Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51767

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de licitación da concesión demanial de dúas instalacións de dominio público con destino a quioscos.

O Concello de Pontevedra someteu a información pública o proxecto e o prego de condicións do outorgamento, en réxime de concorrencia mediante concesión demanial, de dúas instalacións de dominio público municipal con destino a quioscos. Durante o citado período de información pública foron presentados dous escritos con suxestións ou reclamacións pola mesma persoa, que se estimaron parcialmente mediante acordo da Xunta de Goberno Local do 9 de outubro de 2017. Nesta sesión acordouse aprobar o prego de condicións do outorgamento, en réxime de concorrencia mediante concesión demanial, de dúas instalacións de dominio público municipal con destino a quioscos, con estimación parcial das suxestións ou reclamacións formuladas, así como o proxecto de concesión cos documentos que o integran, incluído o prego de condicións coas modificacións aceptadas. Así mesmo, aprobouse o expediente de concesión demanial.

Na dita sesión, así mesmo, acordouse dispoñer a apertura do procedemento de concesión e ordenar a publicación dos anuncios de licitación. A presente licitación publicase no BOP, no DOG e no perfil do contratante do Concello de Pontevedra (sede.pontevedra.gal).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Pontevedra.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio do Concello de Pontevedra.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Patrimonio do Concello de Pontevedra.

2º. Domicilio: rúa Filiberto, s/n, 3º andar.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra, 36071.

4º. Teléfono: 986 86 86 11.

5º. Fax: 986 84 13 86.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: sede.pontevedra.gal

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: concesión demanial.

b) Descrición: concesión demanial de dúas instalacións de dominio público municipal con destino a quioscos.

c) Lugar de execución das concesións:

– Quiosco da avenida de Bos Aires: na avenida de Bos Aires, ao lado da praia fluvial do río Lérez, Pontevedra.

– Quiosco da praza de Barcelos: na praza de Barcelos, Pontevedra.

d) Prazo de duración das concesións: 5 anos contados desde a sinatura do documento de formalización das concesións, sendo susceptibles de prórrogas por períodos dun ano, ata un máximo de 10 anos máis, conforme se dispón no artigo 21 do prego de condicións.

3. Tramitación, procedemento e criterios de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: en réxime de concorrencia.

Criterios de adxudicación: os sinalados no artigo 10 do prego de condicións. En concreto son o canon anual e o proxecto de explotación.

4. Canons da concesión:

a) Canon da concesión do quiosco da praza de Barcelos: o que oferte o adxudicatario, que non poderá ser inferior a 2.400 euros/ano.

b) Canon da concesión do quiosco da avenida de Bos Aires: o que oferte o adxudicatario, que non poderá ser inferior a 1.100 euros/ano.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: o 5 % do importe de adxudicación de cada concesión (do quiosco da praza de Barcelos e da avenida de Bos Aires), calculado este polo resultado de multiplicar os canons anuais propostos polos adxudicatarios polos 5 anos de duración inicial destas, IVE excluído.

6. Requisitos específicos dos contratistas:

a) Clasificación: non se exixe.

b) A solvencia económica e técnica determínase no artigo 4 do prego de condicións. No criterio de solvencia económica exíxese como medio de selección o volume anual de negocios e no de solvencia técnica o medio é a relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos cinco anos que inclúan importes, datas e beneficiarios públicos ou privados deles, así como certificados acreditativos destes e unha relación das persoas que se van destinar á execución das concesións.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 30 días hábiles seguintes ao da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: escrita.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de asistencia en materia de rexistros do Concello de Pontevedra.

2º. Domicilio: rúa Michelena, 30.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra, 36071.

8. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura do sobre da documentación administrativa, apertura do sobre da oferta económica e apertura do sobre da oferta técnica.

b) Enderezo: sala de reunións do edifico municipal, sito na rúa Michelena, 30, Pontevedra.

c) Localidade e código postal: Pontevedra, 36071.

d) Data e hora: o segundo día hábil despois de concluír o prazo de presentación de proposicións e rematada a cualificación da documentación administrativa, procederase ás 12.00 horas á apertura en acto público do sobre C. Cabe a posibilidade de prórroga conforme se dispón nos pregos de condicións.

9. Gastos do anuncio: por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 18 de octubre de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 21.4.2017)
Vicente Legísima García
Concelleiro de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio