Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51771

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 18 de outubro de 2017, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de nomeamento de persoal funcionario da oferta 2010.

De conformidade co disposto no artigo 25 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, en relación co artigo 134.2 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 10 de abril, esta presidencia fai público, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas da oferta de emprego público do ano 2010, o nomeamento como funcionaria de carreira, para a seguinte praza, a favor da persoa que a seguir se indica:

• Escala de Administración xeral, subescala técnica, clase superior. Denominación: técnico/a de administración xeral.

Mónica Domínguez Estévez, DNI 34627814-A, pola quenda de promoción interna.

Vigo, 18 de outubro de 2017

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución do 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo