Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2017 Páx. 51874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017414TA-PO por infracción en materia sanitaria.

O 22 de setembro de 2017, a xefa territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador número 2017414TA-PO contra Gedas, S.A., con NIF A36284032, como titular do establecemento Café-Bar Gedas.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula se lle notifica a Gedas, S.A. o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida Fernández Ladreda, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da Lei 39/2015.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírtese de que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 18 de outubro de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2017414TA-PO.

Denunciada: Gedas, S.A.

NIF: A36284032.

Enderezo: O Couto, s/n, Lira, 36459 Salvaterra de Miño.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

Disposición adicional terceira. Sinalización dos centros ou dependencias en que existe prohibición de fumar e zonas habilitadas para fumar.

«Nos centros ou dependencias en que existe prohibición legal de fumar deberanse colocar na súa entrada, en lugar visible, carteis que anuncien a prohibición do consumo de tabaco e os lugares en que, de ser o caso, se encontren as zonas habilitadas para fumar. Estes carteis estarán redactados en castelán e na lingua cooficial coas exixencias requiridas polas normas autonómicas correspondentes».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: setenta e cinco euros (75 €).