deportiva.

i) Analizáronse os principios do adestramento deportivo e a súa relación coa programación deportiva.

j) Analizáronse e interpretáronse as principais leis que rexen o adestramento deportivo.

k) Valorouse a importancia da programación no proceso de adestramento.

5. Desenvolve a condición motriz xeral de homes e mulleres, analizando os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades e os medios utilizados.

a) Analizáronse e aplicáronse os principios de incremento da carga de adestramento.

b) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da forza.

c) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da resistencia.

d) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da velocidade.

e) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da flexibilidade.

f) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades coordinativas.

g) Analizáronse os principais medios do adestramento da forza.

h) Analizáronse os principais medios do adestramento da resistencia.

i) Analizáronse os principais medios do adestramento da velocidade.

j) Analizáronse os principais medios do adestramento da flexibilidade.

k) Analizáronse os principais medios do adestramento das capacidades coordinativas.

l) Valorouse a importancia dos principios metodolóxicos e medios de adestramento das capacidades para o correcto desenvolvemento da condición motriz xeral das persoas.

Contidos básicos.

1. Identifica as características físicas de homes e mulleres, analizando as funcións anatómico-fisiolóxicas do organismo en relación co exercicio físico.

• Células, tecidos e sistemas no organismo: estrutura e organización xeral.

• Descrición espacial do movemento: posición anatómica, eixes e planos anatómicos. Terminoloxía de posición e dirección.

• Aparello locomotor: principais ósos, articulacións e músculos. Estrutura e mobilidade das principais rexións anatómicas.

• Sistema nervioso: neurona, sinapse e transmisión do impulso nervioso.

• Aparello cardiocirculatorio: o corazón, resposta circulatoria ao exercicio e conceptos relacionados. Frecuencia cardíaca e volume sistólico.

• Aparello respiratorio: estrutura anatómica, capacidades e volumes pulmonares. Resposta ventilatoria ao exercicio.

• Sistema endócrino: principais hormonas e glándulas endócrinas. Resposta hormonal ao exercicio.

• Ciclo menstrual: características e influencia na práctica da actividade físico-deportiva. Menarquia e amenorrea primaria e secundaria.

• Sistema dixestivo: anatomía e fisioloxía básica.

• Metabolismo enerxético: ATP e principais vías metabólicas.

• Adaptacións dos diferentes sistemas implicados no exercicio físico.

2. Promove prácticas deportivas saudables, identificando as pautas hixiénicas máis axeitadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva.

• Deporte-saúde: concepto e relación con outros ámbitos deportivos.

• Beneficios da práctica físico-deportiva sobre o organismo: repercusións físicas, psicoemocionais e psicosociais.

• Riscos propios dunha práctica deportiva inadecuada: repercusións físicas, psicoemocionais e psicosociais.

• Contraindicacións xerais máis importantes á práctica de exercicio físico: contraindicacións absolutas e relativas. Precaucións.

• Hixiene deportiva: pautas xerais, hábitos e coidados hixiénico-corporais e equipamento deportivo.

• Efectos do adestramento deportivo na saúde específica das deportistas: beneficios (incremento capital óseo, entre outros) e riscos dunha práctica inadecuada (tríada, entre outros).

• Hixiene postural na práctica de exercicios de acondicionamento físico: pautas básicas de corrección postural e exercicios desaconsellados.

• Hixiene postural na práctica de actividades cotiás.

• O quentamento e a volta á calma na sesión deportiva.

• A alimentación e a hidratación vinculadas ao exercicio (antes, durante e despois do exercicio físico).

• Hábitos insalubres contraproducentes para a práctica deportiva: alcohol, tabaco e outras drogas. «Comida lixo». Trastornos alimentarios.

3. Valora a condición motriz xeral de homes e mulleres aplicando as técnicas e a metodoloxía de avaliación axeitada distinguindo as diferentes capacidades físicas básicas.

• Capacidades motrices: xeneralidades.

• Capacidades coordinativas: xeneralidades.

• Capacidades condicionais: xeneralidades.

• A resistencia.

• A velocidade.

• A forza.

• ADM.

• A axilidade.

• A coordinación.

• O equilibrio.

• Control do adestramento: instrumentos e valoración das capacidades condicionais e as capacidades coordinativas.

4. Interpreta a programación describindo os principios e os elementos básicos do adestramento deportivo.

• O adestramento deportivo: concepto, obxectivos e características. Elementos configurativos.

• A carga de adestramento: conceptos, características, elementos básicos, medios e métodos de aplicación. Control e incremento da carga: volume, intensidade, recuperación, densidade, etc.

• Principios básicos do adestramento deportivo.

• Leis básicas do adestramento deportivo: síndrome xeral de adaptación, sobrecompensación e recuperación.

• Factores de rendemento.

• Períodos e ciclos de adestramento.

• Programación do adestramento e a competición: obxectivos, contidos e periodización.

5. Desenvolve a condición motriz xeral de homes e mulleres, analizando os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades e os medios utilizados.

• Adestramento xeral e específico.

• A resistencia: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• A velocidade: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• A forza: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• ADM: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• Capacidades coordinativas: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

Módulo común de ensino deportivo: Deporte adaptado e discapacidade.

Código: MED-C203.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Organiza sesións de iniciación deportiva analizando as necesidades das persoas con discapacidade.

a) Describíronse os principais tipos de discapacidade atendendo ao mecanismo funcional afectado e as súas consecuencias a nivel perceptivo motor.

b) Recoñecéronse pautas de traballo específicas na iniciación deportiva segundo os diferentes tipos de discapacidade.

c) Aplicáronse procedementos básicos de recollida de información do comportamento motor da persoa con discapacidade, especialmente en relación ao transporte, ao control de obxectos e ás súas habilidades motrices básicas.

d) Determináronse medidas de seguridade específicas na iniciación deportiva segundo os diferentes tipos de discapacidade.

e) Determináronse as principais orientacións metodolóxicas que se empregarán segundo o tipo de discapacidade, especialmente en relación á comunicación e á participación na tarefa.

f) Argumentouse a importancia de identificar, previamente á práctica, as características propias e individuais de toda persoa practicante con algunha discapacidade.

2. Aplica recursos que fomentan a participación de persoas con discapacidade en actividades físico-deportivas analizando as características da tarefa e identificando as limitacións para a práctica deportiva orixinadas polo contexto.

a) Valorouse a importancia de maximizar as oportunidades de participación das persoas con discapacidade nas tarefas, xogos e deportes.

b) Analizáronse as principais vías de incorporación á práctica deportiva de persoas con discapacidade.

c) Describíronse os mecanismos de adaptación de tarefas para as persoas con discapacidade que compensan os déficits que se presentan.

d) Aplicáronse procedementos de modificación das tarefas, xogos e deportes para favorecer a participación, a satisfacción e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica.

e) Valorouse a importancia do fomento da participación activa de persoas con discapacidade en situacións inclusivas de práctica.

f) Identificáronse as principais limitacións cara á práctica provocadas pola falta de accesibilidade nas instalacións e en espazos deportivos.

g) Examináronse as limitacións orixinadas pola falta de acceso á información da oferta deportiva e á difusión da práctica.

h) Valorouse a importancia dunha actitude positiva cara á inclusión por parte de compañeiros e compañeiras, persoal técnico, as propias familias e as institucións cara á práctica deportiva de persoas con discapacidade.

i) Describíronse as posibilidades do material deportivo adaptado específico dos diferentes xogos e deportes adaptados.

j) Enunciáronse as posibilidades das axudas técnicas atendendo ao tipo de discapacidade e práctica deportiva que realicen as persoas.

3. Organiza as persoas deportistas con discapacidade interpretando as principais clasificacións funcionais do deporte adaptado e as características dos deportes adaptados.

a) Describiuse o concepto de clasificación funcional deportiva e o concepto de discapacidade mínima.

b) Enunciáronse as clasificacións funcionais deportivas segundo o tipo de discapacidade.

c) Xustificouse a importancia das clasificacións funcionais para a homoxeneización dos procesos competitivos no deporte adaptado argumentando as diferenzas entre elas.

d) Aplicáronse criterios de adaptación da clasificación para fomentar a participación de mulleres con discapacidade, grandes discapacitados e discapacitadas e, mesmo, persoas sen discapacidade.

e) Identificáronse os xogos e os deportes adaptados específicos para persoas con discapacidade, incluíndo as características daqueles que son específicos.

f) Recoñeceuse a importancia de vivenciar algúns deportes adaptados practicados por persoas con discapacidade a través de situacións simuladas.

g) Seleccionouse o deporte adaptado máis axeitado atendendo ao tipo de mecanismo funcional afectado e á clasificación funcional deportiva.

h) Valorouse a importancia da participación de persoas con discapacidade no deporte como peza clave da súa integración social.

4. Orienta as persoas con discapacidade cara á práctica deportiva recoñecendo a estrutura do deporte adaptado e as fontes de información dispoñibles.

a) Relacionouse a orixe do deporte para persoas con discapacidade coa estrutura actual do deporte adaptado.

b) Identificáronse os organismos reguladores do deporte adaptado a nivel internacional, nacional e rexional.

c) Diferenciáronse as estruturas deportivas paralímpicas das que non o son.

d) Valorouse o papel das institucións (federacións deportivas, asociacións, clubs, etc.) na organización e fomento da competición, a recreación e a práctica saudable.

e) Diferenciáronse as orixes da práctica deportiva dunha persoa con discapacidade (hospitalario, asociativo, etc.), e as diferentes finalidades (rehabilitadora, terapéutica, recreativa, deportiva, etc.) da práctica.

f) Describíronse os diferentes programas de deporte adaptado que existen.

g) Describíronse os principais programas de difusión da práctica e desenvolvemento do deporte adaptado como exemplos de boa práctica.

h) Utilizáronse as fontes de información dispoñibles en deporte adaptado como recurso básico para orientar as persoas deportistas con discapacidade.

i) Valorouse a importancia da promoción do deporte adaptado como xerador de valores persoais e sociais e vehículo de integración social.

Contidos básicos.

1. Organiza sesións de iniciación deportiva analizando as necesidades das persoas con discapacidade.

• Descrición das discapacidades:

– Discapacidade sensorial: visual e auditiva.

– Discapacidade intelectual: atraso mental e síndrome de Down.

– Discapacidade física: lesión medular, parálise cerebral e amputacións.

• Tipo de discapacidade e a súa relación co mecanismo perceptivo motor.

• Valoración inicial das características específicas das persoas con discapacidade.

• Utilización de ferramentas básicas para a recollida de información da competencia motriz en persoas con discapacidade.

• Aplicación das orientacións metodolóxicas oportunas en función do tipo de discapacidade.

• Aplicación de restricións e condicións básicas de seguridade na práctica deportiva segundo a discapacidade.

• A importancia das adaptacións metodolóxicas e a seguridade na iniciación deportiva de persoas con discapacidade.

2. Aplica recursos que fomentan a participación de persoas con discapacidade en actividades físico-deportivas analizando as características da tarefa e identificando as limitacións para a práctica deportiva orixinadas polo contexto.

• Xustificación da práctica deportiva das persoas con discapacidade como factor clave do seu benestar e calidade de vida.

• As vías de incorporación á práctica de persoas con discapacidade.

• Identificación das principais restricións na participación cara á práctica deportiva provocadas polo contexto.

• Identificación das actitudes no contorno das persoas con discapacidade.

• Barreiras arquitectónicas nas instalacións deportivas.

• Integración e inclusión a través dos xogos e dos deportes.

• Identificación e utilización dos mecanismos de adaptación das tarefas, xogos e deportes.

• Aplicación do xogo e das súas diferentes orientacións como elemento de atención á diversidade.

• Características do material deportivo adaptado.

• As axudas técnicas para a práctica deportiva.

• Valoración do papel da integración (inclusión das persoas con discapacidade en xogos e deportes).

• Vivenciación de situacións de práctica inclusiva para o fomento da participación de persoas con discapacidade.

3. Organiza as persoas deportistas con discapacidade interpretando as principais clasificacións funcionais do deporte adaptado e as características dos deportes adaptados.

• Tipo de deporte adaptado en función do mecanismo funcional afectado.

• As principais clasificacións funcionais deportivas segundo o tipo de discapacidade. O concepto de «mínima discapacidade».

• As clasificacións funcionais como proceso de homoxeneización para a participación.

• Análise da participación das persoas con discapacidade, en función da afectación e do sexo para unha participación igualitaria.

• A práctica deportiva con persoas con discapacidade en condicións de igualdade como factor de integración e participación.

• Características do deporte adaptado.

• Os deportes adaptados específicos.

• A participación de persoas sen discapacidade na práctica de deportes adaptados («integración á inversa»).

• Participación e vivenciación dos principais deportes adaptados.

4. Orienta as persoas con discapacidade cara á práctica deportiva recoñecendo a estrutura do deporte adaptado e as fontes de información dispoñibles.

• Orixe e historia do deporte adaptado.

• Estrutura do deporte adaptado.

• O Comité Paralímpico Internacional e o Comité Paralímpico Español.

• As orixes da práctica deportiva dunha persoa con discapacidade e as súas finalidades.

• Os programas de difusión e desenvolvemento do deporte adaptado.

• O papel do tecido asociativo de persoas con discapacidade na difusión da práctica deportiva.

• As principais fontes de información sobre o deporte adaptado.

• O deporte adaptado como promotor de valores e vehículo de integración social.

Módulo común de ensino deportivo: Organización e lexislación deportiva.

Código: MED-C204.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Interpreta a normativa de competición relacionándoa coa organización deportiva nacional e a súa estrutura administrativa e o réxime disciplinario deportivo.

a) Describíronse os organismos deportivos de ámbito nacional máis importantes e as súas funcións.

b) Relacionouse a lexislación deportiva de ámbito nacional coa súa estrutura administrativa.

c) Identificáronse as características do réxime disciplinario deportivo e as súas funcións.

d) Describiuse o réxime disciplinario deportivo aplicado á competición.

e) Expuxéronse as infraccións e sancións máis importantes relacionadas coa dopaxe, a violencia e a disciplina deportiva xeral.

f) Explicáronse os procedementos de comunicación das sancións deportivas.

g) Identificáronse as funcións dos diferentes órganos disciplinarios (clubs, federacións, Comité Español de Disciplina Deportiva, etc.).

h) Identificáronse os órganos responsables da aplicación da normativa sobre a dopaxe.

2. Selecciona e prepara recursos materiais e instalacións necesarias analizando as súas condicións de seguridade e relacionándoa coa normativa vixente.

a) Describíronse as características das instalacións deportivas, a súa funcionalidade e a súa relación cos aspectos de seguridade e de protección do ambiente.

b) Describíronse os criterios de seguridade que deben cumprir os equipamentos necesarios para a práctica deportiva.

c) Identificouse a normativa de aplicación en relación coa seguridade nas instalacións deportivas.

d) Analizouse o significado e o alcance dos distintos tipos de sinalización de seguridade nunha instalación deportiva.

e) Analizáronse os requisitos básicos de seguridade que deben cumprir as instalacións e o equipamento deportivo para todas as persoas que sexan usuarias ou persoal laboral, segundo a normativa vixente.

f) Analizáronse, nun suposto práctico, as características dos plans de emerxencia e evacuación dunha instalación deportiva.

g) Describíronse as medidas de protección contra actos antisociais e de violencia no deporte nunha instalación deportiva.

h) Valorouse a importancia de establecer os plans de emerxencia e evacuación nunha instalación deportiva.

3. Prepara o desprazamento da persoa ou grupo, aplicando os procedementos establecidos e a normativa vixente.

a) Interpretouse e cubriuse a documentación e os permisos necesarios para a xestión da viaxe.

b) Identificouse a normativa referente aos seguros de accidente e actividade.

c) Comparáronse diferentes tipos de seguros de accidente coas necesidades dun suposto de desprazamento.

d) Valorouse a responsabilidade que ten o persoal técnico sobre o control do grupo nos desprazamentos.

e) Interpretouse a normativa referente á responsabilidade do persoal técnico no desprazamento dos grupos.

f) Deseñouse o plan de viaxe nun suposto práctico de desprazamento dun grupo de deportistas.

4. Dirixe e acompaña a deportistas en competicións de nivel de iniciación e tecnificación deportiva analizando as características de organización das competicións.

a) Cubriuse a documentación relativa á inscrición en competicións.

b) Valorouse a importancia da responsabilidade do persoal técnico durante a competición.

c) Identificáronse as fases na organización dunha competición de iniciación ou tecnificación deportiva.

d) Describíronse as funcións máis relevantes na organización dunha competición deportiva.

e) Xustificouse a importancia da cobertura legal: licenza federativa e seguro deportivo da persoa deportista durante a competición.

5. Realiza actividades de xestión dun club deportivo aplicando os procedementos axeitados para a súa constitución e posta en marcha.

a) Identificouse a normativa que regula a constitución e o funcionamento dun club deportivo en función do seu ámbito de actuación.

b) Identificáronse os trámites necesarios para a creación dun club deportivo en función do seu ámbito de actuación.

c) Analizáronse as posibles vías de financiamento económico existentes para a creación e xestión dun club deportivo segundo as súas características.

d) Describíronse as características organizativas básicas dun club deportivo relacionándoas co obxecto da súa actividade.

e) Valorouse a importancia do club deportivo como elemento favorecedor da práctica deportiva.

f) Identificáronse os elementos necesarios no establecemento de convenios coas administracións públicas, así como outras asociacións de carácter privado.

Contidos básicos.

1. Interpreta a normativa de competición relacionándoa coa organización deportiva nacional e a súa estrutura administrativa.

• Lexislación deportiva estatal e normativa relacionada: obxecto e rango, e ámbito de aplicación.

• O Consello Superior de Deportes. Estrutura básica e funcións.

• Entidades deportivas españolas: Comité Olímpico Español, Comité Paralímpico Español, etc. Estrutura básica e funcionamento.

• Entidades deportivas españolas: federacións españolas deportivas. Estrutura básica e funcionamento.

• Réxime disciplinario deportivo e procedementos sancionadores. Natureza e competencias dos órganos disciplinarios: Axencia Estatal Antidopaxe, Comité Español de Disciplina Deportiva, Comisión Nacional contra a Violencia nos Espectáculos Deportivos, etc.

2. Selecciona e prepara recursos materiais e instalacións necesarias analizando as súas condicións de seguridade e relacionándoa coa normativa vixente.

• Instalacións deportivas: concepto e características funcionais.

• Medidas de protección do ambiente nas instalacións deportivas.

– Aforro e uso eficiente da auga e a enerxía.

– As afeccións no contorno físico. Redución de residuos, apoio á reciclaxe e á reutilización.

• Normativa sobre seguridade nas instalacións deportivas. Medidas de protección para persoas usuarias e traballadores ou traballadoras.

• Protección contra actos antisociais e violencia no deporte.

• Análise e aplicación dos plans de emerxencia e evacuación.

• A información sobre seguridade nas instalacións deportivas. Interpretación da sinalización de seguridade.

• Procedementos de revisión dos equipamentos deportivos.

3. Prepara o desprazamento da persoa ou grupo de iniciación e tecnificación deportiva aplicando os procedementos establecidos e a normativa vixente.

• A organización do desprazamento dos grupos deportivos.

– Características, formalización e tipo de documentación e permisos de desprazamento das persoas deportistas, e normativa de aplicación.

• A elección dos seguros de accidentes e actividade. Tipos e características. Normativa de aplicación.

• Responsabilidade civil do persoal técnico deportivo.

– Características e normativa vixente. O acompañamento ou tutela de menores durante o desprazamento.

• Asunción de normas e responsabilidades do persoal técnico deportivo nas viaxes dos grupos deportivos.

4. Dirixe e acompaña a deportistas en competicións de nivel de iniciación e tecnificación deportiva analizando as características de organización das competicións.

• Análise dos requisitos básicos para a participación en competicións de tecnificación deportiva.

– Proceso de inscrición, documentación e prazos.

– Tramitación e características da licenza federativa: autonómica e nacional.

– A tramitación do seguro obrigatorio deportivo.

• Análise das funcións e responsabilidade do persoal técnico deportivo durante a competición.

• Organización e estrutura básica das competicións deportivas, e as fases máis relevantes. Funcións da organización.

5. Xestiona un club deportivo aplicando os procedementos axeitados para a súa constitución e posta en marcha.

• O club deportivo. Tipos, características e estrutura básica.

• Normativa de constitución e funcionamento dun club deportivo.

• Procedemento de constitución e inscrición dos clubs deportivos.

• Vías de financiamento dos clubs deportivos: ingresos propios, ingresos indirectos, subvencións de institucións públicas, etc.

– Tipos e modalidades das axudas e subvencións aos clubs. Procedemento de tramitación.

– Convenios de colaboración coa Administración: protocolos, cláusulas e anexos.

– O patrocinio deportivo. Tipos e normativa relacionada.

Módulo común de ensino deportivo: Xénero e deporte.

Código: MED-C205.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Identifica a realidade do deporte feminino, analizando os elementos sociais que o caracterizan.

a) Identificouse a terminoloxía específica na temática de xénero.

b) Valorouse a importancia da autoavaliación permanente sobre os prexuízos e estereotipos persoais en relación ao xénero.

c) Describíronse os prexuízos e estereotipos persoais e sociais, específicos en relación ao xénero e á práctica de actividade físico-deportiva.

d) Identificouse a evolución do deporte feminino e os aspectos que resultaron determinantes na dita evolución.

e) Identificáronse e categorizáronse as diferenzas do deporte feminino en relación co masculino.

f) Describíronse os índices de práctica deportiva feminina nos diferentes ámbitos (deporte escolar, deporte federado, etc.).

g) Describiuse e analizouse o abandono feminino e as súas causas.

h) Analizouse a situación das mulleres como persoal técnico, corpo arbitral e adestradoras, así como en diferentes ámbitos da xestión deportiva.

2. Promove a incorporación da muller ao ámbito deportivo analizando as súas peculiaridades específicas, as do seu contexto e aplicando diferentes estratexias de intervención.

a) Describíronse os intereses e as motivacións particulares das mulleres ante a práctica deportiva.

b) Describíronse as principais barreiras que encontran as mulleres no desenvolvemento da práctica deportiva.

c) Valorouse a importancia de potenciar unha imaxe corporal saudable para o benestar da muller deportista.

d) Valorouse a importancia de considerar as características biolóxicas específicas da muller deportista como parte da súa vivencia persoal.

e) Valorouse a importancia de maximizar as oportunidades de participación das mulleres na actividade físico-deportiva.

f) Analizáronse as principais vías de incorporación das mulleres á práctica deportiva.

g) Valorouse a importancia de desenvolver prácticas inclusivas no fomento da participación activa das mulleres no deporte.

h) Aplicáronse estratexias metodolóxicas para favorecer a participación e as posibilidades de éxito das deportistas.

i) Valorouse a importancia dunha actitude positiva dos compañeiros e das compañeiras, persoal técnico, familias e institucións cara á práctica deportiva das mulleres.

j) Identificáronse os usos sexistas da linguaxe e as formas básicas para facer un uso del que visibilice as mulleres deportistas.

3. Apoia a incorporación da muller ao deporte, identificando o papel das institucións e as liñas de apoio ao deporte feminino.

a) Identificáronse as institucións e os organismos vinculados co deporte feminino a nivel nacional, autonómico e local.

b) Valorouse a importancia da coordinación e colaboración interinstitucional no fomento de hábitos de práctica físico-deportiva nas mulleres.

c) Valorouse o papel das institucións (federacións deportivas, asociacións, clubs, etc.) na organización e no fomento da competición, na recreación e na práctica da actividade física saudable das mulleres.

d) Describíronse as principais características dos programas de promoción da práctica físico-deportiva nas mulleres.

e) Valoráronse os principais programas de promoción e desenvolvemento da práctica deportiva feminina como exemplos de boas prácticas.

f) Valorouse a importancia da promoción do deporte feminino como xerador de valores persoais, sociais e como vehículo de integración social.

Contidos básicos.

1. Identifica a realidade do deporte feminino, analizando os elementos sociais que o caracterizan.

• Terminoloxía específica.

– Sexo-xénero.

– Prexuízo/estereotipo de xénero.

– Igualdade de acceso/igualdade de oportunidades.

– Modelos androcéntricos.

– Expectativas sociais.

• Prexuízos e estereotipos persoais e sociais en relación ao xénero e á práctica de actividade físico-deportiva.

• Evolución da práctica de actividade físico-deportiva das mulleres e factores determinantes.

• Modalidades deportivas con características diferenciais entre homes e mulleres.

• Índices de práctica físico-deportiva feminina nos diferentes ámbitos.

– Ámbito escolar.

– Ámbito federado.

– Ámbito universitario.

– Ámbito recreativo.

• Índices de abandono nos diferentes ámbitos (escolar, federado, universitario, recreativo, etc.).

• Causas do abandono da práctica físico-deportiva feminina.

• As mulleres como persoal técnico, adestradoras, corpo arbitral e xestoras deportivas.

2. Promove a incorporación da muller ao ámbito deportivo analizando as peculiaridades específicas da muller deportista e do seu contexto e aplicando diferentes estratexias de intervención.

• Intereses e motivacións específicas da muller ante a práctica físico-deportiva.

• Barreiras para o desenvolvemento da práctica deportiva.

• Imaxe non sexista na muller deportista.

– Trazos característicos dunha imaxe corporal positiva e negativa non sexista.

– Estratexias para fomentar unha imaxe corporal positiva non sexista na muller deportista.

• Influencia das características biolóxicas femininas no desenvolvemento psicosocial da deportista (menarquia, amenorrea, ciclo menstrual, temporalidade da madureza física, etc.).

• Estratexias de intervención para a plena incorporación das mulleres á práctica físico-deportiva.

– Oportunidades de participación.

– Vías de incorporación.

– Prácticas inclusivas.

– Estratexias metodolóxicas.

– Fomento de actitudes positivas nos diferentes axentes sociais (compañeiros e compañeiras, persoal técnico, as propias familias, etc.).

• A linguaxe.

– Uso non sexista da linguaxe.

– Linguaxe inclusiva.

– Estratexias básicas.

3. Apoia a incorporación da muller ao deporte, identificando o papel das institucións e as liñas de apoio ao deporte feminino.

• Órganos responsables do deporte feminino dentro das institucións e organismos.

– Ámbito nacional.

– Ámbito autonómico.

– Ámbito local.

• Coordinación e colaboración institucional no fomento de hábitos de práctica físico-deportiva nas mulleres.

• Programas de promoción e desenvolvemento do deporte feminino.

– Características principais.

– Exemplos de boas prácticas.

• A actividade físico-deportiva como xeradora de valores na poboación feminina.

– Valores persoais.

– Valores sociais.

Módulo específico de ensino deportivo: Formación do xogador ou xogadora na etapa de tecnificación.

Código: MED-BCBC201.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Examina e perfecciona a capacidade de xogo da persoa deportista na etapa de tecnificación, explicando os conceptos a partir do xogo reducido, así como os procesos de acción-reacción que resultan, aplicando técnicas de identificación e corrección de erros, modificando e construíndo tarefas de aprendizaxe e aplicando metodoloxías específicas de explicación ou demostración.

a) Identificáronse as categorías propias da etapa de tecnificación, así como os seus fundamentos propios.

b) Expuxéronse os conceptos técnico-tácticos propios das etapas de tecnificación.

c) Explicáronse as calidades coordinativas presentes nas habilidades técnicas do baloncesto en etapas de tecnificación, identificando a súa presenza sobre situacións presentadas.

d) Analizáronse as distintas situacións de xogo reducido en etapas de tecnificación, diferenciando o traballo específico entre xogadores ou xogadoras exteriores ou interiores.

e) Explicáronse os procesos de acción-reacción resultantes nas situacións do xogador ou xogadora con ou sen balón nas etapas de tecnificación.

f) Formuláronse recursos para obter vantaxe en situacións de xogo reducido en etapas de tecnificación, combinando a xogadores ou xogadoras de posicións exteriores e interiores nelas.

g) Analizáronse os erros cometidos na aplicación dos conceptos de xogo na etapa de tecnificación, definindo as causas que o provocan e modificando estratexias de corrección axeitadas para esta etapa.

h) Deseñáronse tarefas de adestramento dos conceptos do xogo, nunha situación debidamente caracterizada de xogo reducido na etapa de tecnificación, citando os criterios utilizados.

i) Demostráronse recursos metodolóxicos e demostrativos de adestramento nas situacións de xogo reducido, comparando o rendemento que ofrecen estes na súa posta en práctica.

j) Valorouse a importancia das situacións de xogo reducido na mellora e perfeccionamento técnico-táctico do xogador ou xogadora.

2. Analiza e perfecciona as habilidades técnicas ofensivas do xogador ou xogadora nas etapas de tecnificación, describindo os estándares de execución nesta etapa, aplicando técnicas de identificación e corrección de erros, deseñando e adaptando tarefas de aprendizaxe, e aplicando metodoloxías específicas de explicación ou demostración.

a) Explicáronse as habilidades técnicas ofensivas propias do baloncesto na etapa de tecnificación.

b) Comparáronse e distinguíronse as habilidades técnicas ofensivas do xogador ou xogadora exterior e as do xogador ou xogadora interior na etapa de tecnificación, describindo as súas características, e identificándoas nas accións de xogo.

c) Describíronse os estándares de execución de cada unha das habilidades ofensivas para a etapa de tecnificación.

d) Discrimináronse os erros máis frecuentes na execución das habilidades técnicas ofensivas, relacionándoos coas posibles causas e aplicando estratexias de corrección e asimilación.

e) Aplicáronse os recursos metodolóxicos e demostrativos para facilitar o perfeccionamento das habilidades técnicas ofensivas.

f) Aplicáronse tarefas de adestramento das habilidades técnicas ofensivas propias da etapa de tecnificación.

g) Valorouse a importancia de perfeccionar as habilidades técnicas ofensivas propias do baloncesto na etapa de tecnificación, comezando a especializar por posicións exteriores e interiores, aínda sen excluír a polivalencia de recursos do xogador ou xogadora.

3. Analiza e perfecciona as habilidades técnicas defensivas do xogador ou xogadora nas etapas de tecnificación, describindo os estándares de execución nesta etapa, aplicando técnicas de identificación e corrección de erros, deseñando e adaptando tarefas de aprendizaxe, e aplicando metodoloxías específicas de explicación ou demostración.

a) Explicáronse as habilidades técnicas defensivas propias do baloncesto na etapa de tecnificación.

b) Comparáronse e distinguíronse as habilidades técnicas defensivas do xogador ou xogadora exterior e as do xogador ou xogadora interior na etapa de tecnificación, describindo as súas características, e identificándoas nas accións de xogo.

c) Describíronse os estándares de execución de cada unha das habilidades defensivas para a etapa de tecnificación.

d) Discrimináronse os erros máis frecuentes na execución das habilidades técnicas defensivas do xogador ou xogadora na etapa de tecnificación, relacionándoos coas posibles causas e aplicando estratexias de corrección e asimilación.

e) Aplicáronse os recursos metodolóxicos e demostrativos para facilitar o perfeccionamento das habilidades técnicas defensivas.

f) Aplicáronse tarefas de adestramento das habilidades técnicas defensivas propias da etapa de tecnificación.

g) Valorouse a importancia de perfeccionar as habilidades técnicas defensivas propias do baloncesto na etapa de tecnificación, valorando a polivalencia defensiva que permita solucionar calquera situación ao xogador ou á xogadora.

4. Analiza e perfecciona o talento dos xogadores ou xogadoras de baloncesto, describindo as características individuais que presenten, aplicando técnicas de identificación do talento de cada xogador ou xogadora e deseñando tarefas para adestralo/a.

a) Identificáronse as características baloncestísticas que definen o talento deportivo.

b) Diferenciáronse os conceptos talento do xogador ou xogadora e xogador ou xogadora con talento.

c) Deseñáronse tarefas para construír un adestramento de desenvolvemento do talento dun xogador ou xogadora.

d) Expuxéronse baterías para identificar o talento dun xogador ou xogadora.

e) Enumeráronse as características biolóxicas, morfolóxicas e antropométricas propias dun xogador ou xogadora de baloncesto con talento.

f) Aplicáronse estratexias de desenvolvemento do talento dun xogador ou xogadora no xogo colectivo.

g) Describíronse as características físicas e psicolóxicas dun xogador ou xogadora, diferenciando aquelas que identifican a un xogador ou xogadora con talento nestas facetas.

h) Valorouse a importancia de detectar o talento de cada xogador ou xogadora.

Contidos básicos.

1. Examina e perfecciona a capacidade de xogo da persoa deportista na etapa de tecnificación, explicando os conceptos a partir do xogo reducido, así como os procesos de acción-reacción que resultan, aplicando técnicas de identificación e corrección de erros, modificando e construíndo tarefas de aprendizaxe e aplicando metodoloxías específicas de explicación ou demostración.

• Etapa de tecnificación.

– Obxectivos.

– Orientación xeral da etapa.

– Fundamentos individuais e colectivos.

• Categoría cadete.

• Categoría júnior.

• Capacidade de xogo en etapas de tecnificación.

– Capacidade de pase.

– Capacidade de ampliación atencional.

– Capacidade de anticipación.

– Capacidade de tiro.

– Capacidade de xogo sen balón.

– Capacidade de rebote.

– Capacidade de desprazamento.

• Situacións de xogo reducidas.

– Un/unha contra un/unha na etapa de tecnificación.

□ Ataque con balón.

- Xogador ou xogadora interior.

- Xogador ou xogadora exterior.

- Traballo específico do xogador ou xogadora exterior.

□ Ataque sen balón.

- Traballar a favor do balón.

- Traballar para o balón.

- Traballar para un compañeiro o unha compañeira.

- Ler vantaxes/desvantaxes.

□ Defensa dun/dunha contra un/unha.

- Consideracións defensivas.

- Defensa ao xogador ou á xogadora con balón.

- Defensa ao xogador ou á xogadora sen balón.

- Toma de decisións na defensa dun/dunha contra un/unha.

□ Adestramento dun/unha contra un/unha.

- Tarefas e criterios de elaboración.

- Recursos metodolóxicos e demostrativos.

□ Erros no un/unha contra un/unha na tecnificación: tipos, causas, criterios de identificación e estratexias de corrección.

– Ataque e defensa do dous/dúas contra dous/dúas na etapa de tecnificación.

□ Opcións de 2×2 segundo os xogadores ou xogadoras.

- Dous contra dous con dous xogadores ou xogadoras exteriores.

- Dous contra dous cun xogador ou xogadora exterior e cun xogador ou xogadora interior.

- Dous contra dous con dous xogadores ou xogadoras interiores.

□ Opcións tácticas no 2×2.

- Aclarado.

- Pasar e cortar.

- Cortes desde o lado contrario ao balón.

- Dividir e dobrar (penetrar e ceder).

- Pase man a man.

- Bloqueo directo.

□ Adestramento do dous/dúas contra dous/dúas.

- Tarefas e criterios de elaboración.

- Recursos metodolóxicos e demostrativos.

□ Erros no dous/dúas contra dous/dúas na tecnificación: tipos, causas, criterios de identificación e estratexias de corrección.

– Ataque e defensa do tres contra tres na etapa de tecnificación.

□ Opcións de 3x3 segundo os xogadores ou xogadoras.

- Dous xogadores ou xogadoras exteriores e un xogador ou xogadora interior.

- Un xogador ou xogadora exterior e dous xogadores ou xogadoras interiores.

- Tres exteriores.

- Tres interiores.

□ Opcións tácticas no 3×3.

- Bloqueos indirectos.

- Triangular pases.

- Pasar, cortar e substituír.

- Cruces (cortes de aleiros ou aleiras).

- Pantalla.

□ Adestramento do tres contra tres.

- Tarefas e criterios de elaboración.

- Recursos metodolóxicos e demostrativos.

□ Erros no tres contra tres na tecnificación: tipos, causas, criterios de identificación e estratexias de corrección.

– Ataque e defensa da superioridade numérica na etapa de tecnificación.

□ Finalización de contraataque.

- 2×1.

- 3×1.

- 3×2.

- 4×3.

□ Adestramento e recursos metodolóxicos e demostrativos das situacións de superioridade na tecnificación.

□ Erros en situacións de superioridade na tecnificación: tipos, causas, criterios de identificación e estratexias de corrección.

– Ataque e defensa da inferioridade numérica na etapa de tecnificación.

□ 1×2.

- Defensa trap.

- Ataque do trap.

□ Adestramentos e recursos metodolóxicos e demostrativos das situacións de inferioridade na tecnificación.

□ Erros en situacións de inferioridade na tecnificación: tipos, causas, criterios de identificación e estratexias de corrección.

• Xogadores preparados ou xogadoras preparadas para todo.

• Proceso de acción-reacción no xogo.

– O xogador ou xogadora con balón.

□ Sen defensor directo ou defensora directa.

- Fixar a un defensor ou unha defensora.

- Xogar para canastra.

□ Ante un defensor directo ou unha defensora directa.

- De cara ao aro.

- De costas ao aro.

□ Ante dous defensores ou defensoras.

- De cara ao aro.

- De costas ao aro.

– O xogador ou xogadora sen balón.

□ Sen defensor directo ou defensora directa.

- Ocupar espazos libres.

- Crear vantaxes activas.

□ Ante un defensor ou unha defensora directo/a.

- Xogo en movemento.

- Xogo posicional.

- Se ao xogador ou xogadora con balón lle fan un 2c1.

- Segundo o obxectivo do xogo.

2. Analiza e perfecciona as habilidades técnicas ofensivas do xogador ou xogadora nas etapas de tecnificación, describindo os estándares de execución nesta etapa, aplicando técnicas de identificación e corrección de erros, deseñando e adaptando tarefas de aprendizaxe, e aplicando metodoloxías específicas de explicación ou demostración.

• Habilidades técnicas ofensivas en baloncesto para etapas de tecnificación.

– Xogo sen balón básico.

□ Consideracións técnicas e estándares de execución.

- Pivote interior.

- Pivote exterior.

- Pivote de circulación ou «envolver».

- Desmarque.

- Desmarque por fintas de recepción.

- Engano interior-recepción interior.

- Recepción.

□ Desmarque por finta de autobloqueo.

□ Finta de autobloqueo de cara.

□ Autobloqueo en reverso.

□ Recepción en estático.

□ Recepción en movemento.

□ Utilización táctica do xogo sen balón.

– Ocupación de espazos.

□ Gañar unha posición exterior.

- En estático.

- Posición preferente con relación a un pase interior.

- En movemento.

- Dividir a defensa.

- Desmarcarse.

□ Gañar unha posición interior.

- En estático.

- Posición preferente con relación a un pase lateral exterior.

- Posición preferente con relación a un pase vertical exterior.

- En movemento.

- Pivotar.

– Pivotes.

□ Pivote directo ou ventral.

□ Pivote reverso ou dorsal.

□ Utilización táctica dos pivotes.

□ Estándares de execución.

– Paradas.

□ Parada combinada.

□ Utilización táctica das paradas segundo a posición do defensor ou defensora.

□ Estándares de execución.

– Arrancadas.

□ Contrapé.

□ Utilización táctica das arrancadas.

□ Estándares de execución.

Dribbling.

□ Consideracións técnicas e estándares de execución.

□ Tipos de bote.

- Bote para mellorar o ángulo de pase.

- Bote de división.

- Bote de escape.

– Pases.

□ Consideracións técnicas e estándares de execución.

- Pases periféricos.

- Pases penetrantes.

□ Tipos de pases.

- Pase lateral a unha man.

- Pase polas costas.

- Pase man a man.

- Pase despois de pivotar.

□ Utilización táctica do pase.

- Primeiro pase de contraataque.

- Pases interiores.

- Utilización dos pivotes previos ao pase.

- Utilización do bote e as fintas.

– Lanzamentos a canastra.

□ Consideracións técnicas e estándares de execución.

□ Lanzamentos en carreira.

- Detalles.

□ Accións anteriores ao lanzamento.

- Apoios.

- Man de tiro.

- Forma de tiro.

□ Lanzamento a canastra pasada.

□ Tiro en elevación.

□ Lanzamento en estático.

□ Tiro en suspensión.

□ Tiro de tres puntos.

□ Palmeo.

□ Tiro de gancho.

□ Tiro de semigancho en suspensión.

□ Utilización táctica do lanzamento.

□ Secuencia de selección de tiro.

– Fintas.

□ Consideracións xerais e estándares de execución.

□ Fintas de cabeza.

□ Fintas de pernas.

□ Finta de penetración cara a diante.

□ Fintas de saída.

- Finta de saída aberta e saída aberta.

- Finta de saída aberta e saída cruzada.

- Finta de saída e tiro.

- Finta de saída aberta e saída en reverso.

- Finta de saída en reverso e saída aberta.

□ Utilización táctica das fintas.

– Rebote ofensivo.

□ Consideracións técnicas e estándares de execución.

□ Utilización táctica do rebote ofensivo.

- A acción de ir ao rebote de ataque.

- A loita polo camiño.

– Ángulos.

□ Consideracións técnicas e estándares de execución.

□ Tipos de ángulos.

- Ángulos de pase.

- Ángulos de xogo.

- Ángulos de bloqueo.

- Segundos ángulos de bloqueo.

□ Utilización táctica dos ángulos.

• Elaboración de tarefas de adestramento das habilidades técnicas ofensivas en etapas de tecnificación e criterios para a súa elaboración.

• Erros máis frecuentes nas execucións de habilidades técnicas ofensivas en etapas de tecnificación.

– Criterios na identificación de erros nas habilidades técnicas ofensivas en tecnificación.

– Causas dos erros máis frecuentes nas habilidades técnicas ofensivas en etapas de tecnificación e estratexias de corrección.

• Recursos metodolóxicos e de demostración no ensino das habilidades técnicas ofensivas en etapas de tecnificación.

3. Analiza e perfecciona as habilidades técnicas defensivas do xogador ou xogadora nas etapas de tecnificación, describindo os estándares de execución nesta etapa, aplicando técnicas de identificación e corrección de erros, deseñando e adaptando tarefas de aprendizaxe, e aplicando metodoloxías específicas de explicación ou demostración.

• Habilidades técnicas defensivas en baloncesto en etapas de tecnificación.

– Xeneralidades.

□ Aptitude física.

□ Vontade.

□ Espírito de traballo en equipo.

□ Roles dos xogadores ou xogadoras en defensa.

– Fintas defensivas.

□ Consideracións técnicas e estándares de execución.

– Defensa do xogador ou xogadora con balón.

□ Consideracións técnicas e estándares de execución.

□ Defensa da persoa atacante con balón que non iniciou o bote.

- Paso de ataque.

- Paso atrás.

- Paso deslizado.

□ Defensa da persoa atacante con balón que está a botar.

- Defensa contida.

- Defensa invasora.

- Defensa táctica.

– Defensa ao xogador ou xogadora sen balón.

□ Consideracións técnicas e estándares de execución.

□ Defensa de posición.

- Defensa aberta.

- Defensa pechada.

□ Outros conceptos importantes.

- Defensa de actitude.

- Recuperación da posición defensiva.

□ Defensa das posicións interiores a atacantes sen balón.

- Defensa por detrás.

- Defensa en tres cuartos polo lado balón.

- Defensa en tres cuartos polo lado contrario.

- Defensa por diante.

- Axuste en función do movemento de balón.

– Principios e normas defensivas.

□ Defensa para os xogadores situados ou xogadoras situadas no lado forte.

- Presión ao xogador ou xogadora con balón.

- Deter as penetracións.

- Saltar para axudar dentro.

□ Defensa para os xogadores situados ou xogadoras situadas no lado de axuda.

- Cando o balón está por debaixo da liña de tiros libres.

- Cando o balón está por riba da liña de tiros libres.

- Cando se produce unha penetración desde o lado forte.

- Ao producirse unha primeira axuda.

– Outras consideracións importantes.

□ Comunicación motriz.

□ Comunicación verbal defensiva.

□ Picardía.

– Movementos de risco.

□ Consideracións técnicas e estándares de execución.

– Roubo de balón.

– Tapón.

□ Tapón frontal.

□ Tapón lateral.

□ Tapón posterior.

– Interceptación do pase.

– Falta de ataque.

• Elaboración de tarefas de adestramento das habilidades técnicas defensivas en etapas de tecnificación e criterios para a súa elaboración.

• Erros máis frecuentes nas execucións de habilidades técnicas defensivas en etapas de tecnificación.

– Criterios na identificación de erros nas habilidades técnicas defensivas na tecnificación.

– Causas dos erros máis frecuentes nas habilidades técnicas defensivas en etapas de tecnificación e estratexias de corrección.

– Estratexias de corrección de erros das habilidades técnicas defensivas en etapas de tecnificación.

• Recursos metodolóxicos e de demostración no ensino das habilidades técnicas defensivas en etapas de tecnificación.

4. Analiza e perfecciona o talento dos xogadores ou xogadoras de baloncesto, describindo as características individuais que presenten, aplicando técnicas de identificación do talento de cada xogador ou xogadora e deseñando tarefas para adestralo ou adestrala.

• O talento deportivo.

– Adestrar xogadores ou xogadoras con talento.

– Baterías de identificación do talento do xogador ou xogadora.

– Elementos básicos que se considerarán na detección do talento.

• Características biolóxicas.

• Características morfolóxicas e antropométricas.

• Determinación da idade biolóxica.

• Capacidades físicas.

• Características psicolóxicas.

Módulo específico de ensino deportivo: Dirección de equipos na etapa de tecnificación.

Código: MED-BCBC202.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Xestiona as relacións dentro dun equipo na etapa de tecnificación, analizando as características psicosociais dos xogadores ou xogadoras nesta etapa, describindo as habilidades do adestrador ou adestradora de baloncesto e as funcións do seu equipo técnico, aplicando técnicas e dinámicas de grupo.

a) Describíronse as diferentes capacidades que conforman as competencias do adestrador ou adestradora de baloncesto.

b) Explicáronse as características psicosociais dos xogadores ou xogadoras na etapa de tecnificación.

c) Identificáronse, en supostos debidamente caracterizados, as habilidades comunicativas e os conceptos de control emocional presentes en adestradores ou adestradoras de baloncesto.

d) Analizáronse as funcións e as relacións do adestrador ou adestradora e do adestrador ou adestradora axudante dun equipo de baloncesto.

e) Analizáronse as técnicas e as dinámicas de grupo, relacionándoas co obxectivo proposto.

f) Elaborouse un regulamento interno axeitado para o equipo de baloncesto na etapa de tecnificación.

g) Describíronse os obxectivos dos equipos de baloncesto na etapa de tecnificación.

h) Valorouse a importancia dunha correcta xestión dun equipo de baloncesto para un bo funcionamento deste.

i) Valorouse a importancia da cohesión dentro dun equipo para a mellora do seu rendemento.

2. Dirixe partidos e competicións na etapa de tecnificación, utilizando unha linguaxe avanzada específica de baloncesto e a súa terminoloxía en inglés, xestionando e aplicando os criterios avanzados de actuación e de toma de decisións nos diferentes momentos do partido nesta etapa.

a) Explicáronse as consideracións importantes da dirección de partidos de baloncesto na etapa de tecnificación.

b) Comparáronse os diferentes momentos dun partido de baloncesto, en canto a tarefas que se van realizar e aspectos que se van considerar como persoal técnico.

c) Aplicáronse, en supostos debidamente caracterizados, estratexias que se van levar a cabo como persoal técnico nos diferentes momentos dun partido na etapa de tecnificación.

d) Clasificáronse as actitudes e as reaccións do adestrador ou adestradora ante fallos e acertos dos xogadores ou xogadoras.

e) Describíronse os criterios avanzados de comportamento do persoal técnico en diferentes momentos dun partido na etapa de tecnificación.

f) Utilizáronse criterios avanzados, en supostos debidamente caracterizados, para xustificar un cambio ou un tempo morto nun partido na etapa de tecnificación.

g) Aplicáronse criterios de actuación ante situacións imprevistas ou especiais nun partido na etapa de tecnificación.

h) Describíronse diferentes conceptos propios da linguaxe específica do baloncesto.

i) Utilizouse a terminoloxía específica en inglés a partir dunha situación táctica representada graficamente.

j) Describíronse os aspectos básicos que configuran a imaxe do adestrador ou adestradora de baloncesto.

k) Xustificouse a importancia de mostrar valores como persoal técnico durante os partidos e as competicións na etapa de tecnificación.

3. Analiza e interpreta información recollida mediante a observación do xogo (scouting) na etapa de tecnificación, desde algunhas fontes, aplicando a mecánica de observación, e utilizando as ferramentas e recursos tecnolóxicos avanzados de recollida, rexistro e interpretación.

a) Describiuse o scouting en baloncesto e o rol de scouter.

b) Clasificáronse as habilidades do bo observador ou observadora do xogo en baloncesto.

c) Describiuse o proceso mecánico de observación en baloncesto.

d) Aplicáronse as habilidades de observación ante situacións reais gravadas en vídeo.

e) Identificáronse os parámetros avanzados que se van observar na etapa de tecnificación.

f) Aplicouse o proceso mecánico de observación ante un suposto práctico concreto da etapa de tecnificación.

g) Describíronse os recursos tecnolóxicos avanzados e as ferramentas avanzadas en baloncesto.

h) Utilizáronse as fontes de información avanzadas en baloncesto para obter datos e poder solucionar supostos prácticos debidamente caracterizados.

i) Comparáronse os tipos de rexistro de datos en baloncesto.

j) Diferenciáronse os termos análise e interpretación de estatísticas e rexistros en baloncesto.

k) Valorouse a observación como tarefa importante do adestrador ou adestradora de baloncesto na etapa de tecnificación.

4. Participa e colabora coa xestión de clubs afeccionados e a súa dirección deportiva, coñecendo a lexislación desta etapa, o réxime disciplinario e o marco laboral básico do adestrador ou adestradora.

a) Describíronse os procesos e os procedementos de xestión de clubs de baloncesto afeccionado.

b) Nomeáronse as características dun club de baloncesto afeccionado.

c) Aplicáronse os procesos de xestión dun club afeccionado nunha simulación de creación e posta en marcha dun deles.

d) Identificouse a lexislación de baloncesto aplicable á etapa de tecnificación.

e) Explicouse o réxime disciplinario en baloncesto.

f) Describiuse o marco laboral básico do adestrador ou adestradora de baloncesto.

g) Describíronse as funcións e as características do director ou directora deportivo/a da dirección deportiva de clubs afeccionados.

h) Analizáronse, a partir de supostos debidamente caracterizados, as accións a levar a cabo por parte do director ou directora deportivo/a da dirección deportiva dun club afeccionado.

i) Valorouse a importancia do respecto á normativa e ao réxime disciplinario dun club afeccionado.

5. Participa e organiza competicións de baloncesto, contrastando os procesos, analizando as súas características e completando os recursos necesarios, interpretando ademais os procedementos de arbitraxe e o regulamento de baloncesto que se aplica.

a) Explicáronse os pasos a dar na organización dunha competición de baloncesto.

b) Elaborouse o sistema dunha competición de baloncesto, a partir dun suposto práctico debidamente caracterizado.

c) Describíronse as características dunha competición de baloncesto.

d) Enumeráronse os recursos necesarios na organización dunha competición de baloncesto.

e) Interpretouse a mecánica de arbitraxe en competicións da etapa de tecnificación.

f) Explicáronse as normas e o articulado do regulamento de baloncesto.

g) Xustificouse a importancia de coñecer as regras de baloncesto.

h) Valorouse o coñecemento do labor arbitral e do persoal auxiliar de mesa en baloncesto.

Contidos básicos.

1. Xestiona as relacións dentro dun equipo na etapa de tecnificación, analizando as características psicosociais dos xogadores ou xogadoras nesta etapa, describindo as habilidades do adestrador ou adestradora de baloncesto e as funcións do seu equipo técnico, aplicando técnicas e dinámicas de grupo.

• Obxectivos do adestrador ou adestradora de baloncesto de equipos na etapa de tecnificación.

• Capacidades de cada unha das competencias básicas do adestrador ou adestradora de baloncesto.

• Características psicosociais dos xogadores ou xogadoras na etapa de tecnificación.

• Habilidades comunicativas avanzadas do adestrador ou adestradora de baloncesto.

• Conceptos avanzados de control emocional do adestrador ou adestradora de baloncesto.

– Liderado.

– Empatía.

– Autoridade.

– Habilidades sociais.

– Motivación.

• Construción de equipos de baloncesto.

– Obxectivos dos equipos na etapa de tecnificación.

– O adestrador ou adestradora de baloncesto.

- Funcións do adestrador ou adestradora.

- Relacións do adestrador ou adestradora con outros e outras.

– O adestrador ou adestradora axudante de baloncesto.

□ Funcións do adestrador ou adestradora axudante.

□ Relacións do adestrador ou adestradora axudante con outros e outras.

– O persoal integrante do equipo técnico dun equipo de baloncesto.

– Técnicas e dinámicas de grupo nun equipo de baloncesto na etapa de tecnificación.

– Traballo en equipo na etapa de tecnificación.

– Cohesión dun equipo de baloncesto na etapa de tecnificación.

– Competitividade dun equipo de baloncesto na etapa de tecnificación.

– Afectividade nun equipo de baloncesto na etapa de tecnificación.

– Mecanismos de control do grupo de xogadores ou xogadoras dun equipo de baloncesto na etapa de tecnificación.

– Resolución de problemas nun equipo de baloncesto na etapa de tecnificación.

– Normativa e regulamento dun equipo de baloncesto na etapa de tecnificación.

□ Normas dun equipo de baloncesto na etapa de tecnificación.

□ Regulamento interno dun equipo de baloncesto na etapa de tecnificación.

2. Dirixe partidos e competicións na etapa de tecnificación, utilizando unha linguaxe avanzada específica de baloncesto e a súa terminoloxía en inglés, xestionando e aplicando os criterios avanzados de actuación e de toma de decisións nos diferentes momentos do partido nesta etapa.

• Dirección de partidos de baloncesto na etapa de tecnificación: consideracións importantes.

– Momentos dun partido.

□ Preparación dun partido: criterios avanzados.

□ Traballo durante un partido: criterios avanzados.

□ Alternativas do adestrador ou adestradora: criterios avanzados.

□ Estratexias do final de partido: criterios avanzados.

□ Actuación e análise postpartido: criterios avanzados.

– Toma de decisións nun partido.

□ Actitudes e reaccións ante fallos e acertos dos xogadores ou xogadoras.

□ Utilización de tempos mortos: criterios avanzados.

□ Utilización de cambios: criterios avanzados.

□ Utilización do regulamento interno.

□ Utilización dos descansos.

□ Actuación ante situacións especiais.

□ Actuación ante imprevistos.

- Lesións, pelexas e outros.

– Desenvolvemento persoal do adestrador ou adestradora de baloncesto.

□ Valores do adestrador ou adestradora de baloncesto.

□ Vocabulario técnico específico de baloncesto en inglés.

□ Imaxe e comportamento do adestrador ou adestradora de baloncesto.

□ Linguaxe específica avanzada de baloncesto.

3. Analiza e interpreta información recollida mediante a observación do xogo (scouting) na etapa de tecnificación, desde algunhas fontes, aplicando a mecánica de observación, e utilizando as ferramentas e recursos tecnolóxicos avanzados de recollida, rexistro e interpretación.

• Lectura e observación do xogo.

– O adestrador ou adestradora como observador ou observadora do xogo en baloncesto.

– O scouting e o scouter en baloncesto.

– Habilidades do bo observador ou observadora do xogo en baloncesto.

– A observación como anticipación.

• Mecánica de observación.

– Proceso mecánico.

– Aspectos que hai que observar na etapa de tecnificación: parámetros avanzados.

• Tipos de observación.

– Reais.

– Visionados.

– Informes.

• Fontes de información avanzadas en baloncesto.

– Adestradores e adestradoras.

– Entrevistas.

– Programas informáticos.

– Redes sociais especializadas.

• Recursos tecnolóxicos avanzados aplicados á observación do xogo en baloncesto.

– Programas de edición de vídeo.

– Aplicacións de ofimática e presentacións.

– Xestores de almacenamento de datos.

• Ferramentas avanzadas para a obtención de datos.

– Montaxes de vídeo básicos.

– Estatísticas avanzadas.

• Rexistro de datos de baloncesto con ferramentas avanzadas.

– Rexistro cuantitativo.

– Rexistro cualitativo.

– Análise e interpretación de estatísticas e rexistros en baloncesto.

4. Participa e colabora coa xestión de clubs afeccionados e a súa dirección deportiva, coñecendo a lexislación desta etapa, o réxime disciplinario e o marco laboral básico do adestrador ou adestradora.

• Xestión de clubs de baloncesto afeccionado.

– Creación de clubs afeccionados.

– Organigrama de clubs afeccionados.

– Funcionamento e organización dun club afeccionado.

– Roles das persoas responsables dun club afeccionado.

– Xestión institucional e representativa dun club afeccionado.

• Leis, decretos e normativas de baloncesto para a etapa de tecnificación.

– Lexislación de ámbito estatal.

– Lexislación deportiva xeral.

– Regulamento xeral de competicións.

– Regulamento autonómico.

• Réxime disciplinario en baloncesto.

• Marco laboral básico do adestrador ou adestradora de baloncesto.

• Dirección deportiva de clubs de baloncesto afeccionado.

– Funcións.

– Características.

– Xestión deportiva dun club afeccionado.

– Colaboración co equipo técnico dun club afeccionado.

– Relacións con diferentes estamentos dun club afeccionado.

5. Participa e organiza competicións de baloncesto, contrastando os procesos, analizando as súas características e completando os recursos necesarios, interpretando ademais os procedementos de arbitraxe e o regulamento de baloncesto que se aplica.

• Organización e xestión de eventos de baloncesto na etapa de tecnificación.

– Tipoloxía de eventos de baloncesto na etapa de tecnificación.

– Organización dun evento de baloncesto na etapa de tecnificación: paso a paso.

– Recursos humanos e materiais nun evento de baloncesto na etapa de tecnificación.

– Loxística dun evento de baloncesto na etapa de tecnificación.

• Arbitraxe e regulamento.

– Mecánica de arbitraxe en competicións da etapa de tecnificación.

– Árbitro ou árbitra de cabeza.

– Árbitro ou árbitra de cola.

– Auxiliares de mesa.

• Regulamento de baloncesto.

– Normas.

– Articulado.

– Diferenzas entre regulamento de minibasket, de pasarela e de baloncesto.

Módulo específico de ensino deportivo: Adestramento en baloncesto.

Código: MED-BCBC203.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Elabora a sesión de adestramento e o programa de tecnificación individualizado, na etapa de tecnificación en baloncesto a partir da planificación de referencia, adaptando os diferentes ciclos de adestramento, e creando e/ou modificando actividades e tarefas que se axusten ás características psicomotrices dos xogadores ou xogadoras de baloncesto.

a) Elaborouse unha sesión de adestramento, estruturando as súas partes, para equipos na etapa de tecnificación.

b) Elaborouse un programa individual de mellora de xogadores ou xogadoras na etapa de tecnificación, a partir dunhas características psicomotrices concretas.

c) Explicáronse os principios metodolóxicos fundamentais na elaboración das sesións de adestramento en baloncesto.

d) Comparáronse as características psicomotrices dos xogadores ou xogadoras de baloncesto na etapa de tecnificación.

e) Cuantificouse a carga dunha sesión de adestramento, a partir dun modelo de referencia, e a súa relación coa planificación e os diferentes tipos de ciclos de adestramento en baloncesto.

f) Modificáronse, a partir dunha planificación de referencia, os ciclos previstos en función das consideracións da tempada dun equipo de baloncesto na etapa de tecnificación, detectando os erros que se aprecian.

g) Elaborouse unha sesión dun equipo na etapa de tecnificación, a partir dun suposto práctico no que se establezan as condicións de partida e o momento da programación.

h) Elaborouse unha sesión integrando as ciencias do adestramento (preparación física e psicolóxica), dentro da planificación de referencia.

i) Deseñouse unha tarefa a incorporar nunha sesión de adestramento en etapas de tecnificación en baloncesto, a partir dun suposto práctico no que se establezan as características da programación de referencia.

j) Modificouse unha tarefa para xogadores ou xogadoras na etapa de tecnificación, experimentando con diferentes condicionantes, mecanismos e variables, explicando os cambios que van xerar na práctica.

k) Describíronse as especificidades do adestramento da preparación física e psicolóxica na etapa de tecnificación en baloncesto.

l) Xustificouse a importancia da planificación para sistematizar o proceso de adestramento en baloncesto, e así controlar a mellora tanto dos xogadores ou xogadoras como do equipo.

2. Dirixe a sesión nas etapas de tecnificación en baloncesto, utilizando técnicas de organización e control da sesión, ofrecendo o coñecemento de resultados máis apropiado para esta etapa.

a) Enumeráronse elementos fundamentais na organización da sesión de baloncesto na etapa de tecnificación.

b) Demostrouse a técnica de organización e control nunha actividade práctica proposta, incluída dentro dunha sesión de adestramento de baloncesto na etapa de tecnificación.

c) Explicáronse os obxectivos da organización e control do persoal técnico na dirección de sesións de adestramento de equipos en etapa de tecnificación.

d) Comparouse o coñecemento de resultados utilizado, a partir dunha situación presentada de baloncesto, xustificando as achegas que fan á mellora do xogador ou xogadora da etapa de tecnificación.

e) Aplicáronse, a partir de supostos presentados debidamente caracterizados da etapa de tecnificación, as técnicas organizativas máis convenientes.

f) Describíronse os procesos de control da sesión e das tarefas que a compoñen, nun adestramento para a etapa de tecnificación.

g) Adaptáronse as técnicas organizativas a partir da avaliación dunha sesión de adestramento realizada.

h) Valoráronse as técnicas organizativas a partir da avaliación do adestrador ou adestradora nunha sesión de adestramento realizada.

i) Valorouse a eficacia da organización do adestramento en canto a tempo de práctica útil dos xogadores ou xogadoras.

3. Xestiona a prevención de lesións e patoloxías propias da práctica do baloncesto na etapa de tecnificación, examinando os factores que condicionan as lesións, aplicando as medidas preventivas e promovendo prácticas deportivas saudables.

a) Describíronse os factores que condicionan as lesións na práctica do baloncesto.

b) Utilizáronse as medidas preventivas sobre un caso proposto debidamente caracterizado de baloncesto na etapa de tecnificación.

c) Valorouse a importancia das medidas preventivas de lesións na práctica do baloncesto.

d) Describíronse as lesións máis frecuentes na práctica do baloncesto, así como os principais síntomas.

e) Propuxéronse actuacións do persoal técnico ante unha lesión, a partir de supostos prácticos concretos en baloncesto.

f) Describiuse en que consiste o traballo de propiocepción con xogadores ou xogadoras de baloncesto na etapa de tecnificación.

g) Xustificouse a necesidade de dar descanso tras unha lesión e de programar a cantidade de actividade de baloncesto no proceso de volta tras a recuperación médica da lesión.

h) Valorouse a importancia de previr as lesións orixinadas por sobrecarga deportiva.

4. Valora a progresión do xogador ou xogadora na etapa de tecnificación tanto nos aspectos técnico-tácticos, como na súa condición física, aplicando probas específicas para analizar a evolución dos resultados.

a) Definíronse os conceptos de avaliación da mellora do xogador ou xogadora na etapa de tecnificación en baloncesto dentro da sesión de adestramento.

b) Comparáronse diferentes procedementos de avaliación, e analizouse a súa aplicación á mellora do desenvolvemento de xogadores ou xogadoras de baloncesto dentro da sesión de adestramento na etapa de tecnificación.

c) Utilizáronse diferentes instrumentos de avaliación dentro da sesión e segundo uns supostos prácticos presentados, referidos aos aspectos técnico-tácticos dos xogadores ou xogadoras de baloncesto da etapa de tecnificación.

d) Explicáronse as exixencias físicas propias do baloncesto na etapa de tecnificación.

e) Describíronse as características dos test e probas específicas de valoración das capacidades das que depende a condición física específica do baloncesto.

f) Aplicáronse test ou probas específicas de valoración das capacidades condicionais das que depende a condición física específica do baloncesto.

g) Valoráronse, nun suposto práctico de secuencia de medición da condición física específica dun xogador ou xogadora de baloncesto, os cambios observados nas diferentes medicións, xustificando as posibles relacións causa-efecto.

h) Elaboráronse instrumentos de recollida da información sobre a condición física específica do xogador ou xogadora de baloncesto durante o adestramento e a competición ou práctica deportiva.

i) Interiorizouse a necesidade de transmitir a información sobre a valoración das persoas deportistas de forma eficaz, discreta e reforzando a súa autoestima.

j) Valorouse a importancia da avaliación na mellora do resultado do adestramento.

k) Xustificouse a utilidade da avaliación en baloncesto e das súas diferentes finalidades na sesión de adestramento na etapa de tecnificación.

Contidos básicos.

1. Elabora a sesión de adestramento e o programa de tecnificación individualizado, na etapa de tecnificación en baloncesto a partir da planificación de referencia, adaptando os diferentes ciclos de adestramento, e creando e/ou modificando actividades e tarefas que se axusten ás características psicomotrices dos xogadores ou xogadoras de baloncesto.

• A sesión de adestramento en baloncesto.

– Principios metodolóxicos na sesión de baloncesto.

– Progresión dos contidos e tarefas nunha sesión de baloncesto.

– Deseño de tarefas de adestramento e a súa vinculación aos obxectivos.

– Elaboración de tarefas de adestramento en baloncesto.

– Criterios de adaptación e variables de tarefas.

– Principais erros ao deseñar sesións e tarefas de adestramento en baloncesto.

• Programas individuais de tecnificación do xogador ou xogadora de baloncesto.

– Progresión dos contidos.

– Construción do xogador ou xogadora.

□ Conceptos na construción dun xogador ou xogadora.

□ Consideracións técnico-tácticas.

□ Consideracións pedagóxicas.

□ Características psicomotoras dos xogadores ou xogadoras de baloncesto nestas etapas.

• A planificación do adestramento en baloncesto.

– Carga de adestramento en baloncesto.

□ Modelo básico de cuantificación.

– Ciclos e tempada en baloncesto.

– Ciencias do adestramento en baloncesto.

– Adestramento integrado en baloncesto.

□ Preparación física no adestramento.

- Especificidades do adestramento das capacidades físicas en baloncesto.

- Adestramento da forza na etapa de tecnificación.

- Adestramento da resistencia na etapa de tecnificación.

- Adestramento da velocidade na etapa de tecnificación.

- Adestramento da flexibilidade na etapa de tecnificación.

- Especificidades do adestramento das calidades coordinativas en baloncesto.

□ Psicoloxía no adestramento.

- Especificidades do adestramento das variables psicolóxicas en baloncesto na etapa de tecnificación.

- Adestramento da motivación.

- Adestramento da concentración.

- Adestramento do control de pensamento.

- Adestramento da intelixencia emocional.

- Adestramento do nivel de activación.

- Adestramento da competitividade.

2. Dirixe a sesión nas etapas de tecnificación en baloncesto, utilizando técnicas de organización e control da sesión, ofrecendo o coñecemento de resultados máis apropiado para esta etapa.

• Organización e control na sesión.

– Técnicas e obxectivos de organización na sesión atendendo ao grupo, ao tempo, ás consignas do adestrador ou adestradora, ao espazo e aos recursos a utilizar nela.

• Coñecemento dos resultados en baloncesto.

• Patrón ou programa motor en baloncesto: técnica e obxectivos.

Feedback en baloncesto: técnica e obxectivos.

• Procedementos de avaliación da sesión de adestramento de baloncesto.

– Avaliación do proceso de adestramento.

– Avaliación do adestrador ou adestradora e do equipo técnico.

3. Xestiona a prevención de lesións e patoloxías propias da práctica do baloncesto na etapa de tecnificación, examinando os factores que condicionan as lesións, aplicando as medidas preventivas e promovendo prácticas deportivas saudables.

• Factores que condicionan as lesións en baloncesto.

• Medidas preventivas fronte a lesións en baloncesto.

– Medidas de prevención primaria.

□ Análise postural e desequilibrios artromusculares.

□ Traballo postural e equilibrio muscular.

□ Propiocepción.

• Lesións frecuentes en baloncesto: definición, síntomas e actuación.

– Traumatolóxicas.

□ Escordaduras.

□ Luxacións.

– Músculo-tendinosas.

□ Contusión.

□ Distensión.

□ Contractura.

□ Tendinite e tenosinovite.

□ Rotura do tendón.

– Fracturas.

– Lesións orixinadas por sobrecarga deportiva.

□ Fractura de estrés.

□ Osteoporose por sobreadestramento.

4. Valora a progresión do xogador ou xogadora na etapa de tecnificación tanto nos aspectos técnico-tácticos, como na súa condición física, aplicando probas específicas para analizar a evolución dos resultados.

• Valoración da condición física do xogador ou xogadora de baloncesto na etapa de tecnificación.

– Exixencias físicas do baloncesto para o xogador ou xogadora na etapa de tecnificación.

– Evolución das capacidades físicas, fases sensibles e implicacións no adestramento de baloncesto.

□ Probas específicas e test de valoración das capacidades das que depende a condición física específica do xogador ou xogadora de baloncesto.

□ Instrumentos de recollida da información sobre a condición física en baloncesto durante o adestramento e a competición.

• Avaliación da sesión de adestramento de baloncesto.

– Conceptos de avaliación para a etapa de tecnificación.

– Finalidades da avaliación.

□ Avaliación do xogador ou xogadora e do equipo.

□ Avaliación do proceso de adestramento.

□ Avaliación do adestrador ou adestradora e do equipo técnico.

– Como avaliar en baloncesto dentro da sesión de adestramento.

□ Avaliación continua.

□ Procedementos e instrumentos de avaliación na sesión de adestramento de baloncesto para a valoración da mellora do xogador ou xogadora e/ou do equipo.

□ Observación directa.

- Rexistro de anécdotas.

□ Observación indirecta.

- Listaxes de control.

- Escalas de puntuación-clasificación.

- Rexistro de acontecementos.

- Cronometraxe.

□ Escalas de desenvolvemento.

□ Test motores.

□ Probas de execución.

□ Elaboración de informes.

Módulo específico de ensino deportivo: Táctica de ataque e defensa na etapa de tecnificación.

Código: MED-BCBC204.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Valora e perfecciona o equipo de baloncesto no xogo dinámico ante situacións de partido, analizando os conceptos, os principios e as súas características tácticas e estratéxicas na etapa de tecnificación, utilizando a simboloxía avanzada do baloncesto, deseñando tarefas de adestramento e aplicando técnicas e estratexias metodolóxicas de detección e corrección de erros.

a) Diferenciáronse os conceptos tácticos-estratéxicos do baloncesto, definindo os principios tácticos do xogo dinámico.

b) Explicáronse as características e os conceptos avanzados do xogo dinámico (ataque dinámico e defensa dinámica) na etapa de tecnificación, representando coa simboloxía avanzada as situacións de xogo propostas.

c) Analizouse o xogo dinámico, a partir de situacións propostas, comparando as súas diferenzas e obxectivos.

d) Describíronse os erros máis frecuentes no xogo dinámico na etapa de tecnificación, as súas causas e as estratexias de corrección utilizables.

e) Examinouse unha situación de xogo dinámico avanzado a partir dun esquema gráfico construído con simboloxía avanzada.

f) Analizáronse as principais estruturas do xogo dinámico avanzado (ofensivas e defensivas), explicando as súas características e obxectivos.

g) Representáronse graficamente ataques e defensas dinámicas para equipos en etapas de tecnificación, citando os criterios utilizados e utilizando a simboloxía avanzada axeitada.

h) Deseñáronse tarefas de adestramento do xogo dinámico na etapa de tecnificación, describindo os criterios e os principios de aprendizaxe progresiva utilizados.

i) Xustificouse a necesidade de potenciar o xogo dinámico na etapa de tecnificación.

2. Valora e desenvolve o equipo de baloncesto no xogo posicional en situacións de partido, analizando os conceptos, as características e os aspectos avanzados do xogo posicional na etapa de tecnificación, distinguindo situacións tácticas históricas, identificando a evolución táctica do regulamento, aplicando técnicas e estratexias metodolóxicas de detección e corrección de erros e de deseño e aplicación de tarefas de adestramento.

a) Explicáronse as claves para construír un xogo posicional avanzado (ataque e defensa) para a etapa de tecnificación.

b) Definíronse os conceptos avanzados do xogo posicional (ataque posicional e defensa posicional), para a etapa de tecnificación, describindo as súas características.

c) Comparáronse diferentes estruturas ofensivas posicionais presentadas, identificándoas dentro do xogo para a etapa de tecnificación.

d) Examináronse diferentes propostas de xogo posicional desenvolvidas para a etapa de tecnificación, describindo os seus obxectivos e as súas características.

e) Analizouse o xogo posicional, a partir de situacións propostas, comparando as súas diferenzas e os seus obxectivos.

f) Deseñáronse tarefas de adestramento do xogo posicional na etapa de tecnificación, describindo os criterios e os principios de aprendizaxe progresiva utilizados.

g) Analizáronse as situacións tácticas históricas destacadas, explicando os seus obxectivos e as súas características.

h) Analizouse a evolución táctica do regulamento ao longo dos anos de historia do baloncesto, valorando as modificacións producidas.

i) Describíronse os erros máis frecuentes no xogo posicional na etapa de tecnificación, as súas causas e as estratexias de corrección utilizables.

j) Examinouse unha situación de xogo posicional avanzado a partir dun esquema gráfico construído con simboloxía avanzada.

k) Representáronse graficamente ataques e defensas posicionais avanzadas para equipos na etapa de tecnificación, citando os criterios utilizados e utilizando a simboloxía avanzada axeitada.

l) Combináronse os recursos metodolóxicos e demostrativos utilizados no perfeccionamento do xogo posicional na etapa de tecnificación.

m) Xustificouse a importancia de que o xogo posicional sexa a base fundamental do desenvolvemento do xogador ou xogadora na etapa de tecnificación.

3. Valora e desenvolve o equipo de baloncesto no xogo de espazos en situacións de partido, describindo os conceptos, as características e os aspectos avanzados na etapa de tecnificación, adaptando a táctica ao desenvolvemento dos xogadores ou xogadoras, aplicando técnicas e estratexias metodolóxicas de detección e corrección de erros e de deseño e aplicación de tarefas de adestramento.

a) Definíronse os conceptos avanzados do xogo de espazos (ataque e defensa) para a etapa de tecnificación, describindo as súas características.

b) Explicáronse os obxectivos e os principios xerais que rexen o xogo de espazos (ataque e defensa) na etapa de tecnificación.

c) Distinguíronse os diferentes tipos de defensa de espazos para a etapa de tecnificación, utilizando a simboloxía específica de baloncesto.

d) Explicáronse as vantaxes, inconvenientes e puntos débiles de cada unha das defensas de espazos presentadas para a etapa de tecnificación, xustificando as condicións máis axeitadas para a súa utilización.

e) Analizouse o xogo de espazos, a partir de situacións propostas, comparando as súas diferenzas e os seus obxectivos.

f) Detalláronse as fases da construción dunha defensa de espazos e do seu ataque para equipos en etapas de tecnificación, deseñando tarefas de adestramento axeitadas para cada un deles.

g) Comparáronse diferentes estruturas de xogo de espazos presentadas, valorando as súas vantaxes e examinando as súas características.

h) Deseñáronse tarefas de adestramento do xogo de espazos na etapa de tecnificación, describindo os criterios e os principios de aprendizaxe progresiva utilizados.

i) Describíronse os erros máis frecuentes no xogo de espazos na etapa de tecnificación, as súas causas e as estratexias de corrección utilizables.

j) Examinouse unha situación de xogo de espazos avanzado a partir dun esquema gráfico construído con simboloxía avanzada.

k) Representáronse graficamente ataques e defensas de espazos avanzadas para equipos na etapa de tecnificación, citando os criterios utilizados e utilizando a simboloxía avanzada axeitada.

l) Combináronse os recursos metodolóxicos e demostrativos utilizados no perfeccionamento do xogo de espazos na etapa de tecnificación.

m) Xustificouse a necesidade de adaptar a táctica para que axude ao desenvolvemento dos xogadores ou xogadoras na etapa de tecnificación.

4. Valora e inicia o equipo de baloncesto na etapa de tecnificación noutros modelos de xogo (defensas mixtas e o seu ataque, defensas presionantes e o seu ataque, defensas especiais, ataques universais e situacións especiais) en situacións de partido, describindo os conceptos, as características e os aspectos básicos destes modelos de xogo, aplicando tarefas de adestramento para etapas de tecnificación.

a) Definíronse as defensas mixtas e o seu ataque, detallando os seus obxectivos, describindo as súas finalidades e explicando os principios que os sustentan na etapa de tecnificación.

b) Distinguíronse os diferentes tipos de defensas mixtas presentadas con diferentes esquemas gráficos, utilizando a simboloxía específica de baloncesto, explicando as vantaxes, inconvenientes e puntos débiles, e xustificando as condicións máis axeitadas para a súa utilización na etapa de tecnificación.

c) Aplicáronse tarefas de adestramento das defensas mixtas e o seu ataque na etapa de tecnificación, describindo os criterios e os principios de aprendizaxe progresiva utilizados.

d) Definíronse as defensas presionantes e o seu ataque, detallando os seus obxectivos, describindo as súas finalidades e explicando os principios que os sustentan na etapa de tecnificación.

e) Distinguíronse os diferentes tipos de defensas presionantes, presentadas con diferentes esquemas gráficos utilizando a simboloxía específica de baloncesto, explicando as vantaxes, inconvenientes e puntos débiles, e xustificando as condicións máis axeitadas para a súa utilización na etapa de tecnificación.

f) Aplicáronse tarefas de adestramento das defensas presionantes e o seu ataque na etapa de tecnificación, describindo os criterios e os principios de aprendizaxe progresiva utilizados.

g) Definíronse as defensas mutantes, explicando as vantaxes, inconvenientes e puntos débiles, e xustificando as condicións máis axeitadas para a súa utilización na etapa de tecnificación.

h) Definíronse os ataques universais, explicando as vantaxes, inconvenientes e puntos débiles, e xustificando as condicións máis axeitadas para a súa utilización na etapa de tecnificación.

i) Definíronse as situacións especiais de xogo, explicando as vantaxes, inconvenientes e puntos débiles, e xustificando as condicións máis axeitadas para a súa utilización na etapa de tecnificación.

j) Diferenciáronse distintos modelos de xogo especiais: defensas mixtas, defensas presionantes, defensas especiais, ataques universais e situacións especiais de xogo, en situacións de xogo real ou simuladas, utilizando a simboloxía específica para debuxalo.

k) Valorouse a idoneidade da utilización destes modelos de xogo (defensas mixtas e o seu ataque, defensas presionantes e o seu ataque, defensas especiais, ataques universais e situacións especiais de xogo) na etapa de tecnificación, xustificando a súa elección ou renuncia.

Contidos básicos.

1. Valora e perfecciona o equipo de baloncesto no xogo dinámico ante situacións de partido, analizando os conceptos, os principios e as características tácticas e estratéxicas deste na etapa de tecnificación, utilizando a simboloxía avanzada do baloncesto, deseñando tarefas de adestramento e aplicando técnicas e estratexias metodolóxicas de detección e corrección de erros.

• Conceptos táctico-estratéxicos.

– Estratexia.

– Toma de decisións estratéxica.

• Principios tácticos do xogo.

– Espazos.

Timming ou tempo.

– Optimización.

– Equilibrio de xogo.

– Ritmo de xogo.

– Vantaxes/desvantaxes tácticas.

• Simboloxía avanzada en baloncesto.

– Desprazamentos e accións.

– Situacións, orientacións e traxectorias.

– Continuacións de movementos.

– Ataque dinámico.

□ Conceptos tácticos no contraataque.

- Ocupación de rúas.

- Busca de superioridade.

- Encontrar a correcta vantaxe.

□ Conceptos tácticos no seguir xogando.

- Utilización das triangulacións.

- Utilización dos bloqueos indirectos.

- Utilización dos bloqueos directos.

- Aproveitamento dos miss-match.

□ Propostas de tarefas de adestramento na etapa de tecnificación.

□ Principais estruturas deseñadas de xogo dinámico.

□ Erros máis frecuentes no deseño do xogo dinámico en equipos na etapa de tecnificación.

– Defensa dinámica.

□ Accións previas ao balance defensivo.

□ Conceptos tácticos que se aplican.

- Momento de tiro.

- Rebote defensivo.

- Balóns perdidos por riba do tiro libre.

- Balóns perdidos por debaixo do tiro libre.

□ Balance defensivo.

- Conceptos tácticos que se aplican.

- Presión á saída do balón.

- Protexer o aro.

- Conter o avance do balón.

- Ocupación de espazos.

□ Seguir defendendo.

- Conceptos tácticos que se aplican.

- Comunicación.

- Defensa en superioridade numérica.

- Defensa en inferioridade numérica.

- Recuperar a posición.

- Defensa en igualdade numérica.

- Asignación de atacantes.

- Camuflar as desvantaxes.

□ Estrutura da construción dunha defensa dinámica.

□ Tarefas de adestramento na etapa de tecnificación.

□ Erros máis frecuentes na defensa do xogo dinámico en equipos na etapa de tecnificación.

2. Valora e desenvolve o equipo de baloncesto no xogo posicional en situacións de partido, analizando os conceptos, as características e os aspectos avanzados do xogo posicional na etapa de tecnificación, distinguindo situacións tácticas históricas, identificando a evolución táctica do regulamento, aplicando técnicas e estratexias metodolóxicas de detección e corrección de erros e de deseño e aplicación de tarefas de adestramento.

• Ataque posicional.

– Construción do xogo posicional.

□ Aspectos referentes á táctica individual e colectiva.

□ Distribución espacial dos xogadores ou xogadoras.

□ Posicionamento dos xogadores ou xogadoras.

□ Postos específicos.

□ Rol dos xogadores ou xogadoras.

□ Coordinación colectiva.

□ Equipo rival.

– Clasificación das estruturas de xogo posicional.

□ Estruturas en creación.

□ Estruturas orientadas.

- Movementos de inicio.

- Distribución de inicio.

- Conceptos definidos.

□ Estruturas pechadas.

– Conceptos avanzados de ataque posicional.

- Dentro-fóra.

- Fixar e dividir.

- Cruzamentos.

– Propostas de xogo desenvolvidas que utilizan estes conceptos avanzados de ataque posicional.

– Tarefas para o traballo dos conceptos avanzados de ataque posicional.

– Erros máis frecuentes no xogo posicional ofensivo na etapa de tecnificación, as súas causas e as estratexias de corrección utilizables.

• Defensa posicional.

– Conceptos avanzados da defensa posicional.

□ Axudas.

- Factores de execución.

- Toma de decisións.

- Ameazas de axudas.

- Segundas axudas.

□ Cambios.

- Tras penetracións a canastra.

- Tras bloqueos directos.

- Posibilidades de cambios entre exteriores e interiores.

- Solucións defensivas aos cambios.

□ Rotacións.

- Entre dous xogadores ou xogadoras.

- Entre tres xogadores ou xogadoras.

- Entre catro xogadores ou xogadoras.

- Entre todo o equipo.

□ Defensa de cruzamentos.

- Do lado balón ao lado axuda.

- Do lado axuda ao lado balón.

- Do lado balón ao lado balón.

– Tarefas para o adestramento dos conceptos avanzados do xogo posicional defensivo.

– Erros máis frecuentes no xogo posicional defensivo na etapa de tecnificación, as súas causas e as estratexias de corrección utilizables.

– Situacións tácticas históricas.

□ Corte UCLA.

□ Triángulo de Tex Winter.

Shuffle.

□ Defensas presionantes de Kentucky.

□ Zona 2-3 de Syracusse.

□ Transición grande de Lolo Sainz.

□ Flex-offense.

□ Defensa box de Mario Pesquera.

• Evolución táctica do regulamento.

• Regras e cambios tácticos xerados ao longo da historia do baloncesto.

3. Valora e desenvolve o equipo de baloncesto no xogo de espazos en situacións de partido, describindo os conceptos, as características e os aspectos avanzados na etapa de tecnificación, adaptando a táctica ao desenvolvemento dos xogadores ou xogadoras, aplicando técnicas e estratexias metodolóxicas de detección e corrección de erros e de deseño e aplicación de tarefas de adestramento.

• Defensa de espazos na etapa de tecnificación.

– Obxectivos principais na defensa de espazos.

– Principios xerais da defensa de espazos.

– Conceptos avanzados da defensa de espazos.

□ Áreas de responsabilidade.

□ Disciplina táctica e sacrificio.

□ Comunicación.

□ Defensores ou defensoras de primeira liña.

□ Defensa ao xogador ou xogadora con balón.

□ Acompañar ao xogador ou xogadora atacante.

□ Defensa de exteriores.

□ Lado débil.

□ Rebote defensivo.

□ Triángulo de rebote.

□ Defensa de poste baixo.

– Clasificación de defensas de espazos.

□ En función do obxectivo.

- Defensa de contención.

- Defensa para roubar balóns en liña de pase.

- Defensas de axustes.

- Defensas con traps.

□ En función da mobilidade da defensa.

□ En función do espazo da cancha que defendemos.

- A todo campo.

- En tres cuartos de pista.

- En medio campo.

- En zona de ameaza de tiro.

□ En función do número de xogadores ou xogadoras que ocupan a primeira liña da defensa.

- Impar.

- Par.

– Tipos de defensa de espazos.

□ Defensa de zona par 2-3.

- Obxectivos e consideracións xerais.

- Variantes máis comúns.

- Movementos e posicionamento.

□ Defensa de zona impar 3-2.

- Consideracións xerais.

- Variantes máis comúns.

- Movementos e posicionamento.

□ Defensa de zona impar 1-3-1.

- Obxectivos e consideracións xerais.

- Variantes máis comúns.

- Movementos e posicionamento.

- Xogador defensor ou xogadora defensora en punta.

- Xogador defensor ou xogadora defensora do fondo.

- Xogador defensor ou xogadora defensora do centro.

- Xogador defensor ou xogadora defensora laterais.

□ Normas tácticas para facer os traps.

□ Axustes.

- Axustes nas defensas de espazos.

- Axustes de zona impar a par (de 3-2 a 2-3).

- Axustes de zona impar a par (de 1-2-2 a 2-1-2).

– Vantaxes e inconvenientes da defensa de espazos.

□ Vantaxes.

□ Inconvenientes.

– Construción progresiva dunha defensa de espazos na etapa de iniciación: fases.

– Tarefas para adestramentos da defensa de espazos na etapa de tecnificación.

– Principais estruturas deseñadas de defensas de espazos.

– Erros máis frecuentes no deseño de defensas de espazos na etapa de tecnificación.

• Ataque a espazos na etapa de tecnificación.

– Principios no ataque a espazos.

– Habilidades e conceptos avanzados para o ataque a espazos.

□ Habilidades.

- Pase skip.

- Ángulos e fintas de pase.

- Liña de pase.

- Rebote de ataque.

- Tempo dos cortes de poste alto a poste baixo.

- Movementos dos xogadores ou xogadoras sen balón.

□ Conceptos.

- Circulación do balón.

- Dividir.

- Distancia.

- Posicionamento inicial.

- Poste alto distribuidor ou distribuidora.

- Dentro-fóra-lado contrario.

- Balóns interiores.

- Situacións de 1x1.

- Xogo entre postes.

- Sobrecargas.

- Bloqueos.

▪ Creación de superioridade e vantaxe.

▪ Bloqueos indirectos para un compañeiro ou compañeira.

▪ Bloqueos indirectos para un mesmo ou mesma.

▪ Efectividade dos bloqueos.

- Triángulos.

- Ocupar espazos (atacar os buratos).

- Cortes dentro do corazón da zona (flash).

- Xogo sen balón para recibir.

- Rebote de ataque.

- Distribución dos xogadores ou xogadoras para mellorar a eficacia.

- Liña de fondo.

– Estudo da defensa de espazos e os seus puntos débiles.

□ Espazos baleiros segundo a disposición inicial defensiva.

□ Espazos baleiros segundo a defensa dos xogadores ou xogadoras interiores.

– Principais estruturas deseñadas de ataque a espazos.

□ Rutinas de posicionamento.

□ Regras de ataque a espazos.

□ Modelo de ataque 2-3.

□ Modelo de ataque 1-caixa.

□ Ataque universal.

□ Sistemas con rotacións.

- Sistemas con rotacións independentes.

- Sistemas con rotacións cun xogador ou xogadora interior.

– Construción dun ataque a espazos para equipos na etapa de tecnificación: fases.

– Tarefas de adestramento de ataque a espazos para a etapa de tecnificación.

– Erros máis frecuentes no ataque a espazos na etapa de tecnificación.

• Adaptación da táctica ao desenvolvemento dos xogadores ou xogadoras.

– Tratamento da información obtida.

– Crear/deseñar táctica.

– Posta en práctica competitiva.

– Análise dos resultados.

– Rectificacións.

4. Valora e inicia o equipo de baloncesto na etapa de tecnificación noutros modelos de xogo (defensas mixtas e o seu ataque, defensas presionantes e o seu ataque, defensas especiais, ataques universais e situacións especiais) en situacións de partido, describindo os conceptos, as características e os aspectos básicos destes modelos de xogo, aplicando tarefas de adestramento para etapas de tecnificación.

• Defensas mixtas.

– Definición.

– Tipos de defensas mixtas.

□ Caixa e un ou unha.

□ Triángulo e dous ou dúas.

□ Diamante e un ou unha.

□ Foco e dous ou dúas.

– Finalidades das defensas mixtas.

□ Obxectivos.

□ Consideracións xerais.

□ Principios.

– Desenvolvemento das estruturas defensivas mixtas.

□ Movementos e funcións dos xogadores ou xogadoras en defensa individual.

□ Movementos e funcións dos xogadores ou xogadoras en defensa de espazos.

– Vantaxes e inconvenientes das defensas mixtas.

– Propostas de tarefas en adestramentos para traballar as defensas mixtas.

– Atacar as defensas mixtas.

□ Conceptos que se aplican.

- Divisións.

- Ocupación de espazos libres.

- Bloqueos directos e indirectos.

- Rebote ofensivo.

- Cruces con bloqueos.

□ Estruturas definidas de ataque a defensas mixtas.

□ Propostas de tarefas en adestramentos para traballar as defensas mixtas.

• Defensas presionantes.

– Definición.

– Tipos de defensas presionantes.

□ Segundo a asignación.

- Individual.

- De espazos segundo a posición inicial dos xogadores ou xogadoras.

□ Pares.

- 2-2-1.

- 2-1-2.

- 2-1-1-1.

□ Impares.

- 1-3-1.

- 1-2-1-1.

- 1-1-2-1.

- 1-2-2.

– Situacións de presión en función dos xogadores ou xogadoras que dispoñemos.

– Finalidades das defensas presionantes.

□ Obxectivos.

□ Consideracións xerais.

□ Principios.

– Conceptos que se aplican.

□ Evitar que reciba o xogador ou xogadora determinante.

□ Cambiar o ritmo de partido.

□ Presión á saída de balón.

□ Deter as primeiras accións.

– Vantaxes e inconvenientes das defensas presionantes.

– Propostas de tarefas en adestramentos para traballar as defensas presionantes.

– Ataques a defensas presionantes.

□ Conceptos.

- Dividir e dobrar.

- Ocupación de espazos libres.

- Pasar e moverse.

□ Finalidades dos ataques a defensas presionantes.

- Obxectivos.

- Principios.

- Estruturas definidas de ataques a defensas presionantes.

- Opcións para poñer o balón en xogo.

- Opcións para progresar o balón.

- Opcións para buscar a canastra.

□ Propostas de tarefas en adestramentos para traballar os ataques a defensas presionantes.

• Defensas especiais.

– Finalidades destas defensas.

□ Obxectivos.

□ Principios.

– Defensas mutantes.

□ Concepto.

□ Características.

– Defensas alternativas.

□ Concepto.

□ Características.

• Ataques universais.

– Definición.

– Vantaxes.

– Principios básicos do ataque universal.

– Estruturas definidas de ataque universal.

□ Contra defensa individual.

□ Contra defensa de espazos.

□ Contra outras defensas.

– Situacións especiais de xogo ofensivas.

• Saques de fondo.

– Saques con poucos segundos de posesión.

– Saques con movementos definidos.

□ Buscar a un ou unha exterior.

□ Buscar a un ou unha interior.

□ Poñer o balón en xogo.

• Saques de banda.

– Para movementos rápidos de últimos segundos.

– Para movementos tradicionais.

– Para movementos dun xogador ou xogadora concreto/a.

– Para poñer en xogo o balón.

• Xogadas de últimos segundos.

– Contra defensa de espazos.

– Contra defensa de asignación-individual.

– Buscando un xogador ou xogadora tirador/a.

– Con bloqueo directo central.

• Situacións especiais de xogo defensivas.

– Defensa de saque de banda.

– Defensa de últimos segundos.

– Defensa en medio campo tras tempo morto.

Módulo específico de ensino deportivo: Iniciación en baloncesto en cadeira de rodas.

Código: MED-BCBC205.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Concreta a sesión de ensino-aprendizaxe de iniciación ao baloncesto en cadeira de rodas, describindo a capacidade funcional dos xogadores ou xogadoras, adaptando o material ás súas capacidades e ás características do regulamento específico, nun contorno de práctica inclusiva entre xogadores ou xogadoras con e sen discapacidade.

a) Describiuse a clasificación funcional e os diferentes tipos de discapacidade que poden ter os xogadores ou xogadoras de baloncesto en cadeira de rodas.

b) Enunciáronse os aspectos preventivos e saudables a ter en conta durante a práctica deportiva.

c) Recoñecéronse as características da cadeira de rodas deportiva, as súas partes e as medidas.

d) Orientouse o xogador ou xogadora sobre como debe ir sentado ou sentada na cadeira de rodas de acordo ás súas características e necesidades.

e) Enunciáronse as principais modificacións do regulamento en baloncesto en cadeira de rodas respecto do baloncesto convencional.

f) Detectáronse as infraccións producidas durante as situacións de xogo e interveuse ante elas, explicando ao xogador ou xogadora o motivo da infracción.

g) Aplicáronse pautas nos exercicios da sesión para garantir a práctica inclusiva de deportistas con e sen discapacidade.

2. Valora as habilidades de desprazamento do xogador ou xogadora en cadeira de rodas, identificando as características do desprazamento sen balón e con balón, aplicando técnicas de avaliación e corrección das tarefas.

a) Identificáronse os diferentes tipos de desprazamento coa cadeira de rodas, agarres, impulsos e posición do xogador ou xogadora durante o desprazamento.

b) Describíronse, executáronse e avaliáronse actividades de aprendizaxe dos diferentes desprazamentos coa cadeira de rodas do xogador ou xogadora sen balón.

c) Describíronse actividades lúdicas nas que aplicar os aspectos técnicos sobre o desprazamento coa cadeira de rodas.

d) Identificáronse as diferentes accións individuais de desprazamento da cadeira de rodas con control de balón.

e) Describíronse, executáronse e avaliáronse actividades de aprendizaxe das diferentes accións individuais de desprazamento da cadeira de rodas con control de balón.

f) Expuxéronse actividades lúdicas nas que aplicar os aspectos técnicos sobre o desprazamento coa cadeira de rodas con control de balón.

g) Deseñáronse e aplicáronse actividades de mellora das habilidades técnicas dos xogadores ou xogadoras, incluíndo a alumnado con ou sen discapacidade de acordo á metodoloxía de práctica inclusiva.

h) Mostrouse unha predisposición positiva cara ao desenvolvemento de sesións de práctica inclusiva.

3. Valora as habilidades de pase, lanzamento e defensa individual, describindo os diferentes patróns técnicos e aplicando técnicas de avaliación e corrección das tarefas.

a) Recoñecéronse os diferentes tipos de pase así como os seus patróns técnicos.

b) Describíronse, executáronse e avaliáronse os diferentes tipos de pase, adecuando a complexidade da tarefa ás capacidades do xogador ou xogadora.

c) Desenvolvéronse actividades lúdicas axeitadas ás capacidades dos xogadores ou xogadoras para a aplicación das aprendizaxes logradas.

d) Describíronse as diferentes posibilidades de acción de tiro e o seu patrón técnico.

e) Analizáronse lanzamentos executados por diferentes xogadores ou xogadoras e corrixíronse ou reforzáronse os patróns técnicos do lanzamento de acordo ás capacidades do xogador ou xogadora.

f) Deseñáronse e executáronse actividades de adquisición e mellora do patrón técnico do lanzamento estático e dinámico.

g) Identificáronse os fundamentos da defensa individual en relación á posición do xogador ou xogadora e os movementos da cadeira en defensa.

h) Deseñáronse, executáronse e avaliáronse actividades de adquisición dos fundamentos da defensa e a súa aplicación en actividades lúdicas.

i) Valorouse a importancia de desenvolver metodoloxías, estratexias e dinámicas inclusivas no proceso de ensino-aprendizaxe das habilidades de pase e lanzamento a canastra.

4. Valora e inicia o xogador ou xogadora nos fundamentos tácticos ofensivos e defensivos do baloncesto en cadeira de rodas, deseñando e aplicando actividades de aprendizaxe destes fundamentos, realizando as correccións pertinentes de acordo ao momento de aprendizaxe do xogador ou xogadora.

a) Recoñecéronse os fundamentos tácticos propios do baloncesto en cadeira de rodas relacionados coa ocupación de espazos no campo e coa creación de situacións de superioridade a partir das diferenzas na clase funcional.

b) Describíronse os fundamentos dos diferentes tipos de bloqueo, as súas vantaxes e desvantaxes.

c) Describíronse os fundamentos sobre os principais tipos de defensa colectiva.

d) Deseñáronse, executáronse e avaliáronse actividades para a aprendizaxe dos diferentes tipos de bloqueo e os seus fundamentos.

e) Identificáronse, en situacións reais de xogo, os fundamentos tácticos, realizando as correccións e propoñendo os reforzos apropiados.

f) Valorouse a importancia de desenvolver metodoloxías, estratexias e dinámicas inclusivas no proceso de ensino-aprendizaxe dos principios tácticos.

Contidos básicos.

1. Concreta a sesión de ensino-aprendizaxe de iniciación ao baloncesto en cadeira de rodas, describindo a capacidade funcional dos xogadores ou xogadoras, adaptando o material ás súas capacidades e ás características do regulamento específico, nun contorno de práctica inclusiva entre xogadores ou xogadoras con e sen discapacidade.

• Clasificación funcional.

– Características funcionais do xogador ou xogadora dos puntos 1 a 4,5.

– Principais roles dos xogadores ou xogadoras en función da clasificación.

• Prevención e saúde.

– Aspectos a ter en conta con deportistas con lesión medular.

□ Alteración da termorregulación.

□ Ausencia de sensibilidade.

□ Éscaras e rozaduras.

□ Control de esfínteres.

□ A hidrocefalia en xogadores ou xogadoras con espiña bífida.

□ Espasticidade.

– Aspectos a ter en conta en deportistas con amputacións.

□ Precaucións sobre o toco e próteses.

□ Posibles descompensacións musculares.

– Aspectos preventivos sobre o baloncesto en cadeira de rodas.

□ Lesións frecuentes.

□ Exercicio preventivo e quentamento.

□ Seguridade na cadeira de rodas.

• Características da cadeira de rodas.

– Medidas regulamentarias.

– Configuracións frecuentes da cadeira para os xogadores ou xogadoras de baloncesto de acordo á súa clasificación.

Camber (inclinación das rodas).

□ Altura do asento.

□ Ángulo de inclinación do asento.

□ Altura do respaldo.

– Suxeición na cadeira de rodas.

– Uso necesario do coxín.

• Regulamento en baloncesto en cadeira de rodas.

– Suma de puntos de xogadores ou xogadoras en pista.

– Reducións de puntuación segundo a normativa aplicable.

– Violación de pasos.

– Posición do xogador ou xogadora no campo.

– Infracción por saír da pista.

– Normativa de saque.

– Criterio sobre o contacto ilegal.

□ Criterio de cilindro.

– Xogador ou xogadora con balón.

– Xogador ou xogadora sen balón.

– Faltas en ataque.

□ Infracción por levantamento.

□ Infracción por alteracións no material de xogo.

• Principios do deseño de práctica inclusiva.

– Adaptación de regras e normas.

– Criterio de participación conxunta.

2. Valora as habilidades de desprazamento do xogador ou xogadora en cadeira de rodas, identificando as características do desprazamento sen balón e con balón, aplicando técnicas de avaliación e corrección das tarefas.

• Desprazamentos coa cadeira de rodas.

– Técnica de impulso.

□ Simétrico.

□ Asimétrico.

□ Agarre.

– Dirección do movemento.

□ Frontal/retroceso.

□ Acelerar/frear.

– Xiro no sitio/xiro con avance.

– Combinación dos diferentes movementos.

– Actividades lúdicas no manexo da cadeira de rodas.

• Desprazamento con balón.

– Aproximación e recollida lateral do balón desde o chan.

– Avance con balón.

□ Avance con balón sobre o regazo.

□ Avance botando o balón.

□ Avance de velocidade con bote longo.

– Saída desde parado ou parada con balón.

□ Saída con bote longo.

□ Saída con bote curto.

– Xiro ou pivote con posesión do balón.

– Frear con control de balón.

– Actividades lúdicas no manexo da cadeira de rodas con control de balón.

• Metodoloxía para a práctica en actividades inclusivas de desprazamentos.

– Organización do espazo, do material e do tempo.

– Distribución de grupos.

– Adaptacións de normas para a práctica de baloncesto inclusivo.

□ Regulación do número de pases.

□ Regulación do tipo de defensa permitida.

□ Limitación de movementos.

□ Modificación da puntuación de cada canastra.

3. Valora as habilidades de pase, lanzamento e defensa individual, describindo os diferentes patróns técnicos e aplicando técnicas de avaliación e corrección das tarefas.

• Tipos de pase.

– Peito.

– Picado.

– Unha man.

– Béisbol.

– Polas costas.

• Fundamentos do pase e recepción.

– Orientación da cadeira.

– Adecuación do pase ás características do compañeiro ou compañeira.

– Anticipación do avance do compañeiro ou compañeira.

– Decisión do tipo de pase en función da defensa.

– Recepción cunha man.

– Finta de pase.

• Lanzamento estático.

– Orientación da cadeira.

– Posición do corpo.

– Posición do ombro-cóbado-pulso e agarre do balón.

– Adaptación do lanzamento ás capacidades de movemento do xogador ou xogadora.

• Lanzamento dinámico.

– Entrada a canastra.

□ Orientación da cadeira.

□ Lanzamento desde arriba.

□ Lanzamento a unha man desde abaixo (bandexa).

□ Aro pasado.

– Lanzamento a dúas mans con efecto do balón.

□ Lanzamento en desprazamento frontal.

□ Lanzamento en desprazamento cara a atrás.

□ Lanzamento a unha man sobre unha roda.

• Defensa individual.

– Posición e orientación da cadeira de xogo respecto do defensor ou defensora.

– Fundamentos dos movementos da cadeira en defensa individual.

– Defensa do tiro.

• Actividades lúdicas de aprendizaxe das habilidades de pase, lanzamento e defensa individual.

• Metodoloxía para a práctica en actividades inclusivas das habilidades de pase, lanzamento e defensa individual.

– Organización do espazo, do material e do tempo.

– Distribución de grupos.

4. Valora e inicia o xogador ou xogadora nos fundamentos tácticos ofensivos e defensivos do baloncesto en cadeira de rodas, deseñando e aplicando actividades de aprendizaxe destes fundamentos, realizando as correccións pertinentes de acordo ao momento de aprendizaxe do xogador ou xogadora.

• Principios tácticos propios do baloncesto en cadeira de rodas derivados da ocupación de espazos e a superioridade a partir da clase funcional.

– Man out (home fóra).

– Mismatch (vantaxe dun punto alto fronte a un punto baixo).

• Fundamentos do bloqueo.

– Posición da cadeira no bloqueo.

– Tipos de bloqueo.

□ Segundo o control do balón.

- Directo.

- Indirecto.

□ Segundo a dirección.

- Vertical.

- Horizontal.

- Diagonal.

□ Específicos do baloncesto en cadeira de rodas: o tren.

□ Pantalla e dobre pantalla.

• Fundamentos defensivos.

– Principios da defensa en liña.

– Principios da defensa en zona e as súas variantes.

– Cambio defensivo sinxelo e triplo switch.

– Comunicación defensiva.

Módulo específico de ensino deportivo: Formación práctica.

Código: MED-BCBC206.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Identifica a estrutura organizativa e o funcionamento do centro deportivo de prácticas (club, federación, escola, empresa, etc.), relacionándoa á súa oferta de actividades de competición, especialización, tecnificación deportiva, perfeccionamento técnico de baloncesto e ás súas actividades de xestión, e aplicando os procedementos e protocolos de seguridade na práctica.

a) Identificáronse as relacións do centro deportivo de prácticas coa Federación Española de Baloncesto.

b) Identificouse a estrutura organizativa e o funcionamento das distintas áreas do centro deportivo de prácticas.

c) Identificáronse as relacións xerárquicas dentro do centro deportivo de prácticas.

d) Identificouse a oferta de actividades vinculadas á tecnificación deportiva, o perfeccionamento técnico e a competición en baloncesto.

e) Identificáronse as vías de financiamento económico utilizadas polo centro deportivo de prácticas.

f) Distinguiuse a oferta de actividades orientada á especialización, tecnificación deportiva ou perfeccionamento técnico de baloncesto nas mulleres.

g) Mantívose unha actitude clara de respecto ás instalacións nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas a ela.

2. Actúa con autonomía, iniciativa e responsabilidade no posto de traballo, demostrando comportamento ético, habilidades persoais de comunicación, traballo en equipo, respecto polas instalacións e aplicando os procedementos establecidos polo centro deportivo de prácticas.

a) Identificáronse os requirimentos actitudinais do posto de traballo.

b) Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas, e responsabilizouse do traballo asignado.

c) Demostrouse compromiso co traballo ben feito e coa calidade do servizo, así como respecto aos procedementos e principios propios do club ou entidade deportiva.

d) Demostrouse capacidade de traballo en equipo e respecto á xerarquía establecida no club ou entidade deportiva.

e) Estableceuse unha comunicación e relación eficaz co persoal técnico responsable da actividade e as persoas integrantes do equipo, mantendo un trato fluído e correcto.

f) Coordinouse co resto do equipo técnico, informando de calquera cambio, necesidade relevante ou imprevisto que se presente na actividade.

g) Valoráronse os comportamentos doutro persoal técnico do centro de prácticas, identificando aqueles máis beneficiosos para a marcha da actividade deportiva.

3. Controla a seguridade na práctica de tecnificación deportiva en baloncesto, supervisando as instalacións e os medios utilizados, interpretando a normativa e aplicando os procedementos e os protocolos de acordo coa normativa e instrucións establecidas.

a) Identificáronse os aspectos básicos de seguridade, plans de emerxencia e evacuación das instalacións deportivas do centro de prácticas e a súa adecuación á normativa de aplicación.

b) Identificáronse as normas de aplicación á seguridade das instalacións deportivas do centro deportivo de prácticas de baloncesto.

c) Aplicáronse medidas de sinalización de seguridade, de protección contra actos antisociais e de violencia do deporte e os plans de emerxencia e evacuación da instalación deportiva de baloncesto, seguindo as instrucións e normas establecidas.

d) Actuouse atendendo á seguridade persoal, do equipo de traballo e das persoas usuarias, cumprindo coa normativa vixente e cos protocolos establecidos no centro deportivo de prácticas.

e) Aplicáronse ou utilizáronse os equipos de prevención de riscos laborais propios da tecnificación deportiva en baloncesto.

f) Aplicáronse os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais, relacionados coas actividades, competicións e eventos da iniciación deportiva en baloncesto.

g) Identificáronse e aplicáronse as medidas de protección da instalación deportiva de baloncesto e a súa adecuación á normativa vixente.

h) Mantívose unha actitude clara de respecto ao ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas a ela.

i) Aplicáronse as medidas de seguridade respecto á vestimenta e o calzado das persoas deportistas para a práctica segura de baloncesto.

j) Supervisouse o axeitado estado das canastras e da cancha de baloncesto para facilitar a práctica segura do baloncesto.

4. Organiza, acompaña e dirixe as persoas deportistas na súa participación en actividades, competicións e outros eventos de tecnificación deportiva en baloncesto, transmitindo actitudes e valores, persoais e sociais, propios da ética deportiva, respecto ás demais persoas, ao contorno e ao propio corpo, ao xogo limpo e ao traballo en equipo.

a) Realizouse a inscrición do equipo nunha competición de tecnificación deportiva en baloncesto, de acordo coas normas e os protocolos establecidos.

b) Realizáronse as operacións de xestión do seguro de accidente e actividade dun equipo de baloncesto que participan nunha competición, de acordo coas instrucións e normas recibidas.

c) Recoñeceuse e xustificouse a responsabilidade do persoal técnico nos desprazamentos dos xogadores ou xogadoras dun equipo para asistir a unha competición.

d) Elaborouse o plan de viaxe dun equipo de baloncesto que participa nunha competición de tecnificación deportiva, aplicando as instrucións e procedementos establecidos.

e) Comprobouse a cobertura legal do equipo de baloncesto, durante a súa participación na competición, de acordo coa normativa establecida.

f) Informouse o equipo de baloncesto das características da competición, interpretando a documentación sobre esta.

g) Aplicáronse procedementos de reclamación nunha competición de tecnificación deportiva en baloncesto, aplicando as normas e os protocolos establecidos.

h) Aplicáronse criterios de valoración da execución técnico-táctica do xogador ou xogadora de baloncesto, utilizando técnicas e procedementos de observación axeitadas ao nivel de tecnificación deportiva.

i) Trasladáronse os xogadores ou xogadoras as instrucións técnicas e tácticas durante a competición de tecnificación deportiva, tendo en conta as características da competición e do xogador ou xogadora de baloncesto.

j) Acompañouse as persoas deportistas nas competicións, aplicando os procedementos e seguindo as instrucións e normas establecidas.

k) Velouse polo respecto os valores do xogo limpo, o respecto á saúde persoal e ás demais persoas, durante a participación na competición de tecnificación deportiva en baloncesto, aplicando os procedementos axeitados e respectando as súas normas.

5. Adapta e concreta os programas, e dirixe as sesións de adestramento básico e perfeccionamento técnico en baloncesto, interpretando a información recibida, aplicando as técnicas e procedementos de acordo coas instrucións e normas establecidas, e colaborando na aplicación de técnicas de detección de talentos.

a) Identificáronse e seleccionáronse os medios e recursos necesarios para o desenvolvemento da actividade.

b) Recibiuse o xogador ou xogadora seguindo o protocolo establecido e identificando as súas demandas e necesidades.

c) Aplicáronse técnicas e protocolos de valoración técnica e da condición motriz propios do xogador ou xogadora do nivel de tecnificación deportiva en baloncesto, valorando o seu estado inicial, o grao de consecución dos obxectivos propostos e os erros cometidos.

d) Identificáronse e seleccionáronse os obxectivos técnicos e de preparación da condición motriz do xogador ou xogadora de baloncesto a partir da programación de referencia do centro deportivo.

e) Aplicáronse protocolos de control e cuantificación da carga de adestramento dun xogador ou xogadora ou dun equipo de baloncesto nas sesións de adestramento básico e perfeccionamento técnico en baloncesto.

f) Colaborouse na aplicación de técnicas de detección do talento propias do baloncesto.

g) Establecéronse as condicións de seguridade necesarias na tecnificación deportiva, interpretando as instrucións ou normas e aplicando os procedementos establecidos.

h) Elaborouse un ciclo ou etapa de preparación completa dun xogador ou xogadora ou dun equipo a partir da programación de referencia do centro deportivo, concretando:

1) Obxectivos de preparación e/ou competición.

2) Medios de adestramento.

3) Instrumentos de control.

4) Carga de traballo e a súa dinámica durante o ciclo.

5) Métodos de adestramento.

6) Sesións de adestramento.

e adecuándose ás características do xogador ou xogadora ou do equipo de baloncesto, e os medios de adestramento existentes.

i) Explicáronse os contidos da sesión de adestramento básico e perfeccionamento técnico en baloncesto seguindo os protocolos e técnicas establecidas de forma clara e motivadora.

j) Dirixiuse a sesión de adestramento básico e perfeccionamento técnico, solucionando as continxencias existentes, aplicando técnicas de dinámica de grupos e de motivación axeitadas ao xogador ou xogadora e ao equipo de baloncesto.

k) Valorouse o esforzo dos xogadores ou xogadoras durante a sesión de adestramento, e a importancia do traballo ben feito para lograr cumprir os obxectivos dos programas ou sesións de adestramento básico e perfeccionamento técnico en baloncesto.

6. Organiza sesións de iniciación deportiva en baloncesto para persoas con discapacidade, aplicando recursos que fomenten a súa participación en función das súas limitacións.

a) Valorouse a importancia de atender ás características únicas da persoa con discapacidade previamente á realización da práctica de baloncesto.

b) Orientouse as persoas con discapacidade cara ás prácticas deportivas máis axeitadas en cada caso.

c) Determináronse as axudas técnicas e as medidas de seguridade específicas segundo os diferentes tipos de discapacidade e as características da práctica deportiva de baloncesto.

d) Establecéronse as principais orientacións metodolóxicas en relación á comunicación e á participación na tarefa das persoas con discapacidade.

e) Aplicáronse procedementos de adaptación ou modificación das tarefas e xogos favorecendo a participación, a satisfacción e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica de baloncesto.

f) Identificáronse as principais limitacións cara á práctica provocadas pola falta de accesibilidade nas instalacións e espazos deportivos no centro deportivo de prácticas.

g) Examináronse as limitacións orixinadas pola falta de acceso á información da oferta deportiva de baloncesto e a difusión da práctica no centro deportivo de prácticas.

h) Propiciouse unha actitude positiva cara á inclusión por parte de compañeiros ou compañeiras, persoal técnico, as propias familias e as institucións cara á práctica deportiva de baloncesto de persoas con discapacidade.

i) Valorouse a modalidade de baloncesto en cadeira de rodas como deporte de extraordinaria integración das discapacidades de tipo físico, e exemplo para deportistas e outros deportes.

7. Coordina o proceso de iniciación deportiva en baloncesto, elaborando as programacións de referencia, analizando a estrutura da escola de iniciación deportiva, e aplicando os procedementos e técnicas axeitadas.

a) Identificouse a estrutura e as funcións da escola de iniciación deportiva en baloncesto no centro deportivo de prácticas.

b) Realizáronse funcións e aplicáronse protocolos de coordinación do persoal técnico de iniciación deportiva en baloncesto no centro deportivo de prácticas.

c) Identificáronse as necesidades materiais e humanas da escola de iniciación deportiva en baloncesto do centro deportivo de prácticas.

d) Identificáronse os estándares técnicos do programa de iniciación deportiva en baloncesto do centro deportivo de prácticas.

e) Elaborouse un programa de iniciación deportiva en baloncesto de acordo coas características do grupo, do contorno, e a programación do centro deportivo de prácticas.

8. Colabora na organización de actividades e competicións de tecnificación deportiva en baloncesto, interpretando instrucións e normas relacionadas, identificando e preparando os medios necesarios e aplicando os procedementos establecidos.

a) Identificouse o calendario de actividades, eventos e competicións de iniciación ou tecnificación deportiva en baloncesto do centro deportivo de prácticas.

b) Seleccionouse a información necesaria na organización dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en baloncesto do centro deportivo de prácticas.

c) Realizáronse operacións de xestión e organización dos espazos, materiais e recursos humanos dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en baloncesto do centro deportivo de prácticas.

d) Aplicáronse técnicas de recollida de información sobre os aspectos organizativos e loxísticos dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en baloncesto do centro deportivo de prácticas.

e) Realizáronse operacións de distribución, situación, aloxamento e circulación das persoas participantes e do público asistente nun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en baloncesto do centro deportivo de prácticas.

f) Realizáronse operacións de apoio administrativo á organización dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en baloncesto do centro deportivo de prácticas.

g) Elaboráronse os documentos informativos dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en baloncesto do centro deportivo de prácticas.

h) Xustificouse a importancia do traballo previo na organización de eventos ou competicións de iniciación ou tecnificación deportiva en baloncesto.

i) Valorouse a organización dun evento ou competición de baloncesto durante e ao final desta segundo os elementos analizados.

ANEXO IV
Ratio profesorado/alumnado

Bloque específico

Ratio profesorado/alumnado

Ciclo inicial

MED-BCBC102. Formación do xogador ou xogadora en etapas iniciais.

1/30

MED-BCBC103. Dirección de equipos en etapas iniciais.

1/30

MED-BCBC104. Ensino do baloncesto.

1/30

MED-BCBC105. Táctica de ataque e defensa en etapas iniciais.

1/30

Ciclo final

MED-BCBC201. Formación do xogador ou xogadora na etapa de tecnificación.

1/30

MED-BCBC202. Dirección de equipos na etapa de tecnificación.

1/30

MED-BCBC203. Adestramento en baloncesto.

1/30

MED-BCBC204. Táctica de ataque e defensa na etapa de tecnificación.

1/30

MED-BCBC205. Iniciación en baloncesto en cadeira de rodas.

1/30

ANEXO V
Acceso ao módulo de formación práctica

Acceso ao módulo de formación práctica

Módulos a superar

MED-BCBC106. Formación práctica.

Do bloque común do ciclo inicial:

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Do bloque específico:

MED-BCBC102. Formación do/a xogador/a en etapas iniciais.

MED-BCBC103. Ensino do baloncesto.

MED-BCBC206. Formación práctica.

Do bloque común do ciclo final:

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Do bloque específico:

MED-BCBC201. Formación do/a xogador/a na etapa de tecnificación.

MED-BCBC203. Adestramento en baloncesto

ANEXO VI-A
Espazos e equipamentos mínimos do ciclo inicial

Espazos: ciclo inicial

Espazo formativo

Superficie m2

30 alumnos/as

Superficie m2

20 alumnos/as

Módulo de ensino deportivo

Aula polivalente

60 m2

40 m2

Módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo inicial.

Ximnasio

120 m2

90 m2

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Espazo formativo

Módulo de ensino deportivo

Pista de baloncesto

MED-BCBC102. Formación do/a xogador/a en etapas iniciais.

MED-BCBC103. Dirección de equipos en etapas iniciais.

MED-BCBC104. Ensino do baloncesto.

MED-BCBC105. Táctica de ataque e defensa en etapas iniciais.

Equipamentos: ciclo inicial

Equipamento da aula polivalente

Módulo de ensino deportivo

Equipos audiovisuais. Canón de proxección.

PCs instalados en rede con conexión á internet.

Software específico.

Módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo inicial.

Equipamento do ximnasio

Módulo de ensino deportivo

Manequíns de primeiros auxilios (persoa adulta e bebé).

Material de inmobilización e mobilización.

Material de cura.

Desfibrilador externo semiautomático.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Material deportivo adaptado.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Equipamento da pista de baloncesto

Módulo de ensino deportivo

Canastra de baloncesto.

Balón de baloncesto.

Material sinalizador.

MED-BCBC102. Formación do/a xogador/a en etapas iniciais.

MED-BCBC103. Dirección de equipos en etapas iniciais.

MED-BCBC104. Ensino do baloncesto.

MED-BCBC105. Táctica de ataque e defensa en etapas iniciais.

ANEXO VI-B
Espazos e equipamentos do ciclo final

Espazos: ciclo final

Espazo formativo

Superficie m2

30 alumnos/as

Superficie m2

20 alumnos/as

Módulo de ensino deportivo

Aula polivalente ou salón de actos

60 m2

40 m2

Todos os módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo final.

Ximnasio

120 m2

90 m2

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Pista polideportiva 44 × 22 mts.

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Espazo formativo

Módulo de ensino deportivo

Pista de baloncesto

MED-BCBC201. Formación do/a xogador/a na etapa de tecnificación.

MED-BCBC202. Dirección de equipos na etapa de tecnificación.

MED-BCBC203. Adestramento en baloncesto.

MED-BCBC204. Táctica de ataque e defensa na etapa de tecnificación.

MED-BCBC205. Iniciación en baloncesto en cadeira de rodas.

Equipamentos: ciclo final

Equipamento da aula polivalente

Módulo de ensino deportivo

Equipos audiovisuais. Canón de proxección.

PCs instalados en rede con conexión á internet.

Software específico.

Todos os módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo final.

Equipamento do ximnasio

Módulo de ensino deportivo

Material deportivo adaptado.

Material ortopédico.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Material deportivo.

Bonecos desmembrados.

Láminas de anatomía.

Pulsímetros.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Equipamento da pista de baloncesto

Módulo de ensino deportivo

Canastra de baloncesto.

Balón de baloncesto.

Material sinalizador.

MED-BCBC201. Formación do/a xogador/a na etapa de tecnificación.

MED-BCBC202. Dirección de equipos na etapa de tecnificación.

MED-BCBC203. Adestramento en baloncesto.

MED-BCBC204. Táctica de ataque e defensa na etapa de tecnificación.

MED-BCBC205. Iniciación en baloncesto en cadeira de rodas.

ANEXO VII
Proba RAE-BCBC101, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas de ciclo inicial de grao medio en Baloncesto

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Identifica as habilidades técnicas ofensivas e defensivas máis relevantes do xogador ou xogadora de baloncesto nas etapas iniciais, utilizando a terminoloxía establecida.

a) Identificáronse e nomeáronse cinco das sete habilidades técnicas ofensivas presentadas.

b) Nomeáronse, utilizando a terminoloxía establecida, dez das trece habilidades técnicas ofensivas presentadas.

1) Tiro libre.

2) Tiro en suspensión.

3) Entrada a canastra.

4) Mate.

5) Dribling ou bote.

6) Cambio de dirección.

7) Bloqueo.

8) Rebote.

9) Posición de tripla ameaza.

10) Pivote.

11) Pase picado.

12) Pase de peito.

13) Pase a unha man ou pase de béisbol.

c) Nomeáronse, utilizando a terminoloxía establecida, tres das catro habilidades técnicas defensivas presentadas.

1) Posición defensiva básica.

2) Bloqueo de rebote.

3) Defensa de lado de axuda ou lado débil.

4) Rebote defensivo.

Proba asociada: habilidades técnicas ofensivas e defensivas do xogador ou xogadora.

Ao alumnado preséntaselle imaxes das accións técnicas ofensivas e defensivas establecidas nos criterios de avaliación.

O formato de presentación pode ser imaxe fixa ou en movemento.

A resposta ás cuestións pode realizarse de forma oral ou escrita.

2. Identifica as situacións tácticas ofensivas e defensivas máis relevantes nun equipo de baloncesto nas etapas iniciais, utilizando a terminoloxía establecida.

a) Identificáronse e nomeáronse catro das seis accións de xogo colectivo defensivo e ofensivo presentadas.

b) Nomeáronse, utilizando a terminoloxía establecida, dúas das tres das accións de xogo colectivo defensivo presentadas.

1) Defensa en zona.

2) Balance defensivo.

3) Defensa individual.

c) Nomeáronse, utilizando a terminoloxía establecida, dúas das tres accións de xogo colectivo ofensivo presentadas.

1) Contraataque.

2) Ataque contra defensa individual.

3) Ataque contra defensa de zona.

Proba asociada: xogo colectivo.

Ao alumnado preséntaselle unha secuencia de xogo colectivo no que estean presentes as accións de xogo colectivo defensivo e ofensivo establecidas nos criterios de avaliación.

O formato de presentación debe ser unha imaxe de vídeo.

A resposta ás cuestións pode realizarse de forma oral ou escrita.

3. Identifica as regras máis importantes do baloncesto nas etapas iniciais, identificando os xestos arbitrais relacionados con elas, e describindo as sancións máis usuais.

a) Identificouse e nomeouse, utilizando a terminolóxica establecida, a totalidade das infraccións en baloncesto presentadas.

1) Falta persoal.

2) Dobres.

3) Pasos.

b) Identificáronse e describíronse cinco das seis sancións indicadas polos xestos do árbitro ou árbitra nas seguintes situacións:

1) Tempo morto.

2) Cambio.

3) Sinalización de dous tiros libres.

4) Sinalización de tripla.

5) Canastra ou tiro libre anotado.

6) Falta persoal.

7) Dobres.

8) Pasos.

9) Falta técnica.

c) Describiuse a totalidade das sancións que corresponden ás seguintes infraccións do regulamento:

1) Tras falta persoal.

2) Tras dobres ou pasos.

d) Describíronse as principais adaptacións que respecto do baloncesto, teñen o minibasket e o infantil pasarela.

Proba asociada: regulamento de xogo.

Ao alumnado preséntaselle unha secuencia de xogo nun partido de baloncesto en etapas iniciais onde aparecen as infraccións e os xestos arbitrais establecidos nos criterios de avaliación.

O formato de presentación debe ser unha imaxe de vídeo.

A resposta ás cuestións pode realizarse de forma oral ou escrita.

Condicións básicas de realización da proba de carácter específico: espazos e equipamentos.

1. Aula ou pista polideportiva.

2. Material audiovisual: imaxe fixa e vídeo.

ANEXO VIII
Requisitos de titulación do profesorado dos módulos do bloque común dos ciclos inicial e final de grao medio, en centros públicos da consellería competente en materia de educación

Serán impartidas por quen posúa a especialidade que a seguir se detalla:

Ciclo inicial

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Educación física.

Procesos sanitarios.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Procedementos sanitarios e asistenciais.

Profesores/as técnicos/as de formación profesional.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C104. Organización deportiva.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Ciclo final

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as técnicos/as de formación profesional.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C205. Xénero e deporte.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

ANEXO IX-A
Requisitos de titulación do profesorado dos módulos do bloque específico dos ciclos inicial e final de grao medio, en centros públicos da consellería competente en materia de educación

Serán impartidas por quen posúa a especialidade ou condición que a seguir se detalla:

Ciclo inicial

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-BCBC102. Formación do xogador/a en etapas iniciais.

MED-CBC103. Dirección de equipos en etapas iniciais.

MED-BCBC104. Ensino do baloncesto.

MED-BCBC105. Táctica de ataque e defensa en etapas iniciais.

MED-BCBC106. Formación práctica.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Baloncesto.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

Ciclo final

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-BCBC201. Formación do xogador/a na etapa de tecnificación.

MED-BCBC202. Dirección de equipos na etapa de tecnificación.

MED-BCBC203. Adestramento en baloncesto.

MED-BCBC204. Táctica de ataque e defensa na etapa de tecnificación.

MED-BCBC205. Iniciación en baloncesto en cadeira de rodas.

MED-BCBC206. Formación práctica.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Baloncesto.

Catedrático/a de ensino secundario.

Profesor/a de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

ANEXO IX-B
Condición de profesorado especialista en centros públicos da consellería competente en materia de educación: acreditación de experiencia docente, ou actividade no ámbito deportivo e laboral

Ciclo inicial e final

Módulos de ensino deportivo

Experiencia docente acreditable

Actividade no ámbito deportivo e laboral

MED-BCBC102. Formación do/a xogador/a en etapas iniciais.

MED-BCBC103. Dirección de equipos en etapas iniciais.

MED-BCBC104. Ensino do baloncesto.

MED-BCBC105. Táctica de ataque e defensa en etapas iniciais.

MED-BCBC106. Formación práctica.

MED-BCBC201. Formación do/a xogador/a na etapa de tecnificación.

MED-BCBC202. Dirección de equipos na etapa de tecnificación.

MED-BCBC203. Adestramento en baloncesto.

MED-BCBC204. Táctica de ataque e defensa na etapa de tecnificación.

MED-BCBC205. Iniciación en baloncesto en cadeira de rodas.

MED-BCBC206. Formación práctica.

Polo menos 100 horas de docencia acreditada en formación de adestradores/as no nivel 1, 2 ou 3 de baloncesto nas formacións ás que se refire a disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, así como as disposicións transitorias primeira dos reais decretos 1913/1997, do 19 de decembro, e 1363/2007, do 24 de outubro.

Polo menos 2 anos de exercicio deportivo-laboral relacionado coas competencias profesionais do ciclo inicial, final ou superior realizado nos 4 anos inmediatamente anteriores ao nomeamento.

No caso das formacións ás que se refire a disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, a Federación Española de Baloncesto emitirá a correspondente certificación da experiencia docente na que conste: as materias impartidas, o número de horas impartidas, a data do curso en que se impartiu a materia ou materias, e a data da resolución de recoñecemento da formación por parte do Consello Superior de Deportes xunto coa data de publicación no BOE.

No caso das formacións ás que se refiren as disposicións transitorias primeiras dos reais decretos 1913/1997, do 19 de decembro, e 1363/2007, do 24 do outubro, o órgano competente da comunidade autónoma que autorizou as formacións emitirá a correspondente certificación da experiencia docente en que consten as materias e o número de horas impartidas.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde se adquirise a devandita experiencia na que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade. No caso de traballadores ou traballadoras por conta propia, exixirase a certificación de alta no censo de obrigados tributarios ou obrigadas tributarias, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

A Federación Española de Baloncesto emitirá a correspondente certificación da experiencia deportiva na que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade.

ANEXO X
Requisitos de titulación do profesorado dos módulos de ensino deportivo dos ciclos inicial e final de grao medio, en centros privados e de titularidade pública de administracións distintas á consellería competente en materia de educación

Serán impartidos por quen acredite os títulos que a seguir se detallan ou os que fosen declarados equivalentes ou homologados para os efectos de docencia:

Módulos do bloque común: ciclo inicial

Módulo común de ensino deportivo

Titulacións

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Psicoloxía.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de graduado/a que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Medicina.

Diplomado/a ou graduado/a en Enfermaría.

Diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Graduado/a en Educación Primaria mención en Educación Física.

MED-C104. Organización deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Módulos do bloque común: ciclo final

Módulo común de ensino deportivo

Titulacións

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Psicoloxía.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de graduado/a que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Dereito.

MED-C205. Xénero e deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Graduado/a en Educación Primaria mención en Educación Física.

Módulos do bloque específico: ciclo inicial

Módulo específico de ensino deportivo

Titulacións

MED-BCBC102. Formación do/a xogador/a en etapas iniciais.

MED-BCBC103. Dirección de equipos en etapas iniciais.

MED-BCBC104. Ensino do baloncesto.

MED-BCBC105. Táctica de ataque e defensa en etapas iniciais.

Técnico/a deportivo/a superior en Baloncesto.

MED-BCBC106. Formación práctica.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade de Física e o Deporte.

Técnico/a deportivo/a superior en Baloncesto.

Módulos do bloque específico: ciclo final

Módulo específico de ensino deportivo

Titulacións

MED-BCBC201. Formación do/a xogador/a na etapa de tecnificación.

MED-BCBC202. Dirección de equipos na etapa de tecnificación.

MED-BCBC203. Adestramento en baloncesto.

MED-BCBC204. Táctica de ataque e defensa na etapa de tecnificación.

MED-BCBC205. Iniciación en baloncesto en cadeira de rodas.

Técnico/a deportivo/a superior en Baloncesto.

MED-BCBC206. Formación práctica.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Técnico/a deportivo/a superior en Baloncesto.

ANEXO XI-A
Correspondencia dos módulos de ensino deportivo coas unidades de competencia para a súa acreditación

Módulos de ensino deportivo superados

Unidades de competencia do CNCP acreditables

Os módulos de:

• MED-C102. Primeiros auxilios.

• MED-BCBC106. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia:

UC0272_2_R: asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

ANEXO XI-B
Correspondencia das unidades de competencia acreditadas cos módulos de ensino deportivo para a súa validación

Unidades de competencia do CNCP acreditables

Módulos de ensino deportivo superados

A unidade de competencia:

• UC0272_2_R: asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

Permiten a validación de:

• MED-C102. Primeiros auxilios.

ANEXO XII
Validacións entre módulos de ensino deportivo establecidos ao abeiro de a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo e os módulos de ensino deportivo do bloque específico do técnico deportivo en Baloncesto

Ciclo inicial

Módulos superados do primeiro nivel do título de técnico deportivo en Baloncesto LOGSE (Real

decreto 234/2005, do 4 de marzo)

Módulos validados do ciclo inicial de grao medio de Baloncesto

• Accións técnico-tácticas individuais e colectivas do xogo.

MED-BCBC102. Formación do/a xogador/a en etapas iniciais.

MED-BCBC105. Táctica de ataque e defensa en etapas iniciais.

• Dirección de equipos.

• Regras de xogo.

MED-BCBC103. Dirección de equipos en etapas iniciais.

• Metodoloxía do ensino e do adestramento de baloncesto.

• Planificación e avaliación do adestramento en baloncesto.

• Preparación física aplicada.

• Seguridade deportiva.

MED-BCBC104. Ensino do baloncesto.

• Módulo de formación práctica.

MED-BCBC106. Formación práctica.

Ciclo final

Módulos superados do segundo nivel do título de técnico deportivo en Baloncesto LOGSE (Real decreto 234/2005, do 4 de marzo)

Módulos validados do ciclo final de grao medio de Baloncesto

• Accións técnico-tácticas individuais do xogo II.

• Detección e selección de talentos.

MED-BCBC201. Formación do/a xogador/a ou na etapa de tecnificación.

• Regras de xogo.

• Dirección de equipos.

• Dirección de partido.

• Observación do xogo.

MED-BCBC202. Dirección de equipos na etapa de tecnificación.

• Metodoloxía do ensino e do adestramento de baloncesto.

• Planificación e avaliación do adestramento en baloncesto.

• Preparación física aplicada.

• Psicoloxía aplicada.

MED-BCBC203. Adestramento en baloncesto.

• Accións técnico-tácticas colectivas do xogo II.

• Sistemas de xogo.

MED-BCBC204. Táctica de ataque e defensa na etapa de tecnificación.

• Módulo de formación práctica.

MED-BCBC206. Formación práctica.

ANEXO XIII
Exención total ou parcial do módulo de formación práctica dos ciclos inicial e final

MED-BCBC106. Formación práctica

Experiencia no ámbito laboral ou deportivo

Exención total.

Exención parcial.

• Duración: superior a 300 horas.

• Actividade desenvolvida: experiencia relacionada coa competencia xeral do ciclo inicial de grao medio en Baloncesto e os resultados de aprendizaxe do módulo de formación práctica.

• Período de tempo que desenvolveu a actividade: dous anos anteriores á finalización do curso.

A exención parcial do módulo de formación práctica concederase para aqueles resultados de aprendizaxe do módulo, que sexan concordantes coa experiencia laboral ou deportiva acreditada.

A exención total do módulo de formación práctica poderase conceder cando exista unha completa concordancia da experiencia laboral ou deportiva acreditada coa totalidade dos resultados de aprendizaxe do correspondente módulo.

A Federación Española ou Autonómica de Baloncesto emitirá a correspondente certificación da experiencia deportiva en que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo no que se realizou a actividade.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde se adquirise a devandita experiencia en que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo no que se realizou a actividade. No caso de traballadores ou traballadoras por conta propia exixirase a certificación de alta no censo de obrigados tributarios ou obrigadas tributarias, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

MED-BCBC206. Formación práctica

Experiencia no ámbito laboral ou deportivo

Exención total.

Exención parcial.

• Duración: superior a 400 horas.

• Actividade desenvolvida: experiencia relacionada coa competencia xeral do ciclo final de grao medio en Baloncesto e os resultados de aprendizaxe do módulo de formación práctica.

• Período de tempo que desenvolveu a actividade: dous anos anteriores á finalización do curso.

A exención parcial do módulo de formación práctica concederase para aqueles resultados de aprendizaxe do módulo que sexan concordantes coa experiencia laboral ou deportiva acreditada.

A exención total do módulo de formación práctica poderase conceder cando exista unha completa concordancia da experiencia laboral ou deportiva acreditada coa totalidade dos resultados de aprendizaxe do correspondente módulo.

A Federación Española ou Autonómica de Baloncesto ou aquelas entidades establecidas polas administracións educativas competentes emitirán a correspondente certificación da experiencia deportiva en que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo no que se realizou a actividade.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde se adquirise a devandita experiencia en que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo no que se realizou a actividade. No caso de traballadores ou traballadoras por conta propia, exixirase a certificación de alta no censo de obrigados tributarios ou obrigadas tributarias, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

ANEXO XIV
Formación a distancia

Módulos bloque común

Grao medio

Ciclo inicial

Ciclo final

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

MED-C104. Organización deportiva.

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

MED-C205. Xénero e deporte.

Módulos bloque específico

MED-BCBC102. Formación do/a xogador/a en etapas iniciais.

MED-BCBC103. Dirección de equipos en etapas iniciais.

MED-BCBC104. Ensino do baloncesto.

MED-BCBC105. Táctica de ataque e defensa en etapas iniciais.

MED-BCBC201. Formación do/a xogador/a na etapa de tecnificación.

MED-BCBC202. Dirección de equipos na etapa de tecnificación.

MED-BCBC203. Adestramento en baloncesto.

MED-BCBC204. Táctica de ataque e defensa na etapa de tecnificación.

MED-BCBC205. Iniciación en baloncesto en cadeira de rodas.