Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2017 Páx. 51870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 17 de outubro de 2017, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00781-O-2017 e tres máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador PO-00781-O-2017 e tres máis por infracción da normativa sobre transportes terrestres.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 17 de outubro de 2017

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-00781-O-2017

PO-2888-AZ

Ignacio Alvareda Schusselin

X6435610A

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

11.1.2017; 12.49; AP9; 137,5

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 143.1.b) da LOTT

201 euros

PO-00874-O-2017

1452-CTN

Antonio Barco Riveiro

44086645S

A realización de transportes públicos de mercadorías, así como a contratación como carrexador ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos, se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos quince (15) días seguintes ao da notificación do inicio do expediente.

17.1.2017; 18.12; N550; 133,0

Artigo 142.1 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

301 euros

PO-02593-O-2017

PO-5212-BP

Jorge Paulo Esteves Sequeiros

X2253415J

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 9 %.

23.5.2017; 11.43; AP-9V; 3,75

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

350 euros

PO-02595-O-2017

PO-5212-BP

Jorge Paulo Esteves Sequeiros

X2253415J

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

23.5.2017; 11.43; AP-9V; 3,75

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros