Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2017 Páx. 51915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2017 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos no artigo 85.7 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola Orde do 8 de setembro de 2017 da Consellería do Mar (DOG núm. 180, do 21 de setembro), outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

Resolución: 27 de febreiro de 2017.

Referencia: 13-07-06-C-1.

Obxecto: cambio de titularidade da concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario con destino á instalación dun quiosco.

Porto: Cambados.

Concesionario: María Torres Prado.

Prazo: ata o 22 de novembro de 2018.

Taxas: 54,98 € en concepto de TODP e o 2 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.

Resolución: 5 de abril de 2017.

Referencia: 12-13-10-C-7.

Obxecto: cambio de titularidade da concesión administrativa destinada á ocupación de terreos para usos comerciais múltiples.

Porto: Sada.

Concesionario: Desarrollos Financieros Ceao, S.L.

Prazo: ata o 12 de novembro de 2040.

Taxas: 1.120,5 € en concepto de TODP e o 2 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.

Resolución: 21 de abril de 2017.

Referencia: 13-09-09-C-2.

Obxecto: modificación substancial para autorizar a construción dunhas fosas decantadoras e tanque de recirculación para a súa industria da concesión para legalización de caseta de bombeo e tubaxes de auga salgada.

Porto: Meloxo.

Concesionario: Barlovento, S.A.

Prazo: ata o 22 de novembro de 2027.

Taxas: 339,14 € en concepto de TODP.

Resolución: 11 de maio de 2017.

Referencia: 13-21-16-C-1.

Obxecto: explotación de nave de deportes náuticos e rampla de varada con destino á escola municipal de remo.

Porto: Moaña.

Concesionario: Concello de Moaña.

Prazo: 10 anos.

Taxas: exención de taxa en aplicación do artigo 40.j) da Lei 6/2003, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Resolución: 29 de xuño de 2017.

Referencia: 13-20-06-C-2.

Obxecto: cambio de titularidade da concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario con destino á instalación dun quiosco.

Porto: Cangas.

Concesionario: Judit López Paz.

Prazo: ata o 11 de outubro de 2017.

Taxas: 53,75 € en concepto de TODP e o 2 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.

Resolución: 29 de xuño de 2017.

Referencia: 12-03-96-C-1.

Obxecto: cambio de titularidade da concesión administrativa destinada á construción dun centro de saúde.

Porto: Cariño.

Concesionario: Servizo Galego de Saúde.

Prazo: ata o 26 de outubro de 2026.

Taxas: exención da taxa en aplicación do artigo 30.2 e do 40.j) da Lei 6/2003, de taxas, prezos e exacción reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Resolución: 17 de xullo de 2017.

Referencia: 13-07-16-C-1.

Obxecto: regularización e ampliación de liñas de distribución de gas natural.

Porto: Cambados.

Concesionario: Gas Galicia SDG, S.A.

Prazo: 15 anos.

Taxas: 1.857,5 € en concepto de TODP e o 1 % do importe neto da cifra anual de negocio xerado no ámbito da concesión, polo fornecemento a instalacións portuarias e o 2 % polo fornecemento a outros alleos ao porto.

Resolución: 28 de xullo de 2017.

Referencia: 12-44-16-C-1.

Obxecto: construción de nave para almacenamento de aparellos de pesca.

Porto: Porto do Son.

Concesionario: Antonio y Fernando Queiruga Sampedro, C.B.

Prazo: 20 anos.

Taxas: 1.607,27 € en concepto de TODP e o 1 % do importe neto da cifra anual de negocio xerado no ámbito da concesión, das actividades relacionadas co almacenaxe, reparación de redes e outros aparellos de pesca e a reparación de motores mariños e o 1,5 % pola venda de efectos navais.

Resolución: 8 de setembro de 2017.

Referencia: 13-05-47-C-1.

Obxecto: cambio de titularidade e unificación das concesións para ocupación de terreos portuarios para industria conserveira.

Porto: Vilanova de Arousa.

Concesionario: Conservera Gallega, S.A.

Prazo: Ata o 15 de decembro de 2027.

Taxas: 4.531,52 € en concepto de TODP.

Resolución: 21 de setembro de 2017.

Referencia: 13-08-14-C-1.

Obxecto: explotación de mercado municipal.

Porto: O Grove.

Concesionario: Concello do Grove.

Prazo: 10 anos.

Taxas: 41.896,95 € en concepto de TODP será de aplicación a bonificación da taxa nun 50 % coa achega do certificado de actividade de interese social e cultural e o 2 % do importe neto da cifra anual de negocio xerado no ámbito da concesión.

Resolución: 3 de outubro de 2017.

Referencia: 13-25-92-C-1.

Obxecto: cambio de titularidade da concesión para construción dunha nave para taller de reparacións navais.

Porto: Cesantes.

Concesionario: José Abalde Martínez.

Prazo: ata o 1 de decembro de 2022.

Taxas: 371,33 € en concepto de TODP e o 1 % da cifra neta de negocio realizado na instalación.

Resolución: 3 de outubro de 2017.

Referencia: 13-05-15-C-1.

Obxecto: explotación de nave para industria conserveira e unificación da concesión para construción dun pozo e instalación de tubaxes para subministración.

Porto: Vilanova de Arousa.

Concesionario: Conservas Antonio Pérez Lafuente, S.A.

Prazo: 15 anos.

Taxas: 6.839,65 € en concepto de TODP e o 1,5 % da cifra neta de negocio realizado na instalación.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia