Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51763

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de rectificación (S-6/2017).

Mediante a Resolución do concelleiro delegado da Área de Emprego e Economía Social, do 9 de outubro de 2017, rectifícase, ao abeiro do previsto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o erro aritmético existente nas cláusulas 4ª e 19ª, letra A), do prego de cláusulas administrativas do procedemento aberto con diversos criterios de adxudicación para a contratación do arrendamento dun sistema integral de xestión de impresión con pagamento por copia para o Concello da Coruña.

En consecuencia, iníciase un novo prazo de presentación de ofertas, polo que se modifica o anuncio publicado no DOG nº 164, do 30 de agosto pasado, páxina 41047, exclusivamente no seu punto 8, que queda redactado do seguinte modo:

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata o día 22 de novembro de 2017.

A Coruña, 17 de outubro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 18.4.2017)
Alberto Lema Suárez
Tenente alcalde delegado da Área de Emprego e Economía Social