Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2017 Páx. 51914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 26 de outubro de 2017 polo que se somete a información pública a modificación número 1 do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido nas directrices de ordenación do territorio de Galicia aprobadas definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia mediante o Decreto 19/2011, do 10 de febreiro; no artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e nos artigos 6, 13 e 14 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública a modificación número 1 do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a dita documentación, en horario de oficina, nas dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), sitas no polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, en Santiago de Compostela, e nos concellos de Cambre, Cerceda, Palas de Rei, Ourense, Cangas, Bueu e Moaña, e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que xulgue pertinentes. Así mesmo, a documentación poderase consultar na páxina web do IGVS (http://igvs.xunta.es).

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo